Laracha A - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO CONCELLO

Publicación provisional: 03/08/2017 BOP Nº: 146
Publicación definitiva: 03/10/2017 BOP Nº: 188
Aplicable dende: 03/10/2017

Artigo 1º. Fundamento e natureza.

De acordo co previsto no artigo 41 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobada por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, este concello procede á regulación do prezo público por actividades reguladas pola presente ordenanza.

Artigo 2º. Concepto.

Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algunha das actividades organizadas polo Excmo. Concello de A Laracha, tales coma talleres, cursiños, seminarios, comidas, bailes, excursións,programas educativos e de conciliación da vida persoal e familiar e demais de natureza análoga,cando concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Que os servizos públicos ou as actividades administrativas non sexan de solicitude ou recepción obrigatoria.Para estes efectos non se considerará voluntaria a solicitude ou a recepción po parte dos administrados:

1. Cando veña imposta por disposicións legais ou regulamentarias.

2. Cando os bens, servizos ou actividades requiridos sexan imprescindibles para a vida privada ou social do solicitante.

b) Que non se presten ou realicen polo sector privado,estea ou non establecida a súa reserva a favor do sector publico conforme á normativa vixente.

Artigo 3º. Obrigados ao pagamento.

Están obligados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza, quenes se beneficien das actividades prestadas por este concello a que se refiere o artigo anterior.

Artigo 4º. Contía.

A contía do precio público regulado nesta ordenanza será a que fixe en cada caso, a Xunta de Goberno por delegación do Pleno da Corporación, de acordo cos artigos 47 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobada por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e 23 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

A estos efectos a Xunta de Goberno Local, antes do inicio da actividade, e en base a informe previo do departamento de Servizos Económicos relativo aos custos soportados polo concello na organización desa actividade, establecerá as tarifas concretas para a mesma. De acordo co apartado segundo do artigo 44 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobada por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, a Xunta de Goberno Local poderá fixar prezos públicos que non cubran o custe do servicio ou actividade prestado, dado que nestes casos concurren razóns sociais, culturais, ou de interés público que así o aconsellan, ao perseguir con estas actividades a consecución do mandato establecido na Constitución española de promoción e tutela do acceso á educación física, ao deporte, á adecuada utilización do ocio e á cultura (artigos 43 e 44).Nestes casos deberán consignarse nos orzamentos as dotacións oportunas para a cobertura da diferenza resultante, se a houbese.

Acordadas as tarifas de cada actividade, o acordo será exposto no Taboleiro de Anuncios do concello a efectos da súa publicidade.

Artigo 5º.-Normas de xestión.

A obligación do pago do prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se inicie a realización da actividade, se ben poderase esixir o seu depósito previo de acordo co artigo 46.1 do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais e durará ata a formalización da baixa ou finalización da actividade.

A estos efectos, o acrodo da Xunta de Goberno Local previsto no artigo 4 da presente ordenanza establecerá, ademais, o réxime de xestión, que incluirá:

Posibilidade de ingreso mediante autoliquidación dos obrigados ao pago ou mediante liquidación aprobada polo concello.

Momentos nos que se procederá ao ingreso, podendo levarse a cabo a través dun pago único anticipado ou de modo fraccionado en varios prazos ao longo de desenvolvemento da actividade.

Medios de pago, sendo o procedemento ordinario o de domiciliación bancaria, mediante impreso autorizante firmado polos usuarios no momento da matrícula na actividade, ou o ingreso nas contas municipais habilitadas ao efecto.

O desistimento ou falta de asistencia do usuario á actividade non suporá reducción nin exención da obriga de pagamento mentres non se formalice a baixa correspondente, non procedendo a devolución do ingresado con anterioridade á data de comunicación da baixa.

No suposto de que por causas non imputables ao interesado deixara de realizarse a actividade solicitada procederáse á devolución do ingresado na parte proporcional ás prestacións efectivamente efectúadas.

Artigo 6.- Recaudación e Xestión

A recadación axustarase ao disposto na normativa xeral do estado sobre cobro dos dereitos da Facenda Pública e na Ordenanza Xeral de Xestión.

Artigo 7.- Infraccións e Sancións

Sen prexuízo das infraccións doutra orde e das sancións que por elas se impoñan, o incumprimento das normas e defraudación dos dereitos que lle correspondan ao concello en materia de prezos públicos será cualificado e sancionado aplicando as normas contidas nos artigos 45 e seguintes da Ordenanza Xeral de Xestión.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente, publicada no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 días que sinala o artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.¿