Bergondo - REGULAMENTO DE ACOLLEMENTOS CIVÍS DO CONCELLO DE BERGONDO
Introducción
No ano 2009 cumpríronse os 50 anos da Declaración Universal dos Dereitos do Neno e os 20 anos da Convención de Dereitos do Neno, ambas aprobadas pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas. Nestes documentos conságranse unha serie de dereitos de carácter universal, indivisible e interdependente, incumbindo a todos os poderes públicos a responsabilidade de garantilos. Pero o recoñecemento dos mesmos, así como os mecanismos que permiten a súa aplicación e protección resultan aínda insuficientes, nomeadamente no relativo aos dereitos sociais, económicos e culturais. A vida actual esixe precisar mellor certos dereitos e impón o recoñecemento doutros novos, como o respecto polo medio ambiente, a garantía dunha alimentación saudable, da tranquilidade, das posibilidades de intercambio e lecer, etc.
Neste contexto, o municipio amósase como o espazo político e social máis axeitado para facer fronte ás demandas dos mais cativos, por ser a administración pública máis próxima a eles. É así como o concello de Bergondo leva xa moitos anos fomentando, por todos os medios dos que dispón, o respecto da dignidade de todos os nenos e nenas e a calidade de vida dos que habitan no termo municipal, creando as condicións precisas para que poidan gozar da súa infancia.
Os `acollementos civís¿ ou `actos de benvida á comunidade¿ dos nenos e nenas de Bergondo institucionalizan o compromiso do concello cós seus dereitos, que son símbolo do progreso da humanidade, e en particular coa Declaración universal dos dereitos do neno de 1959 e coa Convención sobre os dereitos do neno de 1989. Neste contexto, o acollemento civil é un acto de natureza civil e laica que ten por finalidade a presentación dos nenos e nenas á sociedade, coa pretensión de que se sintan integrados na comunidade e partícipes de dereitos, liberdades e deberes que a todos atinxen.
Con esta cerimonia preténdese iniciar aos nenos e nenas do municipio no longo camiño das actitudes cívicas, que lles conduzan a un porvir pacífico baseado nos valores indivisibles e universais da dignidade humana, a liberdade, a igualdade e a solidariedade. Este obxectivo maniféstase no compromiso dos pais ou representantes legais, xunto cos padriños e/ou madriñas, con estes valores, para que os cativos se convertan en cidadáns e cidadás libres e iguais en dereitos e deberes.
Artigo 1.-Obxecto.
Constitúe o obxecto do presente documento a regulación da organización do acto social denominado `acollemento civil¿ ou `acto de benvida á comunidade¿, en cuxa virtude o concello fai público un recoñecemento de acollida ao neno ou nena que naceu e/ou que vive en Bergondo, e se compromete, xunto coa súa familia, a velar pola súa educación e a defender e garantir os seus dereitos.
Artigo 2.-Finalidade.
O acollemento civil é un acto de natureza civil e laica que ten por finalidade a presentación dos nenos e nenas á sociedade, coa pretensión de que se sintan integrados na comunidade e sexan partícipes dos dereitos, as liberdades e os deberes que a todos nos atinxen.
Estes actos de benvida á comunidade reafirman o compromiso do municipio por avanzar cara unha sociedade máis libre, xusta e democrática, na que os dereitos dos nenos gocen dunha protección preferente.
Artigo 3.-Réxime xurídico.
O acollemento civil non produce efectos legais nin presupón ningún privilexio ou preferencia do neno ou nena acollido no acceso aos servizos municipais.
O rexistro municipal de acollemento civil ten natureza administrativa, réxese polas normas recollidas neste regulamento, así como por outras que, con carácter complementario, se poidan ditar.
A inscrición no rexistro de acollementos civís non terá en ningún caso cualificación xurídica de acto, e unicamente será unha constatación administrativa dos acollementos civís que foran realizados no Concello de Bergondo.
Artigo 4.-Suxeitos.
Este acto social está dirixido aos nenos e nenas do concello de Bergondo.
Artigo 5.-Requisitos.
Os acollementos realizaranse previa solicitude dos pais, nais ou titores legais, que deberán cumprir os requisitos seguintes:
a) Que as persoas obxecto do acollemento vivil sexan nenos e nenas menores de idade
b) Que as persoas solicitantes teñan a condición de pais, nais ou representantes legais do menor e manifesten o seu consentimento.
c) Que algunha das persoas solicitantes sexa natural ou figure empadroada no Concello de Bergondo.
Os pais poderán designar dúas persoas como máximo que actuarán como padriños ou madriñas na cerimonia, asumindo as ditas persoas os compromisos que aqueles en canto á formación do neno ou nena nos principios e valores democráticos, e debendo velar polo respecto dos seus dereitos.
Artigo 6.-Procedemento.
Presentación dunha instancia no Rexistro xeral do concello solicitando a participación no acto social asinada polos representantes legais do menor, achegando unha copia cotexada dos documentos nacionais de identidade e do libro de familia/documento acreditativo da dita representación legal (certificación de nacemento do menor, acollemento ou adopción). A acreditación dos datos padroais farase de oficio polos servizos municipais.
A solicitude formalizarase mediante o modelo normalizado que figura como anexo I ao presente regulamento. Deberá ser presentada con 30 días naturais de antelación, no Rexistro de Entrada do Concello, achegando tamén os documentos de identidade dos solicitantes.
Se a solicitude non reunise todos os requisitos, o Concello comunicará ás persoas interesadas a non procedencia da súa tramitación, e se lles facilitará un prazo de 15 días para que resolvan as deficiencias da súa solicitude. No caso de que a solicitude estea completa tramitarase a petición, comunicándose ás persoas solicitantes, no prazo dun mes, o día e o lugar de celebración do acto.
Os pais poderán designar dúas persoas como máximo que actuarán como padriños e/ou madriñas na cerimonia, asumindo os mesmos compromisos que aqueles en canto a formación do neno ou nena nos principios e valores democráticos, e debendo velar polo respecto dos seus dereitos.
Artigo 7.-Celebración.
O acto de celebración do acollemento civil terá lugar no salón de Plenos da Casa do Concello ou noutra sala habilitada, e será presidido polo alcalde/sa ou concelleiro/a en quen delegue.
Procederase á lectura ao neno/a e aos seus representantes legais e padriños/madriñas dalgún artigo da Declaración dos Dereitos do Neno/a, dos artigo 12 e 27 da Convención sobre os Dereitos do Neno/a, do artigo 24 da Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea, e dos artigos 39.3 e 39.4 da Constitución Española, sen prexuízo da posibilidade de que as persoas solicitantes, padriños, madriñas ou autoridades poidan ler algún outro artigo ou texto relativo á natureza do acto.
Os representantes legais e padriños e/ou madriñas formularán compromiso de educalo/a segundo os principios que se recollen nese texto e nas demais normas vixentes no estado español.
Os actos poderán ser individuais ou colectivos, podendo asistir os familiares e amigos/as do neno ou nena, coas únicas limitacións que impoña o aforo da sala ou espazo no que se realice a cerimonia.
O presidente/a, ou persoa en quen delegue, levantará acta, que será asinada polos representantes legais do neno ou nena e, no seu caso, polos padriños e/ou madriñas. Un exemplar da devandita acta será custodiado polo Concello de Bergondo.
Artigo 8.-Protección de datos.
O tratamento automático dos datos que constan no concello requirirá o consentimento expreso das persoas que ostenten a patria potestade do/a menor e, en todo caso, as actuacións respectarán estritamente a Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
Disposición derradeira
Este regulamento entrará en vigor unha vez publicado integramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e transcorra o prazo de quince (15) días o que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local.
ANEXO I
SOLICITUDE DE ACOLLEMENTO CIVIL NO CONCELLO DE BERGONDO
Don/dona ....................................¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿¿¿¿¿¿.., con documento de identidade n.º ¿¿¿¿¿¿.¿.., e don/dona ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.., con documento de identidade n.º ¿¿¿¿¿¿¿..¿.........., empadroados en ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.......................................
EXPOÑEN:
1. Que como pais/nais/titores da persoa menor de idade ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. desexan celebrar o seu acto de acollemento civil.
2. Que reúnen todos os requisitos esixidos no artigo 5 do Regulamento de acollementos civís.
SOLICITAN:
A celebración do acto de acollemento civil para o día ..... de ..................... de 20....
Asdo. (os solicitantes)
Documentos que achegan (risquen a correspondente):
Fotocopia cotexada do Documento de identidade das persoas solicitantes
Fotocopia cotexada do libro de familia ou certificación de nacemento, acollemento ou adopción.
Sra. alcaldesa do Concello de Bergondo
O que se publica para coñecemento xeral, tendo transcorrido xa o prazo previsto nos artigos 65.2 en relación co 56.1 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local.