Oroso - ORDENANZA PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Publicación provisional: 13/11/2017 BOP Nº: 215
Publicación definitiva: 02/01/2018 BOP Nº: 1
Aplicable dende: 02/01/2018

1. FUNDAMENTO LEGAL

1.1. O Concello de Oroso, facendo uso das facultades recoñecidas no art. 106 da Lei 7/1985, 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e ao amparo dos artigos 41 e 127 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, establece o prezo público pola prestación do Servizo de Axuda no Fogar, cuxas normas reguladoras atópanse na presente Ordenanza.

2. CONCEPTO

2.1. Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios do servicio de Axuda no Fogar na súa modalidade básica, entendido coma un servicio público de carácter local consistente en ofrecer un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenrolo e a permanencia no seu entorno habitual que comprenderá as seguintes atencións:

a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria no propio domicilio.

b) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda que incidan e axuden na mellora da contorna das persoas usuarias e da súa familia. No seu caso, determinadas tarefas domésticas, como lavandería e alimentación a domicilio, poderán ser facilitadas por servizos específicos.

c) Acompañamento persoal na realización doutras actividades necesarias da vida diaria, tales como apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial ou similares, así como o seguimento das intervencións realizadas polo sistema sanitario.

d) Ademais, as atencións de carácter psicosocial e educativo enfocadas ao desenvolvemento das capacidades persoais básicas, á mellora da convivencia, integración na comunidade e mellora da estrutura familiar.

2.2. O servizo comprenderá as dúas modalidades de aceso previstas na lexislación sectorial:

a) Modalidade de acceso directo a través do Sistema de Autonomía e Atención á Dependencia de Galicia ( SAAD).

b) Modalidade de acceso polo sistema de libre concorrencia.

3. OBRIGADOS AO PAGAMENTO

3.1. Están obrigados ao pago do prezo público regulado nesta ordenanza, aqueles usuarios recollidos no regulamento de servizo que se beneficien das actividades prestadas por este concello a que se refire o artigo anterior.

3.2. Se os usuarios non tivesen plena capacidade de obrar, estarán obrigados ao pago, os pais, titores e, en xeral, aquelas persoas que ostentan a representación legal dos usuarios.

4. CONTÍA

4.1. De conformidade co disposto no artigo 47 TR 2/2004 da lei reguladora das facendas locais, corresponderá a Xunta de Goberno Local a fixación das tarifas por hora a satisfacer polos usuarios en función do custe que supoña para o concello a prestación do servizo e os límites previsto no artigo 44 TR 2/2004 da lei reguladora das facendas locais.

5. BONIFICACIÓNS

5.1. Aplicarase ás contías establecida no artigo anterior a porcentaxe de bonificación previsto no Regulamento do Servicio e a normativa autonómica sectorial en función da capacidade económica do usuario e a tipoloxía de servicio prestado.

6. PERÍODO IMPOSITIVO E NACEMENTO DA OBRIGA DE PAGAMENTO

6.1. O período impositivo das tarifas do prezo público polos conceptos recollidos no artigo 2 desta ordenanza será o mes natural, producíndose o nacemento da obriga de pago no momento no que se leve a cabo a prestación dos servicios correspondentes.

7. NORMAS DE XESTIÓN

7.1. O cobro das tarifas do prezo público xestionarase a partires dun padrón constituído polos recibos comprensivos dos obrigados ao pago, tarifas aplicables coas bonificacións correspondentes e número efectivo de unidades de prestación do servicio no período, o cal será aprobado mensualmente dentro dos dez días seguintes á finalización do período impositivo correspondente e publicándose anuncio no taboleiro municipal de edictos.

7.2. O período ordinario de pago será de trinta días naturais dende a publicación do anuncio de aprobación do correspondente padrón, transcorrido o cal as contías devindicadas poderán ser esixidas mediante o procedemento de constrinximento.

7.3. O medio de pago ordinario será o de domiciliación bancaria nas contas sinaladas polos obrigados ao pago, producíndose o cargo dentro dos dez primeiros días dende a aprobación do Padrón correspondente.

7.4. A falta de dispoñibilidade ou ausencia dos usuarios no domicilio non comunicada nos prazos previstos no regulamento do servizo non suporá redución nin exención da obriga de pagamento, así coma a o desistimento ao servizo mentres non se formalice a solicitude de baixa correspondente por escrito ante o rexistro municipal, a cal causará efectos no período impositivo seguinte, non procedendo a devolución do ingresado con anterioridade á data de comunicación da baixa.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

A presente ordenanza entrará en vigor cando unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da corporación e publicado o seu texto integro no Boletín Oficial da Provincia, teña transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.