Laxe - ORDENANZA FISCAL NÚM. 34 REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS, INSPECCIÓN E DIRECCIÓN DE OBRAS REALIZADAS POLOS TÉCNICOS COMPETENTES
Artigo 1.- Réxime Xurídico
O Concello de Laxe, no uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de Bases de Réxime Local, e de conformidade co que dispoñen os artigos 57 e 20 do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais establece a taxa por prestación de servizos, Inspección e Dirección de Obras e de coordinación de seguridade e saúde que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.- Feito impoñible
1. O feito impoñible está constituído polos servizos, de recepción obrigatoria, de vixilancia, inspección, dirección de obras e coordinación de seguridade e saúde no traballo, prestados polos técnicos designados polo Concello legalmente capacitados para asumir a dirección ou inspección das obras.
2. A obrigación de contribuír por esta taxa nace coa prestación dos servizos citados e no momento no que os técnicos competentes designados para a dirección da obras presten a súa conformidade ás correspondentes certificacións de obra.
Artigo 3.- Suxeitos pasivos
Estarán obrigados ao pagamento da taxa que se regula nesa ordenanza as persoas físicas ou xurídicas adxudicatarias que executen as obras municipais onde se preste o servizo establecido no artigo 2 desta ordenanza.
Artigo 4.- Responsables
1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 de la Lei xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das persoas xurídicas, síndicos, os interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeneral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 de la Lei xeral tributaria.
Artigo 5.- Base impoñible
A base para a determinación da taxa estará constituída polo importe da execución material da obra ou investimento.
Artigo 6.- Tipos de gravame e cota tributaria
1. O tipo de gravame a aplicar será fixado en función da base impoñible segundo o seguinte cadro:
Dirección e inspección de obra. | 3% do orzamento de execución material |
Coordinación de seguridade e saúde | 1% do orzamento de execución material |
2. O importe desta taxa considérase implicitamente comprendida no beneficio industrial dentro do elemento do custo e concepto de gastos xerais no suposto de que a taxa de honorarios non figure xa determinada no proxecto e en cada certificación como partida independente.
Artigo 7.- Exencións e bonificacións
1. Dada a natureza deste tributo non se recoñece exención algunha.
2. A liquidación desta taxa gozará das bonificacións establecidas, no seu caso, en normas de rango legal.
Artigo 8.- Devengo e obrigación de contribuír
A presenta taxa devéngase e nace a obriga de contribuír desde o momento no que a Administración Municipal designa ao técnico competente para dirixir, vixiar e inspeccionar as obras, cuxo devengo se irá materializando a medida que se executa a obra e se certifica polo técnico.
Artigo 9.- Xestión, liquidación e ingreso da taxa
1. A liquidación desta taxa estará a cargo da Oficina Técnica correspondente e practicarase en cada certificación de obra que se someta á aprobación dos órganos competentes do Concello.
2. O acto do acordo de aprobación da certificación de obra comprenderá tamén a aprobación da taxa por honorarios dos profesionais intervintes pola prestación do servizo, e ao proceder o pago da certificación, practicarase a correspondente retención da taxa que será ingresada na contabilidade orzamentaria ou nas correspondentes contas para a adecuada e posterior aplicación definitiva.
3. Cando se trate de obras dirixidas e inspeccionadas polos técnicos funcionarios ou contratados en réxime de Dereito Laboral, sen dereito ao percibo de honorarios, o importe da taxa de honorarios ingresarase na Tesouraría Municipal.
4. No suposto que os técnicos a quen o Concello encomendara a dirección e inspección das obras non sexan persoal, funcionario ou laboral, ao servizo da administración local, procederase ao pagamento a ditos técnicos dos importes correspondentes, practicando as retencións fiscais e cos demais impostos que sexan esixibles legalmente, de acordo coas normas e formas previstas legal ou regulamentariamente na normativa fiscal aplicable.
Artigo 10.- Infraccións e sancións
En todo o relativo á comisión de infraccións tributarias, así como das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e na súa normativa de desenvolvemento.
Disposición derradeira.
A presente Ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia da aprobación definitiva polo Pleno da Corporación Local.