Cee - ORDENANZA XERAL DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE CEE

Publicación provisional: 04/12/2017 BOP Nº: 230
Publicación definitiva: 29/01/2018 BOP Nº: 20
Aplicable dende: 30/01/2018

Artigo 1.-

A presente Ordenanza ten por obxecto unificar e adaptar a regulación municipal relativa a actividade de fomento do concello de Cee para garantir ós cidadáns e entidades ó acceso a estas prestacións en igualdade de condicións, para a prestación de servizos e realización de actividades que complemente ou suplan ós atribuídos á competencia municipal, o amparo do que establece a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS) e Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003 e a lei 9/2007 de 13 de xullo de subvencións de Galicia e todas as normas concordantes coas citadas.

Artigo 2.-

Considérase subvención calquera auxilio directo ou indirecto, valorable economicamente, que outorgue o Concello ás súas expensas, e, entre eles, as becas, primas, premios e demais gastos de axuda persoal.

Esta Ordenanza Xeral non será de aplicación nos seguintes casos:

a) Subvencións impropias reguladas pola lexislación tributaria ou sectorial aplicable.

b) Subvencións concedidas por outras Administracións nas que a Entidade Local actúe como simple intermediario.

c) Achegas do Concello de Cee, destinadas a financiar globalmente as actividades dos entes receptores: organismos autónomos; entidades públicas empresariais; consorcios; mancomunidades; fundacións; asociacións, etc¿ nas cales este representadas o propio Concello e os que, anualmente, se fan achegas económicas para financiar os seus orzamentos.

d) Subvencións a favor das asociacións a que se refire a disposición adicional 5a da Lei 7/1985 de Bases de Réxime Local (Federación e Asociación de Municipios).

e) Subvencións previstas na LO 5/1985, de 19 de xuño de Réxime Electoral Xeral e as reguladas na LO 3/1987, de 2 de xullo, de Financiación dos partidos políticos.

Artigo 3.-

O outorgamento de subvencións suxeitarase ás seguintes normas:

1.º .-Terá carácter voluntario e eventual, agás o disposto nesta Ordenanza.

2.º .-As subvencións concedidas non serán invocables como precedente.

3.º .-Non excederán, en ningún caso, do cen por cen do custo da actividade á que se apliquen.

Artigo 4.-

Anualmente o Concello consignará a cantidade que estime pertinentes nos respectivos orzamentos para atende-las actividades subvencionables, a que se distribuirá entre as diferentes áreas de actuación segundo o plan estratéxico.

A tramitación do expediente para a concesión de subvencións sexan en concorrencia ou por concesión directa esixirá a comprobación e existencia de crédito adecuado e suficiente, no Orzamento Municipal e a aprobación do gasto.

Cada convocatoria fixará a cuantía máxima da subvención a conceder de acordo coas BEO.

As bases da convocatoria poder esixir un importe de financiamento propio para cubrir a actividade subvencionada.

A cuantía da subvención pode vir determinada de forma individualizada ou ben de aplicar un porcentaxe do gastos ou actividades a realizar.

En ningún caso o importe subvencionado pode superar o da actividade a realizar.

O pago da subvención, salvo acordo contrario realizarase previa xustificación do beneficiario da realización da actividade ou proxecto.

Será a convocatoria a que determinen o réxime de compatibilidade ou incompatibilidade para a percepción de outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, así como a realización de pagos a conta ou pagos anticipados. Estes últimos suporán entregas de fondos con carácter previo a xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo actuacións inherentes a subvención.

Artigo 5.-

A xestión das subvencións a que se refire a presente Ordenanza Xeral efectuarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimentos dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

Artigo 6.-

Segundo o artigo 22 da lei 38/2003 se establecen as seguintes modalidades de subvencións:

As subvencións concederanse mediante concorrencia competitiva ou concesión directa.

A concorrencia competitiva é a forma ordinaria de concesión das subvencións.

As subvencións poderán outorgarse directamente, non sendo preceptivas nin a concorrencia competitiva nin a publicidade da convocatoria:

-cando estean consignadas nominativamente no orzamento xeral inicial do Concello ou en modificacións de crédito aprobadas posteriormente conforme os requisitos establecidos nas Bases de Execución do Orzamento.

Con carácter xeral, a concesión directa formalizarse nun convenio. O convenio ou resolución de concesión, segundo proceda, expresará claramente o beneficiario, a contía da subvención, o obxecto, o prazo e a forma de xustificación.

As subvencións nominativas, publicarase a súa concesión na Base Nacional de Subvencións.

-subvencións directas concedidas por unha norma de rango legal.

- subvencións directas, xustificadas por razóns sociais, económicas, benéficas, humanitarias ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria pública.

Artigo 7.-

Poderán ser beneficiarios de subvencións e polo tanto solicitalas:

a) As entidades e asociacións sen fins de lucro, domiciliadas no municipio de Cee e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, así como outras entidades previstas no artigo 11 da lei xeral de subvencións.

b) As persoas físicas, que vai realizar a actividade que fundamenta o outorgamento ou que se encontre na situación que lexitime a súa concesión.

c) As persoas xurídicas nos termos do artigo citado.

En tódolos casos será requisito imprescindible non ter pendente de xustificación ningunha axuda anterior do Concello, así como estar os beneficiarios e mailos seus representantes ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e de seguridade social.

Artigo 8.-

Se consideran gastos non subvencionables:

Os xuros debedores das contas bancarias

Intereses, recargos e sancións administrativas e penais.

Os gastos de procedementos xudiciais.

Os impostos directos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda ni os tributos satisfeitos ó Concello de Cee.

Os gastos de invitacións, gastos de ocio, gastos protocolarios, premios que conceda a entidade subvencionada.

Gastos de inversión salvo que o que estea previsto nas BEO ou nos bases reguladoras da subvención.

Artigo 9.-

Considerarase gastos subvencionables, aos efectos que prevé esta Ordenanza Xeral, aqueles que de xeito indudable respondan a natureza da actividade subvencionada, e se realicen no prazo establecido nas diferentes bases reguladoras das subvencións. En ningún caso, o seu custe poderá ser superior o valor de mercado.

Salvo que as bases específicas das subvencións expresen o contrario, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade a finalización do período de xustificación fixado na norma reguladora da subvención.

Artigo 10.-

O Pleno do Concello, segundo as dispoñibilidades existentes, consignará no Presuposto de cada exercicio os importes correspondentes para atender ao programa anual de subvencións, distribuída segundo a planificación e definición de obxectivos fixados para o exercicio. Nas propias bases de execución do orzamento estableceranse aquelas subvencións nominativas, que se estime conveniente outorgar polo sistema de concesión directa, para as que se poderán establecer normas específicas sempre dentro do marco da normativa reguladora das subvencións.

Artigo 11.-

O alcalde, aprobará e publicará as Bases reguladoras das convocatorias, previo informe de Intervención de fiscalización das citadas Bases.

Unha vez aprobadas as bases, estarán vixentes dende a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, cuxo texto completo poderá consultarse na plataforma da Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index). Tamén serán publicadas na páxina web municipal (www.cee.gal).

Artigo 12.-

Os solicitantes de subvencións, haberán de presentar a seguinte documentación:

a) Instancia individualizada por cada actividade, asinada polo Presidente da Entidade ou Asociación, ou por quen teña conferida a delegación, debidamente acreditada, en modelo normalizado que se facilitará nas oficinas municipais, no que constará o nome, apelidos, DNI e enderezo do representante, nome, enderezo e CIF, no seu caso, da entidade ou asociación, e nome, apelidos, DNI e enderezo de tódolos seus integrantes, cando o solicitante sexa un grupo de veciños para unha iniciativa illada. Esta instancia virá acompañada do anexo I que figura nas presente Ordenanza.

No caso de persoas físicas, instancia individualizada por cada actividade obxecto de subvención, no modelo normalizado que se facilita nas oficinas municipais, no que constará o nome, apelidos, DNI e enderezo.

b) Programa ou memoria detallada da actividade que se pretenda realizar.

c) Presuposto detallado dos gastos ocasionados pola actividade para a que se solicita subvención e dos ingresos previstos para financiala.

d) Declaración das axudas solicitadas ou que se teña previsto solicitar para a mesma finalidade.

e) Compromiso de cumprir as condicións da subvención.

f) Documentación acreditativa de reunir os requisitos específicos esixidos.

g) Certificación bancaria para a transferencia do importe da subvención, no caso de ser concedida.

As respectivas Bases de cada convocatoria poderán esixir a presentación doutra documentación complementaria.

No caso das subvencións nominativas:

- Instancia individualizada por cada actividade, asinada polo Presidente da Entidade ou Asociación, ou por quen teña conferida a delegación, debidamente acreditada, en modelo normalizado que se facilitará nas oficinas municipais, no que constará o nome, apelidos, DNI e enderezo do representante, nome, enderezo e CIF, no seu caso, da entidade ou asociación, e nome, apelidos, DNI e enderezo de tódolos seus integrantes, cando o solicitante sexa un grupo de veciños para unha iniciativa illada. Esta instancia virá acompañada do anexo I que figura nas presente Ordenanza.

-memoria e outros requisitos de acordo co artigo 17 da presente Ordenanza.

-deben achegarse xustificantes válidos no tráfico mercantil que xustifiquen o gasto realizado no importe igual o superior ó concedido salvo que as bases de execución determinen outra cousa.

-Debe constar ademais de forma documental a realización do pagamento.

- os certificados de estar ó corrente das obrigas tributarias e da seguridade social.

- Debe detallarse as subvención concedidas para a mesma finalidade.

-Debe constar declaración de que o gasto é igual ou superior ós ingresos obtidos para a mesma finalidade.

Artigo 13.-

As solicitudes, xunto coa documentación á que se refire o artigo anterior, serán presentadas no Rexistro Xeral do Concello ( sen prexuízo da sede electrónica do concello en https://sede.concellocee.es/gl/) no prazo e datas que fixen nas bases que se aproben para cada convocatoria. Non terán validez para futuras convocatorias e, polo tanto, deberán de ser novamente solicitadas, as peticións non seleccionadas e as presentadas fóra do prazo antedito.

Artigo 14.-

Ademais dos criterios específicos que estableza o alcalde ó aprobar as bases de cada convocatoria, considéranse básicos os seguintes:

a) O interese xeral da actividade.

b) O grao de déficit na oferta de actividades análogas.

c) O grao de coordinación e cooperación coas actividades ou programas culturais, deportivos e sociais de directa execución polo Concello que a entidade solicitante manteña.

d) A meirande economía na consecución do resultado.

e) A dificultade na execución da actividade sen a concesión da subvención.

Artigo 15.-

Analizadas as solicitudes polos Servizos municipais correspondentes, estes realizaran unha proposta de concesión, e someterase o expediente a fiscalización de Intervención. O alcalde resolverá as solicitudes presentadas, a vista da proposta realizada polo departamento municipal correspondente.

As contas xustificativas serán únicas e serán recabadas polo departamento que, no seu caso, tramite as subvención, e, seguirase o procedemento establecido para as subvencións concedidas mediante concorrencia competitiva; no suposto de subvencións de carácter directo, se elaborará un informe sobre a xustificación por parte do técnico do departamento, dito informe coa documentación xustificativa se remitirá á Intervención Municipal a efectos da súa fiscalización previa ao acordo do alcalde que aprobe as contas. Unha vez aprobada se procede á ordenación do pago.

As subvencións concedidas, publicaranse na Base Nacional de subvencións, con indicación segundo cada caso, da convocatoria, o programa e crédito orzamentario o que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e obxectivo ou finalidade da subvención con expresión dos distintos programas ou proxecto subvencionados.

Artigo 16.-

Son obrigas dos beneficiarios:

As actividades subvencionadas terán lugar e rematarán nas datas ou prazos fixados en cada convocatoria.

As subvencións destinaranse exclusivamente ós fins para os que foron concedidas, quedando expresamente prohibido calquera cambio de destino ou variación na súa aplicación.

Toda subvención concedida sométese á condición de facer constar na documentación, soporte impreso ou publicidade de todo tipo referente á actividade subvencionada, que a mesma se realiza co financiamento do Concello de Cee.

Someterse as actuacións de comprobación e control que sexan debidamente requiridas polo órganos municipais, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio de estas actuacións e que estean relacionadas coa concesión da subvención.

O simple feito de solicitar unha subvención ou axuda do Concello implica o coñecemento e aceptación desta Ordenanza e das Bases reguladoras da correspondente convocatoria. O incumprimento das obrigas e condicións establecidas en ditas disposicións poderá dar lugar á revogación da subvención.

Artigo 17.-

As subvencións concedidas aboaranse do seguinte xeito, salvo que nas súas bases reguladoras se dispoña outra cousa ó remate da actividade e trala presentación de:

- Memoria detallada da actividade realizada.

- Instancia suscrita polo representante da entidade beneficiaria ou beneficiario, dirixida ó Alcalde, solicitando o pagamento e indicando a conta bancaria á que efectuar a transferencia.

- Facturas polo importe total da realización da actividade.

- No seu caso, un exemplar de toda a documentación impresa xerada pola actividade.

As facturas ás que fai referencia o artigo anterior, haberán de reunir os seguintes requisitos:

a) Serán orixinais ou copias autenticadas.

b) Estaren datadas no período establecido para a realización da actividade subvencionada.

c) Expresar o CIF ou DNI do acredor, a súa sinatura e selo e tódolos demais requisitos sinalados nas vixentes disposicións.

Os premios e becas, terán un réxime especial que se regulara nas bases reguladoras que se aproben en cada caso en relación co pago e xustificación da achega.

Artigo 18.-

A documentación xustificativa á que fai referencia o artigo anterior presentarase dentro dos trinta días seguintes ó da finalización da actividade e en todo caso antes do 30 de novembro do exercicio correspondente. A aprobación e pagamento da subvención será único e corresponderá ó alcalde, que poderán reducir a subvención na porcentaxe que corresponda se os gastos efectivamente realizados foran inferiores ós inicialmente presupostados.

Artigo 19.-

O procedemento para un posible reintegro de subvencións rexerase polo disposto na LXS e no RLXS. En todo caso:

- Cando o importe da subvención outorgada supere o gasto efectivamente realizado.

- Cando se incumpran as condicións que deron lugar á obtención da subvención.

- Cando se incumpra a obriga de xustificación.

As infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións, serán as establecidas na LXS ( artigos 52 a 69).

Disposición Final.

A presente Ordenanza entrará en vigor o día seguinte da súa completa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor ós     días hábiles seguintes a súa publicación no B.O.P., pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."