Oroso - ORDENANZA FISCAL DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

Publicación provisional: 15/11/2003 BOP Nº: 263
Publicación definitiva: 30/12/2003 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 28/03/2018
Derrogada: 13/06/2023 BOP Nº: 111

Artigo 1º.- Fundamento Legal e Natureza

No uso das facultades otorgadas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985 do 2 de abril reguladora das Bases de Réximen Local e de conformidade có disposto nos artigos 60.2 e 101 ó 104 da Lei 39/1988 do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, establécese o Imposto Sobre Construccións, Instalacións e Obras, que se rexirá pola presente Ordenanza Fiscal pola citada Lei 39/1988 e pola Lei Xeneral Tributaria.

Artigo 2º.- Feito Impoñible

O Feito Impoñible do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras está constituido pola realización, dentro do término municipal de Oroso, de calquera construcción, instalación ou obra para á que se esixa obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, obtivérase ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.

Artigo 3º.- Sujetos Pasivos

1.- Son suxeitos pasivos deste imposto, en concepto de contribuintes, as persoas físicas ou xurídicas, as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demáis entidades a que se refire o art. 33 da Lei Xeneral Tributaria, propietarias dos inmobles sobre os que se realicen as construccións, instalacións ou obras sempre que sexan donos das obras, nos demáis casos considerarase contribuinte a quen obstente a condición de dono das obras.

2.- Terán a consideración de sustitutos do contribuinte quenes soliciten as correspondentes licencias ou realicen ás construccións, instalacións ou obras, si non foran os propios contribuintes.

Artigo 4º .-Base impoñible, cota e devengo

1.-A base impoñible deste imposto constitúese polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, entendéndose por tal, a estes efectos, o custo da execución material de aquela.

Non forman parte da base impoñible, en ningún caso:

a) O imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, nin tampouco as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público relacionadas coas devanditas construccións, instalacións ou obras.

b) Os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.

2.-A cota do imposto será o resultado de aplicar a base impoñible o tipo de gravame.

3.- O tipo de gravame será do 4 %.

4.-O imposto devengarase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivera a correspondente licencia.

Artigo 5º .-xestión

1.- Cando se conceda a licencia preceptiva ou cando non se solicitase, concedese ou denegase aínda a devandita licencia preceptiva, se inicie a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, determinándose a base impoñible en función dos informes dos técnicos municipais basados nos módulos contemplados no Anexo desta Ordenanza, tendo en todo caso o carácter de mínimo o orzamento de execución material das partidas subceptibles de gravamen que consten no preceptivo proxecto técnico de execución presentado polo interesado.

2.-Cando se modifique o proxecto de construcción, instalación ou obra, e supoña un incremento do número de unidades dos índices e módulos ou do proxecto, unha vez aceptada a modificación pola Administración Municipal, practicarase liquidación complementaria.

3.-Unha vez rematada a construcción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e efectivo da mesma, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado primeiro practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo o suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

4.-Ó efecto do precedente apartado, a data de finalización das construccións, instalacións ou obras será a que se determine por calquera medio de proba admitido en dereito e, en particular:

a) Cando sexan de nova planta, a partires da data de expedición do certificado final de obra subscrito polo facultativo ou facultativos competentes, e a falta deste documento, dende a data de notificación da licencia de nova ocupación.

b) Nos demais casos, a partires da data de expedición do certificado final de obra nas condicións do apartado anterior ou, a falta de este, dende que o titular da licencia comunique ó Concello a finalización das obras.

En defecto dos citados documentos, tomarase a tódolos efectos como data de terminación a que resulte de calquera comprobación desta situación por parte da Administración Municipal.

Artigo 6º .-Beneficios fiscais

1. Ao abeiro do disposto no artigo 103.2 do TR 2/2004 da lei reguladora das facendas locais, gozarán dunha bonificación do 95 % da cota do imposto das construcións, instalacións e obras as seguintes obras:

a. As dedicadas á construción, rehabilitación ou reparación da vivenda habitual das persoas en situación de emerxencia social.

Consideraranse en situación de emerxencia social, aquelas que requiren urxente atención de carácter paliativo, derivadas da inadecuación ou dotación da vivenda habitual de aquelas persoas que carecen de medios económicos suficientes para facer fronte a esta situación.

A documentación a presentar será a seguinte:

A) Informe social que acredite a situación de emerxencia social.

B) Informe do técnico competente sobre a situación de emerxencia social relativo a súa localización, características, estado de deterioro, servicios, salubridade, seguridade e distribución.

C) Fotocopia do DNI do solicitante e do resto da Unidade Familiar de convivencia e do libro de familia.

D) Certificado de empadroamento que especifique que os membros da unidade familiar residen na vivenda en cuestión.

E) Certificación acreditativa da propiedade da vivenda.

F) Xustificantes dos ingresos familiares, mediante a oportunas declaracións da renda ou certificados de imputacións que acrediten os ingresos da unidade familiar, incluíndo axudas públicas.

O importe máximo da renda dispoñible da unidade familiar ponderada segundo os coeficientes do seguinte párrafo, entendida como a parte xeral e especial da Base Impoñible regulada na lei sobre o imposto sobre a renda das persoas físicas, antes de proceder as deducións por mínimo persoal e familiar non poderá superar o importe anual do salario mínimo interprofesional.

Os coeficientes aplicables segundo o número de membros da unidade familiar son os seguintes:

Nº membros unidade familiar: Coeficiente

1: 1

2: 0,9

3: 0,8

4: 0,7

5 ou máis: 0,5

b. As dedicadas a instalacións u obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración, cumprindo os seguintes requisitos:

i. Os donos das obras deberán ser obrigatoriamente:

1. Administracións públicas ou organismos dependentes das mesmas, que conforme a lexislación de contratación administrativa estean incluídos dentro do concepto de administración pública.

2. Entidades ou asociacións sen ánimo de lucro.

 

ii. As obras deberán referirse obrigatoriamente a equipamentos dirixidos á comunidade ou rehabilitación ou conservación do patrimonio histórico-artístico, catalogado coma tal segundo a lexislación correspondente.

A documentación a presentar será a seguinte:

a) Acreditación do cumprimento dos requisitos previstos no apartado anterior, presentando unha memoria acreditativa.

c. As edificacións, instalacións u obras dedicadas á gandería, agropecuarias e o sector forestal produtivo (non transformación) que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración.

A documentación a presentar será a seguinte:

a) Acreditación do cumprimento dos requisitos previstos no apartado anterior, presentando unha memoria acreditativa do número de postos de traballo a crear ou a manter no seu caso, axuntando copia do boletíns de cotizacións TC-2 á Seguridade Social dos traballadores.

b) Acreditamento de estar ao corrente coas obrigas tributarias co Estado, Concello e Comunidade Autónoma, así coma coa Seguridade Social.

d. As edificacións, instalacións u obras dedicadas á implantación ou ampliación dunha nova actividade económica ou empresarial nos Polígonos Industriais do concello de Oroso, que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración, cumprindo as seguintes condicións mínimas:

1º) As actividades económicas deberán estar implantadas nos Polígonos Industriais do concello de Oroso, delimitados como aquelas parcelas cualificadas coma de solo de uso industrial segundo o Plan Xeral do Concello de Oroso.

2º) Unicamente procederá a declaración de interese municipal para a implantación dunha nova actividade económica, entendendo por tal aquela que conleve a edificación en solares baleiros, ou ben á ampliación de instalacións ou edificacións de industrias existentes, sempre e cando conleve a creación de novo emprego.

3º) Acreditar el alta en el Censo de actividades económicas, mediante presentación de modelo 036 ou equivalente.

4º) A actividade deberá contar con todas as licencias ou permisos de actividade sectoriais precisos, así coma en todo caso contar con licencia de obra das edificacións obxecto de bonificación e de primeira ocupación.

5º) Deberá acreditarse ter solicitada a alta das novas construcións ou instalacións no Catastro.

6º) Estar ao corrente no pago de todos os tributos municipais e estatais así coma o corrente no pago das súas obrigas coa Seguridade Social.

Para o desfrute desta bonificación, os interesados deberán presentar xunto coa solicitude de concesión de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego na Sede Electrónica municipal, acompañada da seguinte documentación:

a) Memoria explicativa da solicitude na que se explique entre outros aspectos:

a. Situación da actividade, indicando o número de referencia catastral.

b. Descrición da actividade económica e das obras previstas, indicando someramente os procesos produtivos que se desenvolven na parcela, así coma a utilidade das obras e instalacións proxectadas para a creación de postos de traballo.

c. Número previsto de creación de postos de traballo da actividade que teñan coma centro de traballo as instalacións na parcela indicada. No suposto de solicitarse a bonificación por ampliación de instalacións, indicarase o número previsto de traballadores existentes antes e despois da mesma.

A porcentaxe de bonificación a que dará lugar a concesión da declaración de utilidade de especial interese ou utilidade municipal será a seguinte en función do acreditamento do número de novos postos de traballo creados:

Ata 10 postos de traballo creados

50 %

De 11 a 20 postos de traballo creados

75 %

Máis de 20 postos de traballo creados

95 %

O importe da bonificación aplicarase no momento da aprobación da liquidación definitiva do imposto, unha vez rematada a obra e obtida a preceptiva licencia de primeira ocupación, para o cal, o suxeito pasivo deberá presentar xunto coa documentación acreditativa do custe real da obra, a seguinte documentación que acredite a creación efectiva dos novos postos de traballo:

a) Certificado en vigor expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria de que a empresa está ao corrente coas súas obrigas tributarias.

b) Certificado en vigor expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social de que a empresa está ao corrente coas súas obrigas.

c) Acreditamento da presentación do modelo de alta das novas construcións e instalacións no Catastro, se no se presentase anteriormente.

d) Indicación e descrición das autorizacións sectoriais posuídas para o desenvolvemento da actividade económica, indicando no seu caso o número de inscrición en Rexistros autonómicos ou estatais.

e) Acreditamento do número de postos de traballo creados mediante a aportación de:

a. Copia dos contrato de traballo dos novos traballadores, no que quede acreditado que o centro de traballo correspóndese co inmoble para o que se solicita a bonificación.

b. Copia modelos ¿TC2" do derradeiro exercicio económico dos novos traballadores.

c. Certificado de vida laboral dos traballadores.

Non dará lugar a aplicación da bonificación concedida:

1º) O non acreditamento suficiente da creación dos novos postos de traballo comprometidos na solicitude inicial.

2º) A prescrición do prazo para practicar a liquidación definitiva do Imposto

3º) A declaración da caducidade da licencia de obra concedida ou o transcurso do prazo máximo de vixencia da mesma.

4º) A denegación da concesión da licencia de primeira ocupación das obras obxecto de licencia por non cumprir as condicións da licencia concedida ou incumprimento das condicións establecidas na comunicación previa.

2. Para gozar dalgunha das bonificacións do párrafo anterior, que non serán acumulativas, será necesario que se solicite polo suxeito pasivo a declaración de especial interese ou utilidade municipal, o que deberá facerse, antes do inicio das construcións, instalacións ou obras, mediante escrito separado, ó tempo de presenta-la solicitude de licencia municipal que autorice a súa realización.

3. Unha vez informada a solicitude e a licencia municipal, formularase proposta ó Pleno da Corporación os efectos de determinar se concorren as circunstancias para a declaración de especial interese ou utilidade municipal, o cal decidirá por maioría simple. Outorgada se procede a declaración, notificarase o suxeito pasivo o mesmo tempo que se xira a correspondente liquidación provisional.

4. Gozarán de unha bonificación do 90% as construcións, instalacións ou obras que favorezan as condiciones de acceso e habitabilidade dos discapacitados, sempre e cando as mesmas non formen parte de un proxecto de obra nova e se realicen de forma independente.

5. Non procederá outorgar as bonificacións reguladas nos puntos anteriores a aquelas construcións, instalacións ou obras que empezasen ou rematasen sen haber solicitado a correspondente licencia de obras municipal.

Disposición final

A presente modificación da ordenanza fiscal, aprobada a súa redacción definitiva polo Pleno do Concello, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.

ANEXO

MÓDULOS UNITARIOS DE VALORACIÓN A EFECTOS DO ORZAMENTO OU COSTE DE OBRAS, INSTALACIÓNS, CONSTRUCCIÓNS E REFORMAS, PARA APLICACIÓN DO PORCENTAXE CORRESPONDENTE Ó IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.
Como punto de partida se establece un módulo básico de construcción (M), de manera que sobre este módulo básico de construcción, se aplica un coeficiente de uso e de tipoloxía, en función do tipo de obra e/ou edificación de que se trate.
O módulo básico de construcción (Mb),expresado en €/m² será o vixente no Colexio de Arquitectos de Galicia no momento da presentación da solicitude de licencia, ou no caso de non presentarse esta, no momento en que os servicios municipales inicien o expediente de liquidación do imposto. No caso de non existencia do devandito módulo ou de manifesta falta de adecuación do mesmo ós valores de mercado, o valor do mesmo será aprobado polo Alcalde-Presidente en base a informe dos servicios técnicos municipais de acordo a estudios de mercado.
Para o cálculo da base a la que aplicar o ICIO, determinaráse o valor do modulo de construcción (Mc), como resultado de aplicar ó Módulo base (M), o coeficiente tipológico Ct, e o coeficiente de uso predominante (Cu) á superficie construída da edificación ou da parte da mesma sobre a que se interveña.
Mc = Mb × Ct × Cu × Superficie
O valor dos coeficientes de tipoloxía e uso obtense do seguinte:
Coeficiente tipoloxía (Ct):
1. En edificacións de nova planta e adicións.
1,20 Edificación aislada (4 fachadas). Vivienda unifamiliar aislada. Sótanos a partir de 3º.
1,10 Agrupación en fila o hileira. Sótanos 1º y 2º.
1,00 Edificio en manzana pechada. Edificación aberta vivenda colectiva.
2. En obras de reforma e rehabilitación.
1,20 Rehabilitación total incluindo desmontaxe de fachadas.
1,00 Adecuación interior de plantas baixas e entreplantas.
0,65 Reforma interior de instalacións e acabados conservando a estructura existente.
0,50 Reformas de elementos estructurales.
0,35 Rehabilitación de fachadas. Sustitución de carpintería y pechamentos (aplicada á superficie da fachada). Reforma interior instalacións.
0,30 Reforma de acabados interiores.
0,08 Sustitución material cobertura.
0,02 Pintado de fachadas. Demolicións e derribos.
3. En obras no edificatorias.
1,00 Parcelas cámpings. Acondicionamiento de terreos.
0,15 Peches de parcelas de mampostería, formigón, sillería ou similar.
0,10 Peches de zócalo, postes y alambre.
0,04 Peches de poste y alambre.
0,02 Tallos.
Coeficiente de usos (Cu):
1,65 Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios bancarios.
1,55 Hospitais. Laboratorios. Iglesias.
1,45 Bibliotecas. Facultades e Escúelas Universitarias. Hoteis 4*. Edificios penitenciarios. Terminais Marítimas e Aéreas.
1,35 Clubes sociais. Cines. Centros de Saude. Balnearios. Hoteis 3*. Salas de festas. Discotecas. Colexios con Residencia.
1,25 Casas de Cultura. Casas Consistoriais. Locais Bancarios.Consultorios. Residencias 3ª edad. ApartHoteles. Tanatorios. Centros de culto. Cuarteis. Matadeiros.
1,15 Vivenda. Hoteis de 2*. Residencias Universitarias. Moteis.
1,05 Residencial VPO. Oficinas. Guarderías. Centros docentes. Hoteis de 1*. Ambulatorios. Hostales-Residencias. Restaurantes. Estacións de Autobuses. Salas de exposiciones. Piscinas cubertas. Demolicións e derribos. Peches de parcela.
0,95 Bares. Mercados.
0,85 Centro comercial. Pabellones deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows. Servicios cámpings.
0,70 Edificios de aparcamentos. Local comercial. Establecimentos comerciais industria escaparate.
0,55 Piscinas descubertas. Cementerios.
0,50 Naves industriais e comerciais.
0,45 Locales en planta baixa ou semisótano sin uso específico. Garaxes e Aparcamentos. Estacións de Servicio.
0,40 Trasteros. Porches e terrazas abertas.
0,35 Almacéns.Instalaciones deportivas descubertas.
0,25 Proxectos de urbanización.
0,20 Acondicionamento de naves con obras mínimas.
0,15 Proxectos de urbanización (adscritos á edificación). Parcelas cámpings.
0,10 Xardíns. Pistas de terra e formigón. Tratamiento de espacios exteriores. Acondicionamiento de terreos.