Índice

Cariño - Ordenanza de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos do Concello de Cariño

Publicación provisional: 12/02/2018 BOP Nº: 30
Publicación definitiva: 03/04/2018 BOP Nº: 62
Aplicable dende: 20/04/2018

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A transparencia e a súa consecuencia práctica, a participación, son dous principios fundamentais nos estados modernos. A Constitución española incorpóraos ao seu texto en forma de dereitos, nos seus artigos 20.1 d), 23.1 e 105.b). Posteriormente, e a través de diversa normativa, as distintas administracións desenvolveron estes preceptos constitucionais básicos.

O artículo 70 bis.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, dispón que:

¿¿as entidades locais e, especialmente, os municipios, deberán impulsar a utilización interactiva das tecnoloxías da información e a comunicación para facilitar a participación e a comunicación cos veciños, para a presentación de documentos e para a realización de trámites administrativos, de enquisas e, no seu caso, de consultas cidadás".

Este precepto debe ser posto en conexión co parágrafo ñ) do artigo 25.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, introducido pola Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostibilidade da Administración Local, segundo o cal corresponde aos Concellos a promoción no seu termo municipal da participación dos cidadás no uso eficiente e sostible das tecnoloxías da información e as comunicacións.

A Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, é un paso máis neste contexto, para seguir avanzando cara o denominado ¿goberno aberto". Esta Lei, na DF 9ª, determina que ¿os órganos das Comunidades Autónomas e entidades locais disporán dun prazo máximo de dous anos para adaptarse ás obrigas contidas nesta lei", polo que é necesario que as Entidades Locais inicien un proceso interno de adaptación a dita norma, sendo convinte, entre outras medidas, regular integralmente a materia a través de unha Ordenanza. Unha das finalidades, polo tanto, de esta Ordenanza é, xunto á habitual de desenvolver a lei, xerar un incentivo e iniciar a efectiva implantación nas Entidades Locales das medidas propias dos gobernos locais transparentes, con un grado de anticipación e eficacia moi superior ao que derivaría dun escenario baldeiro de Ordenanzas, ou con algunha delas ditada aisladamente. Neste sentido a Ordenanza ten un doble obxectivo: o regulatorio e o de fomento da efectividade do principio de transparencia.

Artigo 1. Obxecto e réxime xurídico

A presente Ordenanza ten por obxecto a aplicación e desenvolvemento da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, así como o exercicio de reutilización e acceso á información pública, establecendo os medios necesarios para elo.

Artigo 2. Ámbito de aplicación.

1. As disposicións desta Ordenanza serán de aplicación a:

a) O Concello de Cariño

b) Os organismos autónomos, as entidades públicas empresariais e as entidades de dereito público con personalidade xurídica propia, vinculadas ou dependentes do Concello de Cariño.

c) As sociedades mercantís en cuxo capital social a participación, directa ou indirecta, das entidades previstas neste artigo sexa superior ao 50 por 100.

d) As fundacións de iniciativa pública local ou de participación maioritaria da entidade local, xa sexa na súa dotación fundacional ou nos seus órganos de goberno.

e) As asociacións constituidas pola Entidade Local, organismos e demáis entidades previstas neste artigo.

2. Calquera persona física ou xurídica que preste servizos públicos ou exerza potestades administrativas de titularidade local, en todo o referido á prestación dos mencionados servizos ou no exercicio de potestades administrativas, deberá proporcionalle ao Concello a información que sexa precisa para cumprir coas obrigas previstas na presente Ordenanza. Os adxudicatarios de contratos estarán suxeitos á mesma obriga nos termos que se establezan nos respectivos contratos.

Artigo 3. Principios xerais.

Serán de aplicación para os suxeitos incluídos no artigo 2.1 os seguintes principios xerais:

1. Publicidade da información pública: presúmese o carácter público da información obrante no Concello. O acceso poderá denegarse nos supostos expresamente previstos nas leis e nesta ordenanza, mediante resolución motivada. Asimesmo, publicarase por iniciativa propia aquela información que sexa relevante para garantizar a transparencia da actividade así como a que poida ser de maior utilidade para a sociedade e para a economía, permitindo o control da súa actuación e o exercicio dos dereitos das persoas.

2. Reutilización da información: a información pública poderá ser reutilizada nos termos previstos na Ley 37/2007 e na presente Ordenanza.

3. Accesibilidade universal: garantirase o acceso universal das persoas á información pública nos termos establecidos na Lei 19/2013, do 9 de decembro e na presente Ordenanza, e específicamente ás persoas con discapacidade.

4. Acceso inmediato: o acceso á información pública poderá realizarse a través de medios electrónicos, sen necesidade de solicitude previa e de forma inmediata. Tamén se procurará que a publicación e posta a disposición se realice incluíndo ademáis formatos electrónicos reutilizables sempre que sexa posible, todo isto sen prexuízo do dereito que asiste ás persoas a elexir a vía de comunicación.

5. Calidade da información: a información pública que se facilite ás persoas debe ser veraz, fehaciente e actualizada. En toda publicación e posta a disposición se indicará a unidade responsable da informacióne a data da última actualización. Asimesmo, os responsables da publicación adaptarán a información a publicar, dotándoa de unha estrutura, presentación e redacción que facilite a súa completa comprensión por calquera persoa.

6. Compromiso de servizo: a provisión de información pública deberá ser en todo momento eficaz, rápida e de calidade, debendo os empregados públicos locais axudar ás persoas cando éstas o soliciten e manténdose un canle de comunicación específico entre o Concello e os destinatarios da información.

Artigo 4. Dereitos das persoas.

1.No ámbito do establecido nesta Ordenanza, as persoas teñen os seguintes dereitos:

a) A acceder á información suxeita ás obrigas de publicidade de acordo co establecido nesta Ordenanza.

b) A ser informados se os documentos que conteñen a información solicitada ou dos que poida derivar dita información, obran ou non en poder da Administración, e, no caso de que non obren, a que se lles informe sobre a entidade á que poden dirixirse na búsqueda de dita información.

c) A ser asistidas na súa búsqueda de información.

d) A recibir o asesoramento adecuado, e en termos comprensibles, para o exercicio do seu dereito.

e) A recibir a información solicitada dentro dos prazos, e na forma ou formato elixido, de acordo co establecido na presente Ordenanza.

f) A coñecer as razóns en que se fundamenta a denegación do acceso á información solicitada, e se é o caso, nunha forma ou formato distinto ao elixido.

g) A obter a información solicitada de forma gratuíta, sen prexuízo do aboamento, se é o caso, das exaccións que correspondan pola expedición de copias ou transposición a formatos diferentes do orixinal.

2. Calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, poderá exercer os dereitos contemplados nesta Ordenanza, sen que caiba esixir para iso requisitos tales como a posesión dunha nacionalidade, cidadanía, veciñanza ou residencia determinada.

Artigo 5. Obrigas de transparencia, acceso á información e reutilización.

As entidades mencionadas no artigo 2.1 deben:

a) Elaborar, manter actualizada e difundir, preferentemente por medios electrónicos, a través das súas páxinas web ou sedes electrónicas, a información cuxa divulgación se considere de maior relevancia para garantir a transparencia da súa actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública, permitir a reutilización da información e facilitar o acceso á mesma.

b) Elaborar, manter actualizado e difundir un catálogo de información pública que obre no seu poder, con indicacións claras de onde pode atoparse dita información e ofrecer tamén dito catálogo en formatos electrónicos abertos, lexibles por máquinas que permitan a súa redistribución, realización ou aproveitamento.

c) Establecer e manter medios de consulta adecuados á información solicitada.

d) Adoptar as medidas de xestión da información que fagan fácil a súa localización e divulgación, así como a súa accesibilidade , interoperabilidade e calidade.

e) Publicar a información dunha maneira clara, estruturada e entendible para as persoas.

f) Publicar e difundir a información relativa ao contido do dereito de acceso á información, ao procedemento para o seu exercicio e ao órgano competente para resolver.

g) Publicar e difundir a información relativa aos termos da reutilización da información de forma clara e precisa para os cidadáns.

h) Difundir os dereitos que recoñece esta Ordenanza ás persoas, asesorar a éstas para o seu correcto exercicio e asistilas na búsqueda de información.

i) Facilitar a información solicitada nos prazos máximos e na forma e formato elixido de acordo co establecido na presente Ordenanza.

Artigo 6. Información pública.

Enténdese por información pública todo documento ou contido, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que estea en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta Ordenanza e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións.

Artigo 7. Dereito de acceso á información pública.

1. Todas as persoas teñen dereito a acceder á información pública nos termos previstos no artigo 105.b) da CE e desenvoltos pola Lei 19/2013.

2. A capacidade de obrar para exercitar este dereito, incluso cando se trate de menores de idade, rexerase polo disposto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das AAPP.

Artigo 8. Límites.

1. A información pública regulada nesta Ordenanza poderá ser limitada, ademáis dos supostos recollidos no artigo 14.1 da Lei 19/2013, en relación ao exercicio delegado doutras competencias estatais e autonómicas, segundo prevexa a norma de delegación ou, no seu caso, respecto a calquera información que a Entidad Local posúa e que puidera afectar a competencias propias ou exclusivas doutra Administración, cuxo dereito de acceso estea igualmente limitado polas Leis.

2. En todo caso, só se denegará o acceso á información pública afectada por algún dos límites enumerados no artigo 9 desta Ordenanza e no punto anterior do presente artigo cando, trala resolución motivada previa, quede acreditado o prexuízo para aquelas materias e non exista un interese público ou privado superior que xustifique o acceso.

3. Se do resultado de dita ponderación, procedese a denegación do acceso, analizarase previamente a posibilidade de conceder o acceso parcial trala omisión previa da información afectada polo límite de que se trate, salvo que de iso resulte una información distorsionada ou que careza de sentido. Cando se conceda o acceso parcial, deberá garantirse a reserva da información afectada polas limitacións e a advertencia de constancia desa reserva.

Artigo 9. Protección de datos persoais.

1. Toda utilización da información pública a través dos distintos mecanismos previstos nesta Ordenanza realizarase con total respecto aos dereitos derivados da protección de datos de carácter persoal, nos termos regulados na lexislación específica sobre dita materia e nos artigos 5.3 e 15 da Lei 19/2013.

2. A protección dos datos de carácter persoal non suporá un límite para a publicidade activa e o acceso á información pública cando o titular do dato falecera, salvo que concorran outros dereitos. Igualmente, non se aplicará este límite cando os titulares dos datos os fixeran manifestamente públicos previamente ou fora posible a disociación dos datos de carácter persoal sen que resulte información enganosa ou distorsionada e sen que sexa posible a identificación das persoas afectadas.

3. Considéranse datos meramente identificativos relacionados coa organización, funcionamento ou actividade pública dos órganos, os datos das persoas físicas que presten os seus servizos en tales órganos, consistentes únicamente no seu nome e apelidos, as funcións ou postos desempeñados, así como a dirección postal ou electrónica, teléfono e número de fax profesionais.

Artigo 10. Unidades responsables da información pública.

1. O Concello establecerá sistemas para integrar a xestión das solicitudes de información dos cidadáns no funcionamento da organización interna que exercerán as seguintes función:

-A tramitación das solicitudes de acceso á información ou das correspondentes reclamacións.

-O asesoramento ás persoas para o exercicio do dereito de acceso e a asistencia a aquelas na búsqueda de información.

-A inscrición, no seu caso, no rexistro de solicitudes de acceso.

-Crear e manter actualizado un catálogo de información pública que obre en poder do Concello, con indicación claras de onde pode atoparse dita información.

-A elaboración dos informes en materia de transparencia administrativa, reutilización e dereito á información pública.

-A difusión da información pública creando e mantendo actualizados enlaces con enderezos electrónicos a través dos cales poida accederse a ela.

-A adopción das medidas oportunas para asegurar a paulatina difusión da información pública e a súa posta a disposición dos cidadáns da maneira máis ampla e sistemática posible.

-A adopción das medidas necesarias para garantir que a información pública se faga disponible en bases de datos electrónicas.

-Outras funcións que se lle poidan atribuír na materia necesarias para asegurar a aplicación das disposicións da presente Ordenanza.

Artigo 11. Medios de acceso

1. As entidades incluídas no ámbito de aplicación da presente Ordenanza están obrigadas a habilitar diferentes medios para facilitar a información pública, de modo que resulte garantizado o acceso de todas as persoas, con independencia da súa formación, recursos, circunstancias persoais ou condición social. En todo caso, darase preferencia ao emprego de medios electrónicos e telemáticos.

2. Para estes efectos, ofrecerase acceso á información pública a través dalgún dos seguintes medios: oficinas de información, páxina web ou sede electrónica ou servizos de atención telefónica.

Artigo 12. Obxecto e finalidade

1. Os suxeitos enumerados no artigo 2.1 publicarán, a iniciativa propia, a información pública cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia da súa actividade e reutilización da información.

2. Concretamente, estarán obrigadas a publicar a información que se estrutura en 7 áreas:

a) Institucional, organizativa, planificación e persoal.

b) Altos cargos e persoas que exercen a máxima responsabilidade.

c) Xurídica e patrimonial.

d) Contratación, convenios e subvencións,

e) Económica,financieira e orzamentaria.

f) Urbanismo e Medio Ambiente.

3. Esta información ten carácter de mínima e obrigatoria, sen prexuízo da aplicación doutras disposicións específicas que prevexan un réxime máis amplo en materia de publicidade, ou da posibilidade de ampliar o seu contido a vontade dos suxeitos obrigados.

4. Para o cumprimento da mesma, o Concello poderá requirir a información que sexa precisa das persoas físicas e xurídicas que presten servizos públicos ou exerzan competencias administrativas, e dos contratistas, nos termos previstos no respectivo contrato.

5. Tamén será obxecto de publicidade activa aquela información cuxo acceso se solicite con maior frecuencia, e as resolucións que deneguen ou limiten o acceso á información unha vez fosen notificadas ás persoas interesadas, previa disociación dos datos de carácter persoal que contiveran.

Artigo 13. Lugar de publicación.

1. A información publicarase na páxina web ou sede electrónica das entidades incluidas no seu ámbito de aplicación, ou, no seu caso, no portal específico de transparencia.

2. A páxina web ou sede electrónica da entidade local conterá asimesmo, os enlaces ás respectivas páxinas web ou sedes electrónicas dos entes dependentes da entidade local e o resto de suxeitos e entidades vinculadas á mesma con obrigas de publicidade activa impostas pola normativa que lles sexa de aplicación.

3. O Concello poderá adoptar outras medidas complementarias e de colaboración co resto de administracións públicas para o cumprimento das súas obrigas de publicidade activa, incluíndo a utilización de portais de transparencia e de datos abertos doutras entidades.

Artigo 14. Órgano competente e forma de publicación.

1. O Concello identificará e dará publicidade suficiente á información relativa aos órganos competentes responsables da publicación activa regulada nesta Ordenanza.

2. A información publicarase de maneira clara e estruturada, e fácil de entender, utilizando unha lenguaxe accesible.

3. Incluiráse o catálogo completo de información obxecto de publicidade activa, indicando o órgano ou servizo do que procede a información, a frecuencia da súa actualización, a última data de actualización, os termos da súa reutilización e, no seu caso, a información semántica necesaria para a súa interpretación.

Artigo 15. Prazos de publicación e actualización.

1. Deberá proporcionarse información actualizada, atendendo ás peculiaridades propias da información de que se trate.

2. A información pública manteráse publicada durante os seguintes prazos:

a) A información das áreas a), b), c) e f) indicadas no artigo 12.2, mentres manteña a súa vixencia.

b) A información da área d) relacionada no artigo 12.2, mentres persistan as obrigas derivadas destes e, polo menos, dous anos despois de que éstas cesen.

c) A información da área e) relacionada no artigo 12.2, durante cinco anos contados dende que foi xerada.

d) A información da área g) relacionada no artigo 12.2, mentres manteña a súa vixencia e, polo menos, cinco anos despois de que cese esta.

3. A información publicada deberá ser obxecto de actualización no prazo máis breve posible e, en todo caso, respectando a frecuencia de actualización anunciada, de acordo coas características da información, as posibilidades técnicas e os medios dispoñibles.

4. En todo caso, adoptaranse as medidas oportunas para garantizar que no mesmo lugar en que se publica a información pública se manteña a información que deixa de ser actual.

Artigo 16. Información sobre a institución, a súa organización, planificación e personal.

1. As entidades enumeradas no artigo 2.1, co alcance previsto na Lei 19/2013, de 9 de decembro e na Lei 7/1985, de 2 de abril, publicarán información relativa a:

a) As competencias e funcións que exercen, tanto propias como atribuidas por delegación.

b) A normativa que lles sexa de aplicación.

c) Identificación dos entes dependentes, participados e aos que pertenza o Concello, incluíndo enlaces ás súas páxinas web corporativas.

d) Organigrama descritivo da estrutura organizativa: identificación dos distintos órganos decisorios, consultivos, de participación ou de xestión, especificando a súa sede, composición e competencias

e) Identificación dos responsables dos distintos órganos sinalados no parágrafo d), especificando o seu perfil e traxectoria profesional.

f) Estrutura administrativa da entidade, con identificación dos máximos responsables.

g) As resolucións de autorización ou recoñecemento de compatibilidade que afecten aos empregados públicos.

h) Os plans e mapas estratéxicos, así como outros documentos de planificación, especificando os seus obxectivos concretos, actividades, medios e tempo previsto para a súa consecución. Tamén os documentos que reflexen o seu grao de cumprimento e resultados, xunto cos indicadores de medida e valoración, serán publicados periódicamente, con unha frecuencia mínima anual.

i) Os programas anuais e plurianuais, especificando os seus obxectivos concretos, actividades, medios e tempo previsto para a súa consecución. Tamén os documentos que reflexen o seu grao de cumprimento e resultados,xunto cos indicadores de medida e valoración, serán publicados periódicamente, con unha frecuencia mínima anual.

j) Número de postos de traballo reservados a persoal eventual.

k) Relacións de postos de traballo, catálogos ou outros instrumentos de planificación de persoal.

l) A oferta de emprego público ou outros instrumentos similares de xestión da provisión de necesidades de persoal.

m) Os procesos de selección e provisión de postos de traballo.

n) A identificación das persoas que forman parte dos órganos de representación do persoal.

Artigo 17. Información sobre altos cargos e persoas que exercen a máxima responsabilidade

En relación coas persoas incluidas no ámbito de aplicación do artigo 75 e a disposición adicional decimoquinta da Lei 7/1985, de 2 de abril, publicarase, como mínimo, a seguinte información:

a) As retribucións percibidas anualmente.

b) As indemnizacións percibidas, no seu caso, con ocasión do abandono do cargo.

c) As resolucións que autoricen o exercicio de actividade privada con motivo do cese dos mesmos.

d) As declaracións anuais de bens e actividades nos termos previstos na Lei 7/1985, de 2 de abril.

Artigo 18. Información de relevancia xurídica e patrimonial.

As entidades enumeradas no artigo 2.1 a) e b) publicarán información relativa a:

a) O texto completo das Ordenanzas, Regulamentos e outras disposicións da entidade local.

b) Os proxectos de Ordenanzas, Regulamentos e outras disposicións de carácter normativo cuxa iniciativa lles corresponda, incluíndo as memorias e informes que conformen os expedientes de elaboración de ditas normas. Cando sexa preceptiva a solicitude de ditámenes, a publicación producirase unha vez que estes foran solicitados aos órganos consultivos correspondentes sen que elo supoña, necesariamente, a apertura de un trámite de audiencia pública.

c) As directrices, instrucións, acordos, circulares ou respostas a consultas plantexadas polos particulares ou outros órganos na medida en que supoñan unha interpretación do Dereito ou teñan efectos xurídicos.

d) Os documentos que, conforme á lexislación vixente, deban ser sometidos a un periodo de información pública durante a súa tramitación.

e) Relación de bens inmobles que sexan da súa propiedade ou sobre os que ostenten algún dereito real.

Artigo 19. Información sobre contratación, convenios e subvencións.

As entidades enumeradas no artigo 2.1 publicarán información relativa a:

a) Todos os contratos formalizados pola Entidade Local, con indicación do obxecto, o importe de licitación e de adxudicación, duración, con expresión das prórrogas, o procedimento utilizado para a súa celebración, os instrumentos a través dos que, no seu caso, se publicitou, o número de licitadores participantes no procedimento e a identidade do adxudicatario, así como as modificacións do contrato. A publicación da información relativa aos contratos menores poderá realizarse, alomenos, trimestralmente.

b) As modificacións e as decisións de desistimento e renuncia dos contratos sinalados no parágrafo a).

c) O perfil do contratante.

d) Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario de contratos adxudicados a través de cada un dos procedimentos previstos na lexislación de contratos do sector público.

e) A relación dos convenios subscritos, con mención das partes asinantes, o seu obxecto, duración, modificacións realizadas, obrigados á realización das prestacións e, no seu caso, as obrigas económicas convidas.

f) As encomendas de xestión que se asinen, con indicación do seu obxecto, orzamento, duración, obrigas económicas e as subcontratacións que se realicen con mención dos adxudicatarios, procedimento seguido para a adxudicación e importe da mesma.

g) As subvencións e axudas públicas concedidas, con indicación do seu importe, obxectivo ou finalidade e beneficiarios.

Artigo 20. Información económica, financieira e orzamentaria.

1. As entidades enumeradas no artigo 2.1 publicarán información relativa a:

a) Os orzamentos anuais, con descrición das principais partidas orzamentarias e información actualizada alomenos trimestralmente sobre o seu estado de execución.

b) As modificacións orzamentarias realizadas.

c) Información sobre o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financieira.

d) A liquidación do orzamento.

e) As contas anuais que deban rendirse e os informes de auditoría de contas e de fiscalización por parte dos órganos de control externo que sobre ditas contas se emitan.

f) Masa salarial do persoal laboral do sector público local, nos termos regulados no artigo 103 bis da Lei 7/1985, de 2 de abril.

Artigo 21. Información sobre servizos e procedimentos.

As entidades enumeradas no artigo 2.1 publicarán información relativa a:

a) O catálogo xeral dos servizos que presta, con información adecuada sobre o contido dos mesmos, ubicación e disponibilidade, así como o procedemento para presentar queixas sobre o funcionamento dos mesmos.

b) Sedes dos servizos e equipamentos da entidade, dirección, horarios de atención ao público e enlaces ás súas páxinas web corporativas e direccións de correo electrónico ou canles de prestación dos servizos..

c) As Cartas de Servizos e outros documentos de compromisos de niveis de calidade estandarizados cos cidadáns, así como os documentos que reflexen o seu grao de cumprimento a través de indicadores de medida e valoración.

d) O catálogo dos procedementos administrativos da súa competencia, con indicación do obxecto, formas de iniciación, documentación a aportar, trámites, normativa aplicable, prazos de resolución e sentido do silencio administrativo, así como, no seu caso, as instancias e formularios que teñan asociados, especificando os que son realizables vía electrónica.

Artigo 22. Información medioambiental e urbanística

A Entidade Local publicará información relativa a:

a) Os textos normativos aplicables en materia de medioambiente.

b) As políticas, programas e plans da Entidade Local relativos ao medioambiente, así como os informes de seguimento dos mesmos.

c) Os datos relativos á calidade dos recursos naturais e do medio ambiente urbano, incluíndo a calidade do aire e da auga, información sobre niveis polínicos e contaminación acústica.

d) Os estudos de impacto ambiental, paisaxísticos e avaliacións do risco relativos a elementos medioambientais.

e) O texto completo e a planimetría dos instrumentos de planeamento urbanístico e as súas modificacións, así como os convenios urbanísticos.

Artigo 23. Competencia.

1. As entidades locais incluídas no ámbito de aplicación do artigo 2.1 identificarán e darán publicidade suficiente á información relativa aos órganos competentes para resolver as solicitudes de acceso á información pública.

2. Os órganos das entidades a que se refire o artigo 2.1 que reciban as solicitudes de acceso inhibiranse de tramitalas cando, aínda tratándose de información pública que posúan, fora elaborada ou xerada na súa integridade ou parte principal por outra entidade. Asimesmo, inhibiranse cando non posúan a información solicitada, pero coñezan qué órgano competente para resolver, a posúa. Nos casos mencionados no parágrafo anterior, remitiráselle a solicitude ao órgano que se estime competente e notificaráselle tal circunstancia ao solicitante.

3. Nos supostos nos que a información pública solicitada deba requirirse a persoas físicas ou xurídicas que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas, a resolución sobre o acceso será ditada polo organismo ao que se atope vinculado.

Artigo 24. Solicitude.

1. O procedemento para o exercicio do dereito de acceso iniciarase coa presentación da correspondente solicitude, que se deberá dirixir ao titular do órgano administrativo ou entidade que posúa a información. Cando se trate de información en posesión de persoas físicas ou xurídicas que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas, a solicitude dirixirase á Administración, organismo ou entidade das previstas no artigo 2.1 a que se atopen vinculadas.

2. A solicitude poderase presentar por calquera medio que permita ter constancia: a) da identidade do solicitante; b) da información que se solicita; c) dun enderezo de contacto, preferentemente electrónico, para efectos de comunicación; d) se é o caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada.

3. O solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información. Non obstante, poderá expoñer os motivos polos cales solicita a información e que poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución. En todo caso, a ausencia de motivación non será por si soa causa de rexeitamento da solicitude.

Artigo 25. Inadmisión.

1. Non se admitirán a trámite, mediante resolución motivada, as solicitudes:

a) que se refiran a información que estea en curso de elaboración ou de publicación xeral.

b) referidas a información que teña carácter auxiliar ou de apoio como a contida en notas, borradores, resumos, comunicación ou informes internos ou entre órganos ou entidades administrativas.

c) relativas a información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración.

d) dirixidas a un órgano en cuxo poder non conste a información cando se descoñeza o competente. Neste caso, indicarase na resolución o órgano que puidera ser competente para coñecer a información solicitada.

e) que sexan manifiestamente repetitivas ou teñan un carácter abusivo non xustificado coa finalidade de transparencia desta Ordenanza.

As causas de inadmisión enumeradas no artigo 18 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, serán interpretadas restrictivamente en favor do principio de máxima accesibilidade da información pública.

Artigo 26. Tramitación.

1. Se a solicitude se refire a información que non conste en poder do suxeito a que se dirixe, este remitiralla ao competente, se o coñecera, e informará desta circunstancia ó solicitante.

2. Cando a solicitude non identifique de forma suficiente a información, pediráselle ao solicitante que concrete no prazo de dez días, con indicación de que, en caso de non facelo, teráselle por desistido, así como da suspensión do prazo para ditar resolución.

3. Se a información solicitada puidera afectar a dereitos ou intereses de terceiros, debidamente identificados, concederáselles un prazo de quince días para que poidan realizar as alegacións que estimen oportunas. O solicitante deberá ser informado desta circunstancia, así como da suspensión do prazo para ditar resolución ata que se recibisen as alegacións ou transcorrese o prazo para a súa prestación.

4.-Cando a información obxecto da solicitude fose elaborada por outro, remitiráselle a solicitude a éste para que decida sobre o acceso.

Artigo 27. Resolución.

1. A resolución en que se conceda ou denegue o acceso deberáselle notificar ao solicitante e aos terceiros afectados que así o solicitasen no prazo máximo dun mes dende a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver: este prazo poderase ampliar por outro mes no caso de que o volume ou a complexidade da información que se solicita así o fagan necesario e logo da notificación ao solicitante.

2. Serán motivadas as resolución que deneguen o acceso, as que concedan o acceso parcial ou a través dunha modalidade distinta á solicitada e as que permitan o acceso cando houbese oposición dun terceiro.

3. Cando a simple indicación da existencia ou non da información supoña a vulneración dalgún dos límites ao acceso, indicarase esta circunstancia ao desestimarse a solicitude.

4. Transcorrido o prazo máximo para resolver sen que se ditase e notificase resolución expresa, entenderase que a solicitude foi desestimada.

As resolucións ditadas en materia de acceso á información pública son impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo da posibilidade de interposición da reclamación potestativa prevista no artigo 24 da Lei 19/2013.

Artigo 28. Materialización do acceso.

1. O acceso á información realizarase preferentemente por vía electrónica salvo cando non sexa posible ou o solicitante sinale expresamente outro medio.

Cando non se poida dar o acceso no momento da notificación da resolución deberá outorgarse, en calquera caso, nun prazo non superior a dez días.

2. Se existiu oposición de terceiro, o acceso só terá lugar cando, téndose concedido este acceso, transcorrese o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo sen que se formalizase ou fose resolto confirmando o dereito a recibir a información.

3. Se a información xa fose publicada, a resolución poderase limitar a indicarlle ao solicitante como pode acceder a ela.

4. O acceso á información será gratuíto. Non obstante, a expedición de copias ou a transposición da información a un formato diferente ao orixinal poderá dar lugar á existencia de exaccións conforme á normativa vixente na materia.

Artigo 29. Definición de reutilización da información

Entenderase por reutilización o uso da información e dos documentos que obren en poder da entidade local e os seus organismos vinculados, por persoas físicas ou xurídicas, con fins comerciais ou non comerciais, sempre que dito uso non constitúa una actividade administrativa pública.

Artigo 30. Réxime aplicable a documentos reutilizables suxeitos a dereitos de propiedade intelectual e dereitos exclusivos.

1. A reutilización da información regulada nesta Ordenanza non se aplica aos documentos sometidos a dereitos de propiedade intelectual ou industrial especialmente por parte de terceiros. Aos efectos desta ordenanza enténdese por dereitos de propiedade intelectual os dereitos de autor e dereitos afíns, incluidas as formas de protección específicas.

2. A presente Ordenanza tampouco afecta á existencia de dereitos de propiedade intelectual dos entes incluidos no seu ámbito de aplicación.

3. As entidades incluidas no ámbito de aplicación da presente Ordenanza exercerán, en todo caso, os seus dereitos de autor de unha maneira que facilite a reutilización.

Artigo 31. Criterios xerais

1. Poderase reutilizar a información pública á que se refiren os artigos anteriores dentro dos límites establecidos pola normativa vixente en materia de reutilización da información do sector público.

2. Con carácter xeral, toda a información publicada ou posta a disposición será reutilizable e accesible, sen necesidade de autorización previa e de forma gratuita, agás que nela se faga constar expresamente o contrario.

3. En particular, a reutilización da información que teña a consideración de publicidade activa tanto nesta ordenanza como na Lei 19/2013, de 9 de decembro, seguirá sempre a modalidade de reutilización sen suxeición a solicitude previa e/ou condicións específicas e ofreceráse en formatos electrónicos lexibles por máquinas e en formato aberto que permitan a súa redistribución, reutilización e aproveitamento nos termos da lexislación vixente.

Artigo 32. Condicións de reutilización.

1. A reutilización da información por persoas ou entidades está sometida ás seguintes condicións:

a) O contido non poderá ser alterado se conleva a perda do sentido e desnaturalización da información, de forma que poidan darse interpretacións incorrectas sobre o seu significado.

b) Deberase citar sempre á entidade que orixinariamente publicou a información como fonte e unha mención expresa da data da última actualización da información reutilizada.

c) Non se dará a entender de ningún modo que a entidade que orixinariamente publicou a información patrocina, colabora ou apoia o produto, servizo, proxecto ou acción no que se enmarque a reutilización, sen prexuízo de que este patrocinio, apoio ou colaboración poida existir con base nunha decisión ou acordo específico da citada entidade, en cuxo caso poderá facerse constar nos termos que se conteñan no mesmo.

d) Deberanse conservar os elementos que garanticen a calidade da información, sempre que iso non resulte incompatible coa reutilización a realizar.

2. A publicación ou posta a disposición de información pública conleva a cesión gratuita e non exclusiva por parte da entidad que orixinariamente publica a información dos dereitos de propiedade intelectual que resulten necesarios para desenvolver a actividade de reutilización, con carácter universal e polo prazo máximo permitido pola lei.

Artigo 33. Exaccións.

As entidades incluidas no ámbito de aplicación desta Ordenanza poderán esixir exaccións sobre a reutilización da información para permitir cubrir os custes do servizo ou actividade incluíndo en ditos custes os relativos á recollida, producción, reproducción, posta a disposición e difusión.

Artigo 34. Exclusividade da reutilización.

1. Quedan prohibidos os acordos exclusivos en materia de reutilización da información. A reutilización estará aberta a todos os axentes potenciais do mercado, incluso en caso de que un ou máis dos axentes exploten xa produtos con valor engadido baseados en información do sector público. Os contratos ou acordos de outro tipo existentes que conserven os documentos e os terceiros non outorgarán dereitos exclusivos.

2. Non obstante, cando sexa necesario un dereito exclusivo para a prestación de un servizo de interese público, a entidade incluida no ámbito de aplicación desta Ordenanza revisará periódicamente e como máximo cada tres anos, a validez do motivo que xustificou a concesión do dereito exclusivo.

3. Respecto dos dereitos exclusivos relacionados coa dixitalización de recursos culturais, estarase á regulación específica da materia.

4. Todos os acordos que concedan dereitos exclusivos de reutilización serán transparentes e poñeranse en coñecemento do público.

Artigo 35. Modalidades de reutilización da información.

1. As entidades incluidas no ámbito de aplicación desta Ordenanza clasificarán a reutilización de toda a información que obra no seu poder e que sexa publicada de acordo con algunha das seguintes modalidades de reutilización:

a) Modalidade de reutilización sen solicitude previa nin suxeición a condicións específicas. Esta será a modalidade de uso prioritaria e xeralizada na que a información publicada ou posta a disposición será reutilizable e accesible, sen necesidade de autorización previa nin condicións específicas.

b) Modalidade de reutilización suxeita a modos de uso limitados ou a autorización previa. De forma extraordinaria, esta modalidade recollerá a reutilización de información posta a disposición con suxeición a condicións específicas establecidas nunha licenza-tipo ou nunha previa autorización, a cal poderá incorporar, asimesmo, condicións específicas.

2. As condicións específicas respectarán os seguintes criterios:

a) Serán claras, xustas e transparentes.

b) Non deberán restrinxir as posibilidades de reutilización nin limitar a competencia.

c) Non deberán ser discriminatorias para categorías comparables de reutilización.

d) Aplicaranse cando exista causa xustificada para elo e previo acordo da entidade titular da información.

3. En todo caso, utilizaranse o mínimo número posible de modos de uso limitados para regular os distintos supostos de reutilización suxeitos a condicións específicas e éstes sempre estarán dispoñibles en formato dixital, aberto e procesable electrónicamente. Estes modos de uso limitados poderán ser elaborados pola propia entidade, aínda que serán preferidas as de uso libre e gratuito que gocen de amplia aceptación nacional e internacional ou aquelas que foran consensuadas con ou por outras Administracións públicas.

4. As entidades incluidas no ámbito de aplicación desta Ordenanza poderán modificar o contido das condicións específicas e modos de uso limitado xa existentes, así como aplicar condicións específicas e modos de uso limitado a conxuntos de datos ou documentos que previamente non as tiveran. Estas modificaciones publicaranse e obrigarán aos reutilizadores a partir da publicación ou posta a disposición da primeira actualización dos datos ou documentos que se realice despois de que a modificación fora publicada ou, en calquera caso, transcorridos seis meses dende dita data.

Artigo 36. Publicación de información reutilizable.

1. A publicación activa de información reutilizable incluirá o seu contido , natureza, estrutura, formato, frecuencia de actualización, modalidade de reutilización, así como as condicións aplicables e, no seu caso, a exacción á que esté suxeita a reutilización que será accesible por medios electrónicos para que os axentes reutilizadores poidan realizar a autoliquidación e pago.

2. As entidades incluidas no ámbito de aplicación desta Ordenanza facilitará os seus documentos en calquera formato ou lingua en que existan previamente e, sempre que sexa posible e apropiado, en formato lexible por máquina e conxuntamente cos seus metadatos. Tanto o formato como os metadatos, na medida do posible, deben cumprir as normas formais abertas. Concretamente utilizarse estándares clasificados na súa correspondente categoría con tipoloxía de abertos, na súa versión mínima aceptada e estado admitido seguindo o establecido na normativa técnica de interoperabilidade.

3. O apartado 2 non supón que as entidades incluidas no ámbito de aplicación desta Ordenanza estén obrigadas, para cumprir dito apartado, a crear documentos, adaptalos ou facilitar extractos de documentos, cando elo supoña un esforzo desproporcionado que conleve algo máis que unha simple manipulación. Non poderá esixirse ás citadas entidades que manteñan a producción e o almacenamento de un determinado tipo de documento con vistas á súa reutilización por unha entidade do sector privado ou público.

4. Os sistemas de búsqueda de información e documentación publicada permitirá a indicación de búsqueda de información reutilizable.

Artigo 37. Procedemento de tramitación de solicitudes de reutilización.

1. O procedemento de tramitación será o regulado no artigo 10 da Lei 37/2007, de 17 de novembro, sendo competente para resolver o superior órgano unipersoal de cada entidade.

2. O órgano competente resolverá as solicitudes de reutilización no prazo máximo de un mes dende a recepción da solicitude. Cando polo volume e a complexidade da información solicitada resulte imposible cumprir o citado prazo, poderase ampliar o prazo de resolución outros quince días. Neste caso, deberá informarse ao solicitante da ampliación do prazo, así como das razóns que o xustifican.

3. Se no prazo máximo previsto para resolver e notificar non se ditara resolución expresa, o solicitante poderá entender desestimada a súa solicitude.

Artigo 38. Reclamacións

1. As persoas que consideren que non se atope dispoñible unha información de carácter público que debería estar publicada, de acordo co principio de publicidade activa que preside esta, poderá cursar queixa ante o órgano competente en materia de información pública. Dito órgano deberá realizar a comunicación correspondente nun prazo máximo de 10 días dende que se rexistrou a reclamación.

2. Frente a toda resolución, acto ou omisión do órgano competente en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, de acordo co establecido no artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, e cos prazos e vías de reclamación, prazos de resolución e termos de notificación que dito artigo establece.

Artigo 39. Infraccións

1. Considéranse infraccións moi graves:

a) A desnaturalización do sentido da información cuxa reutilización estea suxeita a modos de uso limitado ou autorización previa.

b) A alteración moi grave do contido da información cuxa reutilización estea suxeita a modos de uso limitado ou autorización previa.

2. Considéranse infraccións graves:

a) A reutilización de documentación sen obter a correspondente autorización nos casos en que ésta sexa requerida.

b) A reutilización da información para unha finalidade distinta para a que se concedeu.

c) A alteración grave do contido da información cuxa reutilización estea suxeita a modos de uso limitado ou autorización previa.

d) O incumprimento grave doutras condicións impostas no correspondente modo de uso limitado, na autorización previa ou na normativa reguladora aplicable.

3. Considéranse infraccións leves:

a) A falta de mención da data da última actualización da información.

b) A alteración leve do contido da información cuxa reutilización esté suxeita a modos de uso limitado ou autorización previa.

c) A ausencia de cita da fonte de acordo co previsto nesta ordenanza.

d) O incumprimento leve doutras condicións impostas no correspondente modo de uso limitado, na autorización previa ou na normativa reguladora aplicable.

Artigo 40. Sancións

1. Pola comisión das infraccións recollidas, imporánse as seguintes sancións:

a) Sanción de multa de ata 3.000 euros pola comisión de infraccións moi graves.

b) Sanción de multa de ata 1.500 euros pola comisión de infraccións graves.

c) Sanción de multa de ata 750 euros pola comisión de infraccións leves.

2. Pola comisión de infraccións moi graves e graves recollidas, ademáis das sancións previstas nos parágrafos a) e b), poderáse sancionar coa prohibición de reutilizar documentos sometidos a autorización ou modo de uso limitado durante un periodo de tempo entre 1 e 5 anos e coa revogación da autorización ou modo de uso limitado concedida.

3. As sancións graduaranse atendendo á natureza da información reutilizada, ao volume de dita información, aos beneficios obtidos, ao grao de intencionalidade, aos danos e prexuízos causados, en particular aos que se refiren á protección de datos de carácter persoal, á reincidencia e a calquera outra circunstancia que sexa relevante para determinar o grao de antixuridicidade e de culpabilidade presentes na concreta actuación infratora.

Artigo 41. Réxime xurídico.

1. A potestade sancionadora exercerase, en todo o non previsto na presente Ordenanza, de conformidade co disposto na lexislación de procedemento administrativo.

2. O réxime sancionador previsto nesta ordenanza enténdese sen prexuízo da responsabilidade civil ou penal en que puidera incurrirse, que se fará efectiva de acordo coas correspondentes normas legais.

Artigo 42. Órgano competente.

Será competente para a imposición das sancións por infraccións cometidas contra as disposicións da presente Ordenanza o órgano que resulte do disposto na Lei 7/1985, de 2 de abril.

Artigo 43. Réxime disciplinario.

O incumprimento das disposicións desta Ordenanza no ámbito da transparencia e o acceso á información, polo persoal ao servizo da Entidade Local, será sancionado de conformidade co disposto nos artigos 9.3 e 20.6 da Lei 19/2013, de 9 de decembro e na normativa de carácter disciplinario.

Artigo 44. Órgano responsable.

Pola Alcaldía-Presidencia, no exercicio das súas facultades de dirección do goberno e da administración local, exercerase ou delegaráse en outros órganos a competencia para a realización de cantas actuacións sexan necesarias para o desenvolvemento, implementación e execución do contido da presente Ordenanza.

Disposición final única. Entrada en vigor.

A presente ordenanza entrará en vigor de acordo co establecido nos artigos 65.2 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, unha vez transcorrido o prazo de quince días hábiles dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.