Trazo - ORDENANZA REGULADORA DAS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE TRAZO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Na última década a sociedade experimentou un grave deterioro no seu nivel de benestar como consecuencia da grave crise económica, da falla do emprego e do deterioro das condicións laborais, da perda de capacidade adquisitiva incluso das persoas que traballan, do deterioro no estado de saúde e nas condicións de acceso ao sistema sanitario, das limitacións e retrasos na tramitacións de prestacións periódicas que garantan á cidadanía a cobertura das necesidades básicas... houbo un empobrecemento en xeral do país.
O papel que xogan os concellos neste contexto variou tamén de forma notable por dous motivos principais. Por un lado é a única administración que ten a capacidade de flexibilizar a súa actuación para dar unha resposta rápida e urxente ás necesidades da súa poboación, evolucionando nos últimos anos cara a atencións mais asistenciais dirixidas a apoiar á poboación na cobertura das súas necesidades básicas.
Por outra banda, o cambio no marco lexislativo limita ás funcións dos servizos sociais comunitarios, pretendendo reducir o seu enfoque a esta liña asistencialista que, sendo necesaria, non pode ser a única para poder desenvolver uns servizos sociais dirixidos a resolver problemas urxentes pero, á vez, orientados a buscar solucións e alternativas de futuro garantindo a igualdade e a xustiza social, nun marco de normalidade e de inclusión.
A día de hoxe, a situación dos servizos sociais comunitarios segue pendente de resolverse de forma estable, atopándonos nun período de transición normativa, que deixa numerosas dúbidas e incertezas.
Non obstante, dende os Servizos Sociais Comunitarios e, en concreto, dende o Concello de Trazo, temos a responsabilidade de traballar e organizar os nosos recursos cunha perspectiva máis ampla e a longo prazo.
É por iso que existe a necesidade de formular un regulamento de medidas contra a exclusión social, dándolle un enfoque en positivo ¿pola inclusión", reformando e adaptando as medidas que hai na actualidade ao novo contexto socioeconómico que hai no país e potenciando e incrementando todas estas medidas necesarias para unha maior e necesaria cohesión social. Ademáis, deixa a porta aberta a novas medidas que se poidan ir engadindo dende servizos sociais.
No marco lexislativo xeral e no específico dos servizos sociais existen numerosas referencias que confiren aos concellos a potestade para establecer e regular este tipo de recursos. As principais referencias neste sentido podemos atopalas nas seguintes normativas:
· Lei 27/2013 de racionalización e sostenibilidade da Administración Local, artigo 9, no que modifica os seguintes artigos da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladoras das bases do réxime local:
- Artigo 25, quedando da seguinte forma o artigo 25.2. e) ¿O municipio exercerá, en todo caso como competencias propias, nos termos da lexislación do Estado e das comunidades autónomas, nas seguintes materias:... e) ¿avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas en situación o risco de exclusión social"
- Artigo 26, quedando da seguinte forma o artigo 26.1. c:¿Os municipios deberán prestar, en todo caso, os servizos seguintes: ...
· Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia: onde recolle competencias, funcións y actuacións previstas no marco da lei dende os servizos sociais comunitarios.
· Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento: amplía o recollido na lei de servizos sociais no que aos servizos sociais comunitarios se refire.
O artigo 17.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións establece que as bases reguladoras das subvencións das corporacións locais deberanse aprobar no marco das bases de execución do orzamento, a través dunha ordenanza xeral de subvencións ou mediante unha ordenanza específica para as distintas modalidades de subvencións.
A concesión das axudas de emerxencia social rexeranse polo establecido na presente ordenanza e nas disposicións que se adopten para a súa aplicación e desenvolvemento. En canto ao non disposto nas presentes bases serán de aplicación os preceptos básicos da Lei 38/2007, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (RXS); a normativa de desenvolvemento contida na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG) e na restante normativa reguladora de subvencións de aplicación supletoria e restante regulación administrativa.
Artigo 1 - Obxecto
1.- Constitúe o obxecto desta ordenanza a regulación das axudas municipais de emerxencia social destinadas a persoas ou familias empadroadas e residentes no Concello de Trazo, de acordo co artigo 17.2 da Lei 38/2007, de 17 de novembro, xeral de subvencións
2.- Enténdese por axudas de emerxencia social ao conxunto de axudas e prestacións económicas en especie e dinerarias destinadas a paliar ou resolver, por si mesmas ou complementariamente con outros recursos e prestacións, situacións transitorias de necesidade, garantir mínimos de subsistencia, reforzar procesos de integración familiar e inclusión social e previr situacións de exclusión social.
2.- A finalidade das axudas de emerxencia social é dar resposta inmediata a situacións puntuais de necesidade, xeradas por situacións de emerxencia individual ou familiar derivadas de gastos específicos de carácter básico (alimentación, vestido, vivenda, uso básico da vivenda e equipamento da mesma, menciñas, tratamentos (p.e. gafas ), aloxamento alternativo, desprazamentos de urxencia, actuacións extraordinarias no domicilio cando exista risco sanitario, enterramentos...)
As axudas de Emerxencia Social Municipais, de ser o caso, formarán parte dun proxecto de intervención social encamiñado a superar a situación de necesidade plantexada.
Artigo 2 - Tipos de Cobertura
Distínguense dentro das axudas de Emerxencia Social dúas modalidades:
a) Axudas de pago único: son de carácter transitorio e motivado por causas excepcionais, de carácter puntual, urxente e debidamente xustificadas, e ata un máximo de unha solicitude por semestre. Este apartado inclúe:
- Falta de cobertura mínima das necesidades básicas de carácter persoal (alimentación, vestido) e débedas ocasionadas por este mesmo concepto.
- Débedas adquiridas por pagos de aluguer, hipoteca, fianza, cotas comunitarias ordinarias e aquelas que por valoración técnica se estimen necesarias no referente ao mantemento e conservación da vivenda.
- Débedas adquiridas por pagos de gastos ocasionados por motivo do uso básico da vivenda habitual: auga, luz e gas.
- Falta de capacidade económica para a adquisición de equipamento básico para o fogar: mobiliario e/ ou electrodomésticos de primeira necesidade.
- Falta de capacidade económica para a adquisición de medicinas e débedas ocasionadas por este mesmo concepto, na porcentaxe non cuberta polo sistema público sanitario.
- Falta de capacidade económica para o pago dun aloxamento alternativo (hostal, pensión...) cando sexa imposible a permanencia da persoa no seu domicilio habitual por situación de catástrofe, e/ou situación persoal, familiar, sanitaria ou social.
- Falta de capacidade económica para afrontar os gastos para levar a cabo desenvolvemento do proxecto de intervención social realizado coa persoa ou unidade familiar beneficiaria, incluíndo os desprazamentos encamiñados a reinserción social ou laboral ou por motivos académicos formativos.
- Outros gastos excepcionais derivados da cobertura de necesidades non recollidos nos anteriores apartados previa valoración do/a traballador/a social do departamento de servizos sociais.
b) Axudas de carácter periódico para a cobertura de necesidades básicas (alimentación, vestido e gastos farmacéuticos, p.e.): terán unha duración e periodicidade determinadas que serán fixadas na resolución de concesión, a proposta da traballadora social atendendo o seguimento e evolución de cada caso.
Artigo 3 - Beneficiarios/as.
Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas ou unidades familiares de convivencia empadroadas e residentes no Concello da Trazo, cun estado de necesidade recoñecido polos Servizos Sociais Comunitarios no momento da solicitude e sempre que cumpran cos requisitos esixidos para a súa concesión.
Enténdese por ¿unidade familiar de convivencia" ao conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico unidos por lazos de consanguinidade ou afinidade.
Artigo 4 - Requisitos xerais dos beneficiarios.
1. Requisitos xerais dos beneficiarios:
a. Ser maior de idade ou menor emancipado/a
b. Estar empadroado/a e residir no termo municipal de Trazo cunha antelación mínima dun ano á data da solicitude.
Deste período mínimo están exentos:
- Os/as solicitantes que acrediten unha situación de emigrante retornado.
- Aqueles supostos distintos dos anteriores que, de modo xustificado, sexan informados favorablemente pola traballadora social de servizos sociais comunitarios.
c. Non ter concedidas axudas polo mesmo concepto por parte doutro organismo, entidade ou Administración Pública que cubran a totalidade da necesidade pola que se solicita a prestación.
d. Non ter solicitado ningún outro membro da unidade familiar de convivencia unha axuda económica de Emerxencia Social Municipal para a mesma finalidade, nos últimos doce meses, agás en casos excepcionais nos que a necesidade sobrevida requira atención urxente e inmediata.
e. Carecer de medios económicos para facer fronte á necesidade de urxencia, de acordo cos baremos do Artigo 5.
f. Atoparse en situación de necesidade avaliada favorablemente pola traballadora social de servizos sociais comunitarios.
2. Para ser beneficiarios destas axudas non será preciso acharse ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes
Artigo 5 - Requisitos económicos dos beneficiarios.
Polo que respecta ás axudas de emerxencia considerase que non se dispón de ingresos suficientes para atender, total ou parcialmente, os gastos específicos de carácter básico cando os recursos económicos mensuais, unha vez descontados os gastos procedentes da vivenda habitual (préstamo hipotecario ou aluguer) ata un máximo de 300 euros mensuais, non sexan superiores ás porcentaxes o IPREM mensual que se indican:
· O 75% do importe do IPREM por unidade familiar de 1 membro.
· O 85% do importe do IPREM por unidade familiar de 2 membros.
· O 95% do importe do IPREM por unidade familiar de 3 membros.
· O 105% do importe do IPREM por unidade familiar de 4 membros.
· O 115% do importe do IPREM por unidade familiar de 5 membros.
· A partir de unidades familiares de 6 membros, incrementarase o límite económico no 10% do IPREM por cada membro de acordo coa seguinte progresión: unidade familiar de 6 membros: 125 % do IPREM; unidade familiar de 7 membros: 135% do IPREM; e así sucesivamente.
Artigo 6 - Cómputo de medios económicos.
Os recursos económicos medios calcularanse de conformidade coas seguintes regras:
a) O total de ingresos que reciba no mes anterior á formulación da solicitude o/a solicitante e as persoas que constitúan a unidade de convivencia en concepto de salarios, rendas, pensións, retribucións, prestacións, axudas, subsidios ou calquera outra. Os ingresos derivados de capital mobiliario valoraranse segundo os datos que figuren a efectos do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) do último exercicio. En caso de haber variacións estas deberán estar debidamente xustificadas.
b) Valoraranse como recursos económicos para a concesión de axudas os bens mobles e inmobles sobre os que se posúan dereitos de propiedade, usufruto, ou calquera outro, que polas súas características, valoración, posibilidade de explotación ou venda, indiquen a existencia de medios económicos da unidade de convivencia, exceptuando a vivenda habitual.
Artigo 7 - Contía das axudas de emerxencia social
1.- A contía máxima das axudas de emerxencia social será a seguinte:
a) Axudas de pago único: ata un máximo do 100 % do IPREM mensual por solicitude.
b) Axudas de carácter periódico: mediante pagos mensuais, cada un deles de un máximo do 35% do IPREM mensual, ta un máximo de seis mensualidades.
2.- O contido das axudas en concepto de necesidades básicas é pechado e limítase aos produtos recollidos no documento que facilitará a Traballadora Social, agás naquelas situacións nas por prescrición médica ou por razóns doutra natureza debidamente xustificadas e acreditadas, a axuda de alimentos sexa adaptada pola entidade que os subministre, seguindo as instrucións da Traballadora Social de servizos sociais comunitarios.
3.- A concesión das axudas en concepto de necesidades básicas será por un período máximo de seis meses, determinando de xeito motivado a traballadora social a súa duración concreta.
De xeito extraordinario, a duración das axudas poderase prorrogar ata un máximo de tres meses, sempre e cando concorran circunstancias excepcionais aprezadas pola traballadora social de servizos sociais comunitarios.
Artigo 8- Procedemento para a concesión das axudas.
1.- As solicitudes, acompañadas pola documentación especificada no artigo 9, formalizaranse conforme ao modelo establecido no anexo deste regulamento, e presentaranse no rexistro municipal correspondente ou por calquera dos medio previstos no artigo 38 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.
2.- De forma excepcional, os expedientes poderán ser incoados de oficio, mediante informe social emitido polo persoal técnico de servizos sociais, cando concorran circunstancias extraordinarias ou urxentes que así o aconsellen.
3. As solicitudes das axudas de emerxencia social poderán presentarse en calquera momento do ano
Cando se produza o agotamento do crédito orzamentario, o órgano concedente acordará a inadmisión de posteriores solicitudes, debendo publicarse o devandito acordo nos mesmos medios que a convocatoria.
Artigo 9.- Presentación das solicitudes.
1.-A solicitude, acompañarase da documentación que a continuación se relacióna, presentarase no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, para o seu traslado ao Departamento de Servizos Sociais Comunitarios. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante todo o ano.
Documentación:
a) copia compulsada do DNI de todos os membros da unidade familiar maiores de idade. No suposto de estranxeiros/as, documento acreditativo da súa identidade.
b) copia compulsada do libro de familia ou documentación equivalente e demostrativa da filiación.
c) Copia da sentenza de separación ou divorcio ou do convenio regulador ou documento regulador das relacións paterno-filiais, se é o caso.
d) Certificado de empadroamento e de convivencia no que conste a data de alta.
e) Último recibo aboado do IVTM (no caso de ser titulares de bens).
f) Certificado de bens rústica e urbana
g) Copia do contrato de alugueiro ou do préstamo hipotecario, e os seis últimos xustificantes de pagamento. (se a axuda é por impago, xustificante da débeda contraída)
h) Xustificación de ingresos de todas as persoas integrantes da unidade familiar que se atopen en idade laboral. Para esta xustificación compre presentar a seguinte documentación acreditativa:
- Nóminas
- Declaración da renta
- Certificación de percibir ou non prestacións económicas por parte do Servizo Público de Emprego.
- Certificación de percibir ou non prestacións ou pensións por parte da Seguridade Social.
- Extracto das entidades bancarias nas que confiasen as contas ou depósitos sobre os movementos bancarios existentes non tres meses anteriores á petición da axuda
i) Declaración xurada de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas polo mesmo concepto polas distintas administracións públicas competentes ou institucións privadas
j) no caso de pader enfermidade, informe médico emitido polo sistema público de saúde que acredite tal circunstancia
k) certificado de grao de discapacidade e/ ou de dependencia, se é o caso
l) Documentación acreditativa da situación de necesidade determinantes da solicitude. Esta documentación debe ser orixinal, así como o xustificante do custo ou orzamento nos casos que proceda.
m) Certificación da conta bancaria na que deba efectuarse o ingreso, de ser o caso.
A situación de emerxencia social acreditarase mediante informe social correspondente. Este informe será elaborado polos/as traballadores/as sociais dos servizos sociais comunitarios básicos. Nel valorarase e verificarase se os datos presentados se axustan aos requisitos establecidos na presente ordenanza e, ademais, terá que conter a proposta de concesión ou denegación da axuda. O informe social será preceptivo e vinculante.
Artigo 10.- Instrución.
Presentarase solicitude no departamento de servizos sociais comunitarios. Este procederá á comprobación dos datos proporcionados, ao requirimento das subsanacións que procedan e demais funcións previstas legalmente para este órgano. Así mesmo, o órgano instrutor deberá efectuar a proposta de concesión ou denegación da axuda.
A subvención tramitarse polo procedemento abreviado previsto no artigo 22 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En consecuencia, a proposta de resolución formularase polo órgano instrutor sin que sexa precisa a intervención do órgano avaliador.
Artigo 12.- Resolución e notificación os/ás interesados/os
1.- Unha vez instruído o o expediente, previa a súa fiscalización pola Intervención, elevarase ao órgano municipal competente a proposta de concesión ou denegación, segundo corresponda, para que se emita a resolución correspondente.
No caso de que a proposta de resolución do instrutor sexa de concesión, esta deberá ter o seguinte contido:
¿ Que a solicitude cumpre todos os requisitos esixidos nas bases reguladoras e na convocatoria.
¿ Datos identificativos do solicitante.
¿ Finalidade da axuda.
¿ Indicación de si a axuda é dineraria ou en especie.
¿ Importe da axuda.
¿ Axuda de pago único ou periódico, e duración máxima, neste último caso
¿ Pagamento ao beneficiario ou a un responsable deste.
¿ Admisibilidade de pago anticipado
¿ Prazo e forma de xustificación, se procede.
En todo caso a axuda concederase en función do crédito orzamentario dispoñible nos orzamentos de cada ano.
2.- A resolución de concesión da axuda pronunciarase sobre os mesmo extremos que a proposta do instrutor e notificarase ao interesado no prazo máximo de 10 días. De xeito excepcional, poderá ditarse unha resolución provisional de concesión cando concorran circunstancias graves, extraordinarias ou urxentes que así o aconsellan, ata que sexa completado o expediente, previa certificación da existencia do crédito orzamentario.
Artigo 13.- Pagamento das axudas.
A forma de pagamento das axudas concedidas farase conforme o establecido na resolución de concesión, puidendo ser:
1. Axudas dinerarias: o pagamento realizarase ao beneficiario da axuda. No caso de que se considere conveniente polo instrutor, e o faga constar expresamente na proposta de resolución, será posible a aprobación do pagamento a unha persoa responsable do beneficiario (debendo constar na resolución de concesión) ou, no seu caso, na transmisión do dereito de cobro a un terceiro, cando este debera ser o último receptor da axuda.
2. Axudas en especie (artigos de primeira necesidade: comida, roupa, enxoval, etc.): o pagamento realizarase ao provedor do servizo, que será contratado directamente polo Concello.
O pagamento das axudas dinerarias realizaranse, con carácter xeral, unha vez aprobada a conta xustificativa. Nos supostos de urxencia que sexan valorados deste xeito polo instrutor do expediente, poderase realizar con carácter previo o pagamento anticipado, sen necesidade de esixir garantía.
Artigo 14.- Xustificación das axudas.
1.- No caso das axudas en especie, non será precisa a presentación de conta xustificativa, que quedará acreditada coa execución da contratación da prestación en que consiste a axuda de emerxencia social polo propio Concello.
2.- No caso de axudas dinerarias, con carácter xeral, a xustificación das cantidades subvencionadas farase de xeito previo ao pago da mesma.
A xustificación do gasto realizarase mediante a presentación das correspondentes facturas orixinais ou copias debidamente compulsadas dos gastos realizados correspondentes ao ano en curso que, en todo caso, deberán cumprir cos requisitos regulamentarios estipulados ao efecto na normativa vixente en cada momento ou mediante outros documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico- mercantil.
En todo caso, deberán quedar de manifesto os seguintes extremos:
- Nome ou razón social e N.I.F. do provedor ou prestador de servizos.
- Nome e N.I.F. do perceptor da prestación, que deberá ser obrigatoriamente o perceptor da axuda.
- Contía do importe de subministración ou servizo, con desglose do tipo impositivo aplicado.
- Concepto da subministración ou prestación de servizos.
- Data ou período de entrega do subministración ou prestación do servizo.
- Data e lugar de expedición da factura.
- Si se realizou o pago anticipado da axuda: mención expresa de que a factura ou documento equivalente foi pagada, e a data de pago.
2.- Poderanse realizar pagos anticipados, é dicir, antes de que o beneficiario presente a xustificación, cando concorran circunstancias graves ou urxentes que aparezan reflectidas na proposta de resolución e así se autorizase expresamente na Resolución de concesión da axuda.
3.- O prazo de presentación da conta xustificativa será de un mes dende a notificación da resolución de concesión ou da data de pago anticipado no seu caso.
4.- En todo caso, transcorridos seis meses dende a concesión da subvención sen proceder á súa xustificación entenderase que o beneficiario renunciou a ela, declarándose concluso o procedemento e acordándose o seu arquivo, agás concesión rogada de prórroga ou outorgamento unilateral do concello en casos excepcionais.
Artigo 15.- Compatibilidade con outras axudas.
As axudas reguladas nestas Bases serán compatibles con outras subvencións ou axudas concedidas por outras Administracións Públicas ou entidades privadas destinadas a financiar total ou parcialmente os mesmos gastos que os que se determinen na resolución de concesión
Artigo 16.- Inspección e control.
O Concello de Trazo poderá realizar as comprobacións que estime oportunas respecto das actividades subvencionadas e terá acceso a toda a documentación xustificativa das mesmas, así como a requirir ós beneficiarios nos termos que precise, todo elo de conformidade co disposto no Título III da Lei 9/2007 de 13 de xuño de Subvencións de Galicia.
Artigo 17.- Obrigas dos interesados.
Os solicitantes destas axudas están obrigados a:
- Comunicar ó Servizo Social Comunitario todas aquelas variacións sobrevidas na súa situación sociofamiliar, que poidan modificar as circunstancias que motivaron a concesión da solicitude, nun prazo máximo de 15 días.
- Destinar a cantidade percibida aos fins para os que foi concedida.
- Permitir e facilitar a actuación dos Servizos Sociais comunitarios para avaliar a súa situación sociofamiliar e comprobar a aplicación da axuda á finalidade para a que foi concedida.
- Reintegrar os importes percibidos cando non se destinen para os fins que se concederon.
- Exercitar no prazo que se estableza calquera dereito económico que poida corresponderlle segundo a lexislación vixente.
- Someterse ás actuacións de comprobación que se realicen a Intervención municipal, o Consello de Contas de Galicia ou o Tribunal de Contas, aportando canta información lles sexa requirida no exercicio das citadas actuacións. A non presentación en prazo ou a presentación insuficiente da documentación requirida, ademais de dar lugar ás obrigacións de reintegro da subvención percibida que procedan, impedirá a obtención ou no seu caso o pago de posteriores axudas reguladas nestas bases.
Así mesmo, en cumprimento do previsto no artigo 14.1.ñ) da Lei 9/2007, de Subvencións de Galicia, infórmase que as subvencións concedidas poderán ser incorporadas ao Rexistro Público de Subvencións de Galicia.
Artigo 18.- Perda do dereito á subvención e reintegro de pago.
Procederá declaración da perda do dereito ao cobro da axuda ou reintegro parcial ou total das cantidades percibidas, máis o interese legal de diñeiro que resulte de aplicación dende o momento do abono da axuda, nos seguintes supostos:
¿ Incumprimento das obrigas e requisitos establecidas nestas bases e na Resolución de concesión.
¿ Non adicar a axuda á finalidade para a que foi concedida.
¿ Incumprimento da obriga de xustificar no prazo establecido.
¿ Os demais previstos na normativa reguladora de subvencións.
¿ Falseamento ou ocultación de datos para obter ou conservar o dereito á axuda.
¿ Desaparición das circunstancias que deron orixe á súa concesión
¿ Baixa do Padrón Municipal.
As cantidades a reintegrar terán a consideración de créditos de dereito público, resultando de aplicación para a súa cobranza o previsto no Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 19.- Infraccións e sancións.
O réxime de infraccións e sancións será o establecido no Título IV da Lei 9/2007 de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 20.- Aplicación e interpretación das presentes Bases.
No non previsto nestas Bases estarase ao disposto na Lei 38/2003, Xeneral de Subvencións, o Real Decreto 887/2006, de desenvolvemento da Lei Xeral de Subvencións, e a Lei 9/2007, de Subvencións de Galicia.
Disposición Final.
A presente ordenanza publicarase no Boletín Oficial da provincia e no Taboleiro de edictos do Concello, entrando en vigor aos 15 días hábiles da publicación do seu texto íntegro, manténdose en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.
ANEXOS
ANEXO I
SOLICITUDE AXUDA EMERXENCIA SOCIAL
DATOS DO SOLICITANTE
Don/a ¿¿¿¿¿¿¿¿.....................................................................................¿.. con DNI ¿¿¿¿¿¿¿¿¿..
e enderezo en ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.....................................................¿¿. - Trazo
Telefono:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..
MOTIVOS DA SITUACIÓN DE EMERXENCIA:
OUTROS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR
NOME E APELIDOS | RELACIÓN DE PARENTESCO |
DOCUMENTACIÓN A ADXUNTAR
a) Fotocopia do D.N.I ou documento de identificación persoal e de todos os demais membros da unidade económica de convivencia independente.
b) Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.
c) Fotocopia do Libro de Familia, ou no seu defecto documento acreditativo da garda, custodia ou tutela
d) Certificado de residencia e, no seu caso, de convivencia, expedido polo Concello.
e) No caso de persoas con discapacidade, certificado de condición legal de persoa con discapacidade no seu caso.
f) En caso de persoas incapacitadas, resolución xudicial de recoñecemento desta situación.
g) Xustificantes económicos así como do patrimonio de todos os membros da unidade económica de convivencia independente:
¿ Certificados bancarios relativos ao estado de contas e títulos bancarios na data da solicitude
¿ Certificados de bens rústica e urbana e recibo do IVTM
¿ Fotocopia do contrato de traballo e da última nómina mensual.
¿ Fotocopia do recibo da última pensión ou certificación do INSS de pensión actualizada.
¿ Fotocopia do recibo do último pago de prestación ou subsidio e Certificado do INEM de prestación ou subsidio actualizado.
¿ Fotocopia de recibo do último pago do convenio regulador ou resolución correspondente.
¿ Copia da última liquidación a conta do Imposto da Renda das Persoas Físicas.
h) Contrato de arrendo ou subarrendo. Factura de aloxamento alternativo. Contrato de hospedaxe (acompañados dos seus correspondentes recibos).
i) Documentos que dean orixe á solicitude (reclamacións de cantidades por aluguer, requirimentos de pago con aviso de suspensión de subministración de enerxía eléctrica ou de gas e similares).
Trazo, ¿¿. de ¿¿...................¿¿. de ...¿.
Asdo/
DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS. CONCELLO DE TRAZO.
ANEXO II
DECLARACIÓN XURADA AXUDA EMERXENCIA SOCIAL
DATOS DO SOLICITANTE
Don/a ¿¿¿¿¿¿¿¿..¿¿.............................................................................¿.. con DNI ¿¿¿¿¿¿¿¿¿..
e enderezo en ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿....................................................¿.. - Trazo
DECLARO:
- Que son beneficiario das seguintes axudas:
Organismo | Contia |
- Non teño solicitado nin son beneficiario de ningunha axuda a través de ningún organismo público ou privado.
Trazo,¿¿.. de ¿¿..................¿¿.. de ¿¿.
DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS. CONCELLO DE TRAZO
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor ós 15 días hábiles seguintes a súa publicación no B.O.P., pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."