Arteixo - ORDENANZA MUNICIPAL Nº 26, REGULADORA DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS

Publicación provisional: 09/02/2018 BOP Nº: 29
Publicación definitiva: 23/04/2018 BOP Nº: 76
Aplicable dende: 23/04/2018

I.- NORMAS XERAIS

1) Obxecto

A presente ordenanza ter por obxecto estructurar e fixar os criterios xerais, condicións particulares e procedemento para a concesión de subvencións outorgadas polo Concello de Arteixo con cargo aos fondos públicos.

A Ordenanza recolle as normas xerais con carácter de mínimos para todos aqueles aspectos que non aparezcan regulados nas bases específicas reguladoras das subvencións.

2) Fundamentos legais

Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

Outras normas concordantes coas anteriores.

3) Exclusións

Quedan excluídas do seu ámbito de aplicación:

a) Os premios ou achegas sen previa solicitude da persoa ou entidade beneficiaria.

b) As subvencións previstas na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral.

c) As subvencións reguladas na Lei Orgánica 3/1987, de 2 de xullo, de Financiación dos partidos políticos.

d) As aportacións a que fai referencia o artigo 2.2.3 da Lei 38/2003, de 17de novembro, Xeral de Subvencións.

4) Concepto e clases

Concepto.-

Enténdese por subvención, a efectos desta Ordenanza, toda disposición dineraria realizada polo Concello de Arteixo, a favor de persoas públicas ou privadas, que cumpran os seguinte requisitos:

a) Que a entrega se realice sen contraprestación directa das persoas/entidades beneficiarias.

b) Que a entrega esté suxeita ao cumprimento dun determinado obxectivo, a execución dun proxecto, a realización dunha actividade, a adopción dun comportamento singular ou a concorrencia dunha situación, debendo as persoas/entidades beneficiarias cumprir as obrigas materiais e formais que se tiveran estabrecido.

c) Que o proxecto, a acción, conduta ou situación financiada, teña por obxecto o fomento dunha actividade de utilidade pública ou interese social ou de promoción dunha finalidade pública.

Clases.-

A presente Ordenanza, respectando o estabrecido na Lei 38/2003, regula a concesión das seguintes modalidades de subvencións:

a) Subvencións concedidas a través de procedementos en réxime de concurrencia competitiva.

b) Subvencións directas tramitadas a través dos correspondentes convenios

c) Subvencións directas, xustificadas por razóns sociais, económicas, benéficas, humanitarias ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria pública.

d) Subvencións directas, concedidas por imposición dunha norma con rango legal(art 22.2 Lei 38/2003)

5) Crédito orzamentario

A tramitación do expediente para a concesión de subvencións, ben sexa a través das correspondentes bases en concurrencia competitiva, ben a través de convenios ou resolucións para concesión directa, esixirá a comprobación e existencia previa de crédito adecuado e suficiente no Orzamento Municipal e a aprobación do gasto.

6) Persoas beneficiarias: requisitos.

De conformidade co previsto no artigo 13.1 da Lei 38/2003, poderán obter a condición de persoa/entidade beneficiaria aquelas que se atopen na situación que fundamenta a concesión da subvención.

Segundo o artigo 11.1 da mesma norma, terá a condición de persoa beneficiaria aquela que deba de realizar a actividade que fundamentou o seu outorgamento ou que se atope na situación que lexitima a súa concesión.

Non poderán obter a condición de persoa/entidade beneficiaria de subvencións aquelas nas que corcorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Ter sido condenada mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas

b) Ter solicitado a declaración de concurso, ter sido declarado insolvente, estar declarado en concurso, estar suxeito a intervención xudicial ou ter sido inhabilitado conforme á Lei Concursal

c) Ter dado lugar, por ter sido declarado culpable, á resolución firme de calquera contrato celebrado coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores de sociedades ou aqueles que ostenten a representación legal doutras persoas, nalgún dos supostos de incompatibilidade a que fan referencia a Lei 53/1984, de Incompatibilidade de Persoal ao Servizo das Administracións Públicas ou tratarse de cargos electivos regulados na Lei Orgánica 5/1985, de Réxime Electoral Xeral.

e) Non atoparse ao corrente no cumprimento de obrigas tributarias (Estado, CCAA, Deputación Provincial, Concello de Arteixo e organismos relacionados)e coa Seguridade Social

f) Ter residencia fiscal nun país ou territorio calificado de paraíso fiscal.

g) Non estar ao corrente no pago de obrigas por reintegro de subvencións.

h) Ter sido sancionado mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

Aos efectos do disposto anteriormente, as persoas/entidades interesadas deberán aportar, no momento da solicitude, unha declaración de non atoparse incurso en ningunha das causas de prohibición mencionadas.

7) Bases: procedemento e contido

As bases reguladoras de cada subvención serán competencia do Pleno Municipal.

A concesión de axudas e subvencións por procedemento de concurrencia competitiva estará precedida da elaboración, fiscalización, aprobación e publicación no Boletín Oficial da Provincia das correspondentes bases.

Estas concretarán, como mínimo, os seguintes aspectos:

Definición do obxecto da subvención, indicando ademais o período exacto que abrangue a convocatoria.

Requisitos que deberán reunir as persoas / entidades beneficiarias, forma e prazo para a presentación de solicitudes.

Requisitos de solvencia e eficacias das persoas / entidades beneficiarias.

Procedemento de concesión.

Criterios obxectivos de concesión,e, no seu caso, ponderación dos mesmos.

Importe da subvención.

Organos competentes para a ordeación, instrucción e resolución.

Determinación, no seu caso, de libros e rexistros para a adecuada xustificación.

Prazo e forma de xustificación, indicando os documentos que se admitan como xustificantes en cada caso.

Medidas de garantía que se deban constituír, no seu caso.

Posibilidade de efectuar pagos anticipados ou a conta.

Circunstancias que, como consecuencia das alteracións das condicións tidas en conta para a concesión, poidan dar lugar a modificar a resolución.

Compatibilidade ou incompatibilidade con outras subvencións para a mesma finalidade.

Criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas para a súa concesión.

8) Obrigas da persoa/entidade beneficiaria

De conformidade có previsto no artigo 14 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, son obrigas das persoas / entidades beneficiarias, sen prexuízo das que se especifiquen nas Bases reguladoras das subvencións de cada departamento:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

b) Xustificar perante o órgano concedente o cumplimento dos requisitos e condicións para a concesión , así como a realización da actividade e o cumplimento da finalidade que determinou a concesión da axuda.

c) Someterse ás actuacións de comprobación efectuar polo órgano concedente ou polos órganos de control competentes.

d) Comunicar a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

e) Acreditar, antes da resolución de concesión, que se atopa ao corrente no cumplimento coas súa obrigas tributarias e coa Seguridade Social. No caso de que asine autorización expresa, o Concello de Arteixo poderá obter as certificacións acreditativas coa Agencia Tributaria e con outras administración coas que teña convenio para a transmisión de datos e tramitará de oficio as municipais.

Este requisito poderá substituirse pola declaración xurada da persoa solicitante / representante da entidade solicitante cando a contía da subvención non sexa superior a 3.000,00 €.

f) Dispoñer de libros, rexistros e demais documentos contables esixibles, no seu caso, pola lexislación mercantil.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos.

h) Adoptar as medidas de difusión do artigo 18 da Lei 38/2003, General de Subvenciones:

- Facer constar, de xeito claro e fidedigno, a colaboración do Concello de Arteixo en toda a información (impresa, informática ou audiovisual) que se realice ou equipamento que esté vinculado ao obxecto desta subvención. Será facilitado pola entidade municipal o modelo de imaxe corporativa oficial que deberá utilizarse. Esta obriga deriva do definido no artigo 18.4 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

i) Proceder ao reintegro nos supostos de incumprimento do artigo 37 ou no caso de remanentes non aplicados.

9) Procedementos de concesión

Tal e como estabrece o artigo 22 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, os procedementos de concesión de subvencións poderán ser:

a) Procedemento ordinario de concesión de subvencións: tramitarase en réxime de concurrencia competitiva, a través das correspondentes bases específicas aprobadas polo Pleno Municipal e no que se compararán as distintas solicitudes presentadas có fin de estabrecer unha prelación entre as mesmas á hora de outorgar a subvención.

b) Procedemento de concesión directa: poderá aplicarse este procedemento nos seguintes casos:

1. As previstas nominativamente no Orzamento.

2. As que veñan impostas por un norma de rango legal

3. Excepcionalmente, aquelas nas que se acrediten razóns de interese público, social, económico, humanitario ou outras debidamente xustificadas que dificulten a convocatoria pública.

10) Tramitación e documentación de expedientes. Modelos

Serán, para cada tipo de subvención os que de seguido se indican:

a) Procedemento en réxime de concurrencia competitiva

Aprobación das bases polo Pleno Municipal e aprobación da súa convocatoria polo órgano municipal compentente que conterá informe de existencia de crédito preceptivo. As bases serán informadas polo Servizo responsable da súa xestión, e emitido o Informe xurídico correspondente, serán sometidas con carácter previo á fiscalización pola Intervención Municipal

Publicación das bases e convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Apertura de prazo de presentación de solicitudes (modelo oficial) que se acompañará da documentación esixida.

Valoración das solicitudes por quen corresponda según se indique nas bases específicas (técnico ou órganos non colexiados que se establezan) e segundo os criterios que establezan as bases que formulará unha proposta de concesión. Ésta será fiscalizada previa elevación ao órgano municipal compentente para a súa concesión.

A denegación de axudas deberá estar motivada segundo o establecido nas bases reguladoras de cada subvención.

A relación de subvencións concedidas será obxecto de publicación nos taboleiros do Concello, na páxina web e mediante notificación individual.

Segundo o establecido na lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións as subvencións convocadas e concedidas publicaranse na BDNS (Base de Datos Nacional de Subvencións) nos termos sinalados na normativa ditada ó efecto.

Unha vez presentadas por rexistro de entrada municipal as contas xustificativas polas persoas / entidades beneficiarias, mediante os modelos normalizados facilitados polo Concello (ver Anexos), procederase ao seu examen polo Servizo Municipal xestor de cada subvención que informará e formulará a correspondente proposta de aprobación de contas xustificativas.

No suposto de contas xustificativas incompletas, o Servizo Municipal requririrá que se subsane a documentación nun prazo de 10 días hábiles. Se rematado o prazo total, non se ten presentado documentación xustificativa algunha, darase por perdido o dereito á subvención. Todo sen prexuízo dos requirimentos que o órgano competente tivera ben realizar como consecuencia da fiscalización da xustificación.

Non obstante o indicado, as bases específicas poderán articular prórrogas sempre supeditadas a causas excepcionais debidamente xustificadas que deberán someterse á valoración do órgano municipal con competencias na materia.

A conta xustificativa deberá ser fiscalizada e posteriormente aprobada polo órgano municipal compentente e posteriormente procederase á ordeación do pago.

b) Subvencións de carácter directo: nominativas mediante convenio

Unha vez definidas as subvencións nominativas nas bases de execución do Orzamento de cada exercicio económico, cada expediente iniciarase mediante proposta do Concelleiro de área, incoando o inicio das actuacións preparatorias para a sinatura do Convenio correspondente.

O departamento municipal xestor, solicitará a seguinte documentación á entidade beneficiaria:

Declaración do tipo de entidade (Asociación, Fundación¿) de que se trate e copìa dos seus Estatutos, no seu caso.

Fotocopia compulsada do CIF.

Datos do representante.

Memoria de actividades que lle son propias e que veña desenvolvendo, así como das programadas a través do Convenio a asinar.

Memoria xustificativa do carácter idóneo para a realización do obxecto do convenio, de xeito que se xustifique a exclusión da concurrencia competitiva.

Declaración de non estar incursa en ningunha das causas de prohibición para percibir axudas públicas segundo o artigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.

Outra documentación acreditativa (no seu caso, declaración de utilidade pública ou interese social, titulos de propiedade de bens a dispoñer, etc¿).

Certificado de estar ao corrente nas obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda do Estado e da Xunta de Galicia, coa Deputación Provincial, co Concello de Arteixo e outras entidades públicas relacionadas. No caso de obrar autorización expresa (según modelo) a entidade municipal tramitará as que poida obter de xeito directo.

Se algunha desta documentación xa obrase no Concello poderase sustituir polo informe respectivo do departamento xestor.

Emitido informe técnico sobre o interese social ou utilidade pública do seu obxecto, e comprobado que dito obxecto non é susceptible de contrato administrativo, elaborarase a proposta de convenio que se someterá a fiscalización da Intervención, previa elevación ao órgano municipal con competencias para a súa aprobación.

O contido mínimo dos convenios é o que se especifica no ANEXO III e facilitarase copia ao departamento de Intervención unha vez asinado.

 

c) Subvencións de carácter directo por razóns de interese público, social, económico ou humanitario

Poderán concederse con carácater excepcional e o expediente iniciarase mediante a proposta da Concelleira ou do Concelleiro de área, solicitando informe aos servizos económicos sobre a existencia de crédito e incoando as actuacións preparatorias que levarán á sinatura do convenio correspondente nos mesmos termos que no apartado anterior pero engadindo, nas actuacións preparatorias, unha memoria xustificativa do carácter singular da subvención emitida polo departamento municipal xestor por razón da materia e que incluirá, como mínimo, as razóns que acreditan o interese público, social, económico, humanitario ou outras xustifiquen a dificultade da súa convocatoria pública.

 

d) Modelos

Os modelos de solicitude, xustificación e de convenio básico son os que se recollen no Anexos I desta Ordenanza e que se aproban con carácter normalizado.

 

11) Órganos competentes

A) concurrencia competitiva:

Aprobación de bases, polo Pleno da Corporación.

Aprobación da convocatoria, concesion das subvencións e aprobación de contas xustificativa polo órgano municipal competente.

B) Subvencións de carácter directo

As subvencións directas aprobaranse no Orzamento Municipal polo Pleno.

A aprobación dos convenios será competencia do órgano municipal con competencias na materia, salvo que non estén contempladas nas Bases de Execución, sendo nese caso competencia Plenaria previa habilitación do crédito.

 

12) Gastos subvencionables

Considéranse gastos subvencionables aqueles que indudablemente respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen dentro do período que abrangue a convocatoria (e que se especificaran nas bases).

Salvo que as bases establezan o contrario expresamente, considerarase gasto realizado o que esté efectivamente pagado con anterioridade á finalización da data de vixencia que se especifique nas bases ou convenios que se celebren..

Cando o gasto suvencionado, sexa gasto corrente ou gasto de capital, sexa superior ós 6.000,00 euros (sen IVE) deberá solicitar, sempre que pola natureza do gasto sexa posible, tres orzamentos ou ofertas, debendo acreditarse ese feito coa xustificación que se achegue.

 

13) Xustificación

As contas xustificativas deberán presentarse dentro do prazo expresado nas bases ou no convenio que regulen concretamente a subvención.

As contas xustificativas terán o seguinte contido:

a) Conta xustificativa simplificada (cando o importe individual da subvención sexa inferior a 60.000 €) a entidade/persoa beneficiaria deberá presentar:

1- Memoria de actuacións xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

2- Memoria económica dos gastos e investimentos da actividade, acompañada dos orixinais ou copias cotexadas de facturas, recibos, nóminas e demais documentos de valor probatorio cuxo pagamento quede acreditado. Os pagamentos acreditaránse con carácter xeral mediante documento de transferencia bancaria, podendo admitirse de xeito excepcional pagos en efectivo cando a súa contía sexa inferior a 300,00 € (sen IVE). Neste último caso deberá constar na factura o ¿recibí" co selo da empresa e a sinatura de persoa física que teña a representación.

3- Detalle doutros ingresos de natureza privada (cotas ou aportacións de socios, cofinanciamento de socios ou persoas beneficiarias nas actividades recibidas...)

4- Detalle doutras achegas ou subvencións de fondos públicos que teñan financiado a actividade subvencionada, indicando o importe e a procedencia.

 

b) Conta xustificativa (cando o importe individual da subvención supere os 60.000 €) a entidade/persoa beneficiaria deberá presentar:

1. Memoria de actuacións xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

2. Memoria económica xustificativa do custo das actividades que conterá:

Relación clasificada de gastos e investimentos, indicando o acreedor, nº de documento, importe, data de expedición e pago.

Orixinal ou copia compulsada de facturas, nóminas e documentos de valor probatorio, nos memos termos que no parágrafo 13), 2. a da presnte ordenanza.

Certificado de tasador independiente en caso de adquisición de bens inmobles.

Indicación dos criterios de reparto dos custos directos e indirectos.

Relación detallada doutros ingresos, indicando o importe e a procedencia.

Tres presupostos ou ofertas solicitadas para gasto correntes ou gastos de capital que superen os 6.000,00 euros.

As bases indicarán, en cada caso, os documentos admitidos como xustificantes: facturas, nominas e outros documentos de valor probatorio. Estes documentos deberán aplicar, no seu caso, as retencións e impostos (IVE, IRPF) que correspondan. A substitución da factura por outro tipo de xustificante deberá respectar os supostos previstos no artigo 4 do RD1496/2003, Regulamento de Facturación.

 

14) Fiscalización, aprobación e pago

As contas xustificativas serán recabadas polo departamento que, no seu caso, tramite a subvención e aplicarase o procedemento establecido no artigo 10.a) para todas as subvencións concedidas mediante concurrencia competitiva.

No suposto de subvencións de carácter directo, elaborarase un informe sobre a xustificación por parte do persoal técnico do departamento que se remitirá, acompañado da documentación xustificativa, á Intervención Municipal a efectos da súa fiscalización previa ao acordo polo órgano municipal con competencias na materia que aprobe as contas. Unha vez aprobada, procederase á ordeación do pago nos termos establecidos en cada caso.

 

15) Reintegro

Procederá o reintegro dos anticipos ou cantidades percibidas en concepto de subvención nos seguintes casos:

a) Cando o importe da subvención anticipada supere ao gasto efectivamente realizado.

b) Cando se incumpran as condicións que deron lugar á obtención da subvención.

c) Cando se incumpra a obriga de xustificación.

Nos casos b) e c) o procedemento iniciarase mediante acordo inicial do órgano municipal con competencias na materia, no que se indique a causa, as obrigas incumpridas e o importe da subvención concedida.

O acordo notificarase á entidade/persoa beneficiaria que terá un prazo de quince días para presentar alegacións.

No caso de que formulen alegacións, emitirase informe polo departamento de Intervención previa adopción do acordo definitivo de reintegro por parte do órgano municipal con competencias na materia, en caso contrario, transcorridos os 15 días, se entenderá firme o acordo inicial de reintegro, e se lle notificará ao afectado para que realice o ingreso no prazo e forma que estabrece o RD 939/2005, Regulamento Xeral de Recadación.

 

16) Infraccións, sancións e procedemento sancionador

a) Infraccións:

Constitúen infraccións administrativas as accións e omisións tipificadas na Lei 38/2003, de 17 de novembro, artigos 56 a 58, e serán sancionables incluso a título de simple neglixencia.

Serán responsables as persoas físicas ou xurídicas públicas ou privadas, que por acción u omisión incorran en los supuestos tipificados como infracciones en esta ley.

As accións ou omisións tipificadas nesta lei non darán lugar a responsabilidade nos seguintes supostos:

a) Cando se realicen por quenes carezan de capacidade de obrar.

b) Cando concorra forza maior.

c) Cando deriven dunha decisión colectiva, para quenes tiveran salvado o seu voto ou non tiveran asistido á reunión na que se tomou aquela.

As infraccións leves, graves e moi graves, serán as tipificadas nos artigos 56 a 58 da Lei 38/2003; e as sancions por infracción leve, grave e moi grave serán as establecidas nos artigos 61 a 63 da citada norma.

As infraccións prescribirán ao cabo de catro anos dende o día en que se tivera cometido.

O procedemento sancionador é o regulado no RD 1398/1993, de 4 de agosto que aproba o Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Disposición Adicional 1.ª

As previsións establecidas nesta Ordenanza desenvolveranse a través dos acordos municipais precisos adoptados polo órgano competente, que en ningún caso poderán implicar una modificación de aquel.

Disposición Adicional 2.ª

A presente Ordenanza Xeral Reguladora da concesión de subvencións do Excmo. Concello de Arteixo, una vez sexa aprobada definitivamente e publicada nos termos legais establecidos e entre en vigor, derrogará á vixente Ordenanza aprobada polo Excmo. Concello Pleno por Acordo de data 30 de abril de 2009.

Disposición Adicional 3.ª

As referencias efectuadas na Ordenanza a lexislación específica entenderase derrogadas, modificadas ou substituídas de conformidade coas disposicións legais que en cada momento se encontren en vigor.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada polo Pleno Municipal, previos os trámites legais de exposición pública para presentación de alegacións, cumprida a comunicación a que se refire os artigos 65.2 e 70 da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e publica-lo seu texto íntegro no Boletín Oficial da Comunidade Autónoma.

ANEXOS

ANEXO I: MODELOS

 Os modelos de xustificación e de convenio básico son os que se recollen como Anexos a esta Ordenanza e que se aproban con carácter normalizado debendo ter en conta tamén o que de xeito concreto se inclúa nas bases específicas.

MODELO 1: DECLARACIÓN DE AXUDAS:

  D./Dª. ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.....¿¿.. con DNI¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.,

representante da entidade¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.............¿¿¿¿..............¿¿¿¿¿¿¿..,

con CIF¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..

 DECLARA BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE

 £ Que non ten solicitada nin, por tanto, concedida ningunha outra axuda nin outros ingresos de fondos públicos nin cotas de socios para a mesma finalidade que as previstas no acordo de concesión da axuda.

 £ Que ten concedida a/s seguinte/s axuda/s ou ingresos de calquera Administración ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para a mesma finalidade:

 

ESTADO

(CONCEDIDA)

ORGANISMO

DATA DE RESOLUCIÓN

DISPOSICIÓN

IMPORTE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 £ Non estar incurso en ningunha das causas de incompatibilidade ou prohibición recollidas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións

 E para que conste e aos efectos oportunos, asínase a presente declaración.

 Arteixo, ¿¿¿¿¿de ¿¿¿¿¿¿¿¿de 201________

 ASDO.: ____________________________________________

  MODELO 2: AUTORIZACIÓN DA PERSOA INTERESADA PARA RECABAR DATOS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS

 A persoa abaixo asinante autoriza ao Concello de Arteixo a solicitar da Agencia Estatal de Administración Tributaria os datos relativos a cumprimento das súas obrigas tributarias para comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos para obter, percibir e manter a subvención denominada __________________________________________________.

 A presente autorización outórgase exclusivamente ós efectos do recoñecemento, seguemento e control da prestación mencionada anteriormente e en aplicación do disposto no artigo 95.1 K) da Ley 58/2003, General Tributaria que permite, previa autorización do interesado, a cesión de datos tributarios que precisen as AA.PP para o desenvolvemento das súas funcións.

 A) DATOS DO AUTORIZADOR (só no caso de que sexa unha persoa xurídica ou entidade do artigo 35.4 da Ley General Tributaria)

 

ENTIDADE Á QUE REPRESENTA:

 

CIF:

 

APELIDOS E NOME

 

 

NIF

 

 

ACTÚA EN CALIDADE DE:

 

 

AUTORIZA Á OBTENCIÓN DO CERTIFICADO TRIBUTARIOS DE TERCEIRAS PERSOAS. IRPF ANO ____________

SINATURA

 

 

 

AUTORIZA Á OBTENCIÓN DE CERTIFICADOS TRIBUTARIOS DE TERCEIRAS PERSOAS. ESTAR AO CORRENTE DAS OBRIGAS TRIBUTARIASPARA OBTER SUBVENCIÓNS PÚBLICAS

SINATURA

 

 

 

 MODELO 3: MODELOS DE XUSTIFICACIÓN

 MEMORIA DE ACTUACIÓN XUSTIFICATIVA

 D./Dª. ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.....¿¿.. con DNI¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.,

representante da entidade¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..............¿¿..............¿¿¿¿¿..

poño de manifesto que a entidade referenciada deu cumprimento ás condicións impostas no acordo de concesión

mediante a execución que de seguido se detalla:

 Da realización da actividade ou equipamento realizados despréndense os seguintes resultados:

Arteixo, ¿¿¿¿¿ de ¿¿¿¿¿¿¿¿de 201 ..........

 

 O representante da entidade

 Sinatura

 MEMORIA ECONÓMICA XUSTIFICATIVA

 

 

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE ARTEIXO A FAVOR DA ENTIDADE ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿¿¿¿......................

 

PARA¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿............................................................................................

 

MEMORIA ECONÓMICA XUSTIFICATIVA do custo das actividades realizadas ou equipamento adquirido (art.72 e 75 do RD 887/2006, de 21 de xullo)

 

Importe da subvención obtida¿¿¿¿¿¿¿¿¿.................................................................................................................................................................

 

 1.-RELACIÓN DOS GASTOS E INVESTIMENTOS REALIZADOS

 1.1 GASTOS DE ACTIVIDADE / MANTEMENTO - CONSERVACIÓN:

Nº FACTURA

CONCEPTO E EMPRESA

IMPORTE TOTAL

(IVE INCLUÍDO)

DATA EMISIÓN

DATA DE PAGAMENTO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TOTAL

 

 1.2. GASTOS DE INVESTIMENTO / EQUIPAMENTO REALIZADOS

Nº FACTURA

CONCEPTO E EMPRESA

IMPORTE TOTAL

(IVE INCLUÍDO)

DATA EMISIÓN

DATA DE PAGAMENTO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TOTAL

 

 1.3. XUSTIFICACIÓN DE OFERTAS SOLICITADAS ( de selo caso, debe achegarse solicitude de oferta a tres empresas, así como orzamento presentado por estas, xustificando a contratación da máis ventaxosa).

 Para a contratación de _____(INDICAR CONCEPTO) ___ foi solicitada oferta ás seguintes empresas:

Sendo contratada __________ (INDICAR NOME DA EMPRESA), con CIF ___________________

por _______________________ motivar por qué se contrata a esa empresa).

 1.4. RESUMO GASTOS

TOTAL GASTOS

GASTOS INVESTIMENTO

GASTOS MANTEMENTO

 

 

 

2.-FACTURAS DE VALOR PROBATORIO

Preséntanse con esta conta xusficativa orixinais ou copias debidamente compulsadas das facturas e demais documentación acreditativa dos gastos efectuados reflectidos, así como xustificante de transferência bancaria do pago realizado, de cada um dos gastos.

 3.-RELACIÓN DETALLADA DOUTRAS AXUDAS OU SUBVENCIÓNS:

 D./Dª. ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿........¿¿¿. secretario/a da entidade¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿...............

 CERTIFICA:

A) Que a entidade referida non obtivo ningunha outra axuda ou subvencion ou ingresos de fondos públicos para a mesma finalidade

B) Que recibiu as seguintes axudas ou subvencións ou ingresos de entidades públicas ou privadas ou de cotas para a mesma finalidade:

ENTIDADE CONCEDENTE

IMPORTE

Xunta

 

Deputación

 

Empresas privadas

 

Outros (especificar cales)

 

C) Que a entidade á que representa non se atopa incursa en ningunha das causas de prohibición para ser persoa/entidade benefiaria de axudas ou subvencións públicas, a que fai referencia o artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, que implica, entre outras condicións, que se atopa ao corrente coas súas obrigas coa Facenda e coa Seguridade Social.

 D) Que a persoa / entidade á que representa, beneficiaria da axuda / subvención do Concello de Arteixo para _____________________________________________ para esta anualidade, aos efectos do estabelecido para a correcta xustificacion, fai constar que se cumpriu a finalidade para a que foi concedida.

 O/a secretario/a O/a presidente/a

 Sinatura Sinatura

 E para que conste, asino en Arteixo a ¿¿¿¿ de ¿¿¿¿¿¿¿¿.¿.¿ de 201¿¿

 A persoa representante

Sinatura

  ANEXO II: CONTIDO BÁSICO DO CONVENIO

 O texto dos convenios deberá especificar os seguintes extremos:

¿ Órgano municipal que celebra o convenio.

¿ Representación coa que actúan as partes.

¿ Capacidade xurídica das partes para asinar o convenio.

¿ O interese público afectado e a competencia que exerce o Concello sobre o mesmo.

¿ Financiación.

¿ Actuacións que se acordan para o desenvolvemento para o seu cumprimento.

¿ Dereitos e obrigas que asumen as partes.

¿ Funcionamento dos órganos de seguemento se é o caso.

¿ Prazo de vixencia.

¿ Réxime da xustificación da aplicación dada á subvención pola persoa/entidade beneficiaria e, no seu caso, entidades colaboradoras.

¿ Causas de extinción, así como a forma de rematar as actuacións en curso.

¿ Facultade municipal de interpretar o convenio e resolver as cuestións que poideran xurdir acerca do seu cumprimento ou incumprimento.

¿ Carácter público.