Cariño - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por licencias urbanísticas, declaracións responsables e comunicacións previas

Publicación provisional: 14/03/2018 BOP Nº: 50
Publicación definitiva: 08/05/2018 BOP Nº: 86
Aplicable dende: 09/05/2018

ARTIGO 1: FUNDAMENTO E NATUREZA.

1.- En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Cariño establece a taxa por licencias urbanísticas, declaración responsables e comunicación previas que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal.

ARTIGO 2: FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal técnica e administrativa de prestación de servizos de control e comprobación, previa ou posterior, referentes ó outorgamento das licencias urbanísticas, cando así sexa esixible, así como das autorizacións e/ou comprobacións urbanísticas de conformidad eco regulado na Ordenanza reguladora das comunicación previas en obras e actividades publicada no BOP nº 140 de data 24/07/2014.

ARTIGO 3: SUXEITO PASIVO

1.- Son suxeitos pasivos da taxa, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiarios ou afectados pola prestación deste servizo ou actividade municipal que constitúe o obxecto da presente taxa, xa sexan propietarios ou poseedores ou, no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construcción ou instalacións ou se executen as obras.

2.- En todo caso, terán a consideración de substitutos do contribuínte os constructores e contratistas das obras.

No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quenes soliciten as correspondentes licencias ou presenten as correspondentes comunicacións previas ou quenes realicen as construcción, instalación ou obras.

3.- O substituto poderá requirir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.

ARTIGO 4: RESPONSABLES

1.- Son responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 41, 42 e 43 da Lei xeral tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5: BASE IMPOÑIBLE

1.- A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, e enténdese por tal, a estes efectos, o custo de execución material daquela.

2.- Queda excluídos da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos, prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas coa construcción, honorarios profesionais, o beneficio empresarial do contratista, e calquera outro concepto que non integre estritamente o custo de execución material.

ARTIGO 6: COTA TRIBUTARIA

1.- Con carácter xeral a cota tributaria resultará de aplicar á base impoñible o tipo de graveame do 0,30 % cun mínimo de 75 euros.

2.- Non obstante, establécese unha cota fixa segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar e/ou dos servizos técnicos e administrativos a prestar nos seguintes casos:

a) Licencias de segregación/agrupación de aprcelas: 37,50 euros.

b) Licencias, declaración responsables ou comunicacións previas relativas a obra menor: 7,50 euros.

c) Tramitación prórroga de licencia, declaración responsables ou comunicacións previas relativas a obra menor: 11,25 euros.

d) Tramitación de prórroga de licencia de obra maior:

1) Se se trata de vivenda unifamiliar: 22,50 euros.

2) Se se trata de edificación en réxime de propiedade horizontal: 22,50 euros por cada unidade susceptible de propiedade individual.

3) Se se trata de edificios de carácter industrial ou comercial: 30 euros.

e) Tramitación expediente de cambio de titularidade de licencia, declaración responsable ou comunicación previa de obras: 11,25 euros.

f) Tramitación expediente de estudos de detalle: 500,00 euros.

g) Tramitación expedientes de plans especiais, plans parciais e plans de sectorización: 820,00 euros.

ARTIGO 7: BENEFICIOS FISCAIS

Non serán aplicables outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei e os derivados da aplicación de Tratados internacionais.

ARTIGO 8: DEVENGO

1.- Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude de licencia urbanística ou da comunicación previa.

2.- Cando as obras se iniciasen ou executasen sen obter a oportuna licenza o usen haberse presentado a comunicación previa a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable con independencia da iniciación do expediente administrativo que poidera instruirse para a legalización desas obras ou a súa demolición se non fosen autorizables.

3.- A obriga de contribuír unha vez nacida non se verá afectada en modo algún pola denegación da licenza solicitada nin pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez concedida a licenza.

ARTIGO 9: LIQUIDACIÓN E INGRESO

1.- A taxa esixirase en réxime de autoliquidación.

2.- Ó solicitarse a realización da actividade administrativa que constitúe o feito impoñible da taxa, deberá acreditarse mediante a presentación da declaración-liquidación, o ingreso das cantidades correspondentes.

3.- A autoliquidación terá carácter provisional, procedéndose á posterior comprobación municipal e, no seu caso, á práctica da liquidación definitiva que proceda.

4.- O pago da taxa non presupón nin outorga a autorización urbanística, ata ter obtido a correspondente resolución administrativa.

ARTIGO 10: COMPROBACIÓN E INVESTIGACIÓN.

1. A Adminsitración municipal poderá, por calquera dos medios previstos nos artigos 57 e 131 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria, levar a cabo os procedementos de verificación de datos, comprobación de valores e comprobación limitada.

ARTIGO 11: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

1.- Nos casos de incumprimento das obrigas establecidas na presente Ordenanza, aplicarase o réxime de infraccións e sancións regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Esta Ordenanza derroga expresamente os apartados 9, 10 e 11 do epígrafe 4 (servizos xurídicos, secretaría e contratación) e os apartados 4, 5, 6, 7, 8, 21, 22 e 23 do epígrafe 5 (servizos técnicos, urbanismo, obras, actividades e servizos) da Ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos do Concello de Cariño publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 27, de data 9 de febreiro de 201, na súa redacción dada mediante modificación publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 185, de data 29 de setembro de 2014.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrrogación expresa.