Cariño - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por actvidades administrativas relativas á apertura de establecementos
ARTIGO 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA.
1.- En uso das facultades concedidas polo artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e de conformidade co disposto nos artigos 2, 15 a 19 e 57 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este concello establece a taxa pola realización de actividades administrativas con motivo da apertura de establecementos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, conforme ao establecido nos artigos 20 a 27 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, así como en aplicación da Lei 17/2009, de 23 novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e ao seu exercicio.
ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE.
1. Constitúe o feito impoñible desta taxa o desenvolvemento da actividade municipal, técnica e administrativa de control e comprobación a efectos de verificar se a actividade realizada ou que se pretende realizar se axusta ao cumprimento dos requisitos establecidos na lexislación sectorial, urbanística e medioambiental que resulte aplicable en cada momento a calquera establecemento industrial, comercial, profesional, de servizos e espectáculo público ou actividade recreativa, así como as súas modificacións, xa sexan da actividade ou do titular da actividade.
2.- Todo isto de acordo coas facultades de intervención administrativa conferidas polo artigo 84 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e os artigos 5 e 22.1 do Regulamento de servizos das corporacións locais, aprobado por Decreto de 15 de xuño de 1955, modificado polo Real decreto 2009/2009, de 23 de decembro.
3. Estarán suxeitos a esta taxa todos os supostos de exercicio de actividade e de apertura de establecementos establecidos na Ordenanza Reguladora das Comunicacións previas en obras e actividade publicada no BOP número 140 de data 24/07/2014 suxeitas ó réxime de declaración responsable ou comunicación previa así como aqueles outros nos que resulte obrigatoria a solicitude e obtención de licenza ou, no seu caso, a realización da actividade de verificación ou control posterior do cumprimento dos requisitos establecidos na lexislación sectorial e, entre outros, os seguintes:
a) A primeira instalación dun establecemento ou actividade industrial, comercial, profesional ou de servizos.
b) Ampliación de superficie de establecementos con licenza de apertura.
c) Ampliación de actividade en establecementos con licenza de apertura.
d) Ampliación de actividade con ampliación de superficie en establecementos con licenza de apertura.
e) Reforma de establecementos con licenza de apertura, sen cambio de uso.
f) A reapertura de establecemento ou local, por reiniciar a mesma o titular que obtivo licenza no seu día, se a licenza non tivese caducado.
g) A posta en coñecemento da Administración de calquera modificación dunha actividade que xa realizou a preceptiva declaración responsable ou comunicación previa.
h) Cambio de titular nas actividades nas que xa se realizou a preceptiva declaración responsable, tendo tal consideración a posta en coñecemento da administración de dito cambio por persona distinta, que seguirá exercéndoa sempre que, tanto a propia actividade, como o establecemento onde se desenvolva e as súas instalacións, non tivesen sufrido modificacións respecto á desenvolvida polo anterior responsable e conforme á súa declaración, salvo as que expresamente se impoñan por precepto legal.
ARTIGO 3.- SUXEITO PASIVO.
1.- Son suxeitos pasivos da taxa, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e o artigo 23.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, titulares ou responsables da actividade que se pretende desenvolver ou que xa se estea a desenvolver en calquera establecemento industrial, mercantil ou de servizos en xeral, que inicien expediente de solicitude de licenza para a mesma ou, no seu caso, presenten comunicación previa ou declaración responsable.
2. Terán a condición de substitutos do contribuínte as personas físicas ou xurídicas a que se refiere o artigo 23.2 a) do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, propietarios dos inmobles en que se pretende desenvolver ou xa se estea a desenvolver a actividade industrial, mercantil ou de servizos en xeral.
3.- O substituto podrá requerir do contribuinte o importe da cota tributaria satisfecha.
ARTIGO 4.- RESPONSABLES.
1.- Son responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 41, 42 e 43 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
ARTIGO 5.- COTA TRIBUTARIA
1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a actividade, modulada en función da superficie do local, de acordo coa tarifa que contén o apartado seguinte.
2.- As cotas tributarias determinaranse de acordo coa seguinte tarifa:
a) Actividades suxeitas ao réxime de comunicación previa: 60 euros.
b) Actividades suxeitas ao réxime de declaración responsable: 90 euros.
c) Actividades suxeitas a licenza de actividade ou apertura:
a) Actividades suxeitas ao procedemento de avaliación de incidencia ambiental e as incluídas no regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas: 200 euros.
b) Outros supostos sometidos a licenza: 140 euros.
d) Cambios de titularidade de actividades suxeitas a licenza, declaración responsable ou comunicación previa: 52,50 euros.
3.- Ás cotas determinadas non apartado anterior se lles aplicará un coeficiente en función da superficie total do local, de acordo coa seguinte escala:
Ata 50 m2 1,00
De 51 a 100 m2 1,10
De 101 a 200 m2 1,20
De 201 a 500 m2 1,40
De 501 a 1.500 m2 2,00
De 1.501 en adiante: 2,20
4.- Cando nun establecemento se exercesen varias actividades, para os efectos de cómputo de tarifas desta ordenanza, terase en conta a cota por esta taxa máis alta das que correspondan.
ARTIGO 6.- BENEFICIOS FISCAIS.
1.- Non serán aplicables outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de Lei e os derivados da aplicación de tratados internacionais.
ARTIGO 7.- DEVENGO.
1.- Devengase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade
a) En actividades suxeitas a licenza de apertura, na data de presentación da oportuna solicitude da licenza.
b) En actividades non suxeitas a autorización ou control previo, no momento de presentación da declaración responsable ou comunicación previa de inicio da actividade.
2.- Cando as actividades se iniciasen sen obter a oportuna licenza ou sen haberse presentado a oportuna declaración responsable ou comunicación previa a Taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autorizar a apertura no seu caso
3.- A obriga de contribuir unha vez nacida non se verá afectada en modo algún pola denegación da licencia solicitada.
4.- No caso de renuncia ou desistimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licenza, no seu caso, ou con anterioridade ao inicio da actividade, nos demais casos, as cotas a liquidar, sempre que a actividade municipal se iniciase efectivamente, será do 50% da establecida nesta Ordenanza.
ARTIGO 8. LIQUIDACIÓN E INGRESO.
1.- A Taxa esixirase en réxime de autoliquidación.
2.- Ó solicitarse a realización da actividade administrativa que constitúe o feito impoñible da taxa, deberá acreditarse mediante a presentación da declaración-liquidación, o ingreso das cantidades correspondentes.
3.- O pago da taxa non presupón nen outorga a autorización urbanística, ata ter obtido a correspondente resolución administrativa.
4.- Se despois de formulada a solicitude de licenza de apertura, comunicación ou declaración de inicio e practicada a autoliquidación e o seu ingreso, se variase ou ampliase a actividade a desenvolver no establecemento ou se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións haberán de poñerse en coñecemento da Administración municipal, nos termos establecidos na normativa aplicable, achegando unha nova autoliquidación non seu caso.
5. As autoliquidacións presentadas polo contribuínte, para os efectos desta Ordenanza, están sometidas a comprobación administrativa. Finalizada a actividade municipal e unha vez ditada resolución administrativa, practicarase, no seu caso, a liquidación definitiva que será notificada ao suxeito pasivo
ARTIGO 9.- COMPROBACIÓN E INVESTIGACIÓN.
A Administración Municipal poderá, por calquera dos medios previstos nos artigos 57 e 131 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, levar a cabo os procedementos de verificación de datos, comprobación de valores e comprobación limitada.
ARTIGO 10. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
Nos casos de incumprimento das obrigacións establecidas na presente Ordenanza, aplicarase o réxime de infraccións e sancións regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.
DISPOSICIÓN DEROGATORIA.
Esta Ordenaza derroga expresamente os apartados 9, 10 e 11 do epígrafe 4 (servizos xurídicos, secretaría e contratación) e os apartados 4, 5, 6, 7, 8, 21, 22 e 23 do epígrafe 5 (servizos técnicos (urbanismo, obras, actividades e servizos)) da Ordenanza reguladora da Taxa por Expedición de documentos administrativos do Concello de Cariño publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 27 de data 9 de febreiro de 2011 na súa redacción dada mediante modificación publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 185 de data 29 de setembro de 2014.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.