Cariño - Ordenanza fiscal nº 11.-reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público por mesas, cadeiras e elementos auxiliares con finalidade lucrativa
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, modificada pola Lei 25/1998, de 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de reordenación das Prestacións Patrimoniais de carácter público, este Concello establece a "Taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras e elementos auxiliares con finalidade lucrativa", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, na que súas normas atenden ó previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2.º .-Feito imponible.
Constitúe o feito imponible da taxa a ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras e elementos auxiliares con finalidade lucrativa, de conformidade co disposto no artigo 20.3.l) da Lei 39/1988.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos da presente Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local, a favor das cales se outorguen as licencias, ou quen se beneficie do aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna autorización.
Artigo 4.º .-Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os Administradores das Sociedades e os Síndicos, Interventores ou liquidadores de quebras, concursos, Sociedades e Entidades en xera, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Cota tributaria.
1.-A cota tributaria da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas Tarifas contidas no apartado seguinte, atendendo á superficie ocupada polos aproveitamentos expresada en metros cadrados.
2.-As tarifas serán as seguintes:
Por trimestre: 1.500 pesetas/m2.
Por ano: 4.000 pesetas/m2.
Artigo 6.º .-Normas de xestión.
1.-Normas de aplicación das tarifas:
A) As contías esixibles de acordo coa tarifa, liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou efectivamente realizado.
B) As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza fiscal, deberán solicitar previamente a correspondente Licencia e realiza-lo depósito previo a que se refire o artigo 26.1.a) da lei 39/1988, de 28 de decembro, na redacción dada pola Lei 25/1998, de 13 de xullo e formular declaración na que conste superficie do aproveitamento e os elementos que se van a instalar, así como un plano ou croquis detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do Municipio.
2.-Os servicios técnicos de este Concello poderán comprobar e investiga-las declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non atopar diferencias coas peticións de licencias; si se deran diferencias, notificaranse as mesmas ós interesados e xiraránse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.
3.-No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.
4.-As Licencias para os aproveitamentos regulados na presente Ordenanza, concederanse inicialmente polo prazo indicado na solicitude de licencia; unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada por trimestres naturais, mentres non se presente a declaración de baixa xustificada polo interesado ou polos seus lexítimos representantes, no caso de falecemento.
5.-A presentación da baixa terá efectos a partir do día primeiro do período natural de tempo seguinte ó sinalado no epígrafe da Tarifa que corresponda. Sexa cal sexa a causa que se alegue en contra, a non presentación da baixa determinará a obriga de continuar abonando a Taxa.
6.-De conformidade co previsto no artigo 24.5 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, na súa redacción dada pola Lei 25/1998, de 13 de xullo, cando a utilización privativa ou aproveitamento especial regulados na presente Ordenanza leven aparelladas a destrucción ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen prexuízo do pago da taxa a que houbera lugar, estará obrigado ó reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e ó depósito previo do seu importe.
Se os danos fosen irreparables, o Concello será indemnizado en contía igual ó valor dos bens destruídos ou o importe do deterioro dos danados.
O Concello non condonará total nin parcialmente as indemnizacións e reintegros a que se refire o presente apartado.
Artigo 7.º .-Exencións e bonificacións.
Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da presente taxa.
Artigo 8.º .-Devengo e período impositivo.
O devengo da presente taxa se produce:
A) Tratándose de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de inicia-lo aproveitamento do dominio público local, previa solicitude e concesión da correspondente licencia.
B) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día un de xaneiro de cada ano natural e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de nos supostos de inicio ou cese na utilización privativa ou aproveitamento especial, nos que o período impositivo axustarase a esa circunstancia co conseguinte prorrateo da cota por trimestres naturais.
Artigo 9.º .-Declaración de ingreso.
1.-As utilizacións privativas e aproveitamentos especiais derivados da ocupación de terreos de uso público por mesas, cadeiras e elementos auxiliares con finalidade lucrativa, industrias na rúa e ambulantes suxeitos á presente Taxa levaranse a cabo a instancia de parte.
2.-O pagamento da presente Taxa realizarase:
a) Tratándose de autorizacións de novos aproveitamentos ou de aproveitamentos con duración limitada, as cotas serán obxecto de liquidación por ingreso directo, unha vez concedidas as correspondentes Licencias, na Tesourería Municipal ou onde establecese o Concello, pero sempre antes de retira-la correspondente licencia, de conformidade co establecido no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, de 28 de decembro.
b) Tratándose de autorizacións xa concedidas e prorrogadas sen duración limitada, unha vez incluídas nos correspondentes padróns ou matrículas deste Taxa, as cotas serán obxecto de liquidación de ingreso por recibo nas Oficinas de Recadación Municipal ou Entidades Colaboradoras sinaladas ó efecto e durante o prazo establecido polo Concello no seu calendario fiscal.
Artigo 10.º .-Xestión, liquidación, inspección e recadación.
1.-A xestión, liquidación, inspección e recadación, así como a revisión dos actos dictados na vía de xestión tributaria corresponde a o Concello de Cariño, de conformidade co disposto na Lei Xeral tributaria e demáis leis do Estado reguladoras da materia, así como as disposicións dictadas para o seu desenrolo, consonte co disposto no artigo 12 da Lei 39/1988, de 28 de decembro.
2.-As cotas liquidadas e non satisfeitas no período voluntario, faranse efectivas pola vía de constrinximento, consonte coas normas do Regulamento Xeral de Recadación.
3.-Non se consentirá ningunha ocupación de terreos de uso público ata que non se teña aboado o depósito previo a que se refire o artigo 6.1.B) da presente Ordenanza e obtido polos interesados a licencia correspondente, de conformidade co previsto no artigo 26.1.b) da Lei 39/1988, de 28 de decembro.
4.-As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar á non concesión da licencia, sen prexuízo das contías que corresponda aboar ós interesados.
Artigo 11.º .-Infraccións e sancións.
No relativo a cualificación de infraccións tributarias, así como as sancións que as mesmas correspondan no seu caso, estarase a o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral tributaria, conforme ordena o artigo 11 da Lei 39/1988, de 28 de decembro.
Disposicións finais.
1.-Dereito Supletorio: No non expresamente previsto na presente Ordenanza, rexerán os preceptos contidos na Sección 3ª, do Capítulo III, Titulo I da citada Lei 39/1988, concordantes e complementarios da mesma, e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
2.-Vixencia: A presente Ordenanza Fiscal, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comenzará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 1999 permanecendo en vigor en tanto non se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.
3.-Aprobación: A presente ordenanza consta de 11 artigos, e unha disposición final e foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión extraordinaria celebrada o día 31 de outubro de 1998.