Cariño - Ordenanza fiscal nº 12.-reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público por mercadorias, materiais de construcción, valados, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións análogas

Publicación provisional: 30/12/1998 BOP Nº: 298
Publicación definitiva: 30/12/1998 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 01/01/1999

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19 da Lei 39/1988 de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a "Taxa por Ocupación de Terreos de Uso Publico con Mercadorías, Materiais de Construcción, Valados, Puntais, Asnelos, Andamios e Outras Instalacións Análogas", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, na que as súas normas atenden ó prevenido no artigo 58 da citada Lei 39/1988, na súa nova redacción dada pola Lei 25/1998, de 13 de xullo.

Artigo 2.º .-Feito imponible.

Constitúe o feito imponible da taxa as utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais do dominio público local derivados da ocupación de terreos de uso público con Mercadorías, Materiais de Construcción, Valados, Puntais, Asnelos, Andamios e Outras Instalacións Análogas, de conformidade co disposto no artigo 20.3.g) da Lei 39/1988..

Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas é as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público particular, e en concreto a favor de quen se outorguen as licencias, ou quen se beneficie do aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna autorización.

Artigo 4.º .-Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os Administradores das Sociedades e os Síndicos, Interventores ou liquidadores de quebras, concursos, Sociedades e Entidades en xera, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Cota tributaria.

1.-A cota tributaria regulada nesta Ordenanza Fiscal consistirá nunha cantidade fixa resultante de aplica-las tarifas que se sinalan no apartado 2 do presente artigo.

2.-Ós efectos previstos para a aplicación das Tarifas, as vías públicas deste Concello se clasifican en única categoría, correspondendo as Tarifas que a continuación se detallan:

 

TARIFA

 

Concepto Categoría rúa Unidade Ata 6 meses (Ptas./mes) Máis de 6 meses (Ptas./mes)
A) Valados única metro cadrado 200 400
B) Andamios única metro cadrado 200 400
C) Puntais única metro cadrado 200 400
D) Asnelos única metro cadrado 200 400
E) Mercadorías única metro cadrado 200 400
F) Materiais de construcción e outros análogos única metro cadrado 200 400

3.-Normas de aplicación das Tarifas:

A) As contías esixibles de acordo coa tarifa, liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou efectivamente realizado.

B) As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza fiscal, deberán solicitar previamente e por escrito a correspondente Licencia e realiza-lo depósito previo a que se refire o artigo 26.1.a) da lei 39/1988, de 28 de decembro, na redacción dada pola Lei 25/1998, de 13 de xullo.

C) As Licencias para os aproveitamentos regulados na presente Ordenanza, concederanse inicialmente polo prazo dun mes; unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada por meses naturais, mentres non se presente a declaración de baixa; en todo caso, e para o suposto de ocupacións relacionadas coa realización de obras, o límite máximo de tempo de ocupación da vía pública regulado nesta ordenanza será o tempo de vixencia da correspondente licencia de obra.

D) A presentación da baixa terá efectos a partir do día primeiro do mes natural seguinte ó da súa presentación. Sexa cal sexa a causa que se alegue en contrario, a non presentación da baixa determinará a obriga de continuar abonando a Taxa.

Artigo 6.º .-Exencións e Bonificacións.

Non se concederán exencións ou bonificacións algunhas no pago da presente taxa.

Artigo 7.º .-Devengo e período impositivo.

Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuír regulada nesta Ordenanza:

a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos na vía pública, no momento no que se inicie a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local derivado da ocupación de terreos de uso público con Mercadorías, Materiais de Construcción, Valados, Puntais, Asnelos, Andamios e Outras Instalacións Análogas. Neste caso esixirase o depósito previo do importe total da Taxa correspondente.

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o un de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese na utilización privativa ou aproveitamento especial, nos que o período impositivo axustarase a esa circunstancia co conseguinte prorrateo da cota por meses naturais.

Artigo 8.º .-Normas de xestión.

1.-De conformidade co previsto no artigo 24.5 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, na súa redacción dada pola Lei 25/1998, de 13 de xullo, cando a utilización privativa ou aproveitamento especial regulados na presente Ordenanza leven aparelladas a destrucción ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen prexuízo do pago da taxa a que houbera lugar, estará obrigado ó reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e ó depósito previo do seu importe.

Se os danos fosen irreparables, o Concello será indemnizado en contía igual ó valor dos bens destruídos ou o importe do deterioro dos danados.

O Concello non poderá condonar total ou parcialmente as indemnizacións e reintegros a que se refire o presente apartado.

2.-As cantidades esixibles con arreglo ás Tarifas se liquidarán por cada aproveitamento solicitado ou realizado.

3.-As persoas interesadas ma concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza, deberán solicitar previamente a correspondente licencia.

4.-Non se consentirá ningunha ocupación de terreos de uso público ata que non se teña aboado e obtido polos interesados a licencia correspondente, de conformidade co previsto no artigo 26.1.b) da Lei 39/1988, de 28 de decembro.

Artigo 9.º .-Declaración de ingreso.

1.-As utilizacións privativas e aproveitamentos especiais derivados da ocupación de terreos de uso público con Mercadorías, Materiais de Construcción, Valados, Puntais, Asnelos, Andamios e Outras Instalacións Análogas suxeitos á presente Taxa levaranse a cabo a instancia de parte.

2.-O pagamento da presente Taxa realizarase:

a) Tratándose de autorizacións de novos aproveitamentos ou de aproveitamentos con duración limitada, as cotas serán obxecto de liquidación por ingreso directo, unha vez concedidas as correspondentes Licencias, na Tesourería Municipal ou onde establecese o Concello, pero sempre antes de retira-la correspondente licencia, de conformidade co establecido no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, de 28 de decembro.

b) Tratándose de autorizacións xa concedidas e prorrogadas sen duración limitada, unha vez incluídas nos correspondentes padróns ou matrículas desta Taxa, os cotas serán obxecto de liquidación de ingreso por recibo nas Oficinas de Recadación Municipal ou Entidades Colaboradoras sinaladas ó efecto e durante o prazo establecido polo Concello no seu calendario fiscal.

Artigo 10.º .-Infraccións e sancións.

No relativo a cualificación de infraccións tributarias, así como as sancións que as mesmas correspondan no seu caso, estarase a o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral tributaria, conforme ordena o artigo 11 da Lei 39/1988, de 28 de decembro.

Disposicións finais.

1.-Dereito Supletorio: No non expresamente previsto na presente Ordenanza, rexerán os preceptos contidos na Sección 3ª, do Capítulo III, Titulo I da citada Lei 39/1988, concordantes e complementarios da mesma, e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.

2.-Vixencia: A presente ordenanza, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comenzará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 1999 permanecendo en vigor en tanto non se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.

3.-Aprobación: A presente ordenanza consta de 10 artigos, e unha disposición final e foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión extraordinaria celebrada o día 31 de outubro de 1998.