Cariño - ORDENANZA FISCAL Nº 13.-REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE CARIÑO
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, modificada pola Lei 25/1998, de 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de reordenación das Prestacións Patrimoniais de carácter público, este Concello establece a "Taxa pola utilización do polideportivo Municipal de Cariño", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, na que súas normas atenden ó previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2.º .-Feito imponible.
Constitúe o feito imponible da taxa a utilización do polideportivo Municipal de Cariño, de conformidade co disposto no artigo 20.4.o) da Lei 39/1988.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos da presente Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servicios ou actividades locais que preste ou realizase o Concello, e en concreto as persoas naturais ou xurídicas que soliciten a utilización das instalacións e as entidades, clubes, organismos, asociacións, federacións e similares en nome dos cales se solicite ante o Concello autorización para a utilización das instalacións.
Artigo 4.º .-Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os Administradores das Sociedades e os Síndicos, Interventores ou liquidadores de quebras, concursos, Sociedades e Entidades en xera, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Cota tributaria.
1.-A cota tributaria da Taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte.
2.-Aplicarase o sistema de tarifa fixa pola utilización das instalacións do Pavillón Polideportivo Municipal, graduándose en función do tempo do aproveitamento da instalación, e serán as seguintes:
1.-Para actividades deportivas:
A) Para adestramentos: 200 pesetas/hora.
B) Para competicións non oficiais ou federadas: 500 pesetas/hora.
C) Para competicións oficiais ou federadas: 700 pesetas/hora.
D) Para maratóns ou similares (límite 48 horas): 15.000 pesetas
2.-Para espectáculos deportivos especiais e culturais alleos ó Concello (límite 12 horas):
A) Con entrada libre: 5.000 pesetas.
B) Sen entrada libre: 10.000 pesetas.
Artigo 6.º .-Normas de xestión.
1.-Normas de aplicación das Tarifas:
A) As contías esixibles de acordo coa tarifa, liquidaranse por cada utilización do Pavillón Polideportivo Municipal solicitada ou efectivamente realizada.
B) As persoas interesadas na concesión das utilizacións reguladas nesta Ordenanza fiscal, deberán solicitar previamente a correspondente autorización e realiza-lo depósito previo a que se refire o artigo 26.1.a) da lei 39/1988, de 28 de decembro, na redacción dada pola Lei 25/1998, de 13 de xullo.
2.-As instancias para solicita-la utilización do pavillón polideportivo municipal presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, cunha antelación mínima de corenta e oito horas antes da data de utilización solicitada, e especificarán a data, hora e destino da utilización que se pretende, e serán resoltas pola Alcaldía, previo informe do responsable da área correspondente do Concello.
A autorización outorgarase según a orde de presentación de solicitudes, salvo que pola Alcaldía, por razóns debidamente xustificadas, se aplique outro criterio diferente.
Adoptada a resolución pertinente, practicaranse as notificacións correspondentes ós interesados.
3.-No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.
4.-Tódolos gastos derivados da utilización del Polideportivo serán de conta dos organizadores dos actos a que correspondan.
5.-O Concello esixirá, no seu caso, as indemnizacións polos desperfectos que poidan producirse en calquera das instalacións do pavillón polideportivo municipal, ou pola perda ou deterioro de material de calquera natureza existente no mesmo.
Artigo 7.º .-Exencións e bonificacións.
1.-Estarán exentos da obriga de pago da presente Taxa as utilizacións realizadas polos seguintes motivos:
a) Para impartir clases de educación física polos centros docentes do Concello.
b) Para a celebración de campionatos escolares onde participen xoves escolarizados no Concello.
c) Para actividades deportivas ou culturais organizadas directamente polo Concello ou ben a través doutras entidades promovidas ou patrocinadas polo Concello.
2.-A Comisión Municipal de Goberno poderá outorgar bonificacións sobre o importe das tarifas ou eximir totalmente do seu pago, cando se trate da utilización das instalacións para actividades de interese público.
3.-Os interesados na obtención de bonificacións deberán solicitalo expresamente ó Concello, facendo consta-las circunstancias que xustifiquen a súa solicitude, a cal deberá ir dirixida ó Sr. Alcalde ou Concelleiro-Delegado de Deportes, cunha antelación mínima de dez días á celebración da actividade.
Artigo 8.º .-Devengo e período impositivo.
1.-O devengo da presente taxa se produce no mesmo momento no que se solicite a correspondente autorización municipal de aproveitamento ou cando se comprobe a utilización das instalacións se se actuou sen a preceptiva autorización.
2.-Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día un de xaneiro de cada ano natural e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese na utilización privativa ou aproveitamento especial, nos que o período impositivo axustarase a esa circunstancia co conseguinte prorrateo da cota por trimestres naturais.
Artigo 9.º .-Declaración de ingreso.
1.-A utilización do Polideportivo Municipal de Cariño, levaranse a cabo a instancia de parte.
2.-O pagamento da presente Taxa realizarase:
a) Tratándose de autorizacións de novos aproveitamentos ou de aproveitamentos con duración limitada, as cotas serán obxecto de liquidación por ingreso directo, unha vez concedidas as correspondentes autorizacións, na Tesourería Municipal ou onde establecese o Concello, pero sempre antes de retira-la correspondente autorización, de conformidade co establecido no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, de 28 de decembro.
b) Tratándose de autorizacións xa concedidas e prorrogadas sen duración limitada, unha vez incluídas nos correspondentes padróns ou matrículas deste Taxa, as cotas serán obxecto de liquidación de ingreso por recibo nas Oficinas de Recadación Municipal ou Entidades Colaboradoras sinaladas ó efecto e durante o prazo establecido polo Concello no seu calendario fiscal.
Artigo 10.º .-Xestión, liquidación, inspección e recadación.
1.-A xestión, liquidación, inspección e recadación, así como a revisión dos actos dictados na vía de xestión tributaria corresponde a o Concello de Cariño, de conformidade co disposto na Lei Xeral tributaria e demais leis do Estado reguladoras da materia, así como as disposicións dictadas para o seu desenrolo, consonte co disposto no artigo 12 da Lei 39/1988, de 28 de decembro.
2.-As cotas liquidadas e non satisfeitas no período voluntario, faranse efectivas pola vía de constrinximento, consonte coas normas do Regulamento Xeral de Recadación.
3.-Non se consentirá ningunha utilización das instalacións municipais ata que non se teña aboado o depósito previo a que se refire o artigo 6.1.B) da presente Ordenanza e obtido polos interesados a autorización correspondente, de conformidade co previsto no artigo 26.1.b) da Lei 39/1988, de 28 de decembro.
O incumprimento deste mandato poderá dar lugar á non concesión da licencia, sen prexuízo das contías que corresponda aboar ós interesados.
Artigo 11.º .-Infraccións e sancións.
No relativo a cualificación de infraccións tributarias, así como as sancións que as mesmas correspondan no seu caso, estarase a o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral tributaria, conforme ordena o artigo 11 da Lei 39/1988, de 28 de decembro.
Disposición adicional.
Prioridades:
1.-En horario lectivo, terán sempre, e sen excepcións, preferencia para a utilización do Pavillón Polideportivo Municipal, os Centros Docentes do Concello de Cariño.
2.-Para o caso de que houbese varias peticións para un mesmo día solicitando a utilización do Pavillón Polideportivo, seguirase a seguinte orde:
1º .-Escolas Deportivas Municipais.
2º .-Equipos Federados do Concello.
3º .-Equipos non federados do Concello.
4º .-Deportes individuais practicados polos veciños deste Concello.
5º .-Equipos Federados doutro Concello.
6º .-Equipos non federados doutro Concello.
7º .-Deportes individuais practicados polos que non sexan veciños deste Concello.
No caso de coincidencia de prioridades, terá preferencia a solicitude que teña entrada en primeiro lugar no Rexistro xeneral deste Concello, e así sucesivamente.
Disposicións finais.
1.-Dereito Supletorio: No non expresamente previsto na presente Ordenanza, rexerán os preceptos contidos na Sección 3ª, do Capítulo III, Titulo I da citada Lei 39/1988, concordantes e complementarios da mesma, e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
2.-Vixencia: A presente ordenanza, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comenzará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 1999 permanecendo en vigor en tanto non se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.
3.-Aprobación: A presente ordenanza consta de 11 artigos, unha disposición adicional e unha disposición final e foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión extraordinaria celebrada o día 31 de outubro de 1998.