Dodro - ORDENANZA XERAL MUNICIPAL QUE REGULA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE DODRO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A presente Ordenanza dítase no exercicio da potestade administrativa regulamentaria atribuída no artigo 4.1 da Lei 7/1985 reguladora das Bases de Réxime Local, de 2 de abril.
Co obxectivo de regular o tratamento das subvencións nas Administracións Públicas, foi aprobada a Lei 38/2003, de 17 de novembro Xeral de Subvencións, desenvolvida polo Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.
A mencionada Lei Xeral de Subvencións (LGS) cuxa Exposición de Motivos establece a necesidade de trasladar os principios reitores da Lei de Estabilidade Orzamentaria aos distintos compoñentes do orzamento; réxese pola aplicación do principio de transparencia, inspirado na Lei de Estabilidade Orzamentaria. Así mesmo rexen tamén os principios de eficiencia e eficacia na xestión do gasto público á hora de tramitar as subvencións.
Desta maneira, a presente ordenanza regulará a actividade subvencional deste Concello, a cal incluirá a adecuación aos citados principios e o réxime sancionador.
Todo iso vén a xustificar a adecuación da norma aos principios de boa regulación previstos no artigo 129.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, cumprindo con iso a obrigación das Administracións Públicas de actuar de acordo cos principios de necesidade, eficacia, proporcionalidade, seguridade xurídica, transparencia e eficiencia.
TÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS
CAPÍTULO 1.º.-OBXECTO, CONCEPTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
Artigo 1.-Obxecto
Esta ordenanza ten por obxecto regular, con carácter xeral, o réxime e procedemento aplicable para o outorgamento de subvencións por parte do Concello de Dodro para a realización de proxectos ou actividades que teñan por obxecto o fomento de accións de utilidade pública ou interese social ou de promoción dunha finalidade pública.
Artigo 2.º.-Concepto de subvención
Enténdese por subvención, para os efectos desta ordenanza xeral, toda disposición de diñeiro realizada polo Concello de Dodro a favor de persoas públicas ou privadas e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que a entrega se realice sen contraprestación directa dos beneficiarios.
b) Que a entrega se encontre suxeita ó cumprimento dun determinado obxectivo, á execución dun proxecto, á realización dunha actividade, á adopción dun comportamento singular, xa realizados ou por desenvolver, ou á concorrencia dunha situación, debendo o beneficiario cumprir as obrigas materiais e formais que se establecerán na convocatoria.
c) Que o proxecto, a acción, conduta ou situación financiada teña por obxecto o fomento dunha actividade de utilidade pública ou interese social ou de promoción dunha finalidade pública.
Artigo 3.-Exclusións do ámbito de aplicación desta ordenanza
1. Quedan excluídos do ámbito de aplicación desta ordenanza:
1) As achegas de diñeiro entre o Concello de Dodro e outras administracións públicas, cando a finalidade sexa financiar globalmente a actividade de cada ente no eido propio das súas competencias.
2) As achegas do Concello ós seus organismos públicos e outros entes dependentes de dereito privado, cando a finalidade sexa financiar globalmente a actividade de cada ente no eido propio das súas competencias.
3) As achegas de diñeiro a fundacións e consorcios nos que participe o Concello, así como as cotas, tanto ordinarias como extraordinarias, ás asociacións ás que se refire a disposición adicional quinta da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
4) As achegas orzamentarias ós grupos políticos municipais e ós concelleiros non adscritos.
5) As achegas ós órganos de representación do persoal deste Concello.
6) Os premios ou bolsas que outorgue o Concello e que se rexerán pola súa normativa específica.
7) As axudas outorgadas directamente para satisfacer necesidades perentorias coa finalidade de atender problemas de carácter social.
2. Non terán carácter de subvención as establecidas na alínea 4 do artigo 2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Artigo 4.-Réxime xurídico.
As subvencións que outorgue o Concello de Dodro deberán axustarse ó previsto nesta ordenanza, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, nas bases de execución do orzamento municipal, nas bases reguladoras da subvención e demais normativa que sexa de aplicación.
CAPÍTULO 2.º.-DISPOSICIÓNS COMÚNS ÁS SUBVENCIÓNS PÚBLICAS
Artigo 5.-Plan estratéxico de subvencións.
O Concello de Dodro, con carácter previo ó establecemento de calquera subvención, deberá contar cun plan estratéxico de subvencións no que se concreten os obxectivos e efectos que se pretenden coa súa aplicación, o prazo necesario para a súa execución, os custos previsibles e as súas fontes de financiamento, supeditándose, en todo caso, ó cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria.
Será competente para a aprobación deste plan estratéxico a Xunta de Goberno Local sen prexuízo das delegacións que se confiran.
Artigo 6.-Principios e requisitos que rexerán o outorgamento de subvencións.
1. A xestión das subvencións realizarase de acordo cos seguintes principios:
a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non-discriminación.
b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados polo Concello de Dodro.
c) Eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.
2. En canto ós requisitos que deberán cumprirse no outorgamento das subvencións serán os seguintes:
1) Competencia do órgano administrativo concedinte.
2) Capacidade xurídica do beneficiario.
3) A existencia de crédito adecuado e suficiente para atender as obrigas de contido económico que deriven da concesión da subvención.
4) Tramitación do procedemento da concesión de acordo coas normas que resulten de aplicación.
5) Existencia, se é o caso, de bases reguladoras da subvención.
6) Formalización, se é o caso, do convenio correspondente en caso de canalizarse a subvención por este procedemento.
7) A fiscalización previa dos actos administrativos de contido económico, nos termos previstos nas leis.
8) A aprobación do gasto polo órgano competente.
3. Todos os acordos e resolucións municipais en materia de subvencións serán da competencia da Xunta de Goberno Local, agás os reservados ó Pleno en relación coa aprobación dos orzamentos, e os de recoñecemento de obrigas e pagamento de subvencións, que corresponden ó alcalde, e sen prexuízo das delegacións de atribucións que estes órganos poidan outorgar.
Artigo 7.-Financiamento das actividades subvencionadas.
1. O importe das subvencións en ningún caso será de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas ou ingresos, supere o custo da actividade subvencionada.
2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.
3. O outorgamento das subvencións ten carácter eventual e voluntario, non poderá invocarse como precedente e non será esixible o seu aumento ou revisión.
4. A normativa reguladora da subvención poderá esixir un importe de financiamento propio para cubrir a actividade subvencionada.
Artigo 8.-Publicidade das subvencións concedidas.
1. O órgano administrativo concedinte publicará no Boletín Oficial da Provincia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, do crédito orzamentario ó que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
2. Non será necesaria a publicación nos seguintes supostos:
a) Cando as subvencións públicas teñan asignación nominativa no orzamento xeral do Concello.
b) Cando o seu outorgamento e contía resulten impostos en virtude de norma legal.
c) Cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a seis mil (6.000,00) euros.
d) Cando a publicación dos datos dos beneficiarios en razón do obxecto da subvención poida ser contraria ó respecto e salvagarda do honor, da intimidade persoal e familiar das persoas físicas, en virtude do establecido na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito ó honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, e fora prevista na súa normativa reguladora.
CAPÍTULO 3.º.-BENEFICIARIOS E ENTIDADES COLABORADORAS.
REQUISITOS E OBRIGAS
Artigo 9.-Beneficiarios
1. Terá a consideración de beneficiario de subvencións a persoa que teña que realizar a actividade que fundamentou o seu outorgamento ou que se encontre na situación que lexitima a súa concesión.
2. Cando o beneficiario sexa unha persoa xurídica, e sempre que así se prevexa nas bases reguladoras, os membros asociados que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamentan a concesión en nome e por conta do primeiro terán igualmente a consideración de beneficiarios.
3. Cando se prevexa expresamente nas bases reguladoras, poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos, ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención.
Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da subvención que aplicará cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Non se poderá disolver a agrupación ata que transcorrese o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei xeral de subvencións.
4. Os beneficiarios acreditarán a súa domiciliación no municipio de Dodro e, de ser o caso, as asociacións veciñais deben estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais do Concello de Dodro.
Excepcionalmente, cando a actividade teña interese social, económico ou humanitario para os veciños do municipio de Dodro, poderanse conceder subvencións a entidades foráneas e non inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais. A fundamentación do dito interese acreditarase mediante a achega dunha memoria para o efecto.
5. As actividades ou proxectos financiados a través de subvención municipal deben desenvolverse no termo municipal ou ir dirixidos ós veciños de Dodro, e redundar nun beneficio para os seus cidadáns.
Exceptúanse deste requisito as achegas municipais a actividades e actuacións que se desenvolvan no marco da lexislación sectorial de cooperación internacional para o desenvolvemento.
Artigo 10.-Motivos de exclusión
1. Non poderán ter a condición de beneficiario ou entidade colaboradora das subvencións que outorgue este Concello as persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, agás que, pola natureza da subvención, se exceptúe pola súa normativa reguladora.
2. A xustificación por parte das persoas ou entidades solicitantes de non estar incursos nas prohibicións para obter a condición de beneficiario ou entidade colaboradora poderá acreditarse mediante testemuño xudicial, certificados telemáticos, transmisión de datos de acordo coa normativa que regulamente a utilización de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas, ou certificación administrativa, segundo os casos, e cando o dito documento non poida ser expedido pola autoridade competente poderá substituírse por unha declaración responsable outorgada ante unha autoridade administrativa ou notario público.
A declaración responsable de non atoparse incuso en causa de prohibición para obter a condición de beneficiario deberá ser efectuada polo solicitante, cando se trate de persoas físicas, ou polo representante legal cando sexan persoas xurídicas. Cando a solicitude de subvención se formule por algunha das entidades sen personalidade xurídica ás que se refire o número tres do artigo nove desta ordenanza, a declaración asinaraa o apoderado único dela.
Artigo 11.-Obrigas dos beneficiarios
Son obrigas do beneficiario:
1) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.
2) Ter xustificadas as subvencións concedidas por este Concello en convocatorias ou expedientes anteriores, relativos a calquera clase ou tipo de área de actuación.
3) Asumir as responsabilidades que a organización do proxecto ou actividade comporte, e subscribir as oportunas pólizas de seguro que garantan a dita responsabilidade.
4) Xustificar ante o órgano concedinte ou a entidade colaboradora, de ser o caso, o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade ou finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.
5) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedinte ou a entidade colaboradora, se é o caso, así como calquera outra de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais, como comunitarios, autonómicos ou municipais, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
6) Comunicarlle ó órgano concedinte ou á entidade colaboradora a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.
Esta comunicación efectuarase tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada ós fondos percibidos.
7) Acreditar, con anterioridade a se ditar a proposta de resolución da concesión, que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social, na forma que se determine regulamentariamente.
8) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ó beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan esixidos polas bases e acordos reguladores das subvencións coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.
9) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto de control e comprobación.
10) Proceder ó reintegro dos fondos percibidos nos supostos contemplados no artigo 37 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.
11) Facer constar expresamente na publicidade, difusión e publicacións, que o programa, actividades, investimentos ou actuacións obxecto de subvención contan coa colaboración económica do Concello de DODRO. Para isto utilizarán o logotipo aprobado polo Concello de DODROe, así mesmo, nas bases e acordos reguladores da subvención farase constar a forma e instrumentos a través dos que se dará publicidade e difusión á colaboración económica do Concello.
Artigo 12.-Entidades colaboradoras
1. Terán o carácter de entidade colaboradora aquelas que, actuando en nome e por conta do órgano concedinte para todos os efectos relacionados coa subvención, entreguen e distribúan os fondos públicos ós beneficiarios, cando así se estableza nas bases reguladoras, ou colaboren na xestión da subvención.
2. A regulación das condicións e obrigas asumidas por estas entidades estableceranse nun convenio de colaboración que se formalice entre o Concello e a entidade colaboradora nos termos establecidos no artigo 16 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.
TÍTULO II.-PROCEDEMENTOS DE CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS
CAPÍTULO 1.º.-TIPOS E PROCEDEMENTOS DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS
Artigo 13 .-Tipos de subvención
En función dos procedementos polos que se conceden, as subvencións pódense clasificar nos seguintes tipos:
- Subvencións concedidas en réxime de concorrencia competitiva.
- Subvencións previstas nominativamente no orzamento xeral do Concello.
- Subvencións concedidas de forma directa baseadas en razóns de interese público, social, económico ou humanitario, ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria publica.
- Aquelas que o seu outorgamento ou contía veña imposto ó Concello por unha norma de rango legal.
Artigo 14.-Procedementos de concesión
1. O procedemento ordinario de concesión de subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Terá esta consideración o procedemento mediante o cal a concesión das subvencións se realiza mediante a comparación das solicitudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre elas de acordo cos criterios de valoración previamente fixados en cada convocatoria individualizada, que en razón da materia aproben os órganos competentes, e adxudicar, co límite fixado nas respectivas convocatorias dentro do crédito dispoñible, aquelas que obtiveran maior valoración en aplicación dos citados criterios.
Excepcionalmente, e sempre que se prevexa nas bases reguladoras, o órgano competente procederá ó rateo entre os beneficiarios da subvención do importe global máximo destinado ás subvencións.
2. Poderán concederse de forma directa as subvencións previstas nominativamente no orzamento xeral municipal, de acordo co procedemento regulado nesta ordenanza.
3. Así mesmo, e con carácter excepcional, poderán concederse de forma directa aqueloutras subvencións nas que se acrediten razóns de interese público, social, económico ou humanitario, ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria pública, de acordo, así mesmo, co procedemento regulado nesta ordenanza.
4. Aquelas subvencións cuxo outorgamento ou contía veña imposto ó Concello por unha norma de rango legal concederanse de forma directa, e seguirán o procedemento de concesión que lles resulte de aplicación de acordo coa súa propia normativa.
CAPÍTULO 2.º.-PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DIRECTA DE SUBVENCIÓNS PREVISTAS NOMINATIVAMENTE NO ORZAMENTO XERAL MUNICIPAL
Artigo 15.-Réxime
1. As subvencións previstas nominativamente no presuposto xeral municipal rexeranse polas bases de execución do presuposto, por este capítulo e demais disposicións desta ordenanza e da Lei 38/2003, xeral de subvencións, do 17 de novembro, que lles son aplicables en canto a requisitos dos beneficiarios, obrigas destes, pagamentos, gastos subvencionables, xustificación da subvención, incumprimento e formas de reintegro, control financeiro, sancións, etc., e polo convenio a través do cal se canalizan, salvo excepcións xustificadas, que establecerán as condicións e os compromisos específicos.
2. O convenio deberá conter necesariamente:
1) Definición concreta e expresa do obxecto.
2) Compromisos das partes.
3) Documentación que deberá achegar o beneficiario, se é o caso.
4) Crédito orzamentario ó que se imputa a subvención.
5) Gastos que se subvencionan e prazo en que deben realizarse.
6) Posibilidade ou non de subcontratación da actividade subvencionada.
7) Posibilidade ou non de efectuar pagamentos á conta e pagamentos anticipados. 8) Tanto por cento do presuposto do proxecto que deberá financiar o beneficiario, ben por financiamento propio ou a través doutras subvencións, cando se contemple esta determinación.
9) Compatibilidade ou incompatibilidade da subvención.
10) Forma de xustificación, prazo de presentación da correspondente documentación e aspectos que deben incluírse na memoria avaliativa da subvención.
11) Prazo de vixencia do convenio, posibilidade de prórroga, e requisitos e condicións para que se produza.
12) De ser o caso, especificidades que supoñan excepción ás regras xerais establecidas nesta ordenanza e na Lei 38/2003, xeral de subvencións.
Artigo 16.-Iniciación
1. O procedemento para a súa concesión iniciarase de oficio, e será requisito imprescindible a previsión nominativa específica no presuposto xeral municipal a favor da persoa pública ou privada á que vai destinada a subvención.
2. A inclusión na partida orzamentaria no presuposto xeral municipal non crea dereito ningún a favor do beneficiario, ata que non fose adoptada a resolución de concesión, tras o procedemento establecido polo órgano competente. Á súa vez, o feito de que nun exercicio orzamentario estea consignada unha subvención non xera expectativas de dereito en futuras anualidades.
3. A iniciación realizarase mediante a proposta da unidade administrativa xestora.
Artigo 17.-Instrución
1. A unidade administrativa xestora realizará de oficio todas as actuacións que estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos, en virtude dos cales deba ditarse a proposta de resolución.
2. As actividades de instrución comprenderán necesariamente:
1) Inclusión no procedemento do documento contable de retención do gasto polo importe máximo especificado nas bases de execución do presuposto.
2) Elaboración do texto do convenio regulador da subvención.
3) Informe da Intervención Xeral.
4) Informe da unidade administrativa xestora, no que conste que, dos datos que están no seu poder, o beneficiario reúne todos os requisitos para acceder á subvención.
5) Proposta de resolución do órgano municipal ou da unidade administrativa xestora competente, na que se conterá o texto do convenio.
6) Formulada a proposta de resolución, o expediente remitiráselle á Intervención Xeral do Concello para os efectos de que se proceda á fiscalización previa á adopción da resolución polo órgano competente.
3. Unha vez completada a instrución, someterase a proposta de resolución ó órgano competente para a súa aprobación.
4. Excepcionalmente, e sempre tras a xustificación da urxencia, poderá adoptarse a resolución pola que se concede a subvención, unha vez aprobado inicialmente o presuposto xeral municipal, se ben quedará supeditada a aprobación da concesión da subvención á aprobación definitiva do presuposto.
Artigo 18.-Resolución
1. A resolución da proposta comprenderá a concesión, se é o caso, da subvención e a aprobación do texto do convenio a través do cal se articula. A adopción desta resolución será competencia da Xunta de Goberno Local, sen prexuízo das delegacións que procedan.
2. A resolución motivarase de acordo co disposto nesta ordenanza e na normativa vixente.
3. A resolución seralle notificada ó beneficiario de conformidade co disposto no artigo 40 da Ley 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
4. A aceptación da subvención formalizarase a través da sinatura polas partes do texto regulador do convenio e, a partir dese momento, adquirirá eficacia o acto de concesión da subvención.
Artigo 19.-Excepcións ó procedemento
1. Cando, en virtude das especiais circunstancias que rodean o obxecto da subvención, se considere prescindible a resolución a través da figura do convenio, seguirase o procedemento establecido nos artigos anteriores, obviando os trámites relativos a esta figura.
2. Con carácter excepcional, e por razóns de urxencia previamente xustificada no expediente, poderase inverter o procedemento, iniciándose coa firma do texto regulador do convenio ou dun protocolo polos representantes do Concello e do beneficiario. Neste suposto, deberá seguirse o mesmo procedemento, pero non adquirirá eficacia a concesión da subvención ata que o órgano competente para a aprobación emita a resolución ratificando a subscrición efectuada ou elevando o protocolo a convenio.
CAPÍTULO 3.º.-PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DIRECTA E EXCEPCIONAL DE SUBVENCIÓNS
Artigo 20.-Ámbito e réxime
1. Poderán concederse de forma directa, con carácter excepcional, aquelas subvencións en que se acrediten razóns de interese público, social, económico ou humanitario, ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria pública.
2. Estas subvencións rexeranse polo disposto neste capítulo, polas bases de execución do presuposto xeral municipal, por esta ordenanza e pola Lei 38/2003 en canto non se opoñan á natureza delas.
Artigo 21.-Iniciación
1. O procedemento para a concesión das subvencións de xeito directo iniciarase sempre de oficio. A iniciación realizarase mediante resolución aprobada polo órgano competente para a concesión da subvención ou subvencións.
Para estes efectos, o órgano ou unidade administrativa xestora responsable por razón da materia, unha vez recebado o documento contable de retención de gasto polo importe proposto, e tras o informe preceptivo da Intervención Xeral, someteralle a proposta de iniciación ó órgano competente para a súa aprobación. Na proposta deberá motivarse suficientemente a concorrencia das razóns que habilitan a utilización deste procedemento excepcional e recollerá, nos supostos en que proceda, os contidos que se establecen no número seguinte.
2. A resolución inicial terá o seguinte contido:
1) Créditos orzamentarios ós que se imputan as subvencións e, se é o caso, contía total máxima das subvencións que se poderán conceder dentro dos créditos dispoñibles.
2) Definición do obxecto das subvencións, con indicación do carácter singular destas e das razóns que acreditan o interese público, social, económico ou humanitario e daquelas que xustifican a dificultade da súa convocatoria pública.
3) Beneficiarios e modalidade de axuda.
4) Requisitos que deben reunir os beneficiarios para acceder á subvención e forma de acreditalos.
5) Indicación dos órganos competentes para a instrución e resolución do procedemento.
6) Prazo e lugar de presentación da documentación.
7) Prazo de resolución e notificación.
8) Medio de notificación ou publicación.
9) Documentos e informacións que deben presentar.
10) Indicación de que a resolución pon fin á vía administrativa.
11) Criterios de concesión das subvencións.
12) Gastos subvencionables e prazo para a súa realización.
13) Posibilidade ou non de subcontratación da actividade subvencionada.
14) Determinación e xustificación, se é o caso, da posibilidade de efectuar pagamentos á conta e pagamentos anticipados.
15) Tanto por cento da contía que deberá financiar o beneficiario, ben por financiamento propio ou a través doutras subvencións, cando se contemple esta determinación.
16) Compatibilidade ou incompatibilidade da subvención.
17) Forma de xustificación, prazo de presentación da correspondente documentación e aspectos que deberán incluírse na memoria avaliativa da subvención.
3. Será de aplicación á documentación que deben presentar os beneficiarios as normas previstas para o procedemento de concorrencia competitiva, tendo en conta que as referencias que se fagan á convocatoria deben considerarse feitas á resolución inicial contemplada neste precepto.
Artigo.-22. Instrución
1. A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó órgano ou unidade administrativa que se designe na resolución inicial.
2. A unidade administrativa xestora realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.
3. As actividades de instrución comprenderán necesariamente:
1) Avaliación das solicitudes, efectuada conforme os criterios establecidos na resolución inicial.
2) Informe da unidade administrativa xestora, no que conste que da información que está no seu poder se desprende que os beneficiarios compren todos os requisitos necesarios para acceder a estas.
3) Proposta de resolución do órgano municipal ou da unidade administrativa xestora competente.
4) Formulada a proposta de resolución, o expediente remitiráselle á Intervención Xeral do Concello para os efectos de que se proceda á fiscalización previa á adopción da resolución polo órgano competente.
4. Unha vez completada a instrución, someterase a proposta de resolución ó órgano competente para a súa aprobación.
Artigo 23.-Resolución
1. A proposta de concesión das subvencións someterase á Xunta de Goberno Local ou ó órgano delegado competente para a súa resolución.
2. A resolución motivarase de conformidade co disposto nesta ordenanza e na resolución que inicia o procedemento, e deberán quedar acreditados no procedemento os fundamentos desta.
3. Deberá facer constar de maneira expresa: o beneficiario ou a relación de beneficiarios ós que se concede a subvención; a súa contía; os criterios e as razóns que serviron de base para efectuala e, se é o caso, o resto de solicitantes cuxas peticións resultaran desestimadas.
4. O prazo máximo para resolver e notificar non poderá exceder de seis meses, que se computará a partir da aprobación da resolución pola que se inicia o procedemento de concesión, salvo que esta pospoña os seus efectos a unha data posterior. O vencemento do prazo máximo sen se notificar a resolución lexitima ós interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.
5. A resolución seralle notificada ó beneficiario de conformidade co disposto no artigo 40 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
6. Entenderase que a subvención é aceptada polo beneficiario se, transcorridos dez días dende a recepción da notificación, o interesado non renuncia por escrito a ela ante o órgano concedinte.
Artigo 24.-Excepcións ó procedemento
1. No suposto de que se conte con antelación co coñecemento dos beneficiarios e coa respectiva documentación, poderanse acumular as distintas fases do procedemento.
2. A iniciación realizarase mediante a proposta do órgano xestor e tras a fase de instrución efectuarase a resolución, na que deberán quedar expresados, cando proceda, os aspectos indicados no número 2 do artigo 21 desta ordenanza.
CAPÍTULO 4.º.-PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA
Artigo 25. Bases reguladoras da subvención
1. Con carácter previo ó outorgamento de subvencións, o órgano municipal competente poderá aprobar as bases reguladoras das distintas modalidades de subvencións que se van outorgar, atendidas as distintas áreas de actuación do Concello de Dodro, nos termos establecidos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, ou ben incluílas na resolución aprobatoria da convocatoria da subvención correspondente. A aprobación das ditas bases será competencia da Xunta de Goberno Local, sen prexuízo das delegacións de atribucións outorgadas por este órgano, e publicaranse no taboleiro de anuncios, na páxina web do Concello e no Boletín Oficial da Provincia para xeral coñecemento dos interesados. Unha vez publicadas manterán a súa vixencia para todas as convocatorias posteriores que se fagan ó seu amparo, en tanto non sexan modificadas polo órgano municipal competente.
2. As bases de concesión das subvencións conterán os seguintes aspectos:
1) Definición do obxecto e finalidade da subvención.
2) Requisitos que deben reunir os beneficiarios para a obtención da subvención, e, se é o caso, os membros das entidades contempladas no número 2 e no parágrafo segundo do número 3 do artigo 11 da Lei 38/2003, e a forma e prazo de presentación das solicitudes.
3) Procedemento de concesión da subvención.
4) As condicións de solvencia e eficacia que, de ser o caso, teñan que reunir as persoas xurídicas ás que se refire o número 2 do art. 12 da Lei 38/2003.
5) Criterios obxectivos de outorgamento da subvención e, se é o caso, a súa ponderación.
6) Contía individualizada da subvención ou criterios para a súa determinación.
7) Órganos competentes para a ordenación, instrución e resolución do procedemento de concesión da subvención, e prazo no que se debe ditar e notificar a resolución.
8) Determinación, composición e funcións do órgano colexiado que avaliará as solicitudes.
9) Aceptación da subvención por parte dos beneficiarios, que se entenderá efectuada se, no prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte hábil ó da notificación da subvención, aqueles non renunciaran a ela mediante escrito dirixido ó órgano concedinte. Non obstante, as bases poderán prever a esixencia de aceptación expresa por parte dos beneficiarios e a forma de acreditala.
10) Prazo e forma de xustificación por parte do beneficiario ou da entidade colaboradora, se é o caso, do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención e da aplicación dos fondos percibidos.
11) Determinación, se é o caso, dos libros e rexistros contables específicos para garantir a adecuada xustificación da subvención.
12) Medidas de garantía que, de resultar procedente, se considere preciso constituír a favor do órgano concedinte, medios de constitución e procedemento de cancelación.
13) Posibilidade ou non de efectuar pagamentos anticipados e aboamentos á conta, así como o réxime das garantías que, se é o caso, achegarán os beneficiarios.
14) Posibilidade ou non de que o beneficiario subcontrate con terceiros -total ou parcialmente- a actividade subvencionada, de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.
15) Posibilidade ou non de que o beneficiario proceda, de conformidade co artigo 27 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, á reformulación da súa solicitude nos casos en que o importe proposto da subvención sexa inferior á solicitada.
16) Posibilidade ou non de proceder ó rateo do importe global máximo destinado ás subvencións entre os beneficiarios destas, de conformidade co artigo 22.1 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.
17) Circunstancias que, se é o caso, como consecuencia da alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, poderán dar lugar á modificación da resolución.
18) Compatibilidade ou incompatibilidade con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
19) Criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión de subvencións. Estes criterios resultarán de aplicación para fixar a cantidade que finalmente percibirá o beneficiario ou, se é o caso, o importe que hai que reintegrar, e deberán responder ó principio de proporcionalidade.
20) Determinación dos gastos que poden financiarse mediante as subvencións e prazo para a súa realización, de conformidade co previsto no artigo 31 da Lei 38/2003.
21) Forma a través da que o beneficiario debe acreditar o cumprimento das medidas de difusión do carácter público do financiamento da actividade ou programas subvencionados.
Artigo 26.-Iniciación
1. O procedemento para a concesión de subvencións iníciase sempre de oficio, mediante convocatoria aprobada polo órgano competente, que desenvolverá o procedemento para a concesión das subvencións convocadas, segundo o establecido nesta ordenanza e na Lei 38/2003, do 17 de novembro de 2003, xeral de subvencións, nas bases de execución do presuposto e demais normativa aplicable.
2. O órgano municipal ou a unidade administrativa xestora competente por razón da materia, unha vez obtido o documento contable de retención de gasto dentro dos créditos dispoñibles no presuposto, e tras o informe preceptivo da Intervención Xeral, someteralle a proposta da convocatoria ó órgano competente para a súa aprobación, a cal deberá publicarse no Boletín Oficial de la Provincia, na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello.
Aprobado inicialmente o presuposto xeral municipal, poderá someterse a proposta de convocatoria ó órgano competente para a súa resolución, supeditándose a súa aprobación definitiva á do presuposto xeral municipal.
3. A convocatoria terá necesariamente o seguinte contido:
1) Indicación da disposición pola que se aprobaron as bases reguladoras da subvención e do diario oficial na que se publicou, salvo que estas estean incluídas na propia convocatoria, coa referencia expresa ós criterios establecidos para o seu outorgamento e, se estivera previsto, a súa ponderación, ou a indicación do acordo no que se aprobaron.
2) Créditos orzamentarios ós que se imputan as subvencións e contía total máxima das subvencións convocadas ou, se non, contía estimada.
3) Expresión de que a concesión se efectúa mediante un réxime de concorrencia competitiva.
4) Formulación da solicitude.
5) Documentos e informacións que deben acompañarse á solicitude.
6) Forma e prazo de presentación das solicitudes.
7) Prazo de resolución e notificación.
8) Indicación de se a resolución pon fin á vía administrativa, e recursos que procedan.
Artigo 27.-Solicitudes
1. As solicitudes dos interesados presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Dodro ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo sinalado na correspondente convocatoria, e acompañaranse dos documentos e informacións esixidos nesta, salvo que estes xa estiveran en poder do Concello, facendo constar neste caso a data e dependencia ou órgano ante o que se presentaron, e non poderá ter transcorrido máis de cinco anos dende a finalización do procedemento ó que correspondan.
2. Salvo que na propia convocatoria se dispoña outra cousa, haberá de presentarse a seguinte documentación básica:
1) Solicitude en modelo normalizado subscrita polo interesado, no caso de tratarse de persoa física, ou polo representante legal da asociación ou entidade, xunto co compromiso de destinar a subvención á execución do obxectivo, proxecto ou actividade solicitada.
2) Fotocopia do NIF/CIF da persoa ou entidade solicitante e, se e o caso, documento acreditativo da representación que posúe na entidade ou asociación solicitante.
3) Unha copia dos estatutos ou documentación acreditativa da personalidade xurídica da asociación ou entidade solicitante e, se é o caso, da existencia da comunidade de bens, agrupación de persoas físicas ou xurídicas ou calquera tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos ou actividades que motiven a concesión da subvención.
Na copia dos estatutos deberá figurar o selo xustificativo da inscrición no rexistro público correspondente.
4) Acreditación, se así se esixe na convocatoria, de estar domiciliadas no concello de Dodro. A xustificación deste requisito farase na forma que se estableza na propia convocatoria.
5) Declaración responsable de non atoparse inhabilitado ou estar incurso en prohibición para acceder á condición de beneficiario de subvencións do Concello de Dodro, de conformidade co establecido no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.
6) Declaración responsable de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias, incluíndo as municipais e fronte á Seguridade Social. En todo caso, e antes da proposta da resolución, deberán achegar certificacións expedidas pola Delegación de Facenda, da Tesourería Municipal e da Tesourería Territorial da Seguridade Social.
7) Declaración xurada das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas polo solicitante por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras, para o financiamento da actividade para a que se solicita a subvención.
8) Proxecto da actividade ou programa que se vai levar a cabo, no que se especifiquen como mínimo: a denominación, os obxectivos, a solvencia da entidade solicitante, o colectivo ó que se dirixe, o número estimado de beneficiarios ou ámbito urbano-rural ou superficial no que se despregará a acción, o calendario, continuidade e estabilidade, a orixinalidade do programa ou actividade e viabilidade técnica e económica destes, así como a dificultade de acudir a outros medios de financiamento.
9) Presuposto detallado de ingresos e gastos para o desenvolvemento da actividade ou programa con indicación de medios financeiros previstos.
10) Certificación dos datos bancarios da entidade solicitante,
11) e calquera outro documento que se considere de interese para a mellora da avaliación da subvención.
3. Se a solicitude non reúne os requisitos ou non achega a documentación preceptiva, segundo o establecido nesta ordenanza e na convocatoria, requiriráselle ó interesado para que enmende as deficiencias observadas no prazo máximo improrrogable de dez días hábiles, indicándolle que se non o fixese teráselle por desistido da súa petición, e arquivaranse as actuacións sen máis trámites, tras a resolución ditada nos termos previstos no art. 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Artigo 28.-Instrución.
1. A instrución do procedemento de concesión correspóndelle ó órgano que se designe na convocatoria.
2. A unidade administrativa xestora realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.
As actividades de instrución comprenderán necesariamente:
a) Avaliación das solicitudes, efectuada conforme os criterios, formas e prioridades de valoración establecidos na convocatoria. Nesta fase incluirase a preavaliación das solicitudes na que se verificará o cumprimento das condicións impostas para adquirir a condición de beneficiario da subvención.
b) Informe da unidade administrativa xestora no que conste que da información que obra no seu poder se desprende que os beneficiarios compren todos os requisitos necesarios para acceder ás subvencións.
3. Realizadas as actividades anteriores, a comisión de valoración procederá a avaliar as solicitudes e emitirá informe no que se concrete o resultado da avaliación efectuada, a cal non terá carácter vinculante.
4. O órgano instrutor, á vista do expediente e do informe da comisión de valoración, formulará, de xeito motivado, a proposta provisional de resolución e, se é o caso, realizará as seguintes actuacións:
a) Naqueles supostos en que figuren no procedemento e sexan tidos en conta feitos, alegacións ou probas non aducidas polos interesados, notificaráselles a proposta provisional de resolución, concedéndolles un prazo de dez días hábiles para a presentación de alegacións. Informadas estas polo servizo xestor, volverase elevar a proposta a ditame da comisión, que procederá a unha nova avaliación.
b) Cando a subvención teña por obxecto o financiamento de actividades que deba desenvolver o solicitante e o importe da subvención da proposta provisional de resolución sexa inferior ó que figura na solicitude presentada, poderase instar do beneficiario, se así se preveu nas bases reguladoras ou na convocatoria, a reformulación da solicitude para axustar os compromisos e condicións á subvención outorgable, no prazo máximo improrrogable de dez días hábiles. De non o facer neste prazo, entenderase que renuncia á posibilidade de reformular a súa solicitude inicial.
A reformulación de solicitudes deberá respectar, en todo caso, o obxecto, condición e finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos respecto ás solicitudes ou peticións, e deberá contar coa conformidade da comisión de valoración antes da elaboración da proposta definitiva de resolución.
Fóra dos supostos precedentes, a proposta provisional de resolución terá o carácter de definitiva.
5. Unha vez formulada a proposta definitiva de resolución, o expediente remitiráselle á Intervención Xeral do Concello para os efectos de que se proceda á súa fiscalización previa á adopción da resolución polo órgano competente.
6. Cando así o prevexan as bases reguladoras ou a convocatoria, a proposta definitiva de resolución comunicaráselles ós interesados que foran propostos como beneficiarios, para que no prazo previsto para estes efectos comuniquen a súa aceptación antes de que se dite a resolución.
7. As propostas provisional e definitiva de resolución non crean dereito ningún a favor do beneficiario proposto fronte á Administración, mentres non se lle notifique a resolución definitiva de concesión.
Artigo 29.-Resolución
1. Unha vez formulada a proposta definitiva de resolución, o órgano competente resolverá o procedemento. Será competente para resolver as solicitudes de subvención a Xunta de Goberno Local, sen prexuízo das delegacións que poidan efectuarse noutros órganos.
2. A resolución motivarase de conformidade co disposto nesta ordenanza e na convocatoria pola que se rexe, e deberán quedar acreditados no procedemento os fundamentos da resolución que se adopte.
A resolución deberá facer constar de maneira expresa o solicitante ou relación de solicitantes ós que se lles concede a subvención, finalidade así como as contías destas, e fará constar, se é o caso e de maneira expresa, a desestimación do resto das solicitudes.
3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses. O prazo computarase a partir da publicación da correspondente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, salvo que nesta se pospoñan os seus efectos a unha data posterior.
O vencemento do prazo máximo sen notificarse a resolución lexitima ós interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.
4. A resolución poñerá fin á vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o órgano que a ditou ou alternativamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contencioso administrativa.
5. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Non obstante e de conformidade co disposto no artigo 44 da referida lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios coa indicación neste caso da data da convocatoria, beneficiario, contía concedida e finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas e motivos da desestimación.
TÍTULO III.-XESTIÓN E XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN. REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS
Artigo 30.-Gastos subvencionables
1. Considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubitada respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido polas bases reguladoras da subvención.
Salvo previsión expresa en contra nas bases reguladoras das subvencións, no acordo de aprobación do convenio ou na resolución inicial mencionada no artigo 21 desta ordenanza, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado na normativa reguladora da subvención.
2. En todo o non previsto neste artigo estarase ó establecido no artigo 31 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, nas bases de execución do presuposto xeral municipal, nas bases reguladoras da convocatoria, no convenio que regule as subvencións nominativas previstas no orzamento municipal, e na resolución inicial contemplada no artigo 21 desta ordenanza.
Artigo 31.-Xustificación da subvención
1. O pagamento da subvención realizarase tras a xustificación, polo beneficiario, da realización da actividade, proxecto, obxectivo ou adopción do comportamento para o que se concedeu, sen prexuízo da posibilidade de efectuar pagamentos anticipados, fraccionados ou á conta se así se prevé nas bases reguladoras da subvención, no convenio regulador ou na resolución inicial prevista no artigo 21 desta ordenanza.
2. Para a acreditación da realización da actividade, proxecto, obxectivo ou adopción do comportamento, deberá presentarse a seguinte documentación:
a) Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade do proxecto ou actividade, obxectivo ou adopción do comportamento, con expresa mención dos resultados obtidos e coas indicacións, contidos e documentos que se determinen nos acordos reguladores da convocatoria ou na concesión da subvención.
b) Facturas, e demais documentos de valor probatorio de conformidade coas bases de execución do presuposto e R.D. 1496/2003, do 28 de novembro do Ministerio de Economía e Facenda, que se presentarán en documento orixinal, ou fotocopia dilixenciada.
c) Declaración xurada das subvencións ou axudas obtidas doutras administracións públicas ou entidades públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras, para a mesma finalidade.
d) Declaración xurada de que a realización da actividade, proxecto, obxectivo, programa ou a adopción do comportamento se efectuou nos termos establecidos na memoria presentada.
Os documentos presentados deberán ser validados e estampillados polo servizo municipal xestor do expediente administrativo cun selo existente para o efecto, no que conste que a factura ou documento se aplica á xustificación da subvención ou convenio concreto. Os documentos serán orixinais, e se se presentasen fotocopias deberán ser compulsadas polo servizo xestor, de conformidade co que se estableza nas bases de execución do presuposto.
3. A presentación desta documentación realizarase no prazo establecido, segundo os casos nas bases reguladoras da subvención, convocatoria, convenio ou resolución nos procedementos de concesión directa.
4. Unha vez presentada a referida documentación, a unidade administrativa xestora correspondente emitirá informe acerca do grao de cumprimento dos fins para os que se outorgou a subvención, adecuación dos gastos ós citados fins e a corrección da documentación presentada.
5. A documentación xustificativa así como o informe do servizo serán remitidos á Intervención Xeral para a súa fiscalización, e se é favorable, remitiráselle ó órgano competente para que aprobe o recoñecemento da obriga e o pagamento da subvención.
6. A falta de xustificación ou a xustificación inadecuada será causa de perda do dereito de cobro da subvención, e levará aparellado o reintegro dos pagamentos totais ou parciais, se os houbese, de conformidade co previsto na Lei 38/2003, xeral de subvencións e nesta ordenanza
Artigo 32.-Reintegro
1. Procederá o reintegro total ou parcial das subvencións concedidas e a esixencia dos xuros de demora dende o momento do pagamento ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos e condicións establecidos nos artigos 36 a 40 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.
2. A resolución pola que se proceda ó reintegro da subvención será adoptada polo órgano concedinte, tras a instrución de expediente, de conformidade co previsto nos artigos 41 e seguintes da dita lei, na que se garantirá a audiencia ó interesado.
TÍTULO IV.-CONTROL DAS SUBVENCIÓNS. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
CAPÍTULO 1.º.-DO CONTROL FINANCEIRO
Artigo 33.-Finalidade do control financeiro.
1. O control financeiro das subvencións ten por obxecto verificar:
1) A adecuada e correcta obtención da subvención por parte do beneficiario.
2) O cumprimento por parte dos beneficiarios e entidades colaboradoras das súas obrigas na xestión e aplicación dos fondos recibidos.
3) A adecuada e correcta xustificación da subvención por parte de beneficiarios e entidades colaboradoras.
4) A realidade e regularidade das operacións que, de acordo coa xustificación presentada por beneficiarios e entidades colaboradoras, foron financiadas coa subvención.
5) O adecuado e correcto financiamento das actividades subvencionadas, nos termos establecidos no número 3 do artigo 19 da Lei xeral de subvencións.
6) A existencia de feitos, circunstancias ou situacións non declaradas á administración por beneficiarios e entidades colaboradoras e que puideran afectar ó financiamento das actividades subvencionadas, á adecuada e correcta obtención, utilización, desfrute ou xustificación da subvención, así como á realidade e regularidade das operacións con ela financiadas.
2. O control financeiro poderá estenderse ás persoas físicas ou xurídicas ás que se encontren asociados os beneficiarios, así como a calquera outra persoa susceptible de presentar un interese na consecución dos obxectivos, na realización das actividades, na execución dos proxectos ou na adopción dos comportamentos.
Artigo 34.-Contido do control financeiro.
Para os efectos do artigo anterior, o control financeiro poderá consistir en:
1) O exame de rexistros contables, contas ou estados financeiros e a documentación que os soporte, de beneficiarios e entidades colaboradoras, mediante a aplicación de procedementos concretos de análise.
2) O exame de operacións individualizadas e concretas, relacionadas ou que puidesen afectar ás subvencións concedidas.
3) A comprobación de aspectos parciais e concretos dunha serie de actos relacionados ou que puidesen afectar ás subvencións concedidas.
4) A comprobación material dos investimentos.
5) As actuacións concretas de control que deban realizarse de conformidade co que en cada caso estableza a normativa reguladora da subvención e, se é o caso, a resolución de concesión.
6) A revisión dos sistemas informáticos de xestión económica e financeira, que abarcará o exame das funcións e operacións efectuadas nestes, co obxecto de verificar que a información responde ós principios de fiabilidade, integridade, seguridade, precisión e dispoñibilidade.
7) Calquera outra comprobación decidida pola Intervención Xeral que resulte necesaria en atención ás características especiais das actividades realizadas polas entidades sometidas a control.
Artigo 35.-Obriga de colaboración.
1. Os beneficiarios, as entidades colaboradoras e os terceiros relacionados co obxecto da subvención ou a súa xustificación terán a obriga de prestar colaboración e facilitar canta documentación sexa requirida no exercicio das funcións de control financeiro que corresponden, dentro do ámbito do Concello, á Intervención Xeral municipal, así como ós órganos que, de acordo coa normativa comunitaria, estatal ou autonómica, teñan atribuídas funcións de control financeiro, para o cal estes terán as seguintes facultades:
a) O libre acceso a toda a documentación obxecto de comprobación, incluídos libros e rexistros contables, programas e arquivos en soportes informáticos.
b) O libre acceso ós locais de negocio e demais establecementos ou lugares onde se desenvolva a actividade subvencionada ou se permita verificar a realidade e regularidade das operacións financiadas con cargo á subvención.
c) A obtención de copia ou a retención das facturas, documentos equivalentes ou substitutivos e de calquera outro documento relativo ás operacións nas que se deduzan indicios da incorrecta obtención, desfrute ou destino da subvención.
d) O libre acceso á información das contas bancarias nas entidades financeiras onde se poida ter efectuado o cobro das subvenciones ou con cargo ás cales se poidan ter realizadas as disposicións dos fondos.
2. A negativa ó cumprimento desta obriga considerarase resistencia, escusa, obstrución ou negativa para os efectos previstos no artigo 37 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, sen prexuízo das sancións que, se é o caso, puidesen corresponder.
Artigo 36.-Formas de exercicio do control financeiro.
O control financeiro exercerase mediante auditorías ou outras técnicas de control, de conformidade co establecido nas normas de auditoría do sector público e nas instrucións que dite a Intervención Xeral Municipal.
Artigo 37.-Órganos competentes.
1. O control financeiro realizarano a Intervención Xeral Municipal e os funcionarios ós que especificamente se lles poida asignar este cometido.
2. Os auditores que executen os traballos, ben individualmente ou formando parte de equipos de auditoría, deben posuír a cualificación profesional necesaria, manter unha posición de independencia e obxectividade, actuar coa debida dilixencia profesional, responder do seu traballo e observar a confidencialidade debida acerca da información obtida no curso das actuacións.
3. Os funcionarios da Intervención Xeral Municipal, no exercicio das funcións de control financeiro de subvencións, serán considerados axentes da autoridade.
Artigo 38 .-Plan anual de control financeiro.
1. A Intervención Xeral Municipal, á vista das necesidades de control que aprecie e en función dos medios persoais e materiais dos que dispoña, elaborará o plan anual de control financeiro que incluirá a programación dos controis financeiros do exercicio.
2. O dito plan poderá ser modificado en función dos medios dispoñibles, das necesidades de control detectadas na execución deste e das solicitudes para a realización de auditorías específicas que efectúe o Pleno da Corporación.
3. Para tales efectos, elevarase proposta ou petición razoada á Intervención Xeral Municipal que, logo da súa valoración, resolverá, segundo proceda, acerca da inclusión dun control non contemplado inicialmente no Plan anual ou a súa supresión, e a súa extensión á outra persoa física ou xurídica.
Artigo 39.-Procedemento de control financeiro.
1. A iniciación das actuacións de control financeiro sobre os beneficiarios e, se é o caso, sobre as entidades colaboradoras efectuarase mediante a súa notificación a estes, na que se indicará a natureza e alcance das actuacións que se desenvolverán, a data de comparecencia do equipo de control que as vai realizar, a documentación que nun principio se debe pór a disposición deste e demais elementos que se consideren necesarios. Os beneficiarios e, se é o caso, as entidades colaboradoras deberán ser informados, ó inicio das actuacións, dos seus dereitos e obrigas no curso destas. Estas actuacións seranlles comunicadas, igualmente, ós órganos xestores das subvencións.
2. Estas actuacións deberán concluír no prazo máximo de doce meses, contados desde a notificación do inicio destas, e finalizarán coa emisión dos correspondentes informes provisionais comprensivos dos feitos postos de manifesto e das conclusións que deles se deriven. Este informe dirixirase á entidade colaboradora ou ó beneficiario para que efectúe as alegacións que estime convenientes no prazo de quince días.
Para os efectos dos prazos sinalados na parágrafo anterior, non se computarán as dilacións imputables ós beneficiarios ou entidades colaboradoras, nin os períodos de interrupción xustificada que se especifiquen regulamentariamente.
3. Transcorrido o prazo mencionado, e á vista das alegacións efectuadas se as houbese, o órgano de control emitirá informe definitivo dirixido ó órgano xestor directo das axudas controladas.
4. Cando do informe emitido se deduza a procedencia de reintegrar a totalidade ou parte da subvención, o órgano xestor acordará o inicio do expediente de reintegro, o que se notificará ó beneficiario ou entidade colaboradora.
CAPÍTULO 2.º.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS ADMINISTRATIVAS EN MATERIA DE SUBVENCIÓNS
Artigo 40.-Infraccións e sancións.
1. Constitúen infraccións administrativas en materia de subvencións as accións e omisións tipificadas na Lei 38/2003, xeral de subvencións, e serán sancionables incluso a título de simple neglixencia.
2. As infraccións cometidas en materia de subvencións sancionaranse mediante a imposición das sancións previstas na dita lei.
3. O procedemento sancionador axustarase ó previsto no título IV da Lei 38/2003, xeral de subvencións.
Disposicións
Disposición adicional primeira
A concesión de subvencións non implicará relación contractual de carácter civil, mercantil, laboral ou administrativa ou de calquera outro tipo entre o Concello de Dodro e a persoa física ou entidade beneficiaria da subvención e o persoal dependente desta.
Disposición transitoria
Non será de aplicación esta ordenanza municipal ás cuestións relacionadas coa xustificación das subvencións cuxo outorgamento se tivera aprobado con anterioridade á entrada en vigor da dita normativa.
En todo caso, serán de aplicación os preceptos relativos ó procedemento de reintegro regulado no título III desta ordenanza.
O réxime sancionador previsto nesta ordenanza seranlles de aplicación ós procedementos de concesión de subvencións iniciados con anterioridade á súa entrada en vigor, cando sexa máis favorable que o previsto na normativa anterior que resultara de aplicación.
Disposición final primeira
En todo o non previsto nesta ordenanza de carácter xeral, será de aplicación o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e canto establece a normativa estatal de réxime local.
Disposición final segunda
Esta ordenanza adecuarase, se é o caso, á normativa que dite a Comunidade Autónoma de Galicia.
Disposición final terceira
Esta ordenanza xeral, unha vez que sexa aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación, publicarase integramente no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, de conformidade co establecido no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e entrará en vigor, transcorrido o prazo de quince días previsto no art. 65.2 do citado texto legal.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo de 15 días previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.