Pontes de García Rodríguez As - ORDENANZA REGULADORA DAS AXUDAS PARA A RECUPERACIÓN EN SITUACIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL

Publicación provisional: 16/05/2018 BOP Nº: 92
Publicación definitiva: 01/08/2018 BOP Nº: 145
Aplicable dende: 20/08/2018

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A necesidade de ter uns ingresos mínimos para poder levar a cabo unha vida con dignidade e poder sacar adiante a fillos e fillas é o que fai necesaria a elaboración dunha ordenanza na que se recolla a posibilidade de ter dereito a unha prestación periódica que dea unha estabilidade, tan precisa para previr, evitar ou paliar situacións de marxinación social dada a realidade existente, na que a falla de traballo ou os traballos precarios con escasas retribucións fan que emerxan desigualdades e contextos de precariedade que a Administración ten a obriga de evitar e cando menos de paliar.

Asemade, tamén hai que contemplar aquelas situacións nas que xorden necesidades concretas para as que se precise algunha axuda económica de carácter extraordinario e puntual, motivo polo que se regulan as axudas para a recuperación en situacións de emerxencia social.

Así, artelladas como prestacións para garantir mínimos de subsistencia e dar unha estabilidade apoiando os procesos de inclusión que se puidesen estar a dar en cada situación, recóllense as axudas para a recuperación en situacións de emerxencia social, desenvolvidas no Título IV da presente ordenanza.

A base fáctica destas axudas podemos atopala na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia que determina que ¿mediante a presente lei os poderes públicos galegos garanten como dereito recoñecible e esixible o dereito de todas as persoas aos servizos sociais que lles correspondan en función da valoración obxectiva das súas necesidades, co fin de posibilitar que a súa liberdade e igualdade sexan reais e efectivas, removendo os obstáculos que impiden ou dificultan a súa plenitude e facilitando a participación de todas e todos na vida política, económica, cultural e social"; entendéndose, no artigo 2, por servizos sociais ¿...o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega" , mediante ¿intervencións que permitan o logro dos obxectivos" expresados no artigo 3 da lei, entre os que figura expresamente o seguinte: ¿a) Facilitarlles alternativas, recursos e itinerarios de integración social a aquelas persoas que se encontren en situación ou en risco de exclusión social".

Por todo elo, o concello, como administración pública mais cercana á poboación, debe se-lo encargado de promover e garantir políticas de integración e normalización dos dereitos de toda a veciñanza, facilitando o acceso a recursos e servizos que lles permitan mellorar a súa situación, evitando situacións de exclusión social

TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1. Réxime xurídico

1. As axudas ás que se refire esta ordenanza rexeranse polos preceptos básicos establecidos na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, reformada pola Lei 27/2013 do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, modificada á súa vez pola sentenza do Tribunal Constitucional de 3 de marzo de 2016.

2. A concesión das prestacións municipais baixo a denominación de emerxencia social rexerase polo disposto na presente ordenanza e polas disposicións que se adopten para a súa aplicación e desenvolvemento.

Artigo 2. Obxecto e finalidade destas axudas

1. A presente ordenanza ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas municipais para a recuperación en situacións de emerxencia social reguladas no Título IV, entendidas como prestación económicas de carácter extraordinario e puntual, destinadas a atender situacións de urxencia sobrevidas que afecten a persoas ou unidades de convivencia cuxos recursos económicos resulten insuficientes para facer fronte a gastos específicos de carácter ordinario ou extraordinario, co fin de previr, evitar ou paliar situacións de marxinación social.

Tamén se pode considerar susceptible de encadrar nesta ordenanza calquera situación de catástrofe sobrevida por accidente, incendio, inundación, afundimento ou calquera outra que sexa imprevisible e ante a que a persoa non dispoña de recursos para a súa solución.

2. A finalidade destas axudas é dar unha resposta ás necesidades das persoas ou unidades familiares que se atopen nunha situación de risco de exclusión social para que poidan evolucionar cara á súa autonomía e integración social, dado que estas axudas son un apoio temporal.

TÍTULO II. PERSOAS BENEFICIARIAS

Artigo 3. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas individuais ou unidades familiares que carezan de medios económicos e nas que concorran factores de risco de exclusión social e precisen dunha axuda para satisfacer as súas necesidades básicas, sempre como un apoio á intervención social.

En condicións de igualdade de cumprimento dos requisitos, darase preferencia no acceso á titularidade desta prestación a unha das mulleres integrantes da unidade de convivencia.

2. Para os efectos desta ordenanza municipal, enténdese por unidade familiar de convivencia as persoas que vivan soas ou o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico e se atopen vinculadas co solicitante por matrimonio ou calquera outra forma de relación estable análoga á conxugal, por adopción ou acollemento ou por parentesco ata o 4º grao, por consanguinidade, ou ata o 2º grao, por afinidade.

Cando, por causa de forza maior, accidente ou desafiuzamento, unha familia se vexa obrigada a residir con outra, non perderá a condición de unidade de convivencia independente.

Artigo 4. Requisitos das persoas beneficiarias

Serán requisitos necesarios para a concesión destas axudas:

a) Ser maior de idade ou menor emancipado/a.

b) Residir e estar empadroado/a no municipio das Pontes de García Rodríguez de forma ininterrompida por un período mínimo de 6 meses inmediatamente anteriores á data da solicitude, coas seguintes excepcións:

- as vítimas de violencia de xénero que cambian o seu domicilio por motivos de seguridade.

- as persoas emigrantes galegas, nos termos sinalados no artigo 3 do Estatuto de Autonomía de Galicia, cando fixen a súa residencia no Concello das Pontes de García Rodríguez.

- as persoas refuxiadas ou con solicitude de asilo en trámite, así como as que teñan autorizada a súa estancia por razóns humanitarias, sempre que en todos os casos cumpran o resto de requisitos para solicitar esta axuda.

c) Acreditar a situación de necesidade, situación que será valorada polas técnicas de servizos sociais e integrada nun proceso de intervención social.

d) Achegar a documentación requirida en cada caso.

e) Aceptación expresa por parte do/a solicitante das condicións que figuran no proxecto de integración social.

f) No caso de ter expediente aberto nos servizos sociais, que a unidade familiar cumprira co plan de traballo e/ou seguimento establecido polos servizos sociais comunitarios básicos ou polo servizo especializado.

g) A unidade familiar de convivencia non poderá ter uns ingresos mensuais (netos) superiores ao 100% do IPREM vixente para cada ano, incrementado nun 10% por cada membro adicional desta, ata un máximo do 175%. Para o cómputo final dos ingresos descontaranse os alugueiros e hipotecas, facturas de electricidade , gastos farmacéuticos nunha cantidade ata un máximo de 300 euros. Para realizar unha valoración da situación económica da unidade familiar tomarase como período de referencia os 6 meses anteriores á data da solicitude e non ter débedas do alugueiro/hipoteca, como norma xeral, coas expedicións que a equipa de valoración estime oportuna

A unidade familiar que teña ingresos inferiores ou iguais ao 50% do IPREM (netos) incrementando nun 10% por cada membro adicional desta, terá dereito a axuda aínda que teña xuros de hipoteca, alugueiro, luz ou auga.

Os requisitos deberán reunirse no momento da solicitude da axuda e manterse ao longo do período durante o que se está a percibir a prestación.

No suposto de que non cumpríndose algún dos requisitos esixidos haxa causas obxectivamente xustificadas, sempre e cando se poña en perigo o dereito á vida, á integridade física ou moral, ou á saúde, poderase percibir a prestación cunha valoración favorable da COMISIÓN TÉCNICA DE VALORACIÓN, na que se terán en especial consideración:

- Os indicadores técnicos de privación ou carencia material severa definidos pola Enquisa Europea de Ingresos e Condicións de Vida, ou

- a existencia ou non de todos ou algún dos 4 factores básicos que inciden na pobreza e exclusión social (emprego/desemprego, educación, vivenda e saúde) combinados coa pertenza a algún dos grupos máis vulnerables (persoas sen fogar, con discapacidade, maiores, en situación de dependencia, poboación xitana, poboación inmigrante, vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnica, orientación sexual e identidade de xénero, persoas con problemas de adiccións ou persoas ex-reclusas)

A Comisión Técnica de Valoración a integrará o persoal competente do Departamento de Servizos Sociais do concello das Pontes.

TÍTULO III. XESTIÓN E PROCEDEMENTO DE RESOLUCIÓN DAS AXUDAS

Artigo 5. Forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes, acompañadas pola documentación especificada no artigo seguinte formalizaranse, en calquera momento do ano, conforme ao modelo establecido no anexo I deste regulamento, e presentarase no rexistro municipal correspondente ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

Artigo 6. Documentación.

A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:

- DNI/NIE de todos os membros da unidade familiar maiores de idade ou documento oficial similar en vigor.

- Libro de familia ou documentos acreditativos da filiación.

- Contrato de acollemento familiar, sentenza de incapacidade ou nomeamento de titor, etc.

- Volante de convivencia así como certificado do padrón (achegarao de oficio o departamento de servizos sociais).

- Se está en situación de desemprego (tarxeta de demanda de emprego e certificado do Instituto Nacional de Emprego no que se recolla se percibe ou non prestación ou subsidio por desemprego) e/o certificado de pensión da Seguridade Social.

- Nóminas ou declaración de ingresos dos últimos tres meses.

- Certificado positivo ou negativo de cobramento de prestación (INEM, RISGA, etc.) das persoas maiores de 16 anos.

- Última declaración da renda do IRPF de cada un dos membros da unidade de convivencia ou certificado de imputación expedido pola Administración Tributaria. No caso de ser titulares de bens, o último recibo do IBI e IVTM

- Movementos bancarios, dos seis últimos meses, das persoas maiores de 16 anos.

- Certificación bancaria de intereses e retencións, indicando saldo a 31 de decembro do ano anterior, de todos os membros da unidade familiar, así como certificado de fondos de inversión, letras do tesouro...

- No caso de separación, divorcio ou custodia de menores: sentenza e convenio regulador en vigor, constancia da contía de manutención.

- Contrato ou recibo de alugueiro, así como o xustificante do último pago do alugueiro, e no caso de ser propietario/a o último recibo da hipoteca.

- Calquera outra documentación que se requira para valorar a súa situación de necesidade por parte do persoal técnico do departamento de servizos sociais.

- 3 orzamentos diferentes do gasto a realizar.

- Número de conta bancaria ou documento para o pagamento delegado.

- No suposto de que axuda solicitada teña como destino a realización de obras no fogar, esixirase con carácter preceptivo a incorporación no expediente dun informe técnico dos servizos municipais competentes referidos aos aspectos técnicos dela (viabilidade, orzamento...)

- Certificado médico segundo caso, receitas ou prescricións médicas da seguridade social.

- Autorización ao Concello das Pontes para acceder aos datos tributarios (anexo III) debidamente asinada por todos os membros que formen parte da unidade familiar.

- Naqueles casos nos que non acheguen a documentación específica sinalada sobre os ingresos, solicitarase declaración responsable.

Non se considerarán como recursos económicos:

- os ingresos non regulares de escasa contía que unicamente resulten un complemento de supervivencia.

- os ingresos de carácter finalista dirixidos á formación regrada.

- os ingresos por asistencia a cursos de formación non regrada, sempre que pola súa natureza e menor contía se deduza que só se remuneran os gastos de desprazamento ou incentivan a formación.

- as prestacións familiares por fillo ou filla menor a cargo.

Desde o Departamento de Servizos Sociais emitirase o correspondente Informe-Proposta, no que se valorará debidamente a situación acreditada documentalmente e que se cuantificará o importe da axuda.

Artigo 7. Procedemento para a concesión da axuda

1. Presentada a solicitude conforme ao establecido no artigo 5 e acompañada da documentación establecida no artigo 6, serán os servizos sociais quen reciba o expediente e comprobe que a solicitude está completa.

2. No caso de que a solicitude estivera incompleta e non reunira os requisitos necesarios para a súa tramitación, requirirase a persoa solicitante para que, no prazo de 10 días, emende os defectos e/ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, de non facelo así, entenderase que desiste do seu pedimento.

3. Os servizos sociais do Concello das Pontes de García Rodríguez realizarán cantas actuacións estimen necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos presentados pola persoa solicitante, en virtude dos que debe pronunciarse a resolución, procederán á avaliación das solicitudes e emitirán o corresponde informe social sobre a procedencia ou non da prestación e, se é o caso, o proxecto de integración social personalizado.

4. A proposta de concesión ou denegación será elevada ao órgano competente para a posterior resolución, que deberá axustarse necesariamente ás características establecidas no presente regulamento.

5. A partir do informe das técnicas de servizos sociais, a Comisión de Valoración emitirá no prazo máximo de 7 días, o correspondente ditame técnico de resolución protocolizado que acreditará a necesidade ou urxencia da prestación solicitada, cantidade ou importe outorgado, xustificación, e outras circunstancias apreciadas, que terá carácter preceptivo e vinculante

6. Toda a tramitación garantirá o dereito das persoas a confidencialidade, sixilo e respecto aos datos persoais e información coñecida polos servizos sociais por mor da intervención profesional, sen prexuízo do posible acceso aos mesmos en exercicio dunha acción inspectora, de conformidade coa lexislación vixente na materia de protección de datos de carácter persoal.

7. A concesión das prestacións reguladas na presente norma, está limitada pola dispoñibilidade orzamentaria establecida nos orzamentos do Concello das Pontes de García Rodríguez nos exercicios a que se imputen aos gastos. Por tanto, a concesión de axudas ao abeiro deste regulamento supeditarase en todo momento ao crédito dispoñible existente na aplicación orzamentaria de imputación do gasto; se ben, de esgotarse a partida prevista, se procederá a transferir creto desde aqueloutras que sexa posible para poder atender a demanda das persoas con dereito a acceder aos beneficios desta ordenanza.

Artigo 8. Resolución e notificación

1. As solicitudes contempladas neste regulamento serán resoltas pola alcaldía concedendo ou denegando a prestación solicitada, sen prexuízo das delegacións que poidan autorizarse, de acordo co previsto na normativa de réxime local.

2. A resolución adoptada, debidamente motivada, será notificada ás persoas interesadas no domicilio que figure no expediente a efectos de notificacións. A resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser recorrida potestativamente en reposición no prazo dun mes, ou ser impugnada directamente ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo no prazo de dous meses. Non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

3. En calquera caso, o Concello das Pontes de García Rodríguez denegará a prestación solicitada cando, aínda reunindo o/a solicitante todos os requisitos necesarios para acceder á esta, se esgotara a correspondente aplicación orzamentaria. Se ben, poderá ditarse posteriormente, e tras o cumprimento do requisito de fiscalización previa, nova resolución estimatoria no suposto de que se incremente a dotación orzamentaria por calquera causa ou cando se inicie un novo exercicio orzamentario e exista crédito adecuado. Nestes casos, requirirase informe social municipal previo acreditativo de que continúan inalterables as mesmas circunstancias, de feito e de dereito, da persoa solicitante e das restantes integrantes da unidade de convivencia no momento de ser informada favorablemente a concesión da prestación.

TÍTULO IV. CRITERIOS DE VALORACIÓN, TIPOLOXÍA, IMPORTE E TEMPORALIDADE DAS AXUDAS

As axudas de emerxencia social municipal terán o importe e a temporalidade que se determina a continuación:

Artigo 9. Cobertura de necesidades básicas

1.- Alimentos e outros produtos (Anexo IV)

Contía da axuda:

Membros da Unidade familiar

Contía

1

Vale de 70 €

2

Vale de 120€

3

Vale de 170€

4

Vale de 220 €

5 e mais membros ata 7

Vale de 270€

 

Esta axuda concederase por un período trimestral, sempre e cando as condicións económicas non varíen, pasado ese tempo, o/a usuario/a volverá a solicitar a axuda.

Se a familia ten unha renda mensual inferior ou igual ao 50% do IPREM, as contías serán as seguintes:

 

Membros da Unidade familiar

Contía

1

Vale de 90€

2

Vale de 150€

3

Vale de 210€

4

Vale de 270€

5 ou mais membros ata 7

Vale de 330€

 

2. - Cobertura de gastos médico sanitarios e farmacéuticos e gastos asociados ás axudas técnicas que precise unha persoa en situación de dependencia ou con discapacidade valorada pola administración competente. De carácter urxente e debidamente motivados.

Duración da axuda: Máximo 3 meses, podendo ser renovada en caso de que perdure a necesidade debidamente acreditada polo seu médico/a do sistema público de saúde, previo informe.

Contía a que se considere conveniente en cada caso en función do concepto da axuda.

3. - Axuda oftalmolóxica e buco-dental (prescrito por persoal facultativo do sistema público de saúde).

Contía a que se considere conveniente en cada caso en función do concepto da axuda. Ata un máximo do 50% do IPREM.

Artigo 10. Axudas para o uso e mantemento da vivenda.

1.-Alugueiro da vivenda.

Duración: Máximo 3 meses nun período de 12 meses. Contía máxima a subvencionar: 100% do custo do alugueiro ata un máximo de 280 € para unidades familiares de ata 4 membros.

Ata un máximo de 350€ para unidades familiares de mais de catro membros.

(Imprescindible boas condicións de habitabilidade da vivenda).

Si a familia ten uns ingresos inferiores ou iguais ao 50% do IPREM a duración máxima da axuda podería ser ata de 5 meses ( previo informe das técnicas de servizos sociais).

2.- ianza do alugueiro da vivenda:

Duración máxima da axuda: Unha única vez. Contía da axuda: 100% do custo da fianza ata un máximo de 350 €.

3.-Gastos de mantemento da vivenda habitual:

Duración: Unha única vez nun período de 12 meses. Contía máxima a subvencionar: 100% da débeda xustificada, ata un máximo do 100% mensual do IPREM.

4.-Equipamento básico da vivenda.

Duración: Unha única vez nun período de 12 meses. Contía máxima a subvencionar: 100% do custo ata un máximo do 100% do IPREM mensual fixado para cada ano.

Artigo 11. Habitabilidade e pobreza enerxética

1. - Gastos de: electricidade, gas, auga .

Duración: Máximo 3 meses nun período de 12 meses.

Nos recibos terase en conta a racionalidade no consumo e a obrigatoriedade de solicitar o bono social ou as posibles deducións as que se teña dereito.

2. - Aloxamento urxente derivado dunha causa grave allea a vontade da persoa destinataria.

Duración: Máximo de 3 meses en un período de 12 meses. Contía da axuda a subvencionar: 100% do custo do aloxamento ata un máximo de 350 €. No caso de que continúe a situación de emerxencia se poderá prorrogar previo informe social.

3. - Gastos asociados a débeda da comunidade de propietarios

Duración: Unha única vez nun período de 3 anos. Contía máxima subvencionable: ata o 90% do gasto, ata un máximo do 200% do IPREM, por gastos ordinarios cando exista un requirimento por parte da Comunidade de propietarios ou risco de desafiuzamento por ese motivo.

4.- Gastos por endebedamento previo

Duración: unha única vez nun período de 3 anos. Contía máxima subvencionable: ata o 90% do gasto, ata un máximo do 200% do IPREM. Relacionado coa residencia real e efectiva da persoa solicitante (alugueiro, cotas hipotecarias e pagamento de habitación compartida ou establecementos residenciais colectivos).

Nestes dous últimos supostos a concesión da prestación quedará condicionada á permanencia no domicilio habitual, evitando situacións de desafiuzamentos, acreditando algunha das seguintes circunstancias:

- que a débeda quedaría cuberta por dispor do 10% restante para solventala.

- que a débeda quedaría cuberta por dispor de apoios económicos (familia extensa, rede de apoio, outras axudas públicas ou de entidades de iniciativa social...).

- que existe acordo factible coa parte acredora para aboar o importe de débeda restante.

Artigo 12. Desenvolvemento de actividades de inserción socio laboral e educativa.

1. - Asistencia a cursos de formación (matrícula).

Duración: Unha única vez nun período de 12 meses. Contía máxima a subvencionar: 100% do custo ata un máximo do 30% do IPREM mes fixado para cada ano.

 

Artigo 13. Atención a menores

1. - Actividades municipais e/ou extraescolares:

O concello subvencionará unha actividade municipal por neno/a.

Duración: Curso escolar.

2. -Conciliación: Este servizo prestarase a familias nas que, por concorrer unha situación inesperada e carecer dunha rede familiar, precisen dun apoio temporal para o coidado dos fillos/as menores para poder asistir ao seu traballo.

Duración: Catro meses, e se debera acreditar que o horario laboral coincide coa xornada extra-escolar do menor a cargo.

Contía: como máximo o 50% do custo real do servizo. Ata un máximo do 50% do IPREM.

Artigo 14. Aloxamento en residencia xeriátrica

Ata un máximo de 1.500 €/mes sempre e cando o usuario aporte súa pensión ou o 50% no caso de que teña cónxuxe ao seu cargo e comprometerse a solicitar unha praza en xeriátrico público, se a estadía é superior a dous meses.

Artigo 15. Gastos de transporte

Debido a situación xeográfica do concello, existen circunstancias nas que o usuario/a debe trasladarse a algún centro hospitalario, xulgado, audiencia provincial...

Se pagará o 100% do transporte privado sempre que non exista o transporte público no que puidera desprazarse.

Artigo 16. Outros gastos excepcionais

Entendese como necesidades excepcionais as seguintes:

1. Cobertura de gastos de aloxamento temporal ante emerxencias ou sinistros como incendios, desafiuzamentos, ruína ou por situacións familiares.

2. Gastos de funeral. Cubriranse os gastos básicos do funeral ata un máximo de 1600€.

3. Gastos excepcionais destinados a previr a marxinación e favorecer a normalización dos individuos e familias no seu contorno de convivencia.

A valoración desta axuda será sometida á COMISIÓN TÉCNICA DE VALORACIÓN, a cal determinará as características da axuda solicitada atendendo aos requisitos deste regulamento.

En ningún caso, a persoa solicitante poderá ser beneficiaria dunha axuda municipal de emerxencia social igual ou superior a 4.000 € ao ano.

Artigo 17. Incompatibilidades

1. Será incompatible a concesión da axuda económica co goce gratuíto dos servizos que cubran as mesmas necesidades, así mesmo, non poderán outorgarse axudas polo mesmo concepto que foran concedidas por outras administracións ou organismos públicos. Exceptuarase deste último requisito se a axuda concedida non solventase a necesidade, podendo neste caso completarse desde esta administración

2. As axudas son incompatibles entre si a excepción da cobertura de necesidades básicas de carácter xeral: alimentos, segundo informe da técnica de servizos sociais

TÍTULO V. XESTIÓN ORZAMENTARIA E XUSTIFICACIÓN

Artigo 18. Pagamento das axudas

- De acordo co previsto no artigo 34.4 da Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e en atención ao seu carácter social, o pagamento das axudas reguladas nesta ordenanza requirirá unicamente da solicitude da persoa interesada e do previo informe de avaliación dos servizos sociais do concello.

- A necesidade de resposta económica á situación de emerxencia pode esixir o pago urxente, sen cuxa realización inmediata resulte ineficaz a concesión. A apreciación ou non da urxencia constará na proposta e resolución do expediente.

- Nos procedementos ordinarios, o pagamento deberá efectuarse no prazo máximo dun mes dende a data de resolución. Non obstante, e sempre que a técnica de servizos sociais que informe a solicitude o considere absolutamente necesario, o pagamento efectuarase no prazo máximo de 72 horas.

- En ambos casos, o pagamento materializarase mediante transferencia bancaria a unha conta de titularidade do interesado/a; no seu defecto, mediante talón nominativo, que terá como librado ao/a interesado/a (modalidade de ¿pagamento directo"); ou, sempre que o informe de servizos sociais así o apoie, á persoa ou entidade prestadora do servizo bonificado (modalidade de ¿pagamento delegado"; neste caso, precisarase a sinatura da autorización de cesión do dereito de cobro segundo o modelo previsto no Anexo II desta ordenanza).

- Os prazos de pagamento indicados neste artigo quedan supeditados ao seu reflexo no plan de disposición de fondos que aprobe a alcaldía, a proposta da Tesourería, de acordo co disposto no artigo 187 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais.

Artigo 19. Xustificación das axudas

1. A xustificación das axudas deberá ter lugar no prazo máximo de 15 días dende o seu pagamento.

2. En ambos casos, a xustificación efectuarase mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente, con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa e, no seu caso, mediante a documentación acreditativa do pagamento. Esta documentación xustificativa, deberá presentarse no rexistro xeral do concello das Pontes, e da mesma deberá desprenderse que o destino dado á axuda se corresponde coa finalidade para a que foi concedida.

3. Naqueles casos de axudas periódicas nas que a persoa beneficiaria non xustifique a totalidade do importe concedido, no mes seguinte descontaráselle a cantidade non xustificada. No caso de ser a última mensualidade quedará o importe sen xustificar como pendente a compensar con futuros dereitos.

No caso de axudas non periódicas o importe sen xustificar quedará como pendente a compensar con futuros dereitos.

4. Os tíckets de alimentos deberán entregarse no departamento de Servizos Sociais do concello das Pontes as 72 horas como máximo de realizar a compra.

Artigo 20. Obrigas da persoa beneficiaria.

Son obrigas da persoa beneficiaria:

A) Destinar as axudas para o fin para o que foron outorgadas, entregando a xustificación correspondente no rexistro xeral do concello das Pontes, no prazo máximo de quince días dende o ingreso da axuda.

B) A permitir e facilitar o labor das persoas designadas para verificar a súa situación familiar e económica.

C) O cumprimento das condicións que poidan establecerse ou acordarse na concesión das prestacións, para que poidan superar a súa situación de necesidade. Terase en conta o grao de cumprimento das obrigas acordadas no plan de traballo.

D) Aceptación expresa, por parte da persoa, cando así o valore o persoal técnico dos Servizos Sociais, da súa inclusión nun proxecto de intervención social.

E) Escolarizar aos menores que se encontren na idade escolar.

F) Non exercer a mendicidade nin inducir á súa práctica os membros da unidade familiar.

G) Reintegrar as prestacións debidamente percibidas ou que coincidan no tempo con outra prestación concedida para a mesma finalidade.

H) Obrigatoriedade de solicitar en primeiro lugar as axudas de Emerxencia Social da Xunta de Galicia, e todas aquelas axudas as que teña dereito

I) Comunicar as variacións sobrevidas que poden influír nas valoracións das axudas

J) Realización dunha entrevista que realizará o persoal de emprego do concello en colaboración co departamento de servizos sociais, na procura de elaborar un Plan de inserción, elaborarán o perfil profesional e unha diagnose de capacidade para o autoemprego e o emprendemento.

K) Asinar de maneira conxunta o proxecto de Inserción ou Plan de traballo individual

Ditas obrigas seranlle comunicadas á persoa beneficiaria na resolución de outorgamento da axuda; a recepción da notificación tomarase como proba do seu coñecemento.

Artigo 21. Reintegro e réxime sancionador.

A. A ocultación ou falsidade dos datos ou documentos achegados pola persoa perceptora da axuda implicará o impedimento de presentar unha nova solicitude por un período de dous anos, sen prexuízo das responsabilidades que desta conduta se puideran derivar.

B. Procederá a revogación da axuda e o reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas máis o interese legal do diñeiro que resulte de aplicación, dende o momento de aboamento da axuda, nos seguintes supostos:

a) Incumprimento do proxecto de inserción.

b) Ocultación ou falsidade de datos ou documentos que serviran de base para a concesión ou obtención da axuda sen reunir as condicións requiridas, ou o incumprimento das obrigas e requisitos establecidos con carácter xeral nestas bases.

c) Incumprimento das condicións impostas con motivo da concesión

C. O procedemento de reintegro iniciarase de oficio polos servizos sociais municipais, e rexerase polas disposicións xerais sobre procedementos administrativos contidos no Título IV da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, tendo presente en todo momento a Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

O órgano competente para adoptar a resolución de reintegro será o órgano que concedeu a prestación., sendo a resolución motivada, con indicación da contía que debe reintegrarse e o prazo voluntario para o seu ingreso.

A obriga de reintegro será independente das sancións que, no seu caso, resulten esixibles.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

A Alcaldía -Presidencia, ou concelleiro/a en quen delegue, é o órgano facultado para ditar cantas instrucións resulten precisas para a adecuada interpretación desenvolvemento e aplicación desta ordenanza. Tamén estará habilitado para modificar os modelos recollidos nos anexos desta ordenanza; o Anexo IV, relativo ao listado de produtos que poden adquirirse coas axudas de emerxencia social, poderá modificarse a proposta da concellaría delegada de Servizos Sociais previo o informe técnico pertinente.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA

En todo aquelo non previsto nesta ordenanza estarase ao disposto na normativa vixente.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Esta ordenanza derroga as bases reguladoras do programa municipal de axudas de emerxencia social do Concello das Pontes García Rodríguez aprobadas na Xunta de Goberno Local do día 24/05/2005 e cantas normas de igual rango se opoñan ao establecido nela.

DISPOSICIÓN FINAL

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o presente regulamento entrará en vigor unha vez publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da citada lei.

ANEXOS

ANEXO I

 

SOLICITUDE DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL

1. Datos do/a solicitante

D./Dna. _____________________________________________________________ DNI/NIF _______________________ enderezo __________________________________________________ nº de teléfono ______________________, correo electrónico ____________________________________.E, na súa REPRESENTACIÓN (se é o caso) (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito):

D./Dna. _______________________________________________________________ DNI/NIF _______________________ enderezo __________________________________________________ nº de teléfono ______________________, correo electrónico ____________________________________.

2. Membros da unidade de convivencia ( incluído o/a solicitante)

 

Nome e Apelidos

Data de nacemento

Grao de parentesco

Situación laboral

Ingresos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3. Elección do medio de notificación preferente:

Electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@ (https://notifica.xunta.gal)

Notifíquese a: Interesado Representante

Só se poderá acceder á notificación co certificado electrónico asociado ao NIF da persoa indicada. Ao elixir esta modalidade de notificación vostede autoriza a alta no Sistema Notific@. Os avisos da posta á disposición da notificación enviaranse ao correo electrónico que se facilita de seguido

CORREO ELECTRÓNICO:_______________________________________

Postal (cubrir o enderezo postal só se é distinto do indicado anteriormente): __________________

4. Solicito:

________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

5. Declaración

Como solicitante DECLARO que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son verdadeiros, non existindo omisión de datos, e que son coñecedor/a das posibles responsabilidades administrativas e incluso penais existentes nos supostos de ocultación, falseamento de datos ou calquera outra actuación fraudulenta dirixida a obter axuda municipal de emerxencia social

 

As Pontes, ..................... de...................... de.................

Asdo.: ___________________________________

 

Documentación a presentar

Impreso normalizado de solicitude, debidamente asinado polo/a solicitante

DNI/NIE de todos os membros da unidade familiar maiores de idade ou documento oficial similar en vigor.

Libro de familia ou documentos acreditativos da filiación.

Contrato de acollemento familiar, sentenza de incapacidade ou nomeamento de titor, etc.

Se está en situación de desemprego (tarxeta de demanda de emprego e certificado do Instituto Nacional de Emprego no que se recolla se percibe ou non prestación ou subsidio por desemprego) e/o certificado de pensión da Seguridade Social.

Nóminas ou declaración de ingresos dos últimos tres meses.

Certificado positivo ou negativo de cobramento de prestación (INEM, RISGA, etc.) das persoas maiores de 16 anos.

Última declaración da renda do IRPF de cada un dos membros da unidade de convivencia ou certificado de imputación expedido pola Administración Tributaria.

Movementos bancarios, dos seis últimos meses, das persoas maiores de 16 anos.

Certificación bancaria de intereses e retencións, indicando saldo a 31 de decembro do ano anterior, de todos os membros da unidade familiar, así como certificado de fondos de inversión, letras do tesouro...

No caso de separación, divorcio ou custodia de menores: sentenza e convenio regulador en vigor, constancia da contía de manutención.

Contrato ou recibo de alugueiro, así como o xustificante do último pago do alugueiro, e no caso de ser propietario/a, o último recibo da hipoteca.

3 orzamentos diferentes do gasto a realizar.

Número de conta bancaria ou documento para o pagamento delegado.

No suposto de que axuda solicitada teña como destino a realización de obras no fogar, esixirase con carácter preceptivo a incorporación no expediente dun informe técnico dos servizos municipais competentes referidos aos aspectos técnicos dela (viabilidade, orzamento...)

Certificado médico segundo caso, receitas ou prescricións médicas da seguridade social.

Autorización ao Concello das Pontes para acceder aos datos tributarios (anexo III) debidamente asinada por todos os membros que formen parte da unidade familiar.

Naqueles casos nos que non acheguen a documentación específica sinalada sobre os ingresos, solicitarase declaración responsable.

O persoal técnico do departamento de servizos sociais poderá solicitar calquera outra documentación que se precise para valorar a situación de necesidade.

Documentación a aportar pola administración local

Certificado de empadroamento e de convivencia no que conste a data de alta.

Último recibo abonado do IBI e IVTM (no caso de ser titulares de bens).

Informe das técnicas de servizos sociais incluído o plan de traballo individual de ser o caso.

Circular informativa e consentimento do usuario

De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informámoslle que os datos de carácter persoal recollidos neste documento, formarán parte dun ficheiro de datos titularidade do CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, cuxa finalidade é a realización de xestións de intervención social, para o que vostede consinte expresamente no caso de facilitar datos de saúde ou outros especialmente protexidos. Vostede tamén autoriza de modo expreso a que podamos ceder os seus datos a autoridades sanitarias, corpos e forzas de seguridade, centros educativos, servizos sociais doutras administracións e a outros órganos da administración pública para o bo fin da intervención social. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixindo a súa solicitude ao Parque Municipal s/n, As Pontes, 15320 (A Coruña). No caso que facilite datos doutros membros da súa unidade familiar ou de terceiros relacionados deberá informarlles do contido da presente cláusula.

 

ANEXO II

MODELO DE DELEGACIÓN DE PAGO

AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL

D/Dna ...................................................................................... con DNI/NIE nº ....................................... como persoa beneficiaria dunha axuda de emerxencia social concedida por Decreto de Alcaldía numero ............................. e por importe de ..................... cedo o dereito de cobro a ...................................................................... con DNI/CIF número................................ a percibir a cantidade de.......................................en concepto de ...................................

 

As Pontes,.............,de............,de...........

Asdo.............................................

 

ANEXO III

 

AUTORIZACIÓN PARA A CESIÓN AO CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ DE INFORMACIÓN RELATIVA AS OBRIGAS TRIBUTARIAS CO ESTADO, XUNTA DE GALICIA E COA SEGURIDADE SOCIAL PARA A SINATURA OU ABONO DE CANTIDADES DERIVADAS DE CONVENIOS OU SUBVENCIÓNS

 

Datos do/a solicitante da axuda e membros da familia da unidade de convivencia maiores de 16 anos.

Dº/Dna...................................................................................DNI/NIE.............................

Dº/Dna...................................................................................DNI/NIE.............................

Dº/Dna...................................................................................DNI/NIE.............................

Dº/Dna...................................................................................DNI/NIE.............................

Autorizo ao Concello das Pontes de García Rodríguez a solicitar a cesión da información por medios informáticos ou telemáticos, sobre a circunstancia de estar ou non ao corrente das súas obrigacións tributarias co Estado, Xunta de Galicia e Seguridade Social aos efectos da sinatura ou abono de cantidades derivadas de convenios e subvencións, de acordo co establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas e a Lei do imposto de sociedades e outras normas tributarias e da Seguridade Social e demais disposicións de aplicación, sempre que o órgano de concesión o estima oportuno.

Esta autorización é válida na tramitación do expediente de referencia.

 

As Pontes,.............,de..................................,de.............

 

Asdo.............................................

 

ANEXO IV

 

LISTADO DE PRODUTOS QUE PODEN ADQUIRIRSE A TRAVÉS DAS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL MUNICIPAL PARA A COBERTURA DO CONCEPTO DE NECESIDADES BÁSICAS EN CONCEPTO DE ALIMENTACIÓN E OUTROS INDISPENSABLES PARA A VIDA DIARIA

- Aceite

- Arroz

- Conservas: atún, mexillóns...

- Azucre

- Cacao instantáneo

- Carne

- Cereais

- Café

- Mel

- Marmelada

- Maonesa

- Crema de cacao

- Embutido

- Legumes: Fabas, Lentellas, Garavanzos..

- Fariña

- Pan raiado

- Produtos conxelados: Croquetas, pescado, luras, verduras...

- Froita (de tempada)

- Galletas (tipo María)

- Derivados lácteos: iogures, queixo, manteiga, requeixo...

- Leite (enteira e materno infantil)

- Ovos

- Pan

- Pasta (spaguetti, macarróns, sopa, fideua..)

- Patacas

- Pescado: pescada, lirios, troita, luras, chipións....

- Polo

- Produtos para a hixiene do fogar: lavalouzas, deterxente, lixivia, baetas, estropallos, papel hixiénico...

- Produtos para a hixiene persoal: champú, cueiros, compresas, pasta de dentes, xel, cepillo de dentes...

- Sal

- Salchichas

- Tomate frito

- Verduras

- Vinagre

Aviso importante:

Co fin de aproveitar a axuda económica a percibir polo/a interesado/a, os produtos que se adquiran deberán, a poder ser os correspondentes a ¿marcas brancas" do establecemento onde se efectúe a compra.

 

ANEXO V

INFORME EMERXENCIA SOCIAL

EMITIDO POR:---------------------------------------------------------------------------------

1. DATOS DE IDENTIFICACIÓN DA PERSOA SOLICITANTE

Apelidos e Nome

 

NIE/NIF

 

Enderezo

 

Teléfono

 

Data de nacemento

 

 

2. DATOS DA COMPOSICIÓN FAMILIAR

Apelidos e Nome

Data de nacemento

Parentesco

Ocupación

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3. DATOS ECONÓMICOS

Ingresos mensuais da Unidade de convivencia

Alugueiro ou hipoteca

Total de ingresos

Límite de ingresos atendendo ao

número de membros

 

 

 

 

 

4. SOLICITUDE ..............................................................................................................................

5. VALORACIÓN E PROPOSTA

En base aos datos que figuran no expediente, realizase a seguinte proposta:

Necesidades Básicas

Concesión

Denegación

Cantidade/mes

Temporalización

Alimentos

 

 

 

 

Gastos médicos

 

 

 

 

Oftalmolóxica/bucodental

 

 

 

 

Vivenda

Concesión

Denegación

Cantidade/mes

Temporalización

Alugueiro

 

 

 

 

Fianza

 

 

 

 

Mantemento vivenda

 

 

 

 

Equipamento vivenda

 

 

 

 

Suministros

 

 

 

 

Débedas comunidade

 

 

 

 

Inserción socio-laboral

Concesión

Denegación

Cantidade/mes

Temporalización

Formación

 

 

 

 

 

Atención a menores

Concesión

Denegación

Cantidade/mes

Temporalización

Actividades extraescolares

 

 

 

 

Conciliación

 

 

 

 

 

Aloxamento Residencia

Concesión

Denegación

Cantidade/mes

Temporalización

Aloxamento residencia xeriátrica

 

 

 

 

Aloxamento temporal

 

 

 

 

 

Transporte

Concesión

Denegación

Cantidade/mes

Temporalización

Transporte

 

 

 

 

 

Outros gastos excepcionais

Concesión

Denegación

Cantidade/mes

Temporalización

Gastos funeral

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As Pontes de García Rodríguez, .................. de ...................................... de ........

Técnica de Servizos Sociais

 

Asdo:"

 

De conformidade co artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, aplicable transitoriamente, contra esta ordenanza non cabe a interposición de recurso en vía administrativa.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2  da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.