Cerceda - REGULAMENTO DA ESCOLA MUNICIPAL INFANTIL OS PILLABÁNS DE CERCEDA
INTRODUCCIÓN
A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, Lei Orgánica de Educación no Titulo I, capítulo I, artigo 12, define a Educación Infantil como a etapa educativa de atención de nenos e nenas de ata 6 anos de idade, establecendo o seu carácter voluntario e coa finalidade de contribuir ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos/as nenos/as, sendo de recoñecida importancia a cooperación dos centros de Educación Ifantil como unha estapa únic e con identidade propia, cómpre establecer unha noramtiva esepcífcia que regule as escolas infantís de 0-3 anos, tanto no referetne ao seu funcionamento como na súa organización e xestión.
As escolas infantís cosntitúen un promorial e excelente contexto de socialización e teñen un labor fundamenta na detección precoz de dificultades no desenvolvemento dos/as nenos/as menores, xogando un papel fundamental na compresnsación de carencias e desigualdades que ten a súa orixe nas dificutaldes sociais.
Normativa aplicable:
Decreto 254/20011, de 23 de decembro, polo que regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos programas e dos centros de servizos sociais, artigo 7 b) do referido ao decreto que establece un dos requisitos funcionais o dispor dunhas normas de funcionamento.
Decreto 329/2005, de 28 de xullo, polo que se reguluan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
Decreto 330/2009, de 4 de xuño, polo que se establece o currículo de Eduación Infantil.
CAPÍTULO I. DATOS DO CENTRO
Artigo 1º.- Definición do centro.
A Escola Infantil Municipal ¿Os Pillabáns" do Concello de Cerceda é un servizo público socioeducativo dirixido á primeira infancia (0 a 3 anos). As escolas infantís defínense como aqueles equipamentos diurnos de carácter educativo e asitencia, dirixidos os sectos infantil da poboación de ata 3 anos de idade, que ter por obxecto o desenvolemento harmónico e integral dos/as nenos, realizando ademáis unha importante labor de apoio á función educativa da propia familia á vez que facilitan o acceso dos pais ao mundo laboral.
Artigo 2º.- Datos identificativos.
A Escola Infantil Municipal ¿Os Pillabáns" está situada na rua Rosalia de Castro 15-17 de Cerceda. O seu teléfono é 981685458, e o seu número de fax 981685458.
Artigo 3º.- Titularidade.
A Escola Infantil Municipal ¿Os Pillabáns¿ é un servizo de titularidade do Concello de Cerceda, o seu representante legal é o Alcalde-Presidente, figurando inscrita no Rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais co número E-629-C-1 (RUEPSS). Autorizacións concedidas con data de permiso de actividades (PIA) o 30 de novembro de 1998.
Artigo 4º.- Xestión.
A Escola Infantil Municipal ¿Os Pillabáns" xestionase de forma indirecta mediante concesión.
A responsabilidade directa do funcionamento do centro corresponde aos órganos de dirección da Escola Infantil.
Corresponde en todo caso ao Concello de Cerceda a fiscalización e control da correcta prestación do servizo.
CAPITULO II. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
Artigo 5. Obxecto.
O presente regulamento ten por obxecto establecer a organización e o funcionamento da Escola Infantil Municipal ¿Os Pillabáns" do Concello de Cerceda, así como promover a participación de todas as persoas implicadas nela, segundo a normativa vixente de aplicación.
Artigo 6. Ámbito de aplicación.
Constitúe o ámbito de aplicación do presente regulamento a Escola Infantil Municipal ¿Os Pillabáns" do Concello de Cerceda que se configura como un equipamento diúrno de carácter educativo e asistencial, dirixido ao sector infantil da poboación de ata 3 anos.
CAPITULO III. FUNCIONAMENTO
Artigo 7. Obxectivos.
1. Son obxectivos específicos da escola infantil os seguintes:
a) Promover e fomentar o desenvolvemento integral dos e das nenas así como a aprendizaxe das súas habilidades cognitivas e creativas.
b) Facilitar a conciliación entre a vida familiar e laboral.
c) Facilitar o desenvolvemento dos valores individuais e sociais básicos, nomeadamente a cooperación, a solidariedade, o respecto, a igualdade de xénero etc.
d) Acadar un equilibro efectivo satisfactorio.
e) Respectar a singularidade e a diversidade de cada neno/a.
f) Posibilitar a integración progresiva dos/as nenos/as na cultura do seu medio.
g) Crear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual e grupal nas actitudes e nas actividades diarias.
h) Facilitar a adquisición progresiva do hábitos de orde, limpeza e conservación dos materiais, facendo un uso axeitado destes.
i) Facilitar a integración dos nenos e das nenas con necesidades educativas especiais.
2. Estes obxectivos deberán ser desenvolvidos no proxecto educativo do centro.
Artigo 8- Capacidade total do centro
1. A escola infantil atende ao primeiro ciclo da educación infantil (0 a 3 anos), e conta con tres unidades e 41 prazas autorizadas, distribuída do seguinte xeito:
¿ Unidade de 0-1: 8 prazas
¿ Unidade de 1-2: 13 prazas
¿ Unidade de 2-3: 20 prazas
2. No caso de non existir demanda suficiente para formar un ou varios grupos do mesmo nivel de idade, os/as nenos/as poderán ser agrupados conforme á seguinte proporción adulta/o - neno:
¿ Grupos formados por nenos/as de ata 2 anos: 1/10
¿ Grupos formados por nenos/as de idades comprendidas no tramo 0-3: 1/15
Artigo 9. Calendario e horario de funcionamento
1. A EIM permanerá aberta 12 meses ao ano (agás os días declarados inhábiles) de luns a venres, ambos incluídos, de sete trinta a vinte horas
2. A EIM pechará:
a) Os sábados e domingos
b) Os días festivos de ámbito nacional, autonómico e local
c) Os días 24 e 31 de decembro a escola pechará ás 15.00 horas.
3. O horario dos meses de xullo e agosto (de non haber máis de un 30 % de nenos/as pola tarde) será de 8.00 a 16.00 horas.
4. Os horarios nos que se poden matricular os nenos/as son os seguintes:
a) Xornada Competa: 8.00 a 16.00
b) Xornada partida: 9: 00 a 13: 00 horas e de 16:00 a 20:00 horas
c) Media xornada de mañá: 9.00 a 13.00 horas
d) Media xornada de tarde: 16:00 a 20:00 horas
Os pais/nais, titores ou representantes legais, terán que elixir algún dos horarios anteriores, podendo ampliar horas,sempre acreditando a necesidade e que non superen as 8 horas de estancia no centro.
O calendario anual como o horario de apertura e peche figurarán no taboleiro de anuncios da EIM. Estes poderán ser variados por razón de adecuacións ás necesidades de usuarios/as, á matricula dos nenos/as e recursos dispoñibles.
Artigo 10. Servizos básicos da escola infantil:
1. Servizos de Atención educativa:
Conforme aos obxectivos, principios e fins do currículo do primeiro ciclo da eduación infantil de Galicia, correspondendolle un máximo de 5 horas do tempo total de asistencia a escola infantil. Inclúe actidades transversais ao cirrículo educativo: festividades tradicionais e festivais.
2. Servizo de comedor.
Preparación e distribución dos alimentos polo persoal do servizo ou servizo de catering, en cumprimento da normativa sanitaria. Este servizo agrande o almorazo, o xantar e a merenda.
A Escola Infantil prestará o servizo de comedor diariamente, que será de uso voluntario, e, segundo o número de alumando matriculado estableceranse as quendas de almorzo, xantar e merenda oportunas.
Os menús de cada xornada saerán revisados por unha especilista en dietética e nutrición e proporcionarán unha dieta equilibrada e axeitada ás idades dos nenos/as, e serán expostos na Escola Infantil. O menú de cada xornada estará exposto no taboeiro de anuncio, con un prazo dun mes de antelación. Entregaránselle unha copia a cada pai/nai ou titor/a ou representante legal.
Poderán usar o servizo de comedor eventualmente os/as menores que, así o precisen e deberano comunicar anates das 9.00 horas ou o día antes, adoando a cota establecida para días soltos, xunto co recibo mensual.
Establécense os seguintes horarios:
a) Almorzo: ata ás 9.00 horas.
b) Xantar: o horario da comida dos nenos/as de 0-1 aos dependerá do seu ritmo biolóxico, os demáis nenos e nenas empregrán o servizo de comedor entre ás 13000 e ás 14.00 horas.
c) Merendas: ás 17.00 horas.
d) A media maña proporcionaráselle algún produto alimenticio.
Se é necesario administar biberón sestes deberán ser traídos polos pais, nais, titores/as ou representes legais.
Para a administración de alimentos especiais (deberá presentarse o correspondente informe ou recieta médica).
3. Servizo de horario amplo
Enténdese por horario ambplo a atención aos/as nenos/as por parte do centro polo menos duretne 10 horas diarías ininterrompidas. Non obstante, evisarse que o/a neno/a prolongue a súa estando no centro máis de 8 horas diaris, excepto que circunstancias expecionais, que deberán en todo caso xustificarse, o determinen e a valorar polo/a director/a da EIM e o equipo de servizos sociais municipal, que elevará a proposta razoada para resolución do órgano competente, na que se indicará a ampliación do sobredito horario.
Sempre que as circuntancias familiares do neno/a obriguen a permanecer máis das oito horas estipuladas, fomentarase que os pais, nais e titores/as ou representantes legais se fagan cargo do neno/a ao longo da xornada no tempo que dispoñen libre, co fin de fomentar as relacións paterno-filiais.
Artigo 11. Período de adaptación.
Farase unha incorporación progresiva dos nenos/as de novo ingreso na EIM. A primeira semana o neno/a permanecerá como máximo unha hora no centro.
A partires da primeira semana, será a educadora responsable a que indique os incrementos de horario.
Artigo 12. Horario e permanencia do/a neno/a.
1. horario de entrada e saída dos nenos/as na EIM débese caracterizar polo flexibilidade que requiran as necesidades da familia, sempre que non leve consigo alteración das actividades dos demais nenos/as e do normal funcionamento do centro. Non obstante, unha vez acordados na matricula os horarios de entrada e saída dos nenos/as as familias respectaralos.
2. En caso de atrasos reiterados e inxustificados, a dirección do EIM está obrigada a adoptar as medidas oportunas poñéndoo en coñecemento do Concello, con proposta razoada das medidas correctoras a adoptar para a súa aprobación.
3. Para o bo funcionamento do centro os nenos/as terán que estar antes das 10.00 horas e non serán recollidos ata as 13.00 horas, agás causa de urxencia xustificada.
4. So se poderán facer modificacións de horario ao longo do curso escolar, por circunstancias debidamente acreditadas, que será presentada no rexistro do Concello de Cerceda. A proposta de modificación de dito horario será aprobada ou denegada polo Órgano competente, en función do horario dispoñible e da necesidade acreditada.
5. Non se aprobarán reducións de xornadas, agás por causas médicas debidamente xustificadas. A modificación de horario, no caso de ser aprobada, será a partir do primeiro día do seguinte ao mes da solicitude.
6. horario máximo de permanencia dos nenos/as na EIM será con carácter xeral de oito horas diarias, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas.
7. Ao remate de cada xornada os nenos/as serán entregados aos seus pais, nais, titores ou representantes legais. Nos casos no que estes autoricen á dirección da EIM para entregar o neno/a a outra persoa, esta deberá ser debidamente identificada de acordo á autorización asianda no contrato de matricula de prestación de servizos da escola infantil na que relacionan ao principio do curso as persoas autorizadas e idenficadas a través da copia do DNI.
8. Os/as usuarios/as poderán asistir ao centro un máximo de 11 meses dentro do período de setembro a agosto do ano seguinte. O mes de vacacións será comunicado por escrito no rexistro do Concello de Cerceda. Por causas debidamente xustificadas pódese admitir a asistencia do/a neno/a os 12 meses. Es tales circunstancias deberán formular unha solicitude motivada e aportando a documentación xustificativa, cunha antelación mínima dun mes, que será autorizada pola comisión de baremación.
CAPITULO IV. PROCEDEMENTO DE INGRESO E ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
Artigo 13. Requisitos para ser adxudicatario/a
1. Requisitos de residencia
a) Que pais/nais, titores ou representantes legais así como o menor obxecto da solicitude, deberán estar empadroados no municipio de Cerceda.
b) En caso de que algún dos membros da unidade familiar obxecto da solicitude non estea empadroado no municipio de Cerceda, a súa valoración farase de acordo co establecido no apartado seguinte.
c) Poderán acceder aos servizos da escola infantil municipal as persoas que, estando empadroados noutro concello, teñan os seus postos de traballo regular neste termo municipal, que acreditarán segundo o disposto neste regulamento.
d) Non serán obxecto de valoración agás no caso de que resultasen prazas vacantes no suposto anterior.
e) En último caso, poderán solicitar praza os pais/nais, titores ou representantes legais de menores de concellos limítrofes (tendo preferencia aqueles que non posúan escola infantil no seu concello de procedencia), aínda que non serán obxecto de valoración agás no caso de que resultasen prazas vacantes de conformidade co establecido nos apartados anteriores.
2. Idades de ingreso e permanencia:
Únicamente poderán solicitar praza para aqueles nenos e nenas nados/as no momento de presentar a solicitude.
Os requisitos de idade que deberán cumprir os/as nenos/as serán os seguintes:
a) Idade mínima: ter feitos os tres meses na data de ingreso agás situacións específicas que se deberán acreditar co informe previo e favorable de Servizos Sociais do Concello de Cerceda ou departamento da administración autonómica competente na materia.
b) Idade máxima: non ter cumpridos os tres anos o 31 de decembro do ano de presentación da solicitude ou de renovación da súa praza. Neste último caso as crianzas que se incorporen ao 2º ciclo de educación infantil poderán permanecer na escola infantil ata o 31 de agosto do correspondente curso escolar.
Non obstante, poderá eximirse do límite de idade aos nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo susceptibles de integración, logo do ditame conxunto da Dirección e do organismo competente da Administración Autonómica.
No caso de integrarse nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo, en ningún caso poderá haber máis dun alumno ou alumna con estas necesidades por aula. Para os efectos de ratio, esta praza contabilizarase como dúas.
Artigo 14.- Criterios de prioridade para adxudicación de prazas
1. Procedemento ordinario.
As prazas adxudicaranse pola seguinte orde:
1.1. Renovación de praza:
Os pais/nais, titores ou representantes legais dos nenos e nenas matriculados/as con praza na escola infantil presentarán a solicitude de reserva de praza no rexistro xeral do Concello.
Os alumnos/as que fosen admitidos con anterioridade e sigan cumprindo os requisitos establecidos neste regulamento, terán garantido o acceso aos novos cursos sen necesidade de someterse a ningún proceso de admisión.
O alumnado matriculado en xornada de tarde poderá renovar praza nese mesmo horario, no caso de quedaren prazas en xornada de mañan, poderán solicitar a renovación con cambio a quenda de mañan.
Para a reserva de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude calquera que sexa o curso escolar.
1.2. Novo ingreso:
1º Unha vez adxudicadas as prazas de reserva ordinaria, terán preferencia na adxudicación das vacantes existentes a nai/pai, titor ou representante legal traballadores da escola infantil, sobre os solicitantes de novo ingreso, en calquera das baremacións.
2º Cando un irmán ou una irmá do solicitante teña praza renovada no centro, este/a será admitido automaticamente,sempre haxa prazas vacantes no grupo correspondente, cando reúna os requisitos esixidos para o ingreso e pertenza a un grupo de idade inferior.
3º Unha vez adxudicadas as prazas correspondentes ás reservas de praza do ano anterior e as dos/as fillos/as do persoal do centro e irmán ou irmás do solicitante que teña praza renovada, as prazas vacantes adxudicaranse aos/ás solicitantes de novo ingreso aplicando a puntuación obtida por aplicación do baremo que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Xunta de Galicia, que para tal efecto se publica anualmente no DOGA, que será igualmente de aplicación para determinar as preferencias no caso de obter igual puntuación. Valorando en primeiro lugar as solicitudes dos/as menores empadroados/as no Concello de Cerceda.
4º De quedaren prazas vacantes valoraranse as solicitudes de menores non empadroados/as no Concello, onde os/as titores acrediten o seu posto de traballo no termo municipal.
5º En última instancia, de quedar prazas vacantes valoraranse o resto de solicitudes de menores non empadroados/as e que os titores legais non traballen no termo municipal de Cerceda.
2. Procedemento extraordinario
2.2 Solicitudes fora de prazo:
Con carácter excepcional poderán presentar solicitudes fóra do prazo establecido no artigo 12
- Polo nacemento, acollemento ou adopción do do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
- Polo cambio de residencia, ao termo municipal, da unidade familiar
- Por outras circunstancias que motivadamente aprecie a Comisión de Baremación, de Seguimento e de Control.
As solicitudes presentadas fora de prazo deberán ir acompañadas coa xustificación acreditativa da circunstancia motivada.
Así mesmo, estarán condicionadas á existencia de prazas dispoñibles para o grupo de idade do neno ou da nena.
2.3. Ingresos urxentes.
Consideraranse ingresos urxentes cando afecte a algún dos seguintes casos:
- Menores tutelados pola Consellería competente.
- Fillos/as de mulleres que se atopen en casas de acollida ou vítimas de violencia de xénero.
- Aquelos outros nos cales concorran circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran unha intervención inmediata,previo informe dos servizos sociais da Concello.
A adxudicación ou denegación de praza nestes supostos será resolta polo órgano competente, previo informe da traballadora social da área de servizos sociais do Concello, no prazo de 15 días contados a partir da data de presentaciónda solicitude. Transcorrido este prazo sen recaer resolución expresa a solicitude terase por desestimada.
Artigo 15. Solicitudes e documentación
As persoas interesadas poderán solicitar praza a través dos modelos normalizados recollidos neste regulamento:
1. Reserva de praza:
As familias con nenos e nenas xa matriculados na Escola Infantil Municipal que desexen renovar a praza deberán cubrir a folla de reserva (anexo II) que se acompañará dos xustificantes económicos e familiares actualizados, así como calquera outro documento para acreditar un cambio da súa situación socioeconómica. Xunto con esta documentación, achegarán autorización de do pai, nai ou titores legais, para que o Concello de Cerceda, solicite a AEAT os datos de carácter tributario precisos para o cálculo da cota a aboar.
2. Novo ingreso:
2.1 as solicitudes de novo ingreso presentaranse no modelo oficial segundo o anexo I deste regulamento.
2.2. Todas as persoas solicitantes achegarán xunto coa solicitude a xustificación dos seus ingresos da seguinte
maneira:
a) A presentación da solicitude comportará a autorización ao Concello de Cerceda para obter da AEAT os datos decarácter tributario precisos para a determinación da renda familiar. Para estes efectos, todos os membros con ingresos que compoñen a unidade familiar deberán presentar a autorización en modelo normalizado asinada. No caso de non prestar a autorización a persoa interesada achegará, xunto coa solicitude, copia cotexada de declaración do IRPF ou, se é o caso, certificado emitido pola AEAT relativos ao exercicioeconómico anterior ao que dea comezo o curso escolar
b) Cando se produzan causas sobrevidas que afecten aos recursos poderán presentarse outros documentos que acreditenoficialmente a situación económica, sempre que cando as variacións de ingresos supoña unha diminución ou incremento de mais do 20 % no cómputo anual fronte aos que figuren na declaración do IRPF correpondente ao exercicio económico ate variacións que deberán ter unha duración mínima de 4 meses para ser tomadas en consideración.
Xunto coa solicitude achegarán ademais:
a) Fotocopia do DNI dos pais/nais, titores ou representantes legais.
b) Certificado de empadroamento de empadroamento a unidade familiar no cal se fará constar a data de alta no padrón municipal de habitantes, se a persoa demandante é residente no concello de Cerceda farase de oficio.
c) Certificado de discapacidade ou do grao de dependencia, se é o caso, e informe dos servizos especializados na materiasobre a necesidade de integración na escola infantil do neno ou da nena para o/a que se solicita praza, se é o caso.
d) Xustificación da ocupación actualizada (no caso de persoas traballadoras por conta allea: copia da última nómina,certificación da empresa ou vida laboral, no caso de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas: copia do últimorecibo do pagamento da cota á Seguridade social no réxime especial de traballadores por conta propia ou da correspondentemutualidade)
e) No caso de tratarse de persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia, esta circunstancia serárevisada de oficio polos servizos socias do concello.
f) Certificado de ser demandante de emprego (con efectos dende o día anterior ao comezo do prazo de presentaciónde solicitudes) da nai, pai, da titora ou titor legar ou do acolledor/a.
g) No caso de menores non empadroados, informe dos servizos sociais do concello de residencia, para acreditar asresponsabilidades familiares no caso de que existan membros que, non formando parte da unidade familiar, estean a cargodela.
h) Certificado de discapacidades ou do grao de dependencia da nai, pai, do acolledor ou acolledora, do titor ou titoralegal e/ou doutros membros da unidade familiar.
i) Informe médico expedido polos servizos públicos de saúde, no caso de enfermidades crónicas ou outras afecciónsdos membros da unidade familiar.
j) Copia da resolución administrativa e resolución xudicial de acollemento familiar
k) Fotocopia do titulo de familia numerosa
l) No caso de separación matrimonial: sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidaspaterno-filiais, no caso de familia monoparental. Enténdese por familia monoparental a unidade familiar formadapor unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal esempre que a outra persoa proxenitora non contribuía economicamente ao seu sustento.
m) Informe dos servizos sociais, no caso de ausencia de fogar familiar de ambos os dous membros parentais. Se apersoa demandante reside no concello de Cerceda, dito informe será realizado de oficio.
n) Certificación da empresa que acredite o posto de traballo no termo municipal, no caso de país, nais, titores ourepresentantes legais non empadroados no Concello de Cerceda
o) Acreditación da condición de muller vítima de violencia de xénero mediante calquera dos seguintes documentos, deser o caso:
1. Certificado da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autentificada polo secretario ousecretaria xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
2. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidasna Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
3. Certificado e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da administración pública autonómica ou local.
4. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
5. Informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia de xénero.
p) Informe da inspección de traballo e da seguridade social.
Artigo 16. Prazo de presentación de solicitudes e reparación do defectos.
Os pais, as nais ou os/as titores/as legais do neno ou da nena presentarán a solicitude para o novo ingresos no modelo oficial recollido no anexo I, dentro do prazo comprendido entre 15 ao 30 de abril de cada ano, e para a reserva de praza no modelo oficial recollido no anexo II dentro do prazo de 15 ao 30 de marzo de cada ano. A solicitude rexistrarase no Concello ou en calquera outro dos modos establecidos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento Administrativo comunún das adminsitracións públicas.
Artigo 17.- Tramitación do expediente
O departamento de servizos sociais, como órgano responsable da tramitación dos expedientes, comprobará que reúnenos requisitos recoñecidos neste regulamento. De non ser así, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de 10 días enmende a falta ou achegue os documentos perceptivos, con indicación de que, se non o fixer así, co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outbro, Lei 30/1992, do 26 de novembro, do procedemento Administrativo comunún das adminsitracións públicas, terae por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ditarse nos termos previstos na mesma lei.
O órgano competente do Concello de Cerceda poderá reclamar en calquera momento todos aqueles datos e a súadebida acreditación documental que coiden precisos para a máis eficaz realización da súa función.
Artigo 18. Avaliación das solicitudes
1. Unha vez adxudicadas as prazas correspondentes ás reservas de praza do ano anterior e as dos/as fillos/as dopersoal do centro e irmán ou irmás do solicitante que teña praza renovada, as prazas vacantes adxudicaranse aos/ássolicitantes de novo ingreso aplicando a puntuación obtida por aplicación do baremo.
2. A selección das solicitudes efectuarase en función da puntuación acadada segundo o baremo que regula o procedementode adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Xunta de Galicia, que para tal efecto sepublica anualmente no DOGA, que será igualmente de aplicación para determinar as preferencias no caso de obter igualpuntuación. Valorando en primeiro lugar as solicitudes dos/as menores empadroados/as no Concello de Cerceda
3. A comisión de baremación, coordinación e de seguimento aplicaráselles a todas as solicitudes recibidas un procedementode valoración.
4. Unha vez baremadas as solicitudes, a comisión elevará a proposta de selección ao órgano competente.
A relación provisional, coa puntuación obtida, de admitidos/as e excluídos/as; a resolución corresponderalle ao ÓrganosCompetente. Esta resolución exporase no taboleiro de anuncios do Casa de Concello, no taboleiro de anuncios da EIMe poderase consultar na páxina web do concello http://www.cerceda.es
Artigo 19. Reclamacións
As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo dos dez días naturaisposteriores á data de exposición publica da relación provisional.
Artigo 20. Relación definitiva de persoas adxudicatarias de praza
1. Unha vez comprobas as reclamacións presentadas contra a resolución provisional, o órgano competente aprobará arelación definitiva de persoas admitidas e a lista de agarda coa puntuación obtida.
A relación coa puntuación poderá consultarse no taboleiro de anuncios do Casa de Concello, no taboleiro de anunciosda EIM e poderase consultar na páxina web do concello http://www.cerceda.es
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse un recurso de alzada perante o Concello de Cerceda, nun prazo de dez días naturais dende o día seguinte ao da publicación da lista definitiva.
2. As persoas solicitantes que estean admitidas disporán de 15 días naturais para matricularse presentando no rexistro do Concello de Cerceda a seguinte documentación:
a) Unha copia da tarxeta sanitaria.
b) certificado médico do/a menor.
c) impreso de domiciliación bancaria.
d) A autorización por escrito das persoas que poden recoller o menor
e) Contrato de matricula de prestación de servizos da escola infantil
f) Opcionalmente poderase presentar a cartilla de vacinacións actualizado.
3. A formalización da matricula no prazo sinalado é imprescindible para confirmar a praza. Se non se realiza a matrículada neno ou do neno no prazo sinalado, considérase decaída ou decaído na solicitude.
Artigo 21. Lista de agarda
1. A lista de agarda estará constituída polas persoas solicitantes que non obtiveran praza, ordenadas segundo apuntuación acadada no baremo de admisión.
2. As prazas vacantes que se vaian producindo ao longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entreas persoas solicitantes da lista de agarda.
3. As solicitudes que, por circunstancias sobrevidas debidamente xustificadas referidas no punto 2.1. do artigo 10, nonse presenten nos prazos fixados nesta convocatoria serán tramitadas e baremadas polas comisión de baremación que, nocaso de non adxudicárselles unha praza, serán incluídas na lista de agarda segundo a puntuación obtida.
4. Na relación definitiva da lista de agarda estarán incluídas as solicitudes presentadas fóra de prazo con xustificaciónque teñan entrada con anterioridade á data de aprobación da citada resolución polo órgano.
Artigo 22. Baixas.
1. Serán causa de baixa nas escolas infantís:
a) cumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia no centro
b) A solicitude das nais, país ou titores/as ou dos representantes legais.
c) A falta de pagamento da cota establecida durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que sexao curso escolar ao que se refira a débeda, sen prexuízo da reclamación deste polo procedemento de administrativo deconstrinximento.
d) A comprobación de falsidade nos documentos ou nos datos achegados.
e) A incompatibilidade ou inadaptación absoluta para permanecer no centro
f) A falta de asistencia continuada durante quince días sen causa xustificada.
2. Naqueles casos en que a baixa sexa xustificada e se prolongue por máis un meses, haberá que presentar xustificaciónde carácter mensual. O incumprimento desta obriga será causa de baixa.
3. As baixas motivadas pola liña e) serán resoltas pola persoa titular polo órgano competente, por proposta da direccióndo centro. Nos demais supostos aprobarase a baixa polo órgano competentes.
4. As baixas producidas ao longo do curso escolar por calquera dos motivos anteriormente expostos serán cubertaspolas persoas solicitantes que figuren nese momento na lista de agarda por rigorosa orde de puntuación.
CAPITULO V. NORMAS DE FUNCIONAMENTO
Artigo 23. Horario de titorías.
Os pais/nais, titores/as ou representantes legais dos/as nenos/as poderán ser recibidos/as de conformidade cohorario establecido para tal fin e sempre e cando non dificulten a boa marcha do centro. Dito horario será exposto no taboaeiro da escola.
Artigo 24. Réxime de saída.
Os nenos/as poderán realizar as saídas establecidas na programación do curso, previa autorización por escrito porparte dos pais, nais, titores ou representantes legais. Estas saídas teñen por obxecto:
1. Establecer relacións sociais nun ámbito cada vez máis amplo.
2. Establecer vínculos fluídos de relación cos adultos/as e cos seus iguais.
3. Observar e explorar o contorno inmediato cunha actividade de curiosidade.
4. Coñecer algunhas manifestacións culturais do entorno.
Articulo 25. Recollida das/os menores:
Os nenos/as serán entregados as nais, pais, titores ou representantes legais. No caso de ser outra persoa deberánpresentar autorización achegando a copia do documento que acredite a identidade da persoa ou persoas autorizadas. Esta autorización estará vixente namentres non sexa expresamente revogada por escrito pola persoa asinante, por sentenza xudicial ou resolución administrativa.
Non se permitirá a saída dos menores do centro con persoas que non estean debidamente acreditadas.
Todos os nenos/as da EIM estarán cubertos por un seguro escolar de pagamento obrigatorio e non prorrateable (incluido no prezo da matrícula)
Os país, as nais, titores ourepresentantes legais, teñen a obriga de comunicar ao concello de Cerceda calquera cambiona situación da custodia do/a menor. Ditos cambios deberán acreditarse documentalmente.
Artigo 26. Responsábeis de grupo.
Cada grupo de nenos/as terá un educador/a-titor/a que formará parte do equipo técnico da EIM, participará na elaboración,a execución e a avaliación dos programas individuais e colectivos que se establezan para o desenvolvemento integral dosnenos/as, e terá a responsabilidade do grupo asignado.
O educador/a-titor/a de grupo cooperarán cos pais, nais, titores/as ou representantes legais dos nenos/as asignadosao seu grupo, informándoos con periodicidade. De ser o caso, supervisarán ao persoal en prácticas que teñan asignado.
A asignación dos/as educadores/as-titores/as para os diferentes grupos recaerá na dirección da EIM, logo de consultar ó equipotécnico. A dita asignación farase de acordo cos criterios establecidos no proxecto educativo da EIM, procurando que o responsable do grupo asuma o mesmo grupo de nenos/as de anos anteriores.
CAPITULO VI. NORMATIVA REFERENTES MENORES MATRICULADOS NO CENTRO
Artigo 27.- Dereitos dos/as nenos/as
Son dereitos dos nenos e das nenas da EIM, os seguintes:
1. Acceso ao centro e a recibir información sen discriminación por razón de nacionalidade, sexo, raza, relixión, ideoloxía oucalquera outra condición ou circunstancia persoal ou social a través dun programa global que garanta un desenvolvementofísico, intelectual, afectivo e social dos nenos e das nenas.
2. A consideración no trato, debida á dignidade da persoa, tanto por parte do persoal do centro cómodos demais usuarios/as.
3. A confidencialidade dos seus datos de carácter persoal, en particular os relativos ao seu historial sanitario comosociofamiliar, que figurarán no expediente que se lles abra no momento do seu ingreso na Escola Infantil.
4. A realizar saídas ao exterior, sempre e cando os menores vaian acompañados por unha persoa adulta responsable, esempre con autorización escrita por parte dos seus pais/nais, titores ou representantes legais.
5. A intimidade persoal.
6. A unha asistencia individualizada acorde coas súas necesidades específicas.
7. A que se lle facilite o acceso á atención social, sanitaria, educación, cultural e, en xeral a todas as necesidadespersoais que sexan precisas para acadar o seu desenvolvemento integral.
8. A seren educados para a comprensión, a tolerancia e a convivencia, posibilitándolles que poidan facer uso das súasopción de xeito libre e persoal.
Artigo 28. Normas de saúde e de hixiene
1. Os nenos/as deberán acudir á EIM en condicións correctas de saúde e hixiene.
2. Non serán admitidos na EIM os nenos/as que padezan enfermidades infectocontaxiosas. A aparición de destaenfermidades deberá ser comunicada polos pais, nais, titores/as ou representantes legais á dirección do centro, mediante
3. informe médico, que, a súa vez, o poñerá en coñecemento do concello de Cerceda.
4. No caso de enfermidade ou accidente sobrevido na EIM, despois das primeiras atencións ¿in situ" e, á maior brevidadeposíbel, poñerase a dita circunstancia en coñecemento dos pais, nais, titores/as ou representantes legais do neno/ae, se é o caso, garantirase que o neno/a reciba a atención médica axeitada.
5. Cando se produza a falta de asistencia á EIM por un período superior a 3 días, debido a enfermidade ou outrascircunstancias, os pais, nais, titores/as ou representantes legais deberán comunicar este feito á dirección da EIM.
6. Nos casos excepcionais nos que se deban administrar medicinas aos nenos/as, deberán ir acompañados da receita médica, actualizadaá data do tratamento, na que constará o nome do neno/a, o nome do medicamento, forma, dose e periodicidade administración. Non se lles administrará ningunha medicación que non veña acompañada así mesmo da autorización porescrito dos pais/nais, titores/as ou representantes legais indicando as horas de administración da dose correspondente.
7. Todos os nenos/as que usen cueiros deberán traer un paquete e un bote de toalliñas, que deberán repoñerse candosexa preciso. Serán cambiados na medida que o precisen.
8. Os nenos/as terán sempre unha muda de reposto, para cambialos por motivos de hixiene.
9. Cando o neno ou a nena teña fiebre, diarrea ou vótimo, deberase deixalo na casa. No caso de enfermidade contaxiosa(rubéola, orellóns, xarampón, etc.) a volta a escola estará determinada por o informe médico/pediátrico que acrediteque transcurriu o período de contaxo. No caso de ter piollos a nena/o quedará na casa até que queden eliminados. Deaparecerlle calquera destes síntomas no propio centro, será posto en coñecemento dos pais/nais.
Artigo 29. Normas de alimentación
1. A EIM publicará no taboleiro de anuncios e/ou facilitará aos pais/nais unha relación mensual dos menús previstos,os cales proporcionarán unha dieta sa, equilibrada e axeitada para os distintos grupos de idade, que serán revisadosperiodicamente pola Consellería de sanidade nas inspeccións.
2. Nos supostos de alumando con alerxias ou intolerancias alimentarias, diagnosticadas por especialistas, e que,mediante correspondente certificado médico, acrediten a imposibilidade de inxerir, determinados alimentos que prexudicana súa saúde, elaborarán menús especiais, adaptados a esas alerxias ou intolerancias. A escola infantil garantirá menús
3. alternativos no caso de intolerancia ao gluten. No caso de que as familias querían proporcionar os menús para alumnadocon alerxias, a escola infantil facilitará os medios de refrixeración e quentamento adecuados, de uso exclusivo para estas comidas, para que poida conservarse o menú.
4. Calquera variación que se teña que realizar no menú (dieta astrinxente¿) deberá comunicarse o día anterior ou omesmo día antes das 9.00 horas, presentando o informe médico que avale ese cambio.
5. Os/as lactantes deberán traer o biberón, o leite e os cereais que precisen. Os bebés levarán un biberón para a auga.
6. Non poderán levarse lambetadas á escola infantil.
Artigo 30. Normas de convivencia
As normas de convivencia, sen prexuízo das reguladas noutros artigos deste regulamento son as seguintes:
¿ Respecto e trato educado entre todas e cada unha das persoas que integran a comunidade educativa, favorecendo un clima de convivencia cordial.
¿ persoal educativo manterá informados aos pais/nais, titores ou representantes legais dos conflitos de relación e convivencia que se dean habitualmente entre os nenos/as. Para abordar os que cobren maior relevancia, manterase unha reunión coa familia para establecer as medidas necesarias, en casa e na Escola.
¿ Os conflitos trataranse de forma que os/as nenos/as vaian desenvolvendo os valores de comprensión, solidariedade,respecto, tolerancia, participación, axuda.
¿ Desde a Escola fomentaranse as relacións entre os nenos/as baseadas na confianza, a igualdade e a colaboración.
¿ As familias deberán coñecer as normas de organización e funcionamento da Escola.
¿ Deberán respectarse as horas de entrada e saída, tanto polo bo funcionamento do centro como pola seguridade ebenestar afectivo dos nenos/as.
¿ Os/as nenos/as non poderán traer obxectos valiosos, o concello e a Escola non se farán responsable da súa perda.
¿ Así mesmo, tampouco se fará responsable dos obxectos que os nenos/as traian sen que os educadores o houberansolicitado.
¿ Os teléfonos de contacto dos pais/nais, titores ou representantes legais deberán estar actualizados en todo momento.
- As familias deberán traer á escola:
a) Unha muda completa, interior e exterior
b) Un gorra co nome do cativo/a
c) Unha botella pequena de auga , a pedimento das educadores/as
d) Panos de papel
e) Cueiros, toalliñas e crema balsámica, no caso de empregala.
f) Soros nasais, para nenos/as de 0 a 2 anosBOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA
g) Dous chupetes, no caso de empregalos
h) Biberón, de selo caso
i) Cepillo e pasta de dentes, a partir dos dous anos
j) Mandilón, a partir dos dous anos.
No momento en que precise de reposición será comunicado aos pais/nais/titores/as, representantes ou legais.
Artigo 31. Normas de vestimenta
a. As nenas/os deberán vir á EIM con roupa que lles permita moverse con comodidade, evitando en todo caso obxectos perigosos como cadeas, pulseiras, pinzas de pelo¿etc.
b. Os nenos/as mudaranse unicamente, nos casos en o precisen por condicións de hixiene.
c. Os/as nenos/as deberán traer un mandilón, a partir dos dous anos.
Artigo 32. A lingua.
A escola infantil adaptará o seu funcionamento ao proxecto educativo do centro que defina a súa identidade, formuleos obxectivos que pretenden acadar e exprese a súa extructura organizativa. Este proxecto educativo inclurirá, entre os seus apartados, o tratamento lingüístico do centro que deberá acadar o desenvolvemento das capacidades do alumando nas dúas linguas oficias de Galicia para o uso como vehículo de comunicación. Ademáis producurá a introducción dunha terceira lingua.
Artigo 33. Fomento da igualdade entre nenas e nenos.
a. A EIM programará actividades para promover a igualdade entre os nenos/as e evitar os comportamentos e as actividades discriminatorias por razón de sexo. As ditas actividades reflectiranse nos proxectos educativos e curriculares.
b. A EIM poñerá especial coidado en revisar aqueles materiais e ilustracións que se utilicen como instrumentos de traballo.
c. A EIM utilizará unha linguaxe non sexista nin discriminatoria, tanto na atención ás usuarias/os, como en toda a documentación interna e/ou externa.
d. A EIM prestará especial atención ao fomento da interculturalidade como instrumento de superación das desigualdades, inxustizas, prexuízos e racismo.
CAPITULO VII. NORMATIVA REFERENTES Á FAMILIA
Artigo 34.- Dereitos e obrigas dos/as pais/nais
¿ A que os/as fillos/as reciban a educación definida nos principios constitucionais, e nas leis educativas que os desenvolven,así como os recollidos no Proxecto Educativo do Centro
¿ Ao sixilo profesional sobre os datos do seu historial sanitario e socio familiar.
¿ A deixar de utilizar os servizos ou abandonar o centro por vontade propia.
¿ A asociárense co obxecto de favorecer a súa participación na programación e no desenvolvemento de actividades docentro. Para o desempeño destes fins a dirección do centro prestará á asociación de pais e nais un local para as súas reuniónssempre e cando non se perturbe o normal funcionamento das actividades. Para isto abondará cunha comunicación da convocatoria da reunión ao director do centro, con corenta e oito horas de antelación.
¿ A seren informados de xeito comprensible das medidas adoptadas respecto da educación dos seus fillos/as.
¿ A participación nas actividades educativas (festas escolares, magostos, Nadal, Entroido, ... etc.), ou colaboración para preparar actividades dos nenos e nenas.
¿ A ter acceso á documentación interna do centro: plan de actuación para casos de emerxencia, proxecto educativo,programación anual, memoria anual e ao expediente individual do seu neno/a.
Artigo 35.- Obrigas dos/as pais/nais
¿ Cumprir as normas contidas neste regulamento.
¿ Manter e observar unha conduta inspirada no mutuo respecto, tolerancia e colaboración, encamiñada a facilitar unha mellor convivencia.
¿ Participar na vida do centro, de acordo co que se dispoña neste regulamento.
Artigo 36. - Participación dos pais/nais, titores ou representantes legais
A dirección da Escola Infantil fomentará a colaboración dos pais/nais co centro e co persoal desta.
A relación cos pais/nais, titores ou representantes legais terá como principais obxectivos:
¿ intercambio de criterios educativos.
¿ A transmisión mutua de información sobre actitudes e comportamento dos nenos/as.
¿ Compartir pareceres sobre incidentes, preocupacións, ilusións, actividades, ¿etc.
As educadoras da escola porán en coñecemento dos pais de cada neno/a a información sobre a súa evolución integral que terá carácter trimestral.
Os pais poderán solicitar unha reunión coa dirección o coa educadora do seu fillo/a de conformidade co horario establecido para tal fin, sempre e cando non dificulte a boa marcha da escola.
A dirección da escola informará por escrito ao principio do curso dos horarios de atención aos pais/nais.
Realizarase unha reunión xeral coincidindo co inicio, onde deberán estar presentes os pais/nais, así como o equipo educativo e a dirección do centro. Ao rematar cada uno dos tres trimestres, mediante boletíns trimestrais, facilitaráselle por escrito ás familias a información xeneral do trimestre como a individual do seu fillo/a.
Porase a disposición dos usuarios un libro de reclamacións.
CAPITULO VIII. NORMATIVA REFERENTE A INFRAESTRUCTURA DO CENTRO
Artigo 37. Plan de prevención de risco.
A escola infantil Os Pillabáns, contará con un plan de Prevención de Riscos Laborais e con un plan de autoprotección implatado (formación en materil de emerxencia de todo o persoal e simulacro de evacuación anual) e inscrito no Rexistro de Plans de Autoprotección de Galicia (REGAPE).
Artigo 38. Pólizas de seguros
A empresa concesionaria de conformidade co establecido nos pregos de cláusulas que rexen o contraio contarán con:
¿ Unha poliza de accidentes que comprenderá a todo o alumnado e ao persoal durante a totalidade do tempo de prestación deservizo.
¿ Unha poliza de responsabilidade civil que dará cobertura ós posibles riscos segundo a normativa vixente
¿ Poliza de siniestros contra os danos do edificio.
Artigo 39. Libro de reclamacións.
A EIM terá un libro de reclamacións a disposición dos pais, das nais, titores/as ou representantes legais. A dirección do centropoñerá en coñecemento do concello o contido das reclamacións no prazo máximo de dun día hábil contados a partir da súapresentación, agás nos caos en se requira unha comunicación inmediata.
O Concello de Cerceda remitirá á inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia unha copia da reclamación presentada,no prazo máximo de 3 días hábiles, xunto cun informe xustificativo dos antecedentes e das actuacións realizadas para a súa xestión.
Artigo 40- Libro de rexistro de persoas usuarias. Expediente individual
A escola infantil contará con un libro de rexistro ou rexistro informatizado por curso e aula das persoas usuarias.
Ao comezo da escolarización a dirección abrirá un expediente persoal para cada nena ou neno que terá carácter estritamente confidencial. Contará alomenos, coa ficha de entrevista de avaliación inicial, datos de filiación, sanitarios, enderezos e teléfonos de contacto en caso de emerxencia, autorizacións de recollida de menores e demais documentación que se recolle neste regulamento, de ser precisa.
Artigo 41.- Proxecto educativo do Centro.- PEC
A escola infantil contará cun proxecto educativo do centro que se axustará na súa estructura ao Decreto 330/2009, de 4 de xuño, polo que se estabece o currículo de educación infantil da Comunidade Autónoma de Galicia.
O PEC recollerá de xeito exlícito o tratamento linguistio do centor, a coeducación e a atención á diversidade. Ademáis terá en conta o carácter globalizador da intervención educativa, en canto que un mesmo contido desenvolve obxectivo das distitntas áreas de aprendizaxe.
CAPITULO IX. ESTRUCTURA ORGANICA
Artigo 42. Órgano de xestión e dirección da escola infantil.
É un órgano unipersoal coas seguintes funcións:
1. Funcións administrativas:
a) Representación oficial da Escola Infantil.
b) Velar polo cumprimento das disposicións legais vixentes que afecten ao funcionamento da Escola Infantil.
c) Exercer a xefatura de todo o persoal adscrito á Escola Infantil: ordenación do traballo, impartición de instrucións e supervisión do persoal contratado. No caso de xestión indirecta esta facultade entenderase sen prexuízo da xefatura de persoal que corresponda á empresa concesionaria.
d) Executar os acordos adoptados polos órganos colexiados no ámbito das súas competencias.
e) Elaborar o proxecto de orzamento da escola. Levar a cabo a xestión económica, autorizar os gastos de acordo co orzamento da escola, ordenar os pagos. Render contas ao Concello cando o servizo se preste por unha modalidade de xestión indirecta.
f) Elaboración do Inventario Xeral de bens da escola Infantil.
g) Prestar apoio, asesoramento e colaboración ao persoal da Escola Infantil.
h) Todas aquelas que se deriven do posto que desempeña e non estean expresamente atribuídas a outro órgano de funcionamento.
2. Funcións pedagóxicas:
a) Executar os acordos adoptados polos órganos colexiados de funcionamento no ámbito das súas competencia.
b) Elaborar o proxecto educativo do centro (PEC) e a programación anual de actividades, xunto co equipo técnico.
c) Realizar memoria pedagóxica anual das actividades efectuadas ó longo do curso, e elevala á comisión educativa.
d) Promover e impulsar as relacións da escola coas institucións e recursos do entorno, especialmente coas que desenvolvan actividades con fins educativos e/ou sociais.
e) Prestar atención personalizada aos usuarios tanto a través do desempeño da función educativa como directiva.
f) Coordinar e fomentar a participación dos distintos sectores implicados na Escola Infantil, procurando os medios precisos para un mellor desenvolvemento das súas funcións.
g) Supervisar e coordinar correcto desenvolvemento das actividades programadas.
Artigo 43. A comisión educativa.
A súa composición será a seguinte:
¿ Concelleiro de servizos sociais, ou persoa en quen delegue.
¿ 1 Técnico/a de servizos sociais
¿ Director/a da escola infantil
¿ Educadores/as do centro.
¿ Un/unha representante dos pais/nais ou titores/as.
A comisión educativa terá as seguintes competencias:
¿ Aprobar o plan do centro que conterá o proxecto educativo e curricular anual da Escola Infantil, antes do 31 de setembro de cada anualidade.
¿ Facer o seguimento da programación da escola e do proceso educativo grupal e individual.
¿ Supervisar o desenvolvemento da proposta pedagóxica incluída no proxecto educativo da escola.
¿ Aplicar o presente regulamento, así como propoñer a revisión e actuación ao concello.
Artigo 44. Comisión de Baremación, de Coordinación e de Seguimento
A Comisión de Baremación, de Coordinación e de Seguimento estará formada polos seguintes membros:
¿ Presidente/a: concelleiro/a de servizos sociais, ou persoa en quen delegue.LETÍN OFICIAL
¿ Secretaria: a da corporación ou funcionario/a en quen delegue (con voz e sen voto)
¿ Vogais:
¿ Un representante do departamento de Servizos Sociais
¿ A interventora do Concello ou funcionario/a en quen delegue
¿ A directora da EIM.
¿ Un representante dos pais/nais dos menores, debidamente acreditado, e elixido/a por sorteo ante a/o secretaria/o do Concello. Elixiranse por curso un titular e dous suplentes.
Que terá as seguintes competencias:
¿ Velar polo cumprimento do sistema de admisión
¿ Resolver calquera dúbida ou conflito que poida xurdir na aplicación do estipulado neste regulamento.
CAPÍTULO X. REXIMEN ECONOMICO
Artigo 45. Tarifas.
A asistencia da EIM do Concello de Cerceda, conlevarán o pagamento en concepto de atención educativa, e asistencia ao servizo de comedor (de selo caso), reguladas na ordenanza fiscal vixente publicada no Boletín Oficial da Provincia.
Durante o curso escolar poderase solicitar, por parte das persoas usuarias, á revisión da tarifa fixada inicialmentede acordo co recollido na ordenanza fiscal vixente nese momento. Neste sentido a persoa beneficiaria queda obrigada a comunicar calquera variación que se produza ao respecto.
CAPILULO XI. PERSOAL DA ESCOLA INFANTIL
Artigo 46. Profesionais do persoal e requisitos.
1. Cumpriranse as titulacións e ratios de persoal establecidos para as escolas infantís segundo a lexislación vixente.
2. Os profesionais do centro terán as seguintes funcións:
a) Do director/a.
Ao ser de xestión indirecta a prestación do servizo, correspóndelle a empresa adxudicataria a designación do persoal de dirección. A empresa comunicará ao concello a designación da persoal que asumirá a dirección do centro.
As funcións do/a director serán as recollidas no artigo 41.
b) Do persoal de atención directa aos nenos e nenas: Mestres/as, educadoras/es
O persoal educativo terá as seguintes funcións:
¿ Colaborar coa dirección na elaboración e actualización do proxecto educativo e da proposta pedagóxica do centro.
¿ Fixar os criterios para o seguimento e a avaliación destes documentos.
¿ Realizar as funcións educativas incluídas na lexislación vixente para o ciclo educativo, no referente ao desenvolvemento dos nenos e das nenas, á preparación e o deseño de propostas pedagóxicas, coordinación coas familias, hixiene, alimentación e sono dos menores, organización dos espazos e materiais pedagóxicos, etc¿
¿ Establecer criterios xerais aos que deben adaptarse as intervencións educativas de cada un dos grupos de idade.
¿ Participar nas actividades de formación permanente
¿ Prestar especial atención ao período de adaptación.
¿ Avaliar o funcionamento e a organización da escola e propor iniciativas para a mellora do seu funcionamento ante adirección desta.
No marco destas funcións os/as mestres/as exercerán un papel de coordinación e animación da acción da accióneducativa.
c) Persoal da apoio
As funcións do persoal de apoio serán:
¿ Coidar da orde, seguridade, entretemento, alimentación e aseo persoal dos nenos/as apoiando a educadora na aula.BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA
¿ Colaborar na realización das actividades programadas
¿ Orde, distribución e mantemento dos materiais encomendados.
¿ Servizos de portería.
¿ Apoio administrativo básico que lle sexa requirido pola dirección da Escola Infantil.
¿ Participar activamente en todas as actividades complementarias e extra-escolares reflectidas no PEC e na programación anual, aprobadas polo Consello do Centro.
¿ Outros que sexan propias do posto que desempeñan.
d) Persoal de Servizos:
¿ Cociñeiro/a: encargada da preparación dos menús e do control do bo estado de conservación dos alimentos garantindo os controis específicos e análise de perigos e puntos de control críticos (APPCC)
¿ Persoal de limpeza. As funcións do persoal de limpeza serán as seguintes:
- Orde, distribución e mantemento dos materiais encomendados.
- Encargados/as da lavandería.
- Limpeza do centro, cociña e comedor.
Artigo 47. Dereitos do persoal.
¿ Recibir regularmente información da marcha e do funcionamento do centro, a través do director/a responsable.
¿ Presentar propostas que contribúan a mellorar o funcionamento do centro e a atención prestada aos menores.
¿ Desenvolver as súas funcións educativas segundo o seu criterio persoal, sempre que se axusten ao proxecto educativo e á programación anual do centro.
¿ A que se lle proporcionen dentro das posibilidades do centro os instrumentos e medios precisos para desenvolver as súas funcións axeitadamente en beneficio dos menores atendidos.
Artigo 48. Obrigas do persoal.
¿ Cumprir e facer cumprir de acordo coas súas funcións o presente regulamento.
¿ Velar polo respecto aos dereitos dos menores recollidos no presente regulamento e aqueles outros recoñecidos na lexislación vixente.
¿ Gardar estritaconfidencialidade sobre os datos persoais dos menores aos que teñan acceso en razón das súas funcións.
¿ Cumprimento das tarefas e responsabilidades derivadas do seu posto de traballo.
CAPÍTULO XII. ASPECTOS XERAIS
Disposición adicional primeira.
As nais, pais ou titores/as legais dos nenos/as achegarán os complementos necesarios para a nutrición e para o coidado dos/as nenos/as (leite, biberóns, cueiros).
Disposición adicional segunda.
Este regulamento completarase coa Ordenanza Fiscal reguladora de tarifas da EIM que será aprobada por acordó plenario do Concello de Cerceda.
Disposición derrogatoria.
Unha vez producida a entrada en vigor do presente regulamento, quedará derogado o Regulamento da Escola infantilmunicipal infantil ¿Os Pillabáns" de Cerceda, publicado no BOP núm 75 do 21 de abril de 2017.
Disposición final
Este regulamento entrará en vigor tras a súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e trascurrido o prazoestablecido no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, de conformidade co artigo
70.2 da citada Lei."
Anexo
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
O regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.