Ponteceso - ORDENANZA MUNICIPAL NON FISCAL REGULADORA DA XESTION DA BIOMASA E DISTANCIAS DAS PLANTACIONS DO CONCELLO DE PONTECESO

Publicación provisional: 06/06/2018 BOP Nº: 106
Publicación definitiva: 07/08/2018 BOP Nº: 149
Aplicable dende: 25/08/2018

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

De conformidade coa potestade regulamentaria atribuída polos artigos 4.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora do Réxime Local e 6.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia, o Concello de Ponteceso a medio da presente Ordenanza proponse a regulación da xestión da biomasa e da distancia das plantacións, no solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, no ámbito das súas competencias co obxecto de conseguir as axeitadas condicións de salubridade e seguridade para previr e evitar os incendios, protexendo dos mesmos as infraestruturas e equipamentos sociais, as zonas edificadas e as áreas forestais e naturais de valor especial.

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.- Fundamento

A presente Ordenanza é de aplicación no marco do disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia e Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras.

Artigo 2- Finalidade

Está Ordenanza ten natureza non fiscal, e a súa finalidade é establecer as condicións para levar adiante a xestión da biomasa e a fixación das distancias para plantacións nos terreos clasificados como urbanos, de núcleo rural ou urbanizables delimitados sitos no termino municipal de Ponteceso, e no resto dos terreos, consonte á Instrucción 1/2018, do 26 de abril, da Consellería do Medio Rural, dentro das competencias que legalmente lle corresponden ao Concellode Ponteceso.

O Concello de Ponteceso ten a competencia para vixiar o cumprimento e impoñer o cumprimento forzoso das seguintes obrigas:

a) Obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, no ámbito das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa, nunha franxa de 50 metros:

1º.- Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

2º- Arredor das edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte.

3º.- arredor das edificación silladas en sólo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.

b) Obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, nunha faixa perimetral de 50 metros arredor das novas instalación destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras e forestais e as vivendas vinculadas a estas, así como as novas urbanizacións e edificacións que afecten zonas de monte ou de influencia forestal, non teñan continuidade imediata coa trama urbana e que sexan estremeiras con monte ou con zonas de influencia forestal.

Artigo 3.- Ámbito de aplicación

A presente Ordenanza é de obrigado cumprimento para as persoas responsables conforme ao definido no artigo 4, que teñan o seus terreos dentro do termo municipal de Ponteceso. Conforme o disposto no artigo 4.2 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, a presente Ordenanza será de aplicación en todo o non previsto pola lexislación básica.

Artigo 4.- Persoas responsables. Notificación das comunicacións e requirimentos ás persoas responsables.

A efectos desta Ordenanza, entenderase como persoas responsables ás persoas titulares ou no seu caso aos titulares do dereito de aproveitamento sobre os terreos urbanos, urbanizables delimitados e de núcleo rural, así como as administracións, as entidades ou as sociedades que teñan encomendada a competencia sobre a xestión, ou cedida esta en virtude dalgunha das formas previstas legalmente, das vías de comunicación e das liñas de transporte de enerxía eléctrica, sobre os tipos de solo referidos anteriormente.

Para a identificación das persoas responsables do cumprimento das obrigas da xestión da biomasa e retirada de árbores teranse en conta, en primeiro termo, os datos recentes de que dispoña o Concello de Ponteceso sobre o dereito de aproveitamento dos terreos, considerando como recentes os obtidos ou actualizados dentro dos doce meses inmediatamente anteriores. Na falta destes datos recentes, considerarase persoas responsables as que figuren como titulares dos terreos no Catastro inmobiliario. Se dúas ou máis persoas figurasen como titulares en común dun mesmo terreo, entenderase que o cumprimento das obrigas corresponderá a todas as persoas copropietarias solidariamente e as comunicación e requirimentos poderanse dirixirse a calquera delas mentres non designen válidamente a unha como representante de todas elas.

Se a titularidade do terreo non constara no Catastro inmobiliario, considerarase que a persoa responsable é descoñecida e nofiticarase por medio da publicación dun anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia, cos datos catastrais do terreo, computándose os correspondentes prazos dende o día seguinte ao da publicación do anuncio.

As notificacións das comunicación e requirimentos para recordar o cumprimento das obrigas legais realizarase segundo o establecido no artigo oitavo da Instrucción 1/2018, do 26 de abril, da Consellería de Medio Rural, relativas ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de epecies arbóreas (DOG núm. 87 do 7 de maio de 2018).

Artigo 5.- Definicións

Aos efectos desta Ordenanza, defínense os seguintes termos:

Solo urbano: Terreos que o planeamento urbanístico, Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ponteceso, tivera definido e clasificado como tal en virtude do disposto no artigo 16 da Lei 2/2016.

Núcleos rurais: Terreos que se incluían dentro dos núcleos rurais delimitados no planeamento municipal, de conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 2/2016.

Solo urbanizable: Terreos que non tendo a condición de solo urbano, de núcleo rural nin de solo rústico o planeamento urbanístico tivese definido e clasificado como tal ao poder ser obxecto de transformación urbanística nos termos fixados no artigo 27 da antedita Lei 2/2016.

Xestión da biomasa: A creación e mantemento da descontinuidade horizontal e vertical da carga de combustible, a través do control ou eliminación parcial ou total da biomasa vexetal por medio do emprego das técnicas máis recomendadas e coa intensidade e frecuencia para o cumprimento do obxecto previsto nesta ordenanza.

Tendo en conta que os terreos situados en solo urbano, de núcleo rural ou urbanizable teñen unha natureza residencial ou habitacional, polo que os riscos para os bens e as persoas, por motivos de incendios de vexetación, deben minorarse drasticamente e primar a seguridade.

CAPÍTULO II. DA XESTIÓN DA BIOMASA

Artigo 6.- Xestión da Biomasa

As persoas responsables terán a obriga de xestionar a biomasa das fincas incluídas en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural conforme aos criterios establecidos nesta Ordenanza, así como mantelas nas debidas condicións de seguridade e salubridade, debendo proceder a súa desinfección e desratización periódica.

Artigo 7.- Criterios de Xestión da Biomasa e obrigas das persoas responsables.

1- Consonte ao disposto na Lei 3/2007, de Prevención e Defensa contra os incendios Forestais de Galicia, as persoas responsables dos terreos ubicados en solo urbano, urbanizable ou núcleo rural deberán acometer os criterios de xestión da biomasa establecidos neste artigo para cada clase de terreo, en todo caso, antes do 31 de maio de cada ano.

2-Nos terreos clasificados como solo urbano, solo de núcleo rural e solo urbanizable as persoas responsables deberán facer a xestión da biomasa na totalidade da parcela conforme aos seguintes criterios:

a) Roza para a eliminación do estrato herbáceo e arbustivo sempre que supoña un mínimo risco para a propagación dos incendios incontrolados de vexetación. A data é unha previsión conforme ao estipulado na Lei. En todo caso, o concello pode fixar unha data anterior se así o estima conveniente.

b) Poda e rareo do estrato arbóreo de forma que se manteña unha descontinuidade horizontal entre as copas das árbores e vertical entre estas e os estratos herbáceo e arbustivo. Este criterio non serán aplicable en parques e xardíns municipais, árbores senlleiras ou aquelas que cumpran funcións ornamentais ou se atopen illadas e non supoñan un mínimo risco para a propagación de incendios incontrolados de vexetación.

3- As persoas responsables dos terreos nos que exista biomasa terán as seguintes obrigas:

a) Obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, no ámbito das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa, nunha franxa de 50 metros:

1º.- Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

2º- Arredor das edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte.

3º.- Arredor das edificación illadas en sólo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.

4º.- Na totalidade da superficie das infraestructuras de uso público ou áreas recreatrivas, así como nunha franxa perimetral de 50 metros.

b) Obriga de xestión da biomasa vexetal, tanto o estrato arbustivo como subarbustivo, nos terreos colindantes coas vías e camiños forestatales de titularidade municipal, nunha franxa de 2 metros dende a arista exterior da vía ou camiño. 

c) Obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, nunha faixa perimetral de 50 metros arredor das novas instalación destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras e forestais e as vivendas vinculadas a estas, así como as novas urbanizacións e edificacións que afecten zonas de monte ou de influencia forestal, non teñan continuidade imediata coa trama urbana e que sexan estremeiras con monte ou con zonas de influencia forestal.

As distancias mediranse desde o límite do solo urbano ou núcleo rural, de ser o caso. As distancias no caso de edificacións, vivendas illadas ou urbanizacións mediranse desde o seu paramento. No caso de depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, mediranse desde o límite das instalacións. No caso de cámpings, gasolineiras e industrias en que se desenvolvan actividades perigosas consonte o establecido na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento, as distancias para as especies sinaladas na disposición adicional terceira da lei 3/2007 serán de 50 metros, desde o límite das instalacións. No caso dos cámpings, esta distancia medirase desde o peche perimetral.

Artigo 8.- Distribución de competencias de execución forzosa e sancionadoras.

Corresponde ao Concello de Ponteceso a competencia de execución forzosa e sancionadora nos supostos de incumprimento da xestión da biomasa vexetal e de retirada das especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa e arredor das novas instalación, urbanizacións e edificacións, sempre que se atopen en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural.

Corresponderalle á Comunidade Autónoma a competencia nos demáis casos.

Nos supostos de incumprimento das obrigas en solo rústico da xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa arredor das novas instalación, urbanizacións e edificacións, a competencia sobre a execución forzosa corresponde aos concellos e a sancionadora á Administración Xeral da Comunidade Autónoma. O Concello de Ponteceso porá en coñecemento da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural todas as comunicación que envíe en solo rústico ás persoas responsables para recordarlles o cumprimento das devanditas obrigas.

Artigo 9.- Execución subsidiaria.-

Se as persoas responsables non realizasen os traballos de xestión da biomasa nos prazos fixados polo Concello para o cumprimento voluntario, este poderá levar adiante os mesmos, logo do previo apercibimento en forma e sen prexuízo da imposición, previo a tramitación do oportuno expediente, das sancións procedentes. Os custos derivados deses traballos serán repercutidos, se é o caso, as persoas responsables, procedendo, de ser o caso, ao cobro dos gastos que se ocasionen ao Concello a través do procedemento de apremio.

As actuacións administrativas a desenvolver, serán as establecidas no artigo Décimo da da Instrución 1/2018, do 26 de abril, da Consellería de Medio Rural, relativas ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de epecies arbóreas (DOG núm. 87 do 7 de maio de 2018).

Rematados os traballos de execución subsidiaria, procederase á liquidación definitiva dos custos dos mesmos.

Para calquera aspecto non previsto en relación á execución subsidiaria estarase ao disposto nos artigos 97 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas e na devandita Instrución 1/2018, do 26 de abril.

CAPÍTULO III. DAS DISTANCIAS DAS PLANTACIÓNS

Artigo 10.- Prohibicións e Distancias das repoboacións forestais e plantacións.

1- De conformidade co disposto na Lei 7/2012, de Montes, quedan prohibidas as repoboacións forestais nos terreos clasificados como solo urbano, urbanizable e de núcleo rural.

2- No seu caso as repoboacións forestais preexistentes antes da entrada en vigor da lei de montes, deberán adecuarse para gardar, respecto das edificacións, vivendas illadas, pozos, e instalacións industriais, a distancia mínima de 15 metros cando se trate de especies frondosas (Anexo II desta Ordenanza), e de 30 metros no resto de especies, tal e como establece a lei 7/2012 de montes de Galicia.

3- Nos supostos de plantacións de árbores frutais, setos ou árbores ornamentais as distancias serán as fixadas na correspondente ordenanza urbanística deste Concello, e de non existir serán as fixadas pola normativa que resulte de aplicación.

Artigo 11.- Licenzas e permisos para talas

1. As talas e os abatementos de árbores que constituían masa arbórea, espazo boscoso, arboreda ou parque en solo urbano, núcleo rural e urbanizable estarán suxeitas á obtención da previa licenza municipal.

2. Así mesmo segundo o establecido na disposición transitoria 5ª da lei 7/2012 de montes, o aproveitamento das masas forestais existentes no momento da entrada en vigor da lei 7/2012 en solos urbanizables estará sometido á o réxime de autorizacións da citada lei ata o desenvolvemento urbanístico dos citados solos, momento en que precisarán da licenza municipal descrita no punto 1 deste artigo.

CAPÍTULO IV: RÉXIME SANCIONADOR

Artigo 12.- A competencia

Corresponde ao Concello de Ponteceso a través da alcaldía ou concelleiro no que delegue, a inspección e sanción das infraccións, previa a instrución do correspondente expediente, das obrigas reguladas nesta Ordenanza.

Cando se detecten infraccións de índole penal ou de competencia doutras Administracións darase conta inmediata das mesmas a autoridade ou organismo que corresponda.

O procedemento sancionador instruirase de conformidade co establecido nas Leis 39/2015 e 40/2015, do 1 de outubro, respectivamente Lei do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas e Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas, e artigos 139 e seguintes da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Artigo 13.- Clasificación das infraccións

Considéranse infraccións administrativas en relación coas materias as que se refire esta Ordenanza, os actos u omisións que contraveñan o establecido nas normas que integran o seu contido. As infraccións clasificaranse en leves, graves e moi graves.

Artigo 14.- Infraccións leves

a) Constitúe infracción leve as condutas constitutivas de infracción reguladas nesta ordenanza cando non deban cualificarse como graves ou moi graves.

b) Non proceder á xestión da biomasa cos criterios regulados nesta Ordenanza.

Artigo 15.- Infraccións graves

a) Non proceder á xestión da biomasa cos criterios establecidos nesta Ordenanza, unha vez notificada a súa obriga e despois de serlle notificada a valoración do custo das mesmas, cando exista risco inminente de incendio para as vivendas e persoas.

b) Non permitir o acceso ao persoal de vixilancia a inspección dos terreos.

c) A negativa a subministrar información á autoridade municipal, funcionarios e axentes en cumprimento das súas funcións.

d) A realización de plantacións sen gardar as distancias establecidas na presente ordenanza.

e) A realización de plantacións nos lugares expresamente prohibidos na presente ordenanza.

f) A reincidencia en infraccións leves. Enténdese que existe reincidencia pola comisión no termo dun ano dunha infracción leve, cando así fose declarado por resolución firme.

Artigo 16.- Infraccións moi graves

a) Cando houbese grave repercusión nos recursos naturais.

b) A reincidencia en infraccións graves. Enténdese que existe reincidencia pola comisión no termo dun ano dunha infracción grave, cando así fose declarado por resolución firme.

c) A resistencia, coacción ou ameaza a autoridade municipal, funcionarios e axentes.

Artigo 17.- Sancións

1. As sancións aplicables serán as seguintes:

a) Por infraccións leves, multa dende 100 a 600 euros.

b) Por infraccións graves, multa dende 601 a 1.500 euros.

c) Por infraccións moi graves, multa de 1.501 a 3.000 euros.

2. As sancións graduaranse en función dos seguintes criterios:

a) Grado de intencionalidade.

b) Contía do beneficio obtido.

Disposicións

Disposición Adicional

Como Anexo I a esta Ordenanza inclúese a relación de especies non permitidas nas redes secundarias de xestión de biomasa, recollidas da disposición adicional 3ª da lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais e como Anexo II a relación de especies de frondosas, recollidas do anexo I da lei 7/2012, de montes de Galicia.

ANEXO I. Relación de especies non permitidas nas redes secundarias de xestión da biomasa

Piñeiro do país, piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrey, piñeiro de Oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, queiruga, carqueixa, xesta, carpaza, piorno, fento, silva e toxo.

ANEXO II. Relación de especies de frondosas

Ameneiro, pradairo, bidueiro, freixo, castiñeiro, cerdeira, carballo, cerquiño, sobreira, carballo albar, aciñeira, abeleira, faia, umeiro, loureiro, sorbeira do monte, capudre, nogueira e érbedo.

Disposición Transitoria

As plantacións forestais existentes á entrada en vigor da presente Ordenanza que, como consecuencia da súa aplicación, atopáranse a unha distancia menor a regulada no seu artigo 7, disporán dun período máximo de dous anos para adaptarse a citada disposición, agás autorización do órgano competente da Xunta de Galicia en materia forestal.

Disposición Derrogatoria

Queda, derrogadas todas as disposicións municipais que contraveñan o disposto na presente Ordenanza.

 

Disposición derradeira

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a presente ordenanza entrará en vigor unha vez que se publique o seu texto integramente no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo de quince días hábiles previsto no artigo 65.2 do citado texto legal.

ANEXOS

ANEXO

 COMUNICACIÓN PREVIA DATOS DE IDENTIFICACIÓN DO MADEIREIRO

 NOME E APELIDOS/RAZÓN SOCIAL _____________________________________________ NIF: ______________________ ENDEREZO: ______________________________________________ CP ____________ CONCELLO: _____________________ PROVINCIA: _____________________ Teléfono: ________________ Teléfono móbil: _________________ Fax: ____________________ Correo electrónico/e-mail: _________________________________________________________

 REPRESENTANTE / APODERADO (Para persoas xurídicas): ____________________________________________________

NIF:___________________________

 DATAS PREVISTAS PARA COMEZAR OS TRABALLOS DE SACA DE MADEIRA _________/________/________

 PARA REMATAR OS TRABALLOS DE SACA DE MADEIRA _________/________/________

 DATOS DE IDENTIFICACIÓN DOS VEHÍCULOS E/OU MAQUINARIA A EMPREGAR VEHÍCULO/MAQUINARIA

MODELO MATRÍCULA PMA

 DOCUMENTACIÓN QUE SE AXUNTA:

 Fotocopia compulsada do NIF/CIF do madeireiro.

No seu caso, fotocopia da solicitude de autorización para aproveitamento madeireiro, ou da notificación, ante o organismo que corresponda, de conformidade co disposto na Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia.

Ficha catastral dos montes e/ou parcelas afectados/as.

Plano indicativo dos camiños e vías a empregar.

Plano indicativo das zonas elixidas para depósito da madeira.

 Ponteceso,..........de.............................. de ...............

 Asdo:

ALCALDE DO CONCELLO DE PONTECESO

DATOS DE IDENTIFICACIÓN DO MONTE OU PARCELA AFECTADO

 NOME_______________________________________________REFERENCIA CATASTRAL___________________________

 LUGAR/PARROQUIA_______________________________________SUPERFICIE(M2)______________________

 ESPECIE DE MADEIRA______________________________________TN A EXTRAER_____________________

ESPECIE DE MADEIRA______________________________________TN A EXTRAER_____________________

ESPECIE DE MADEIRA______________________________________TN A EXTRAER_____________________

ESPECIE DE MADEIRA______________________________________TN A EXTRAER_____________________

SUPERFICIE TOTAL A TALAR (M2) ____________________________TN TOTALES A EXTRAER_____________

 DATOS DE IDENTIFICACIÓN DO PROPIETARIO DO MONTE OU PARCELA AFECTADO

 NOME E APELIDOS/RAZÓN SOCIAL _________________________________________ NIF: ________________ ENDEREZO: _____________________________ CP ____________ CONCELLO: _________________ PROVINCIA: _________________________ Teléfono: _____________________ Teléfono móbil: ______________________ Fax: ________________________ Correo electrónico/e-mail: _______________________________________________________________________

 REPRESENTANTE / APODERADO (Para persoas xurídicas): ________________________NIF:_______________________

 LUGARES PREVISTOS PARA DEPÓSITO DA MADEIRA _________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

 CAMIÑOS E VÍAS A EMPREGAR NOS TRABALLOS DE SACA DE MADEIRA ___________________________________________________________________________________________________________________________________________________ __________________________________________________________________________

 Ponteceso,..........de.............................. de ...............

 Asdo:

 

 ALCALDE DO CONCELLO DE PONTECESO

 DATOS DE IDENTIFICACIÓN DA EMPRESA TRANSPORTISTA

(cubrir só no caso de que as operacións de transporte se realicen por empresa distinta do madeireiro)

NOME E APELIDOS/RAZÓN SOCIAL _________________________________________________ NIF: ______________ ENDEREZO: ____________________________________________ CP ____________ CONCELLO: ____________________ PROVINCIA: __________________________ Teléfono: _________________ Teléfono móbil: _________________ Fax: _______________________ Correo electrónico/e-mail: ____________________________________________________________

 REPRESENTANTE / APODERADO (Para persoas xurídicas): ___________________________________________________

NIF:__________________________

 DATOS DE IDENTIFICACIÓN DOS VEHÍCULOS E/OU MAQUINARIA A EMPREGAR PARA O TRANSPORTE (para cubrir só no caso de que nas operacións de transporte se utilicen vehículos de empresa distinta do madeireiro)

 VEHÍCULO/MAQUINARIA

 MODELO

MATRÍCULA

 PMA

  Ponteceso,..........de.............................. de ...............

 Asdo:

 ALCALDE DO CONCELLO DE PONTECESO"

 Esta ordenanza entrará en vigor ao día seguinte ó da súa publicación no BOP, sempre permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo de 15 días previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2  da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.