Negreira - REGULAMENTO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE NEGREIRA
ARTIGO 1.-DISPOSICIÓNS XERAIS.
O presente Regulamento ten por obxecto o funcionamento interno da Escola Municipal de Música de Negreira, así como articular os dereitos e deberes dos alumnos e profesores.
ARTIGO 2.-OBXECTIVOS.
A Escola Municipal de Música de Negreira ten como obxectivos:
a) Fomentar dende a infancia o coñecemento e apreciación da música, iniciando aos nenos á súa aprendizaxe.
b) Ofrecer un ensino orientado tanto á práctica individual como á de conxunto.
c) Proporcionar un ensino musical complementario á práctica instrumental.
d) Fomentar nos alumno so interesa pola participación en agrupacións instrumentais e vocais.
e) Organizar actuacións públicas e participar en actividades musicais.
f) Desenvolver unha oferta ampla e variada de educación musical, sen límite dei dade, e orientar aqueles casos nos que, polo especial talento e vocación do alumno, sexa aconsellable o seu acceso a un ensino de carácter profesional, proporcionándolle nos eu casoa preparación adecuada para elo.
g) Manter e potenciar as agrupacións vinculadas á Escola de Música, en especia la Banda Ateneo de Negreira.
ARTIGO 3.-DEPÓSITO INSTRUMENTAL.
A Escola de Música dispón dun depósito instrumental para a cesión aos alumnos que o precisen e non poidan procurarse por razóns económicas (saxo barítono, tuba e percusión), cun período máximo de 1 ano, prorrogable se non existe máis demanda, ca excepción dos instrumentos que a comisión de seguimento, creada a tal efecto, considere necesarios para as agrupacións.
A cesión destes instrumentos articularase mediante a firma dun documento no que constarán os datos do instrumento prestado, a data do préstamo e a data de devolución. Calquera dano ou deterioro no instrumento, ata a devolución do mesmo, correrá a cargo do alumno, ou no caso de menores de idade, ao dos seus titores legais.
En calquera caso, a dirección da Escola resérvase a facultade de cancelar o préstamo, cando considere que non se están a cumprir as condicións do seu uso, no referente tanto ao coidado como á práctica instrumental obrigatoria para o alumno.
ARTIGO 4.-ÓRGANOS DA ESCOLA.
A Escola de Música conta cunha Dirección e cun Claustro de Profesores. As facultades superiores de organización e dirección corresponden ao concelleiro-delegado correspondente, no seu caso, e en última instancia ao Alcalde do Concello de Negreira, no exercicio das súas atribucións como xefe do persoal municipal.
ARTIGO 5.-FUNCIÓNS DA DIRECCIÓN E DO CLAUSTRO.
Corresponden á Dirección da Escola as seguintes funcións:
a) A coordinación e supervisión dos traballos a realizar, e a colaboración na execución de ser preciso.
b) Coordinar as accións e actividades a desenvolver en cada programa, e o control dos recursos asignados, dentro do marco orzamentario do Concello.
c) Participar na elaboración de programas de actuación.
d) Levar o control do persoal da Escola de Música, así como o do correcto uso e conservación do material adscrito.
e) Elaborar e dirixir proxectos, informes, propostas e demais documentos relacionados cas súas competencias.
f) Confeccionar os horarios, en colaboración co claustro, e coordinar as actividades complementarias.
g) O control da matriculación dos alumnos.
h) Establecer o calendario lectivo, incluíndo as datas das audicións (unha en Nadal e outra a fin do curso), así como a semana de exames de cada avaliación, en consenso cos outros profesores, e tamén as datas dos exames finais, para os que se establecerá un tribunal formado por varios profesores para cada especialidade instrumental.
Corresponde ao Claustro de Profesores:
a) Programar as actividades.
b) Promover iniciativas de investigación e actualización pedagóxica.
c) A programación didáctica de cada especializade, a actualización da mesma, e a promoción de actuacións de mellora dos procesos de ensino.
d) A resolución das sancións disciplinarias derivadas da aplicación deste Regulamento de Réxime Interno.
e) Informar das baixas ou faltas de asistencia entre os alumnos.
O Claustro reunirase de forma ordinaria unha vez ao trimestre, e con carácter extraordinario se así o deciden a Dirección ou o concelleiro-delegado ou alcalde-presidente do Concello, ou se o solicitan por escrito un terzo, como mínimo, dos seus membros.
ARTIGO 6.-FUNCIÓNS DOS PROFESORES E TITORES.
Os profesores da Escola de Música terán as seguintes funcións:
a) Impartir as clases correspondentes, segundo a programación didáctica establecida.
b) Asistir ás reunións do Claustro, así como ás audicións que se establezan no curso.
c) Controlar o correcto uso e conservación do material adscrito á súa especialidade, e informar de posibles danos á Dirección.
d) Coidar de que as dependencias asignadas á Escola de Música estean sempre en perfecto estado de uso, e en caso contrario informar á Dirección desta circunstancia.
e) Organizar actividades complementarias para desenvolver as aptitudes dos seus alumnos, e alentar o seu desenvolvemento persoal,
Cada alumno terá asignado un profesor - titor, función que desempeñará nos profesores de instrumento, ou nos cursos de Música e Movemento e Iniciación á Linguaxe Musical o profesor que imparta estas asignaturas.
Corresponde ao profesor-titor:
Respecto dos alumnos:
1) Prestar información académica, dos deus dereitos e deberes, funcionamento do centro, e do contido e aplicación do Regulamento de Réxime Interno; asesorar ao alumno nos casos de préstamo de instrumentos, uso de aulas para estudo, matriculación, etc.
2) Personalizar os procesos de ensino, asesorar o proceso de promoción dos alumnos, e orientalo na toma de decisións sobre asuntos académicos.
3) Realizar o Boletín de Notas.
Respecto dos profesores:
1) Facer o seguimento do alumno en cada disciplina, en contacto cos profesores correspondentes.
2) Centralizar o proceso avaliador e a promoción que fan os profesores de cada alumno.
3) Coordinar accións común cos demais titores, dentro das programacións do Centro.
Respecto das familias dos alumnos menores:
1) Manter unha relación fluída cas mesmas, e implicalos nas actividades de apoio á aprendizaxe e orientación.
2) Procurar a colaboración das familias en relación co traballo persoal, facendo fincapé na necesidade de manter un estudo regular do instrumento musical e disciplinas teórico - prácticas do currículo, por ser necesaria unha labor de estudo en casa para o alumnado, dado que o ensino impartido no centro non é presencial.
3) Manter informados ás familias dos asuntos que afecten á educación musical dos seus fillos, e dispor de horarios de titoría presenciais no centro para a atención ás familias durante o curso académico.
ARTIGO 7.-COMPETENCIA DISCIPLINARIA.
As normas de disciplina serán obrigatorias para alumnos e outras persoas que usen as instalacións da Escola Municipal de Música.
As faltas leves serán sancionadas polo profesor ou a Dirección do centro.
As faltas graves serán sancionadas pola Dirección do Centro.
As faltas moi graves serán sancionadas polo Claustro, previo nomeamento dun instrutor que leve a cabo o correspondente expediente disciplinario.
ARTIGO 8.-CLASES DE FALTAS DE DISCIPLINA.
Serán consideradas faltas leves:
a) Danos non graves causados intencionadamente nas instalacións ou material da Escola, ou en bens e obxectos pertencentes a membros da comunidade educativa (alumnos, profesores e familias).
b) Calquera acto inxustificado que prexudique de forma leve o funcionamento normal da Escola.
Serán consideradas faltas graves:
a) Actos de indisciplina, inxurias, ofensas, actuacións violentas ou agresións físicas contra os demais membros da comunidade educativa.
b) A suplantación de personalidade en actos da vida docente, e a falsificación, roubo ou dano de documentos académicos.
c) Danos graves causados intencionadamente nas instalacións ou material da Escola, ou en bens e obxectos pertencentes a membros da comunidade educativa.
d) Calquera acto inxustificado que prexudique de forma grave o funcionamento normal da Escola.
e) A acumulación de tres faltas leves durante o curso académico.
Serán consideradas faltas moi graves:
a) Actos de indisciplina, inxurias, ofensas, actuacións violentas ou agresións físicas graves contra os demais membros da comunidade educativa.
b) Faltas tipificadas como graves, se nelas concorren as circunstancias de colectividade ou publicidade intencionada.
c) A incitación sistemática a actuacións gravemente prexudiciais para a saúde e a integridade persoal dos membros da comunidade educativa.
d) A acumulación de tres faltas graves durante o curso académico.
ARTIGO 9.-SANCIÓNS.
As faltas leves serán sancionadas mediante apercibimento verbal ou envío de notificación escrita á familia, no caso de menores.
As sancións por faltas graves e moi graves poderán consistir en:
1) Realización de traballos que se consideren beneficiosos para a comunidade educativa.
2) Expulsión temporal determinada do centro. Sete días no caso de faltas graves e ata quince no caso de faltas moi graves.
3) Expulsión definitiva do centro, con devolución, se procede, do instrumental de titularidade municipal que estivera ao seu cargo.
ARTIGO 10.-MATRICULACIÓN.
1) Nos meses de xullo e setembro, previa convocatoria no taboleiro de anuncios do centro, páxina web do Concello de Negreira e outros medios de difusión, abrirase o prazo para a presentación de solicitudes de ingreso na Escola Municipal de Música de Negreira.
2) Terán prioridade os alumnos que xa estaban matriculados na escola o curso anterior.
3) Rematado o prazo de presentación de solicitudes para novo ingreso, e avaliadas as prazas vacantes e/ou dispoñibles, no caso de que o número de solicitantes sexa maior que o de prazas vacantes ou dispoñibles usarase como método de adxudicación de prazas o sorteo público, fixando como único criterio de rexeitamento de solicitude que o solicitante non sexa veciño de Negreira.
4) Aquelas persoas que soliciten a súa entrada na Escola con estudios previos noutros centros, deberán ser avaliados polos profesores de instrumento e linguaxe musical para comprobar o nivel do alumno.A decisión corresponderá aos profesores de linguaxe musical e o de instrumento.
5) Os alumnos maiores de 7 anos que non procedan de ningunha outra escola de música terán que pasar unha proba de nivel, e os profesores decidirán en qué curso deberá ir o citado alumno. Os menores de 7 anos organizaranse nos cursos de Música e Movemento 1, Música e Movemento 2 e Iniciación á Linguaxe Musical, segundo as idades establecidas no artigo 12.
6) A idade mínima de matriculación na escola será de 4-5 anos. En ningún caso se aceptará matricular a nenos menores de 4 anos, nin no caso de nenos que vaian a cumprir 4 anos a partir de xaneiro do curso correspondente.
7) Poderá negarse a matriculación non casos nos que o responsable do alumno teña débedas co Concello de Negreira pola taxa correspondente á Escola de Música. Notificada esta circunstancia ao interesado, nun prazo de 15 días naturais poderá aboar a débeda pendente e, a continuación, realizarase a matriculación se así o desexa.
8) Naqueles casos que, estando matriculado un alumno, se deixe de aboar a correspondente taxa durante tres meses seguidos, apercibirase ao responsable do alumno, concedéndolle un prazo de 15 días para que regularice a súa situación. De non facelo así, por resolución de Alcaldía previa consulta ao Director, poderase anular a matrícula para o curso actual.
ARTIGO 11.-CALENDARIO.
As clases na Escola Municipal de Música de Negreira comezarán a primeiros de outubro e rematarán a finais de xuño.
O calendario escolar e laboral do persoal da Escola axustarase tendo en conta as normas do Calendario Escolar para Centros Públicos que dite a Xunta de Galicia, podendo escoller dous días non lectivos para o centro, que xeralmente coincidirán cos elixidos polo CEIP O Coto de Negreira. Calquera outro día que o Concello de Negreira declare como non lectivo tamén o será para a Escola Municipal de Música.
ARTIGO 12.-ESPECIALIDADES, MATERIA E TEMPO A IMPARTIR.
| Linguaxe musical | Educación vocal e auditiva | Conxunto instrumental | Instrumento |
Música e movemento 1 (4-5 anos) | 1 sesión de 1 hora semanal | NON | NON | NON |
Música e movemento 2 (5-6 anos) | 1 sesión de 1 hora semanal | NON | NON | NON |
Iniciación á linguaxe musical (6-7 anos) | 2 sesións de 45 minutos semanais | NON | NON | 1 sesión de 20 minutos semanais a partires do 2.º trimestre (Excepto violín, que terá 20 minutos dende o 1.º trimestre) |
Linguaxe musical 1 (7-8 anos) | 1 sesión de 1 hora semanal | 1 sesión de 1 hora semanal | NON | 1 sesión de 30 minutos semanais |
Linguaxe musical 2 | 1 sesión de 1 hora semanal | 1 sesión de 1 hora semanal | 1 sesión de 1 hora semanal | 1 sesión de 30 minutos semanais |
Linguaxe musical 3 | 1 sesión de 1 hora semanal | 1 sesión de 1 hora semanal | 1 sesión de 1 hora semanal | 1 sesión de 30 minutos semanais |
Linguaxe musical 4 | 1 sesión de 1 hora semanal | 1 sesión de 1 hora semanal | 1 sesión de 1 hora semanal | 1 sesión de 45 minutos semanais |
Preparación proba de acceso | 1 sesión de hora semanal | 1 sesión de hora semanal | 1 sesión de 1 hora semanal | 1 sesión de 45 minutos semanais |
Adultos 1 | 1 sesión de 1 hora semanal | NON | NON | 1 sesión de 30 minutos semanais a partires do 2.º trimestre |
Adultos 2 | 1 sesión de 1 hora semanal | NON | NON | 1 sesión de 30 minutos semanales |
Só Instrumento | NON | NON | NON | 1 sesión de 45 minutos semanales |
ARTIGO 13.-ESPECIALIDADES INSTRUMENTAIS.
Frauta traveseira
Clarinete
Saxofón
Violín
Gaita
Percusión
Trompeta
Trombón
Tuba/bombardino
Trompa
Guitarra
ARTIGO 14.-IDADE MÍNIMA DOS ALUMNOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN.
a) A idade mínima para entrar na Escola de Música de Negreira será de 4-5 anos. Os alumnos de 4 anos terán que cumprir os 5 a partir do novo ano en curso.
b) Os cursos de Música e Movemento 1 e 2 serán cursos para aprender música mediante o xogo. Ningún neno poderá repetir estes cursos, e a avaliación non será numérica, senón que terá dúas opción (Progresa Adecuadamente ou Necesita Mellorar). Avaliaranse os coñecementos que os nenos vaian aprendendo e tamén a súa actitude nas clases.
c) O curso de Iniciación á Linguaxe Musical farano nenos con 6-7 anos. Este curso incorpora xa a asignatura de Instrumento, e aquí aprenderán as súas primeiras nocións de linguaxe musical e de lectura rítmica e melódica. A avaliación será igual ca dos cursos anteriores, pero incluirá a asignatura de Instrumento.
d) A partir de Linguaxe Musical 1 as notas serán numéricas. En ningún caso poderán asistir a estas clases nenos menores de 7-8 anos. Neste curso, os alumnos que non estean suficientemente preparados e non alcancen os obxectivos programados para o curso deberán repetilo, sempre baixo o criterio do profesor, tras consultalo co Claustro, e deberá informarse á familia.
e) Calquera alumno maior de 18 anos deberá asistir ás clases de música para adultos, podendo incorporarse despois de Adultos 2 ao curso de Preparación para a Proba de Acceso. En ningún caso poderá cursar Linguaxe Musical 1, 2, 3 ou 4, a non ser que a dirección do centro, de acordo co Claustro de profesores, así o determine como excepción.
f) Calquera alumno que entre na Escola Municipal de Música de Negreira e faga os seus cursos da forma correcta debería rematar os mesmos con 11-13 anos, idade perfecta para facer a Proba de Acceso a calquera Conservatorio de Grao Medio, ou para seguir aprendendo na Escola na modalidade de Só Instrumento.
g) Calquera alumno que non teña nocións musicais non poderá matricularse na especialidade de Só Instrumento. Esta especialidade está pensada para alumnos, xeralmente adultos, que xa teñen nocións musicais. Porén, a dirección do centro, de acordo co Claustro de pProfesores, poderá decidir se algún alumno menor de idade pode optar a esta especialidade, ou pola contra ten que matricularse en calquera outro curso que se determine.
ARTIGO 15.-VIXENCIA.
Este Regulamento entrará en vigor ó día seguinte da publicación íntegra do seu texto no BOP da Coruña tras a aprobación definitiva, ademais de ter transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.