Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº 27, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE CAMPAMENTOS EDUCATIVOS E DE CONCILIACION DE VIDA FAMILIAR E LABORAL

Publicación provisional: 18/07/2018 BOP Nº: 136
Publicación definitiva: 13/09/2018 BOP Nº: 175
Aplicable dende: 13/09/2018

Fundamentacion legal

No uso das facultades concedidas polo artigo 133.2 e 142 da Constitución Española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, reguladora das bases de Réxime local, e de conformidad eco disposto nos artigos 15 e 19, en relación co artigo 20 do Real Decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido das Facendas Locais, o Concello de Cerceda establece a taxa pola prestación de servizos complementarios de campamentos educativos incluídos no programa Bos Días Cole.

Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible do prezo publico a prestación do servizo incluido no seguinte programa de campamentos educativos e de conciliación da vida familiar e laboral, Bos días cole, que conta con un regulamento de funcionamento propio, cos seguintes obxectivos:

Facilitar a cidadanía de Cerceda a conciliación da vida familiar, laboral e persoal, atendendo ao alumnado contando con profesionais especializado.

Contribuír á educación e á ocupación do tempo libre dende o respecto, tolerancia, convivencia e educación en igualdade.

Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos do prezo público, en concepto de contribuintes, as persoas que resulten beneficiarias ou afectadas pola actividade administrativa ou constitúe o feito impoñible polo prezo publico. En concreto, os pais, nais, titores legai e, en xeral aquelas persoas que ostentan a patria postestade dos nenos e das nenas que fagan uso de este servizo.

Pagamento

O pagamento das cotas realizarase mensualmente nos dez primeiros días naturais do mes a que correspondan.

A falta de asistencia da nena ou do neno ao programa non supón redución nin exención da cota mentres non se formalice a baixa correspondente.

A falta de pagamento de unha mensualidade, total ou parcial sen prexuízo da súa exixencia polo procedemento administrativo de constrinximento, orixinará a perda do dereito á praza.

Prezos

A contía da taxa será a seguinte:

Tódalas persoas que fagan uso do servizo aboarán en concepto de matrícula: 10,00 €.

As persoas usuarias fixas, con matrícula tódolos días da semán:

Sen almorzo: 30,00 €/mes

Con almorzo: 55,00 €/mes.

As persoas usuarias fíxas matriculadas por días soltos, ata un máximo de 12 días, a partir do día 13 aboarase o mes completo.

Sen almorzo: 2,50 €/día.

Con almorzo: 3,50 €/días.

Persoas usuarias ocasionais:

Sen almorzo: 3,50 €/día

Con almorzo: 4,50 €/día.

Descontos

1. Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto no punto anterior, aplicaranse os seguinte descontos que non son acumulables entre si:

a) Nenos e nenas pertencentes a familias numerosas, descontos do 20% (entenderase por familia numerosa aquelas que reúna as condicións que determina a Lei.

b) Exención total ou parcial do pago do prezo público, de aqueles menores que se atopen nunha situación de vulnerabilide, previa acreditación do persoal técnico de servizos sociais, que fará constar en díto informe a reducción a aplicar ou a exención do pago pola prestación do servizo.