Ponteceso - ORDENANZA MUNICIPAL NON FISCAL PARA A PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DOS CAMIÑOS E VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS EN RELACIÓN COAS OPERACIÓNS DE SACA DE MADEIRA

Publicación provisional: 06/06/2018 BOP Nº: 106
Publicación definitiva: 01/10/2018 BOP Nº: 187
Aplicable dende: 19/10/2018

Preámbulo.

A presente ordenanza ten como finalidade primordial a de velar pola debida conservación dos camiños e vías públicas municipais, en relación cos danos e desperfectos que poden sufrir os mesmos, como consecuencia das operacións de saca de madeira, comprendéndose dentro desta tanto as operacións preparatorias da corta da madeira como as posteriores. Resulta tamén prioritario a interese en protexer ás persoas, vivendas e outras edificacións nos supostos de incendios forestais; e para isto considérase esencial que as vías de acceso ás zonas rurais e forestais se atopen sempre en perfecto estado.

O uso dos camiños e vías públicas municipais en condicións óptimas é un dereito de toda a comunidade de usuarios, e esixe dunha intervención administrativa que regule as condicións nas que se deben de realizar as operacións de saca de madeira nos montes e parcelas do Concello, tanto públicos como privados, xa que son por todos coñecidos os importantes danos e desperfectos que ás veces ocasionan estas actividades nos nosos camiños.

Os investimentos realizados nos últimos anos nas vías públicas e na rede de camiños municipais para rehabilitar pistas e camiños de titularidade municipal induce a implantar unha normativa que sen interferir na actividade económica forestal, que tanta importancia ten neste concello, protexa a rede viaria municipal e o medio rural, garantindo os accesos aos núcleos de poboación, vivendas illadas, e explotacións agro-gandeiras e forestais de Ponteceso.

Trátase, en definitiva, con esta ordenanza, de facer compatible a actividade de aproveitamento forestal coa preservación do medio natural, a protección paisaxística, a conservación dos camiños municipais e a seguridade vial.

Artigo 1.-Obxecto.

A presente ordenanza ten por obxecto a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais fronte os danos e desperfectos que poden sufrir os mesmos como consecuencia das sacas de madeira que se produzan dentro do termo municipal de Ponteceso.

Artigo 2.-Fundamento.

A regulamentación por medio da presente ordenanza das operacións de saca de madeira fundaméntase no uso das competencias que lle atribúen ao Concello os artigos 4.1.a), 25.2.d) e 84 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; os artigos 6.1.a), 80.2.d) e 286 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia; e os artigos 3.1 e 74 e seguintes do R.D. 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Corporacións Locais.

A intervención a través de comunicación previa para a protección do dominio público viario e a regulación do procedemento e comunicación necesario, para a súa verificación posterior, fundaméntase nos artigos 4 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, e 69 da Lei 39/2015, e nos artigos 84.c), 84 bis e 84 ter da Lei 7/1985, LRBRL.

Artigo 3.-Ámbito de aplicación.

1.-Para os efectos desta ordenanza, enténdese por operacións de saca de madeira a totalidade das que se desenvolvan para a obtención de madeira de tala, tanto as previas á corta de madeira (desprazamento de vehículos e/ou maquinaria, preparación dos terreos, accesos ás fincas) como as posteriores (preparación, depósito, carga e transporte) a realizar no termo municipal de Ponteceso.

2.-Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta ordenanza:

- As tallas puntuais de exemplares de árbores illadas.

- As podas e refaldes en plantacións forestais.

- O clareo de rebrotes de cepa de menos de tres anos.

- Os traballos de desbroce e limpeza de predios e montes.

- As tallas que teñan por finalidade os aproveitamentos para uso doméstico ata 5 Tm, ou a eliminación dunha situación de perigo para as persoas ou bens.

Artigo 4.-Comunicación previa.

1.-Para garantir a conservación dos camiños e vías públicas municipais con motivo da execución de operacións de saca de madeira dentro do termo municipal de Ponteceso, será obrigatorio presentar nas oficinas municipais, con 10 días hábiles de antelación á data prevista para o inicio da súa execución, un escrito de comunicación previa, conforme ao modelo contemplado no Anexo desta ordenanza, e sen prexuízo da obtención dos permisos e/ou autorizacións sectoriais que, conforme á normativa vixente, sexan necesarios para cortar montes ou terreos forestais.

2.-O escrito de comunicación previa deberá estar asinado polo madeireiro, e nel deberán constar os seguintes datos:

- Datos de identificación do madeireiro e do propietario forestal:

Persoa física: nome, apelidos, NIF, enderezo e teléfono.

Persoa xurídica: razón social, NIF, enderezo, teléfono, nome, apelidos e NIF do representante da empresa.

- Datas previstas de inicio e remate dos traballos de saca de madeira.

- Identificación da finca ou monte afectado, lugar e parroquia onde se sitúa.

- Especie de madeira obxecto da corta.

- Toneladas métricas de madeira que se prevén extraer.

- Modelo, matrícula e peso máximo autorizado dos vehículos e maquinaria a empregar nas operacións a desenvolver.

- Lugares previstos para depósito da madeira á espera da súa carga.

- Camiños e viais municipais a empregar nas operacións de saca de madeira.

3.-Xunto co escrito de comunicación previa, deberase aportar a seguinte documentación:

- Fotocopia compulsada do NIF do madeireiro.

- No seu caso, copia da solicitude de autorización para aproveitamento madeireiro, ou da notificación, ante o organismo que corresponda, de conformidade co disposto na Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia e Decreto 50/2014, do 10 de abril.

- Ficha catastral dos montes e/ou parcelas afectados/as.

- Plano indicativo dos camiños e vías a empregar nas operacións de saca de madeira.

- Plano indicativo das zonas elixidas para depósito da madeira.

4.-Poderase facer unha comunicación previa para varios montes e/ou parcelas cando os traballos vaian a realizarse simultaneamente. Neste caso deberán constar na comunicación os seus datos identificativos (conforme ao establecido nos apartados anteriores deste artigo e no Anexo), incorporando a correspondente ficha catastral.

5.-No caso de que se incumpra a obriga de comunicación previa establecida neste artigo, o Concello poderá suspender os actos de saca de madeira que se estean realizando, e proceder de conformidade co establecido nos apartados 2.º e 3.º do seguinte artigo.

6.-Unha vez presentada no rexistro xeral do Concello, por calquera dos medios establecidos na Lei 39/2015, a documentación sinalada nos apartados 2.º e 3.º deste artigo, e previamente ao inicio dos traballos de saca de madeira, os servizos técnicos urbanísticos municipais ou ben os funcionarios da Policía Local, comprobarán o estado físico dos camiños e vías que vaian ser utilizados, obtendo as fotografías que sexan pertinentes para acreditar a súa realidade física, emitindo o seu informe que se incorporará ao expediente.

7.-O Concello, excepcionalmente, poderá denegar ou limitar o acceso e/ou o depósito por calquera das vías ou zonas indicadas no escrito de comunicación previa, de forma motivada, tendo en conta o seu estado, a resistencia do seu firme, a súa ubicación, a súa utilización na data solicitada para outros fins, ou calquera outra causa xustificada.

8.-No caso de que se incumpra a obriga de presentar o escrito de comunicación previa establecida neste artigo, o concello suspenderá os actos de saca de madeira que estean a realizar. Neste suposto, o concello, requirirá á persoa responsable, madeireiro ou propietario, outorgándolle o prazo que se considere oportuno para o seu cumprimento, que non poderá exceder dun mes. Cando o madeireiro non poida ser identificado, será responsables do cumprimento da obriga os propietarios dos montes ou parcelas de que se trate. O disposto neste apartado, enténdese sen prexuízo da imposición das sancións que correspondan polo incumprimento desta ordenanza.

9.-Se o escrito de comunicación previa ou a a documentación se presentara incompleta, requirirase ao interesado, ao abeiro do artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, para que no prazo de 10 días hábiles presente as emendas, aclaracións ou subsanacións, coa advertencia de que namentres quedará suspendido o procedemento. O incumprimento ou o defectuoso acatamento do requirimento levará consigo a resolución do expediente co desistimento, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

10.-O Concello terá o prazo de dez días hábiles para declarar completa a documentación presentada, sen contar as posibles suspensións do procedemento que poida haber. Rematado o prazo sen ditar a resolución na que se declare completa a documentación presentada, os seus efectos serán de silencio positivo.

Artigo 5.-Obrigas.

1.-Son obrigas do madeireiro encargado de realizar as operacións de saca da madeira as seguintes:

- Presentar nas oficinas municipais o escrito de comunicación previa nos termos indicados no artigo anterior.

- Sinalizar os viais situados nas zonas de extracción e depósito da madeira, conforme ao establecido na normativa vixente en materia de tráfico, circulación e seguridade vial

- Limpar, retirar ou eliminar os residuos procedentes da corta da madeira e das operacións de carga e almacenamento, de xeito que as pistas, camiños ou espazos públicos queden en todo momento no mesmo estado de limpeza e conservación que tiñan antes de levarse a cabo esas operacións. Esta obriga deberá cumprirse todos os días ao final da xornada de traballo.

- Limpar as superficies dos montes e terreos forestais de xeito que non queden restos ou materiais que poidan constituír risco de incendio.

- Repor ao seu estado anterior as ramplas abertas para facilitar o acceso ás fincas ou montes.

- Responder dos danos e desperfectos ocasionados nos lugares da tala, viais de acceso, instalacións e demais infraestruturas, como consecuencia da realización das actividades de saca de madeira.

- Constituír a garantía a prol do Concello, conforme ao establecido no artigo 6.

2- En caso de que o madeireiro incumpra algunha das obrigas contidas no apartado anterior, o Concello requirirao para o seu cumprimento, outorgándolle o prazo que se considere oportuno en cada caso, sen que poda exceder dun mes. Cando o madeireiro non puidera ser identificado, serán responsables do cumprimento desas obrigas os propietarios dos montes e/ou parcelas de que se trate.

3.-O disposto no apartado anterior deste artigo, enténdese sen prexuízo da imposición das sancións que correspondan polos incumprimentos desta ordenanza, conforme ao establecido nos artigos 8 a 12 da mesma.

Artigo 6.-Garantía.

1.-Para responder das obrigas establecidas nesta ordenanza, o madeireiro deberá depositar garantía a prol do Concello, en calquera das formas establecidas nos artigos 55 e seguintes do vixente Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas.

2.-Os servizos técnicos municipais, á vista do escrito de comunicación previa e da documentación sinalada no artigo 4 emitirán un informe, no prazo de dez días hábiles a contar dende o seguinte ao da súa presentación, onde concretarán o importe da garantía en función das características das operacións a realizar. Para a súa fixación, teranse en conta, entre outras circunstancias, o peso da madeira que se vai extraer, segundo o seguinte:

- Garantía para conservación de camiños, incluída a limpeza dos lugares de depósito e a limpeza propia dos camiños ou viais municipais utilizados: 1¿50 €/ Tm. de madeira extraída, cun mínimo de 300 €.

Os servizos técnicos tamén terán en conta para fixar o importe da garantía o peso dos vehículos e/ou maquinaria que se vai utilizar e o estado dos viais municipais que se utilizarán para o seu tránsito, para cuantificación dos posibles danos que se poidan ocasionar aos mesmos.

A persoa responsable poderá optar por constituír a garantía mediante un ingreso en metálico na caixa da Corporación, ou entidade financeira sinalada para o efecto.

Para acadar unha maior axilidade na tramitación de expedientes de comunicación previa os interesados que habitualmente realicen traballos forestais pola rede viaria municipal poderán optar pola constitución da garantía por medio dun depósito en metálico por cada comunicación previa tramitada, ou ben realizar un único depósito en metálico polo importe alzado de 6.000,00 €. Neste último caso o depósito terá unha duración de un ano. Ao seu vencemento o titular poderá solicitar a cancelación e devolución ou ben continuar co mesmo, sempre afecto ao cumprimento da obriga da reposición dos danos que se poidan causar aos viais e camiños municipais por mor dos traballos a realizar e das outras obrigas establecidas no artigo 5.

3.-A persoa responsable deberá depositar a garantía na Tesourería Municipal, no prazo de cinco días hábiles a contar dende a recepción da comunicación na que se lle dará traslado do informe técnico no que se estableza a súa contía, e en todo caso, con anterioridade á data prevista do comezo dos traballos da saca de madeira.

4.-No caso de que se incumpra a obriga a que se refire o apartado anterior, o Concello poderá suspender os actos de saca de madeira que se estean realizando, e proceder de conformidade co establecido no artigo 5.2 desta ordenanza.

5.-Unha vez rematados os traballos de saca de madeira e presentada a comunicación no concello, os Servizos Técnicos Municipais deberán emitir un informe, no prazo de cinco días hábiles, no que se deixe constancia do cumprimento ou incumprimento das obrigas das que a garantía debe responder.

6.-No caso do cumprimento, o Concello devolverá a garantía previo informe favorable dos Servizos Técnicos Municipais, no que quede reflectido que non se causaron danos nin desperfectos nas vías e infraestruturas públicas municipais, e de que as pistas, camiños ou espazos públicos utilizados se atopan en perfecto estado de conservación e limpeza unha vez rematados os traballos. No caso de que a persoa responsable optara pola constitución do depósito a tanto alzado que cubra outros traballos, segundo o apartado 2 deste artigo o mesmo quedará afecto ao cumprimento das outras obrigas que legalmente correspondan ao seu titular.

7.-En caso de incumprimento, o Concello procederá de conformidade co establecido no artigo 5 .2 desta ordenanza. Transcorrido o prazo outorgado no requirimento, si este foi atendido, o Concello devolverá a garantía, previo informe favorable dos Servizos Técnicos Municipais. Transcorrido ese prazo sen que se de cumprimento ao requirimento, o Concello acordará a realización dos traballos que sexan necesarios, mediante á execución subsidiaria a costa do obrigado, sobre o importe da garantía depositada.

8.-Cando as cantidades depositadas en concepto de garantía resulten insuficientes para sufragar os traballos mencionados no parágrafo anterior, liquidarase e recadarase a diferencia en concepto de ingreso de dereito público.

Artigo 7.-Prohibicións.

O madeireiro encargado de realizar as operacións de saca da madeira deberá respectar as seguintes prohibicións:

- Iniciar os traballos de talla sen contar cos permisos e/ou autorizacións sectoriais correspondentes.

- Iniciar os traballo de talla sen a presentación da comunicación previa para a obtención da autorización municipal.

- Usar as vías públicas para almacén ou depósito da madeira. Os depósitos de rolla, ramas ou podalla, non poderán invadir as zonas de circulación de vehículos e persoas, nin menoscabar as infraestruturas anexas aos viais, nin supoñer un risco para os usuarios da vía.

- Efectuar desprazamentos de terra que polas súas características deban ser considerados como movementos de terra.

Artigo 8.-Infraccións.

1.-Constitúen infraccións a esta ordenanza as accións ou omisións tipificadas como moi graves, graves e leves, de conformidade co disposto nos apartados 2.º, 3.º e 4.º deste artigo.

2.-Serán infraccións moi graves:

a) Realizar calquera das actividades relacionadas coa saca de madeira sen o previo depósito da garantía no importe que corresponda.

b) Non presentar o escrito de comunicación a que se refire o artigo 4.2 desta ordenanza, unha vez requirido polo Concello e dentro do prazo establecido no requirimento.

c) Non achegar a documentación sinalada no artigo 4.3 desta ordenanza, unha vez requirido polo Concello e dentro do prazo establecido no requirimento.

d) Non realizar os traballos necesarios para que as infraestruturas, pistas, camiños e/ou espazos públicos municipais utilizados se manteñan en perfecto estado de conservación e limpeza unha vez rematados os traballos, unha vez requirido polo Concello e dentro do prazo establecido no requirimento.

e) Ocultar ou falsear calquera dos datos a que se refire o artigo 4.2 desta ordenanza.

f) Ocultar ou falsear a documentación relacionada no artigo 4.3 desta ordenanza.

g) Realizar os traballos de saca de madeira usando infraestruturas, pistas, camiños e/ou espazos públicos municipais respecto dos cales se tivese denegado por parte do Concello a súa utilización, de conformidade co disposto no artigo 4.7.

h) Deixar as vías públicas municipais nun estado que supoña unha situación de risco para a seguridade vial, segundo o informe municipal que se emita.

i) A comisión, nun prazo dun ano, de dúas faltas graves que sexan firmes na vía administrativa.

3. Serán infraccións graves:

a) Non presentar o escrito de comunicación previa (aínda que se achegue despois de ser requirido polo Concello).

b) Deixar as vías municipais en deficiente estado, segundo o informe municipal que se emita.

c) Non demoler ou non repor ao seu estado orixinal as ramplas ou accesos que se construíron ou abriron para entrar nos terreos.

d) A comisión, nun prazo dun ano, de dúas faltas leves, que sexan firmes na vía administrativa.

4.-Serán infraccións leves:

Calquera outro incumprimento dos requisitos, obrigas e/ou prohibicións establecidas nesta ordenanza, e que non estea cualificada como moi grave ou grave.

5.-Na valoración da gravidade das infraccións teranse en conta a existencia de intencionalidade, a natureza dos prexuízos causados, a reiteración dos feitos, a capacidade económica do infractor e a intensidade dos danos causados ás vías públicas e/ou aos usuarios das mesmas.

Artigo 9.-Responsables.

1.-Serán responsables da tramitación da comunicación previa, cumprimento do establecido na presente ordenanza e, no seu caso, das infraccións sinaladas no artigo anterior as persoas físicas e xurídicas que as cometan en calidade de propietarios ou madeireiros.

2.-Os propietarios dos montes e/ou parcelas serán responsables das infraccións de que se trate no suposto de non identificar aos madeireiros, unha vez sexan requiridos polo Concello, e transcorrido o prazo de dez días hábiles a contar dende o seguinte ao da recepción do requirimento.

Artigo 10.-Sancións.

1.-As infraccións desta ordenanza serán sancionadas coas seguintes multas:

- Infraccións leves: multa de ata 300,00 €.

- Infraccións graves: multa de contía comprendida entre 300,01 e 1.000,00 €.

- Faltas moi graves: multa de contía comprendida entre 1.000,01 e 3.000,00 €.

2.-Na gradación das sancións deberase gardar a axeitada adecuación entre a gravidade da infracción cometida e a sanción aplicada.

3.-A imposición das sancións que procedan non eximirá aos responsables de realizar os traballos de limpeza que sexan necesarios, da reparación dos danos causados e de indemnizar polos prexuízos e perdas a que houbese lugar.

Artigo 11.-Órganos competentes.

1.-Será órgano competente para iniciar o procedemento sancionador o alcalde ou concelleiro en quen delegue.

2.-A función instrutora exercerase pola autoridade ou funcionario que designe o órgano competente para a incoación do procedemento, sen que poida recaer en quen tivera competencia para resolver o mesmo.

3.-Será órgano competente para resolver o procedemento sancionador a Alcaldía.

Artigo 12.-Procedemento sancionador.

A imposición das sancións requirirá a tramitación do correspondente procedemento, de conformidade co disposto nos artigos 25 a 31 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

DISPOSICIÓNS FINAIS

Primeira.-Habilítase á Alcaldía para ditar as disposicións ou instrucións que resulten necesarias para a interpretación, desenvolvemento e aplicación da presente ordenanza.

Segunda.-En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a presente ordenanza entrará en vigor unha vez que se publique o seu texto integramente no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo de quince días hábiles previsto no artigo 65.2 do citado texto legal.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2  da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.