Carral - Ordenanza reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mercadorìas, materiais de construcción, entullos, valos, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións anñalogas
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza
Facendo uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de Réxime local e conforme ó disposto no artigo 20, alínea 3, letra g) da Lei 39/1988, reguladora das Facendas locais.
Artigo 2.º .-Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público mediante a ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, entullos, valos, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións análogas.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades a que se refire o art. 33 da Lei xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiada pola utilización ou aproveitamento especial do dominio público, ben a través da oportuna licencia solicitada polo contribuínte ou ben de oficio se se constata o feito impoñible desta taxa a través dos informes da Policía Local.
Artigo 4.º .-Categoría das rúas
Para os efectos previstos para a aplicación dalgúns epígrafes da tarifa da alínea do art.5º seguinte, as vías públicas deste municipio clasifícanse nunha única categoría.
Artigo 5.º .-Cota tributaria
1. A cota tributaria, regulada nesta ordenanza, será a fixada nas tarifas que a seguir se pormenorizan:
Dereitos pesetas
Conceptos | Unidad | Por día | Por mes | Por año |
A) Valos | metro cadrado | 6 | 180 | 2.400 |
B) Andamios | metro lineal por elemento | 10 | 600 | 7.200 |
C) Puntais | por elemento | 4 | 120 | 1.600 |
D) Asnelos | metro lineal | 10 | 600 | 7.200 |
E) Mercadorías | metro cadrado | 6 | 180 | 2.400 |
F) Materiais de construcción e entullos | metro cadrado | 10 | 600 | 7.200 |
Artigo 6.º .-Normas de xestión
1. Cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta ordenanza se producisen desperfectos no pavimento ou instalacións da vía pública, os suxeitos pasivos estarán suxeitos ó reintegro total dos gastos de reconstrucción e reparación de tales desperfectos ou a repara-los danos orixinados, que serán, en todo caso, independentes dos dereitos liquidados polos aproveitamentos.
2. As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza, deberán solicitar previamente a correspondente licencia.
3. As cotas sinaladas son irreducibles e a obriga de pagamento da taxa nace no momento de outorgarse a correspondente licencia ou no da iniciación da utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público.
4. No momento de presenta-la solicitude para a obtención da correspondente licencia, deberá achegar tamén fotocopia compulsada do Seguro de Riscos Laborais.
5. Se non se determinou con exactitude a duración do aproveitamento unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa
6. A presentación da baixa producirá efectos a partir do día primeiro do período natural de tempo seguinte ó sinalado no epígrafe da tarifa que corresponda. Sexa cal sexa a causa que se alegue en contrario, a non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.
Artigo 7.º .-Obriga de pagamento
1. A obriga de pagamento da taxa nace:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos na vía pública, no momento de solicita-la correspondente licencia.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados ou prorrogadas, o día primeiro de cada semestre natural.
2. O pagamento da taxa realizarase:
a) Tratándose de autorizacións de novos aproveitamentos ou de aproveitamentos con duración limitada, por ingreso directo na Tesourería Municipal ou onde establecese o Concello, pero sempre antes de retira-la licencia ou documento que corresponda.
b) Tratándose de autorizacións xa concedidas e sen duración limitada, unha vez incluídas nos correspondentes padróns ou matrículas deste prezo público, por semestres naturais nas oficinas da Recadación Municipal, desde o día 16 do primeiro mes do semestre ata o día 15 do segundo.
Disposición final
A presente Ordenanza fiscal, aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación na sesión realizada o 23 de decembro de 1998 e que quedou definitivamente aprobada con data 6 de febreiro de 1999, rexerá a partir da publicación do texto íntegro desta ordenanza e manterase vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.