Dodro - ORDENANZA FISCAL Nº 6 REGULADORA DA TAXA POR LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS

Publicación provisional: 05/03/1999 BOP Nº: 52
Publicación definitiva: 28/04/1999 BOP Nº: 95
Aplicable dende: 28/04/1999

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e os artigos 20 e 58 da Lei 39/88, do 28 de decembro; e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88 citada, na súa nova redacción dada pola Lei 25/98, do 13 de xullo, de modificación do Réxime Xeral das Taxas Estatais e Locais e Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público, este Concello acorda a imposición e ordenación da taxa por licencia de apertura de establecementos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.º .-Feito imponible.

1. Constitúe o feito imponible da taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calesquera outras esixidas polas correspondentes ordenanzas e regulamentos municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo para o outorgamento por este Concello da licencia de apertura a que se refire o artigo 22 do Regulamento de Servicios das Corporacións Locais.

2. Para tal efecto, terá a consideración de apertura:

a) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comezo ás súas actividades.

b) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.

c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación das mesmas.

d) As transmisións inter-vivos que non sexan de pais a fillos e entre cónxuxes.

3. Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ó público, que non se destine exclusivamente a vivenda, e que:

a) Se dedique ó exercicio dalgunha actividade empresarial, fabril, artesá, da construcción, comercial e de servicios, que estea suxeita ó imposto sobre actividades económicas.

b) Aínda sen desenvolverse aquelas actividades, sirvan de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñan relación con elas en forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamento, como por exemplo, almacéns, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais, escritorios, oficinas, despachos, estudios ou calquera outra análoga.

Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver ou, no seu caso, se desenvolva en calquera establecemento industrial ou mercantil.

Artigo 4.º .-Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Cota tributaria.

A cota desta taxa será a seguinte:

- Grupo I.-Gasolineiras: 175.000 pesetas.

- Grupo II.-Bancos: 150.000 pesetas.

- Grupo III.-Granxas: 20.000 pesetas.

- Grupo IV.-Resto de establecementos: 15.000 pesetas.

Artigo 6.º .-Exencións e bonificacións.

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da taxa.

Artigo 7.º .-Percepción.

1. Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito imponible. Para estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de apertura, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.

2. Cando a apertura tivese lugar sen ter obtido a oportuna licencia, terase dereito a percibi-la taxa cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación de expediente sancionador por infracción tributaria.

3. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada, de ningún xeito, pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia.

Artigo 8.º .-Declaración.

1. As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente, no réxime xeral, a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desenvolver no local.

2. Se despois de formulada a solicitude de licencia de apertura se variase ou ampliase a actividade a desenvolver no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas por tal establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións terán de poñerse en coñecemento da Administración municipal.

Artigo 9.º .-Liquidación e ingreso.

Rematada a actividade municipal e unha vez dictada a resolución municipal que proceda sobre a licencia de apertura, practicarse a liquidación correspondente pola taxa, que será notificada ó suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas arcas municipais, utilizando os medios de pagamento e os prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.

Artigo 10.º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal, cunha redacción definitiva aprobada polo Pleno da corporación en sesión celebrada o día 2-2-99, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación íntegra no BOP e será de aplicación a partir dese mesmo día, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.