Arteixo - Ordenanza fiscal nº 13, reguladora da taxa pola retirada de vehículos da vía pública e depósito dos mesmos

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 26/12/2018 BOP Nº: 245
Aplicable dende: 26/12/2018

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos

15 a 19 da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o Concello de Arteixo establece a Taxa pola retirada de vehículos da vía pública e depósito dos mesmos, a que se refire o artigo 20.4.z) da Lei 39/88, de acordo co previsto no Texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial e cuxas normas atenden ao prevenido no artigo 58 da citada Lei de facendas locais.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúe o feito impoñible da presente exacción, a prestación do servizo de recepción obrigatoria de retirada, traslado e almacenamento de vehículos que se atoparan na vía pública e terreos contiguos, así como a inmobilización dos mesmos, que constitúan un perigo ou impidan ou perturben gravemente a circulación, así como o funcionamento dalgún servizo público.

A retirada, inmobilización, traslado e almacenamento dos vehículos producirase nos casos previstos na lexislación vixente e nos sinalados na regulamentación para a corrección de infraccións na zona de regulación e ordenación de aparcamentos, de acordo coas disposicións municipais que regulan este Servizo.

ARTIGO 3. OBRIGA DE CONTRIBUÍR

A obriga de contribuír nacerá, devengándose a taxa, no intre no que interveñen os axentes municipais co fin de retirar ou trasladar os vehículos. Na modalidade de depósito, devengarase a taxa a nace a obriga de contribuír desde que o vehículo chega ao local destinado ao seu depósito.

ARTIGO 4. SUXEITO PASIVO.

Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas ou as entidades a que se refire a Lei xeral tributaria, que resulten afectadas por la prestación del servizo. A falla de proba en contrario, entenderase que o afectado pola prestación do servizo e o titular que figure no permiso de circulación.

Serán responsabeis subsidiarios os administradores de sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de crebas, concursos, sociedades e as entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinale a Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5. BENEFICIOS FISCAIS

Non serán aplicabeis beneficios fiscais, agás os que se poidan establecer en normas con rango de lei e os derivados da aplicación de tratados internacionais.

ARTIGO 6. BASE DE GRAVAME

A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa determinada en función da natureza do servizo prestado.

ARTIGO 7. TARIFAS

Rexerán as seguintes tarifas:

1. Retirada e traslado ao depósito, por cada vehículo:

1.1. Motocicletas, motocarros e vehículos análogos 18,00 €

1.2. Turismos e furgonetas con carga de até 1.100 Kg. 62,00 €

1.3. Turismos e furgonetas de tonelaxe, con carga superior a 1.100 Kg até 2.500 Kg. 74,00 €

1.4. Vehículos de tonelaxe, con carga, superior a 2.500 kg ata 4.500 Kg. 110,00 €

1.5. Vehículos de tonelaxe, con carga superior a 4.500 Kg, cun límite de 10.000 Kg. 573,00 €

1.6. Cando o importe da factura emitida pola empresa que efectúe a retirada do vehículo, sexa superior á tarifa mencionada no apartado 1.5, o contribuínte deberá aboar o custo total da retirada ( o importe da tarifa máis a diferenza entre esta e a factura emitida).

1.7. En caso de que non se produza o traslado do vehículo por facerse cargo do mesmo o suxeito pasivo antes da saída do coche-guindastre cara ao depósito, percibirase o 50% das tarifas anteriores.

2. Almacenamento de vehículos, por unidade e día ou fracción:

2.1. Motocicletas, motocarros e vehículos análogos 7,00 €

2.2. Turismos e furgonetas cun peso máximo, con carga, de até 1.100 Kg. 13,00 €

2.3. Turismos e furgonetas de tonelaxe, con carga, superior a 1.100 Kg até 2.500 Kg. 23,00 €

2.4. Vehículos de tonelaxe, con carga, superior a 2.500 Kg até 4.500 Kg. 46,00 €

2.5. Vehículos de tonelaxe, con carga, superior a 4.500 Kg cun límite de 10.000 kg. 74,00 €

3. Inmobilización de vehículos:

3.1. Vehículos de todas clases, con tonelaxe até 1.000 kg. 33,00€

3.2. Vehículos de todas clases, con tonelaxe superior a 1.000 Kg e inferior a 5.000 kg. 46,00 €

3.3. Vehículos de todas clases con tonelaxe superior a 5.000 Kg. 113,00 €

ARTIGO 8. NORMAS COMPLEMENTARIAS E DE XESTIÓN.

1.- As taxas reguladas nesta ordenanza son exixibles e plenamente compatibles coas sancións que procedan de acordo coa Ordenanza municipal de circulación.

2.- Trasladado o vehículo ao depósito, pola dependencia administrativa que corresponda ou pola empresa prestadora do servizo, cursaráse comunicación ao titular do vehículo para que se faga cargo do mesmo e aboe o importe das taxas correspondentes previo á retirada do vehículo.

3. A saída de toda clase de vehículos almacenados no depósito , deberá ser autorizada por quen dispuxo o seu ingreso ou persoa habilitada para iso, e únicamente poderán ser entregados aos titulares ou persoas autorizadas , abonando o importe das taxas reguladas nesta ordenanza con carácter previo á retirada do vehículo.

4. Cando se proceda a inmobilizar un vehículo mediante a utilización de cepos ou outros procedementos mecánicos similares para impedir su uso, os condutores ou propietarios dos mesmos, solicitaran aos axentes municipais a retirada do mecanismo, para o que deberán ingresar o importe da cota prevista no artigo 7, aplicándose o resto das normas de xestión previstas nesta ordenanza.

5. Formas de pago.

5.1. A) A través de tarxeta de crédito ou débito de calquera entidade financeira a través dos termináis de punto de venda (TPV en adiante), ou a través dun Caixeiro de autoservizo, habilitados para o efecto.

B) En metálico, a través de caixeiro de autoservizo.

5.2. Os ingresos derivados da utilización dos TPVs e Caixeiros de autoservizo , mediante tarxeta, e en efectivo serán abonados en conta bancaria de titularidade municipal e a Policia Local deberá xustificar quincenalmente perante os servizos económicos de Rendas e Tesourería a cobranza da taxa para o que emitirá informe comprensivo de : Datos do vehículo, do titular do vehículo, días de estancia no depósito, e do importe liquidado e concepto das taxas por aplicación da presente ordenanza fiscal.

Os obrigados ao pago recibirán o xustificante de pago que expida o TPV ou o Caixeiro, e xunto coa acta ou documento de entrega cos datos comprensivos do apartado anterior, que surtirá efectos liberatorios ante os mesmos.

ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS.

En todo o relativo á cualificacion das infraccions tributarias cometidas e a súa sanción, estarase ao disposto na Lei xeral tributaria e na ordenanza fiscal xeral.

DISPOSICIÓN ADICIÓNAL.

As tarifas anteriores incrementaranse anualmente na porcentaxe do IPC

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 31 de outubro de 1996.

Foi modificada posteriormente segundo acordos plenarios de data 6 de novembro de 1998, seis de setembro de 2001, 18 de xullo de 2002, 29 de xaneiro de 2004, 28 de xullo de 2005, 28 de setembro de 2006 e 25 de outubro de 2007.Posteriormente, modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 4 de setembro de 2008, entrando en vigor o día 1 de xaneiro de 2009.

A presente modificación foi aprobada polo concello Pleno en sesión celebrada o 31 de outubro de 2018, entrando en vigor logo da súa publicación no BOP e permanecendo vixente ata a súa modificación ou derogación expresas.