Vedra - BASES POLAS QUE SE REXE O PROCESO DE ADMISION AO CENTRO COWORKING DE VEDRA

Publicación provisional: 29/03/2019 BOP Nº: 61
Publicación definitiva: 28/05/2019 BOP Nº: 99
Aplicable dende: 28/05/2019

Preámbulo

O Centro Coworking de Vedra é un centro municipal regulado polas presentes bases que se configura como de carácter público, polivalente e que pode ser complementario doutros servizos ou elementos de apoio, protección e desenvolvemento da actividade económica local, que o propio Concello ou outra institución pública ou privada, veña prestando, por si só ou en colaboración con terceiros, e que persegue promover o desenvolvemento económico local a través do apoio e fomento de recentes iniciativas empresariais no ámbito xeográfico do municipio, co consecuente efecto positivo sobre a creación de emprego e riqueza do tecido produtivo. Promóvese a xeración de riqueza económica e social en Vedra, potenciando o termo municipal como destino atractivo as inversións e a creación e crecemento de empresas, mellorando as oportunidades de aceso ao emprego.

Artigo 1.- Obxecto.

As presentes bases teñen por obxecto establecer os criterios de admisión como usuarios dos servizos de apoio ao emprendemento que se desenvolvan no centro de espazos compartidos de empresas, en diante Centro COWORKING de Vedra.

O Centro COWORKING de Vedra facilitará ás persoas beneficiarias, a posibilidade de dispoñer dun espazo de traballo dotado dunha serie de servizos e infraestruturas comúns que, propiciando a relación con outras empresas e/ou profesionais nunha situación similar, aseguren as súas posibilidades de crecemento, consolidación e éxito empresarial.

Trátase dunha forma de entender a actividade empresarial que permite ás persoas usuarias dispoñer dun espazo de traballo diáfano, co obxecto de potenciar e desenvolver a cooperación entre as empresas situadas nel.

Recoñécense como fins xerais do Centro COWORKING de Vedra os seguintes:

a) Impulsar a creación de novas empresas innovadoras.

b) Fomento da cultura de colaboración e o traballo en común.

c) Apoiar e asesorar ás persoas emprendedoras no proceso de posta en marcha do seu proxecto.

d) Axudar no desenvolvemento empresarial para consolidar as empresas.

e) Cooperar con outras institucións que apoian a creación de empresas.

f) Contribuír á diversificación da estrutura produtiva local e á xeración de emprego de calidade.

g) Crear espazos para a reflexión, participación e cooperación de todos os actores locais, tanto públicos como privados, implicados na promoción económica e o desenvolvemento local.

h) Fomentar a cultura emprendedora e o uso de prácticas innovadoras nos diferentes ámbitos da vida.

i) En xeral, colaborar no desenvolvemento de calquera acción que sirva aos fins anteriores.

Como fins específicos do Centro COWORKING de Vedra compre destacar:

a) Fomento do emprendemento, do asociacionismo, cooperativismo, traballo en rede entre as empresas locais e grupos asociativos do territorio.

b) Favorecer a comunicación, intercambio de experiencias e metodoloxías de traballo entre as distintas empresas implantadas no centro, así como aquelas outras entidades que fagan uso non permanente das instalacións.

c) Fomentar e aproximar o uso das TIC¿s a emprendedores/PEMES, tecido asociativo e público en xeral mediante o propio espazo coworking e o acceso a rede wiffi libre dentro do recinto da Estación.

d) Promover a mellora social dos colectivos desfavorecidos, mulleres, mozos/as, persoas con discapacidade (mínimo 33%), desempregados de 50 ou mais anos, desempregados de longa duración, ... a través de:

- Dando prioridade na adxudicación de uso das instalacións

- Convenios de colaboración na formación en centros de traballo

- Utilización do centro para busca activa de emprego (sempre e cando haxa dispoñibilidade e tendo en conta as normas de réxime interno de uso) concretamente da zona TIC.

- Posta das instalacións a disposición das asociacións vinculadas ou que promovan a mellora dos colectivos máis desfavorecidos.

- Descontos nos gastos xerais (electricidade, telefonía, limpeza,...) dos espazos comúns e individuais do centro coworking de un 50% para o primeiro ano e un 25% para o segundo ano.

e) Favorecer a conservación do medio ambiente mediante o emprego de enerxía renovables (placas solares) o que supón unha mellora da eficiencia enerxética (mínimo do 25% de aforro).

f) Valorización do patrimonio natural, recuperación ambiental e a xestión sostible do Ulla no seu percorrido polo termo municipal.

g) Valorización, promoción e divulgación dos recursos do territorio (turísticos, producións locais, artesanía, ...).

h) Asentamento da poboación mediante o fomento da iniciativa empresarial.

Artigo 2.- Localización, natureza xurídica e espazos dispoñibles.

O Centro COWORKING de Vedra, localízase no lugar de Galegos, na parroquia de Santa Cruz de Ribadulla (Concello de Vedra), concretamente nun coche motor RENFE acondicionado aos efectos situado no entorno da Antiga Estación de Renfe de Santa Cruz de Ribadulla e na antiga Casa da Estación de Renfe.

Coordenadas de situación do Centro COWORKING:

Latitude: 42º 46¿ 35,90¿¿

Lonxitude: 8º 25¿ 41,58¿¿

O Centro COWORKING de Vedra conta coa seguinte delimitación de espazos:

a) Sala de reunións con capacidade mínima para 8 persoas.

b) Espazo de traballo cunha capacidade mínima de 5 empresas e máxima de 10 empresas.

c) Zona TIC con capacidade para 24 persoas.

d) Dous despachos independentes.

e) Aula con capacidade para 30 persoas.

f) Sala de espera.

g) Aseos interiores e exteriores.

Artigo 3.- Servizos.

Os servizos que se prestan no Centro COWORKING de Vedra son:

1.- Cesión de espazos de traballo.

2.- Servizos de apoio ao empredemento.

3.- Acceso e uso de servizos comúns tales como medios audiovisuais, acceso a wiffi e internet, sala de reunións/xuntas, zona TIC, ¿

4.- Subministro de auga, calefacción, enerxía eléctrica, recollida selectiva de lixo.

Artigo 4.- Beneficiarios.

Poderán acceder a este espazo de coworking:

a) As persoas promotoras de proxectos empresariais e as entidades que cumpran coa definición de micro-empresas, pequena e mediana empresa que teñan a súa sede social no municipio de Vedra.

b) Asociacións vinculadas principalmente cos colectivos máis desfavorecidos, con aquelas que teñan nos seus fins sociais a protección e conservación do medio ambiente e/ou a valorización do patrimonio natural e a produción local e empresarial, que teñan a súa sede social no municipio de Vedra.

Artigo 5.- Requisitos de acceso.

Poderán optar ao uso e goce das instalacións e/ou servizos calquera persoa física ou xurídica que se atope dentro dos seguintes apartados:

1.- Persoas emprendedoras, aquelas que estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa.

2.- Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan como máximo dous anos dende a data da súa alta censal e que, comezando a súa actividade empresarial, precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, dando prioridade a súa pertenza a sectores relacionados coa tecnoloxía, investigación e innovación.

Todas as empresas deberán carecer de locais propios onde exercer a actividade.

3.- Usuarios/as puntuais, aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual soliciten o uso das instalacións e/ou servizos do Centro para actuacións vinculadas co emprendemento, cos colectivos máis desfavorecidos, con aquelas que teñan nos seus fins sociais a protección e conservación do medio ambiente e/ou valorización do patrimonio natural e a produción local e empresarial.

Para o uso das instalacións e adxudicación ás empresas ou colectivos destinatarios do Centro COWORKING de Vedra, terase en conta a seguinte orde de prioridade:

a) Iniciativas empresariais promovidas por mulleres, mozos/mozas ou por unha entidade onde como mínimo o 50% dos socios sexan mulleres ou mozos/mozas (ata 40 anos inclusive).

b) Iniciativas empresariais promovidas por unha entidade privada sen ánimo de lucro ou cooperativa.

c) Iniciativas empresarias promovidas por unha ou varias persoas con discapacidade (mínimo 33%), desempregados/as de 50 ou máis anos ou de longa duración, ou por unha entidade onde cando menos algún dos socios pertenzan a algún dos colectivos descritos anteriormente.

Ademais as empresas instaladas (en adiante usuarios) comprometeranse mediante a sinatura dun convenio de colaboración na formación en centros de traballo a aqueles participantes en cursos de formación que organice o concello e que teñan como destinatarios colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, sempre e cando a actividade empresarial teña relación coa programación curricular da acción formativa.

Artigo 6.- Condicións.

O horario do Centro COWORKING de Vedra será de luns a domingo de 8 a 22.00 horas.

As actividades emprendedoras e empresariais que se leven a cabo neste espazo terán dereito preferente de uso, polo que o espazo usarase para outras actividades no horario citado sempre que non se estean desenvolvendo actividades emprendedores e empresariais nel.

No suposto de que se trate de actividades abertas ao público, poderán coexistir no mesmo espazo se así o desexan as persoas concesionarias dos espazos do Centro COWORKING de Vedra.

No suposto de proxectos empresariais ou as entidades que cumpran coa definición de micro-empresas, pequena e mediana empresa o período máximo de estancia será de un ano, prorrogable por un ano máis.

No suposto de Asociacións vinculadas principalmente cos colectivos máis desfavorecidos, con aquelas que teñan nos seus fins sociais a protección e conservación do medio ambiente e/ou a valorización do patrimonio natural e a produción local e empresarial, polas horas que dure a actividade para a cal se solicita o espazo.

Artigo 7.- Procedemento de concesión do dereito de acceso.

1.- Solicitude de acceso:

O impreso de solicitude encóntrase a disposición das persoas solicitantes a partir da data de aprobación destas Bases na Área de Emprego e Formación do Concello de Vedra, así como na web desta Entidade www.concellodevedra.com na área de Emprego e Formación.

2.- Presentación de solicitudes:

Unha vez cuberta a solicitude xunto á documentación requirida nas presentes bases, presentarase nas oficinas de Rexistro do Concello de Vedra ou a través de calquera das modalidades de presentación de escritos recollidas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

A presentación da solicitude, ademais, poderase realizar por vía telemática a través dos medios que para iso se poñan a disposición.

A presentación da solicitude por parte das persoas interesadas implicará a aceptación do contido das presentes bases.

3.- Documentación que debe presentarse xunto coa solicitude:

a) Solicitude de acceso ao Centro COWORKING de Vedra.

b) DNI dos emprendedores e/ou promotores do proxecto empresarial ou dos xerentes e/ou socios integrantes da empresa.

c) Copia da Tarxeta de Identificación Fiscal.

d) Certificado de conta bancaria expedido pola Entidade Financeira.

e) Certificado orixinal expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, acreditativo de atoparse ao corrente no pago dos importes derivados do Réxime Xeral ou do Réxime Especial dos Traballadores Autónomos da Seguridade Social.

f) Certificados orixinais expedidos por todas as Administracións Públicas coas que a empresa teña obrigas de carácter tributario, nos que se acredite que a mesma está ao corrente de ditas obrigas.

g) Plan de Empresa e Viabilidade.

En todos os casos, o Concello de Vedra poderá requirir as persoas solicitantes dos beneficios contemplados nestas bases canta documentación e/ou información complementaria considere precisa para a axeitada compresión e avaliación da solicitude presentada.

Se se observa que a solicitude é defectuosa ou incompleta, requirirase á persoa solicitante para que no prazo máximo de 10 días emende a falta e/ou acompañe os documentos preceptivos, indicando no devandito requirimento que se así non o fixese, teráselle por desistido/a das súa petición, arquivándose sen máis trámite o expediente.

4.- Valoración das solicitudes:

As solicitudes serán valoradas e tramitadas polo persoal técnico da Entidade, e resoltas mediante notificación expresa e individualizada da Alcaldía do Concello de Vedra.

A resolución será comunicada as persoas solicitantes, indicándolles no seu caso, o prazo para a firma do convenio de cesión correspondente.

Artigo 8.- Convocatoria de acceso.

O acceso, así como o uso de espazos e servizos ofertados polo Centro COWORKING de Vedra, rexerase por un sistema de convocatoria aberta e de carácter permanente.

Artigo 9.- Convenio de cesión.

Previamente á ocupación do espazo, o Concello de Vedra poderá requirir as persoas concesionarias a contratación dun Seguro de Responsabilidade Civil para a cobertura dos danos persoais e materiais que polo exercicio da actividade, funcionamento do mecanismos instalados, etc. puideran ocasionarse no espazo ocupado, as instalacións e elementos comúns, a terceiros e a outros beneficiarios. Estes/as deberán entregar unha copia da póliza do seguro contratado e a xustificar documentalmente o pago das primas anuais durante o período de vixencia do convenio.

O Concello de Vedra subscribirá con cada cesionario/a o convenio que determinará as condicións tanto xerais como particulares reguladoras da cesión do uso de dito espazo.

Artigo 10.- Réxime de Estancia.

a) Normas comúns de uso:

1.- O dereito de uso do espazo é persoal e intransferible, non podendo ser arrendado nin cedido en todo ou en parte, nin sequera a título gratuito ou accidental.

2.- Deberán iniciar e/ou desenvolver a totalidade da súa actividade nos espazos cedidos, salvo as autorizadas pola entidade cedente.

3.- Deberán dispor das licenzas e autorizacións administrativas que sexan precisas para o inicio e desenvolvemento da súa actividade, de conformidade coa normativa vixente ao respecto.

4.- Deberán comezar a súa actividade no espazo cedido no prazo máximo dun mes a contar dende a data da notificación da cesión.

5.- O convenio de cesión firmarase nun prazo non superior ao mes da notificación da cesión do espazo.

6.- Deberán manter o espazo en estado de uso efectivo; excepcionalmente e a proposta razoada do Concello de Vedra, poderase autorizar o cese temporal no seu uso. Se cesara no uso do espazo con carácter definitivo, virá obrigado a devolvelo nas mesmas condicións en que lle foi entregado.

7.- Unha vez rematada a estancia no espazo correspondente, o/a beneficiario/a deberá retirar todas as súas pertenzas do mesmo. No suposto de non realizalo, o Concello de Vedra poderá apartar as mesmas, e pasado un prazo de 3 meses dende a finalización da estancia, procederá á súa destrución.

b) Elementos comúns:

Teñen a consideración de elementos comúns todos aqueles que pola súa natureza sexan susceptibles de uso e aproveitamento común polos/as cesionarios/as, ou ben sexan de utilidade xeral.

Os/as cesionarios/as teñen o dereito ao uso dos elementos comúns de forma que non impidan o uso dos mesmos aos demais e de conformidade coas normas que estableza o Concello de Vedra, quen resolverá os conflitos que se produzan a este respecto.

c) Servizos a ofrecer aos/as cesionarios/as:

Co obxecto de asegurar o correcto funcionamento do Centro COWORKING de Vedra, o Concello de Vedra ofreceralles aos/as cesionarios/as os seguintes servizos:

- Servizos mínimos de carácter xeral:

Terán esta consideración aqueles servizos que afecten á xeneralidade dos/as cesionarios/as, tendo este carácter os seguintes: limpeza e mantemento, calefacción, aire acondicionado, electricidade e un xogo de chaves que devolverán unha vez rescindido o convenio.

- Servizos mínimos de carácter individual:

Terán esta consideración aqueles servizos susceptibles de uso individualizado por cada un dos/as concesionarios/as, e en particular: mesas, sillas, caixoneiras, taquillas¿

En calquera caso, aos proxectos e empresas situados no espazo de coworking non se lles asignará unha mesa concreta, sen embargo disporán da súa propia caixoneira e taquilla sempre e cando haxa dispoñibilidade.

d) Importes a satisfacer polos/as cesionarios/as:

Cada cesionario/a deberá facerse cargo do importe correspondente á cesión do espazo. Os importes IVE non incluído detállanse na Ordenanza correspondente do Concello de Vedra e inclúen tanto os servizos mínimos de carácter individual como os de carácter xeral.

A forma de facturación desta importe determinarase no correspondente convenio de cesión.

Artigo 11.- Xestión e administración.

O Concello de Vedra encargarase da xestión e administración do Centro, desenvolvendo a tales efectos o seguintes cometidos:

- Mantemento, funcionamento e conservación dos elementos comúns.

- Provisión aos/as cesionarios/as dos servizos mínimos e opcionais descritos anteriormente.

- Facturación e cobro aos/as cesionarios/as.

- Seguimento do cumprimento das condicións establecidas nas presentes bases e no convenio de cesión subscrito entres os/as cesionarios/as e o Concello de Vedra.

- Mantemento dos servizos mínimos de carácter individual, sempre que os mesmos sexan usados correctamente, atendendo ás regras do bo uso dos mesmos.

Artigo 12.- Obrigas dos beneficiarios

1.- Facilitar ao Concello de Vedra a información que sexa requirida en exercicio das súas funcións con respecto ao obxecto deste Programa.

2.- Informar puntualmente sobre calquera alteración das condicións convidas co Concello de Vedra.

3.- Facer un bo uso das instalacións, así como dos elementos comúns e dos servizos mínimos de carácter individual.

4.- A seguridade de cada espazo será responsabilidade dos correspondentes cesionarios/as.

5.- En xeral, todas as que se sinalan nas presentes Bases, así como as obrigas que se sinalen no convenio de cesión.

Artigo 13.- Incumprimento e consecuencias

O incumprimento, e a consecuente rescisión do convenio, serán declarados por Resolución da Alcaldía do Concello de Vedra. Con carácter previo a dita Resolución, os servizos técnicos do Concello emitirán un informe ao respecto.

Para declarar a rescisión do convenio por incumprimento das obrigas de pago por parte dos/as cesionarios/as será suficiente con ter advertido de tal extremo ao incumpridor no momento en que deixe, por primeira vez, de aboar en prazo o importe que corresponda.

Artigo 14.- Vixencia das Bases

Estas bases serán de aplicación ás solicitudes que se presenten dende a data de aprobación das mesmas e en tanto non se acorde cesar a prestación dos servizos aquí regulados por parte do Concello de Vedra.

No suposto de que durante a vixencia destas Bases fora preciso desenvolver algún dos aspectos que se contemplan nas mesmas, ou realizar algunha adaptación que non supoña unha alteración substancial do mesmo, o Alcalde do Concello de Vedra terá potestade para autorizar ditos cambios, dando conta ao Pleno na primeira convocatoria do mesmo que teña lugar tras a adopción das mesmas.

Artigo 15.- Protección de datos de carácter persoal.

De conformidade co disposto na Lei Orgánica 5/1999 de 13 de decembro, o Concello de Vedra informa que os datos de carácter persoal que se reflexen na documentación á que de lugar a tramitación das presentes Bases pasarán a formar parte dos ficheiros de datos do Concello de Vedra, con domicilio en Avda. Mestre M. Gómez, nº 1 - 15885 - Vedra, coa finalidade de facilitar a xestión dos servizos que, con carácter xeral, presta esta Entidade. Neste concepto inclúese tanto a remisión de información sobre actividades organizadas pola mesma, como a posible inclusión dos datos identificativos da empresa en memorias, directorios, informes ou outras publicacións de carácter divulgativo que poida realizar esta Entidade.

Os ficheiros de datos do Concello de Vedra, foron notificados a Axencia Española de Protección de datos e contan coas medidas de seguridade precisas para garantir a total seguridade nos mesmos

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

O regulamento non dispón a súa entrada en vigor, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

 ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo). 

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."