Teo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

Publicación provisional: 20/11/2004 BOP Nº: 268
Publicación definitiva: 31/12/2004 BOP Nº: 300
Aplicable dende: 10/06/2019

Artigo 1.º .- Fundamento e réxime

De acordo ó establecido no artigo 59 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o Concello de Teo establece o imposto sobre bens inmobles, cumprindo así o mandato imperativo contido no dito artigo.

O imposto sobre bens inmobles rexerase neste municipio:

a) Polas normas reguladoras deste, contidas no Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e polas demais disposicións legais e regulamentarias que complementen e desenvolvan esta lei.

b) Pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2º .- Natureza

O imposto sobre bens inmobles é un tributo directo de carácter real que grava o valor dos bens inmobles nos termos establecidos no RDLex 2/2004, de 5 de marzo, e na presente ordenanza.

Artigo 3.º .-Feito impoñible

1. Constitúe o feito impoñible do imposto a titularidade dos seguintes dereitos sobre os bens inmobles rústicos e urbanos e sobre os inmobles de características especiais:

a) Dunha concesión administrativa sobre os propios inmobles ou sobre os servicios públicos a que se atopen afectos.

b) Dun dereito real de superficie.

c) Dun dereito real de usufructo.

d) Do dereito de propiedade.

2. A realización do feito impoñible que corresponda, dos definidos no apartado anterior pola orde nel establecido, determinará a non suxeición do inmoble ás restantes modalidades previstas neste.

3. No caso de que un mesmo inmoble se atope localizado en distintos termos municipais, entenderase, para os efectos deste imposto, que pertence a cada un deles pola superficie que ocupe no respectivo termo municipal.

Artigo 4.º .-Clases de bens inmobles para os efectos do imposto.

1.-Terán a consideración de ben inmoble a parcela ou porción de solo dunha mesma natureza, encravada nun termo municipal e pechada por unha liña poligonal que delimita, para tales efectos, o ámbito espacial do dereito de propiedade dun propietario ou de varios pro indiviso e, no seu caso, as construccións emprazadas no dito ámbito, calquera que sexa o seu dono, e con independencia doutros dereitos que recaian sobre do inmoble.

2.-Terán tamén a consideración de bens inmobles:

a) Os diferentes elementos privativos das edificacións que sexan susceptibles de aproveitamento independente, sometidos ó réxime especial de propiedade horizontal, así coma o conxunto constituído por diferentes elementos privativos mutuamente vencellados e adquiridos en unidade de acto e, nas condicións que determinen os regulamentos de desenrolo do Real Decreto 1/2004, Texto refundido da Lei de Catastro Inmobiliario, os trasteiros e prazas de estacionamento en pro indiviso adscritos ó uso e goce exclusivo e permanente dun titular. A atribución dos elementos comúns ós respectivos inmobles, ós simples efectos da súa valoración catastral, realizarase na forma que se determine no devandito desenrolo regulamentario.

b) O ámbito espacial dunha concesión administrativa sobre dos bens inmobles ou sobre dos servicios públicos ós que se atopen afectos.

c) Os bens inmobles de características especiais.

3.-Os bens inmobles clasifícanse catastralmente en urbanos, rústicos ou de características especiais. O carácter urbano ou rústico do inmoble dependerá da natureza do solo.

4.-Enténdese por solo de natureza urbana o clasificado polo planeamento urbanístico coma urbano, o que teña a consideración de urbanizable segundo o planeamento i estea incluído en sectores, así coma o resto do solo clasificado como urbanizable a partir do momento de aprobación do instrumento urbanístico que o desenrole, e o que reúna sas características contidas no artigo 8 da Lei 6/1998, de 13 de abril, sobre Réxime do Solo e Valoracións. Terán a mesma consideración aqueles solos nos que se poidan exercer facultades urbanísticas equivalentes ós anteriores segundo a lexislación da Comunidade Autónoma de Galicia vixente.

Exceptúase da consideración de solo urbano o que integre os bens inmobles de características especiais.

5.-Enténdese por solo de natureza rústica aquel que non sexa de natureza urbana nin estea integrado nun ben inmoble de características especiais.

6.-Terán a consideración de construccións:

a) As edificacións, sexan cal sexan os materiais dos que estean construídas e o uso ó que se destinen, sempre que se atopen unidos permanentemente ó solo e con independencia de que se alcen sobre da súa superficie ou se atopen encravados no subsolo e de que poidan ser transportados ou desmontados.

b) As instalacións industriais, comerciais, deportivas de recreo, agrícolas, gandeiras, forestais e piscícolas de auga doce, considerándose coma tales, entre outros, os diques, tanques, zonas de carga, peiraos, pantaláns e invernadoiros, e excluíndose, en todo caso, a maquinaria e os útiles.

c) As obras de urbanización e de mellora, tales coma as explanacións, e as que se realicen para o uso dos espacios descubertos, coma son os recintos destinados a mercados, os depósitos ó aire libre, os campos para a práctica do deporte, os estacionamentos e os espacios anexos ou accesorios ós edificios e instalacións.

Non terán a consideración de construccións aquelas obras de urbanización ou mellora que determinen os regulamentos de desenrolo da Lei do Catastro Inmobiliario, sen prexuízo de que o seu valor se deba incorporar ó do ben inmoble coma parte inherente ó valor do solo, nin os cubertos ou alpendres de escasa entidade.

7.-Os bens inmobles de características especiais constitúen un conxunto complexo de uso especializado, integrado por solo, edificacións, instalacións e obras de urbanización e mellora que, polo seu carácter unitario e por estar ligado de xeito definitivo para o seu funcionamento, se configura para os efectos catastrais coma un único ben inmoble.

Considéranse bens inmobles de características especiais os comprendidos nos seguintes grupos:

a) Os destinados á producción de enerxía eléctrica e gas e ó refinado de petróleo, e as centrais nucleares.

b) As presas, saltos de auga e encoros, incluído o seu leito ou vaso, excepto as destinadas en exclusiva ó regadío.

c) As autopistas, estradas e túneles de peaxe.

d) Os aeroportos e portos comerciais.

Artigo 5º . Supostos de non suxeición

Non están suxeitos ó imposto:

- As estradas, os camiños, as demais vías terrestres e os bens de dominio público marítimo-terrestre e hidráulico, sempre que sexan de aproveitamento público e gratuíto.

- Os seguintes bens inmobles propiedade deste Concello:

a) Os de dominio público afectos ó uso público.

b) Os de dominio público afectos a un servicio público xestionado directamente polo Concello e os bens patrimoniais, excepto cando se trate de inmobles cedidos a terceiros mediante contraprestación.

Artigo 6.º .-Exencións

1.-Estarán exentos os seguintes inmobles:

a) Os que sexan propiedade do Estado, das comunidades autónomas ou dos entes locais que estean directamente afectos á seguridade cidadá e ós servicios educativos e penitenciarios, así coma os que sexan propiedade do Estado afectos á defensa nacional.

b) Os bens comunais e os montes veciñais en man común.

c) Os da Igrexa católica, nos termos previstos no Acordo entre o Estado español e a Santa Sede sobre asuntos económicos, do 3 de xaneiro de 1979, e os das asociacións confesionais non católicas legalmente recoñecidas, nos termos establecidos nos respectivos acordos de cooperación subscritos en virtude do disposto no artigo 16 da Constitución.

d) Os da Cruz Vermella Española.

e) Os inmobles ós que sexa de aplicación a exención en virtude de convenios internacionais en vigor e, a condición de reciprocidade, os dos Gobernos estranxeiros destinados á súa representación diplomática, consular ou ós seus organismos oficiais.

f) A superficie dos montes poboados con especies de crecemento lento regulamentariamente determinadas, que teñan coma aproveitamento principal a madeira e a cortiza, sempre que a densidade do arborado sexa a propia ou normal da especie de que se trate.

g) Os terreos ocupados polas liñas de ferrocarrís e os edificios encravados nos mesmos terreos, que estean adicados a estacións, almacéns ou a calquera outro servicio indispensable para a explotación das ditas liñas. Non están exentos, polo tanto, os establecementos de hostalería, espectáculos, comerciais e de ocio, as casas destinadas a vivendas dos empregados, as oficinas da dirección nin as instalacións fabrís.

2.-Igualmente, previa solicitude, que deberá ser presentada antes da data do devengo, incluindo a acreditación do cumprimento dos requisitos esixibles para a aplicación da exención, estarán exentos:

a) Os bens inmobles que se destinen ó ensino por centros docentes acollidos, total ou parcialmente, ó réxime de concerto educativo, en canto á superficie afectada ó ensino concertado. Esta circunstancia acreditarase mediante:

- Certificado da Administración educativa correspondente, acreditativa da condición de centro concertado, asinable ós edificios e instalacións destinadas directa e exclusivamente ás actividades docentes obxecto de concerto.

- Informe da Dirección Xeral do Centro de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria acreditativo das superficies dos edificios ou conxuntos urbanísticos, adscritos exclusivamente á actividade educativa ou a servicios complementarios da ensinanza e de asistencia docente de carácter necesario, coa indicación do valor catastral asignado a cada un dos elementos citados.

Esta exención deberá ser compensada pola Administración competente.

b) Os declarados expresa e individualizadamente monumento ou xardín histórico de interese cultural, mediante Real decreto na forma establecida polo artigo 9 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español, e inscritos no rexistro xeral a que se refire o artigo 12 como integrantes do Patrimonio Histórico Español, así coma os comprendidos nas disposicións adicionais primeira, segunda e quinta da dita lei.

Esta exención terá os límites previstos no artigo 62.2.b) do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por RDLex. 2/2004.

c) A superficie dos montes nos que se realicen repoboacións forestais ou rexeneración de masas arboradas suxeitas a proxectos de ordenación ou plans técnicos aprobados pola Administración forestal. Esta circunstancia acreditarse mediante certificación acreditativa emitida pola Delegación Provincial da Dirección Xeral de Montes. Esta exención terá unha duración de 15 anos, contados a partir do período impositivo seguinte a aquel no que se realice a súa solicitude

3. Están exentos os bens inmobles situados no termo municipal deste Concello dos que sexan titulares os centros sanitarios de titularidade pública, sempre que estean afectos ó cumprimento dos fins específicos dos referidos centros. Esta circunstancia documentarase mediante certificado do organismo titular do centro sanitario, acreditando a afectación do centro ao cumplimento dos fins específicos destes.

4. Por último, e segundo o establecido no título I, capítulo III, artigo 15, da Lei 49/2002, do 23 de decembro, do Réxime Fiscal das Entidades sen Fins Lucrativos e dos Incentivos Fiscais ao Mecenado, estarán exentos os bens dos que sexan titulares as entidades sen fins lucrativos, excepto os afectos a explotacións económicas non exentas do imposto sobre sociedades. Para gozar da exención, as ditas entidades deberán comunicar ó Concello, antes da data do devengo do imposto, a opción regulada no artigo 14.1. da Lei 49/2002.

5. Gozarán, así mesmo, de exención, ó abeiro da habilitación contida no artigo 62.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, por motivos de eficiencia e economía na xestión recaudatoria, os inmobles de natureza urbana e rústica, sempre que a cota líquida, resultante da aplicación dos beneficios fiscais, sexa inferior a 6 euros. No caso de que toda-las cuotas dun suxeito pasivo relativas os bens rústicos que posea no concello estén agrupadas nun único documento de cobro, tomarase como referencia esta cota agrupada aos efectos de aplicar esta exención. Os bens inmobles de características especiais non estarán exentos por esta causa en ningún caso.

Artigo 7.º .-Suxeitos pasivos

1. Son suxeitos pasivos, a título de contribuíntes, as persoas naturais e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que teñan a titularidade do dereito que, en cada caso, sexa constitutivo do feito impoñible deste imposto, conforme ó disposto nesta ordenanza fiscal.

No suposto de concorrencia de varios concesionarios sobre un mesmo inmoble de características especiais será substituto do contribuínte o que deba satisfacer o maior canon.

2. O disposto no apartado anterior será de aplicación sen prexuízo da facultade do suxeito pasivo de repercutir a carga tributaria soportada, conforme as normas de dereito común.

3. O substituto do contribuínte a que se refire o apartado 1, poderá repercutir sobre os demais concesionarios a parte da cota líquida que lle corresponda en proporción ós canons que deba satisfacer cada un deles.

3. O Concello repercutirá a totalidade da cota líquida do imposto en quen, non reunindo a condición de suxeitos pasivos deste, fagan uso mediante contraprestación dos seus bens demaniais ou patrimoniais.

Artigo 8.º .-Afección real e responsabilidade

1.-Nos supostos de cambio, por calquera causa, na titularidade dos dereitos que constitúen o feito impoñible deste imposto, os bens inmobles obxecto dos ditos dereitos quedarán afectos ó pagamento da totalidade da cota tributaria, en réxime de responsabilidade subsidiaria, nos termos previstos la Lei Xeral Tributaria.

2.-Para os efectos anteditos, os notarios solicitarán información e advertirán expresamente aos comparecentes nos documentos que autoricen sobre as débedas pendentes polo Imposto de Bens Inmobles asociadas ao inmoble que se transmite, sobre o prazo dentro do cal están obrigados os interesados a presentar declaración do imposto, cando tal obrigación se manteña por non terse aportado a referencia catastral do inmoble, conforme o apartado 2 do artigo 43 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario e outras normas tributarias, sobre a afección dos bens ao pago da débeda tributaria e, asimesmo, sobre as responsabilidades en que incurran pola falta de presentación de decalracións, o non efectualas en prazo ou a pesentación de declaracións falsas, incompletas ou inexactas, conforme o previsto no artigo 70 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario e outras normas tributarias.

3.-Responderán de xeito solidario da cota deste imposto, i en proporción ás súas respectivas participacións, os copartícipes ou cotitulares das entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, se figuran inscritos coma tales no Catastro Inmobiliario. De non figurar inscritos, a responsabilidade esixirase por partes iguais en todo caso.

Artigo 9.º .-Base impoñible

A base impoñible deste imposto estará constituída polo valor catastral dos bens inmobles, que se determinará, notificará e será susceptible de impugnación conforme o disposto nas normas reguladoras do Catastro Inmobiliario.

Artigo 10.º .-Base liquidable

1.-A base liquidable deste imposto será o resultado de practicar na base impoñible a reducción á que se refiren os artigos 67, 68, 69 e 70 do RDL. 2/2004, de 5 de marzo, Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

2.-A base liquidable notificarase conxuntamente coa impoñible nos procedementos de valoración colectiva. A dita notificación incluirá a motivación da reducción aplicada mediante a indicación do valor base que corresponda ó inmoble, así coma dos importes da dita reducción e da base liquidable do primeiro ano de vixencia do novo valor catastral neste imposto.

Sen prexuizo do anterior, que sera aplicable nos procedementos de valoración colectiva de carácter xeral, nos casos de carácter parcial e simplificado, a motivación consistirá na expresión dos datos indicados no páragrafo anterior, referidos ao exercicio no que se practique a notificación.

3.-Nos procedementos de valoración colectiva, a determinación da base liquidable será competencia da Dirección Xeral do catastro e recorrible perante os tribunais económico-administrativos do Estado.

4. O coeficiente para a obtención do valor base utilizado para o cálculo da redución da base impoñible aplicable ás construcións ubicadas en solo rústico é 1.

Artigo 11.º .-Cota íntegra

A cota íntegra deste imposto será o resultado de aplicar á base liquidable o tipo de gravame ó que se refire o artigo 13º desta ordenanza.

Artigo 12.º .-Cota líquida

A cota líquida deste imposto será o resultado de minora-la cota íntegra co importe das bonificacións previstas nos artigos seguintes.

Artigo 13º .-Tipo de gravame

Os tipos de gravame aplicables neste concello serán os seguintes:

a) Bens inmobles de natureza urbana: 0,54%

b) Bens inmobles de natureza rústica: 0,30%

c) bens de características especiais: 1,3%

Artigo 14.º .-Bonificacións

1. Gozarán dunha bonificación do 50 por cento na cota íntegra do imposto, sempre que así o soliciten os interesados antes do inicio das obras, os inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria, tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta, e que non figuren entre os bens do seu inmobilizado.

O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá desde o período impositivo seguinte a aquel no que comecen as obras ata o posterior ó remate destas, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construción efectiva, e sen que, en ningún caso, poida exceder de tres períodos impositivos. A solicitude de bonificación débese formular antes do comezo das obras, entendendo por tal o momento de outorgamento da licenza, por parte da Administración municipal.

Para gozar da devandita bonificación os interesados deberán presentar a documentación seguinte:

a) Acreditación de que a empresa se dedica á actividade de urbanización, construción e promoción inmobiliaria, mediante a presentación dos estatutos da sociedade.

b) Acreditación de que o inmoble obxecto da bonificación non forma parte do inmobilizado, mediante certificación do administrador da sociedade ou fotocopia do último balance presentado ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria, para os efectos do imposto sobre sociedades.

c) Copia da solicitude de licencia de obra, se non se presenta simultaneamente.

d) Copia do documento de alta na actividade económica de construción ou promoción inmobiliaria no imposto sobre actividades económicas.

e) Certificación do técnico-director das obras de construción, visado polo colexio oficial competente, no que se indique a data de inicio das obras.

2. As vivendas de protección oficial e as equiparables a estas segundo a normativa da Comunidade Autónoma de Galicia, gozarán dunha bonificación do 50 por cento durante o prazo de tres períodos impositivos, contados dende o período seguinte ao do outorgamento da cualificación definitiva. Esta bonificación terá que ser solicitada polo interesado en calquera momento anterior á terminación dos tres períodos impositivos de duración daquela e producirá efectos dende o período seguinte á solicitude.

Ao longo dos períodos carto e quinto seguintes ao do outorgamento da cualificación definitiva, as vivendas de protección oficial gozarán dunha bonificación do 25% na cota íntegra do imposto, sempre que se manteña a titularidade do inmoble e este constitúa a residencia do titular.

Esta bonificación deberá solicitarse en calquera momento anterior á terminación dos cinco períodos, producindo efectos, en todo caso, dende o período seguinte ó da solicitude.

Os solicitantes presentarán a cédula de cualificación definitiva como vivenda de protección oficial do inmoble, a documentación acreditativa da titularidade do devandito inmoble, copla que acredite a presentación do modelo 901 de alteración da titularidade catastral, e facilitarase, en todo caso, a referencia catastral do inmoble.

Non haberá dereito a bonificación a partir do sexto exercicio, inclusive, dende o de outorgamento da cualificación definitiva.

3. Os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa gozarán dunha bonificación na cota íntegra do inmoble de uso residencial que constitúa a súa residencia habitual e na que estea empadroado, coas seguintes características:

Categoría de familia

numerosa

% Bonificación valor catastral menor ou igual a 60.000 euros

% Bonificación valor catastral entre 60.000 e 120.000 euros

% Bonificación valor catastral maior de 120.000 ata 240.000 euros

Xeral

45

30

20

Especial

55

40

30

Para a aplicación das bonificacións será requisito imprescindible que o interesado a solicite, debendo acreditar:

a) O empadroamento na vivenda obxecto de solicitude.

b) A condición de categoría de familia numerosa, por medio do título oficial.

c) Para gozar desta bonificación deberá presentar, anualmente, unha copra compulsada do título de familia numerosa.

Non se poderá aplicar a bonificación a máis dunha vivenda por titular.

Con carácter xeral, o efecto da concesión da bonificación comezará a partir do exercicio seguinte á data da solicitude e non terá carácter retroactivo.

4. Terán dereito a unha bonificación do 95 por cento da cota íntegra e, no seu caso, do recargo provincial, os bens rústicos das cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra, nos termos establecidos na Lei 20/I990, do 19 de decembro, sobre o réxime fiscal das cooperativas.

Os solicitantes presentarán o certificado sobre a condición de cooperativas agrarias ou de explotación comunitaria da terra, emitido pola administración correspondente.

5. Gozarán dunha bonificación do 95% da cota íntegra do imposto os inmobles nos que se desenrolen actividades económicas que sexan declaradas de interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais ou histórico artísticas, e de ata un 95% durante tres exercicios económicos consecutivos, cando concorran circunstancias de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración.

5.1. A bonificación da cota, no caso da declaración de especial interese municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego será, en función das prazas creadas:

a) Ata un 95% para aqueles inmobles nos que se desenvolva unha actividade económica ou empresarial por implantación dunha nova empresa no termo municipal de Teo, sempre e cando cree emprego.

b) Ata un 95% para aqueles inmobles nos que se desenvolva unha actividade económica ou empresarial pola ampliación dunha empresa que xa viña exercendo unha actividade económica ou empresarial en Teo, sempre e cando implique creación de emprego.

A porcentaxe de bonificación será a seguinte:

Creación de 1 a 10 postos de traballo

50%

Creación de 11 a 20 postos de traballo

75%

Creación de máis de 20 postos de traballo

95%

5.1.1. As contratacións deberán ser indefinidas.

5.1.2. O beneficiario da bonificación será a persoa física, xurídica ou entidade do artigo 33.4 da Lei Xeral Tributaria que sexa no IBI o suxeito pasivo do ben inmoble afecto, sempre que aquel coincida co titular da actividade económica ou empresarial creadora de emprego.

5.1.3. Quedan excluídos da bonificación os IBI que recaian sobre bens inmobles arrendados.

5.1.4. Non poderá ser beneficiario da bonificación a persoa xurídica ou entidade do artigo 33.4 LXT que tivera adoptado medidas de regulación do emprego nos 12 meses anteriores á formalización dos contratos de traballo.

5.1.5. A declaración de especial interese ou utilidade municipal, así como a porcentaxe de bonificación, corresponderá ao Pleno da Corporación, co voto favorable da maioría simple dos seus membros, previa solicitude do suxeito pasivo no modelo normalizado.

5.1.6. A declaración de interese ou utilidade municipal deberá producirse nun prazo que non excederá de catro meses, computables dende a súa solicitude, previo informe técnico-xurídico favorable. A resolución entenderase desestimatoria si non recae resolución en dito prazo.

5.1.7. Tramitación no caso de execución de construcións, instalacións ou obras antes do inicio da actividade:

O prazo de presentación da solicitude será dun mes dende o día seguinte ao de obtención do título habilitante para a realización da construción, instalación ou obra, no caso de que fose precisa a realización de construción, instalación ou obra, con carácter previo ao inicio da actividade. Para a declaración do especial interese ou utilidade polo Pleno, xunto coa solicitude, achegará a seguinte documentación:

- Poder de representación, no seu caso.

- Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria no que conste a alta no municipio no epígrafe da actividade no Imposto sobre Actividades Económicas.

- Memoria xustificativa sobre o proxecto da actividade económica ou empresarial de nova creación ou de ampliación, na que constará a referencia catastral do inmoble afecto á actividade económica ou empresarial no que se realiza a construción, instalación ou obra; a creación de novos postos de traballo; o número de novos postos de traballo; a súa categoría profesional e a modalidade e duración da contratación.

- Declaración responsable sobre o emprego que creará, con indicación do número de novos postos de traballo, a súa categoría profesional e a modalidade e duración da contratación.

- Certificado de estar ao corrente coa Facenda Estatal, coa Facenda Autonómica, co Concello de Teo e coa Seguridade Social.

- Aqueloutra documentación que, motivadamente, sexa requirida polo Departamento de Emprego do Concello de Teo.

No prazo dun mes dende o remate da construción, instalación ou obra, que respectará o prazo concedido na licencia, o suxeito pasivo deberá comunicar ao Concello a finalización, achegando Certificado final de obra.

No prazo de dous meses dende a data mentada no parágrafo anterior, o suxeito pasivo deberá presentar a comunicación previa de inicio de actividade ou solicitude do título habilitante para o exercicio da actividade, coa seguinte xustificación documental da xeración de emprego:

- Informe de Vidal Laboral das contas de cotización dende o inicio ou ampliación da actividade.

- Relación dos traballadores contratados con expresión do seu nome e apelidos, NIF, número de afiliación á seguridade social, data de inicio, modalidade e duración do seu contrato.

- Relacións Nominais de Traballadores e Recibos de Liquidación das Cotizacións.

- Copia dos contratos de traballo dos empregos creados.

- No seu caso, TA2 de baixa dos traballadores indefinidos contratados que causaron baixa por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou por resolución durante o período de proba.

5.1.8. Tramitación no caso de que non se realizase construción, instalación nin obra con carácter previo ao inicio da actividade:

O prazo de presentación da solicitude de bonificación será de dous meses dende a presentación da comunicación previa de inicio de actividade ou da obtención do título habilitante para o exercicio da actividade, achegando a seguinte documentación:

- Poder de representación, no seu caso.

- Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria no que conste a alta no municipio no epígrafe da actividade no Imposto sobre Actividades Económicas.

- Memoria xustificativa sobre o proxecto da actividade económica ou empresarial de nova creación ou de ampliación, na que constará a referencia catastral do inmoble afecto á actividade económica ou empresarial no que se realiza a construción, instalación ou obra; a creación de novos postos de traballo; o número de novos postos de traballo; a súa categoría profesional e a modalidade e duración da contratación.

- Certificado de estar ao corrente coa Facenda Estatal, coa Facenda Autonómica, co Concello de Teo e coa Seguridade Social.

- Informe de Vidal Laboral das contas de cotización dende o inicio ou ampliación da actividade.

- Relación dos traballadores contratados con expresión do seu nome e apelidos, NIF, número de afiliación á seguridade social, data de inicio, modalidade e duración do seu contrato.

- Relacións Nominais de Traballadores e Recibos de Liquidación das Cotizacións.

- Copia dos contratos de traballo dos empregos creados.

- No seu caso, TA2 de baixa dos traballadores indefinidos contratados que causaron baixa por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou por resolución durante o período de proba.

5.1.9. Toda solicitude que se realice transcorrido o prazo sinalado, será considerada extemporánea.

5.1.10. Para o mantemento da bonificación, as condicións da xustificación presentadas coa comunicación previa de inicio de actividade ou solicitude do título habilitante para o exercicio da actividade, deberán permanecer durante tres exercicios presupostarios completos, como mínimo.

O incumprimento dos requisitos esixidos suporá a perda da bonificación e a liquidación do importe deixado de ingresar, xunto cos xuros de mora correspondentes.

A concesión da bonificación por xeración de emprego xurdirá efectos a partir do exercicio seguinte a aquel no que se conceda, e manterase, durante tres exercicios presupostarios.

5.2. No caso de concorrer circunstancias sociais, culturais ou histórico artísticas, o suxeito pasivo solicitará a declaración, xuntando memoria xustificativa destas circunstancias.

5.3. Corresponderá a declaración de especial interese ou utilidade municipal ao Pleno da Corporación e acordarase polo voto favorable da maioría simple dos seus membros, previa solicitude do suxeito pasivo.

O Pleno da Corporación poderá solicitar documentación complementaria sobre os aspectos incluídos na memoria xustificativa.

6. Gozarán dunha bonificación do 50% da cota, durante 3 períodos impositivos seguintes ao da finalización da súa instalación ou da obtención do certificado de eficiencia enerxética, os inmobles de uso residencial que constitúan a residencia habitual dos suxeitos pasivos, en calquera dos seguintes supostos, sempre que se acredite a concesión da licenza municipal ou a tramitación da declaración responsable ou comunicación previa:

6.1. Cando os inmobles teñan instalados sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía proveniente do sol para autoconsumo. Para a aplicación desta bonificación será necesario:

a) que os sistemas de aproveitamento térmico instalados dispoñan dunha superficie mínima de captación solar útil de 4m² por cada 100m² de superficie construída; e que os sistemas de aproveitamento eléctrico dispoñan dunha potencia instalada mínima de 5kw por cada 100 m² de superficie construída.

b) que as instalacións para produción de calor inclúan colectores homologados pola administración competente.

c) que a instalación dos sistemas de aproveitamento de enerxía solar non sexa obrigatoria de acordo coa normativa aplicable.

6.2. Que o inmoble teña certificado coa máis alta cualificación de eficiencia enerxética proveniente do aproveitamento da enerxía solar. Para a aplicación desta bonificación será necesario que a certificación enerxética coa máis alta cualificación non sexa obrigatoria de acordo coa normativa aplicable.

6.3. Os solicitantes da bonificación deberán acreditar o cumprimento dos requisitos mediante a presentación da seguinte documentación:

6.3.1. No suposto da bonificación do artigo 6.1:

Proxecto ou memoria técnica.

Certificado de montaxe, no eu caso, e certificado de instalación dilixenciados polo organismo autorizado da Comunidade Autónoma.

Especificacións técnicas dos sistemas autorizados.

Acreditación de concesión de licenzas de obras, comunicación previa ou declaración responsable da obra de instalación dos sistemas de produción de enerxía.

Certificación final das obras, no seu caso.

6.3.2. No suposto da bonificación regulada no artigo 6.2:

Acreditación da concesión de licenzas de obras, comunicación previa ou declaración responsable da obra e instalación dos sistemas de produción de enerxía.

Certificación de eficiencia enerxética rexistrado no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia.

7. As bonificacións, serán acordadas na Xunta de Goberno Local, previo informe dos servizos técnicos do Concello, agás as recollidas no punto 5 do acordo.

8. As bonificacións contempladas nos puntos 2 e 3 e nos apartados 1 e 2 do apartado 6 deste artigo serán compatibles, sen que, en ningún caso, poidan exceder do 60% da cota íntegra de forma acumulativa. Son incompatibles as bonificacións dos apartados 1 e 2 do punto 6 deste artigo.

Artigo 15.º .-Período impositivo e devengo

1.-O imposto devengarase o primeiro día do período impositivo.

2.-O período impositivo coincide co ano natural.

3.-Os feitos, actos e negocios que deben ser obxecto de declaración ou comunicación perante o Catastro Inmobiliario, terán efectividade no devengo deste imposto inmediatamente posterior ó momento no que produzan efectos catastrais. A efectividade das inscricións catastrais resultantes dos procedementos de valoración colectiva e de determinación do valor catastral dos bens inmobles de características especiais coincidirá coa prevista nas normas reguladoras do Catastro Inmobiliario.

Artigo 16.º .-Declaracións catastrais

As alteracións referidas ós bens inmobles susceptibles de inscrición catastral que teñan transcendencia para os efectos deste imposto determinarán a obriga dos suxeitos pasivos de formaliza-las declaracións conducentes á súa inscrición no catastro inmobiliario, conforme o establecido na súa normativa reguladora.

Artigo 17.º .-Xestión do imposto

A xestión, liquidación, inspección, recadación e revisión dos actos dictados en virtude da xestión tributaria deste imposto levarase a cabo conforme ó preceptuado nos artigos 7, 8 e 77 do Texto refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo así coma as demais disposicións que resulten de aplicación.

Artigo 18.º .-Revisión

1. Os actos de xestión e inspección catastral do imposto serán revisables nos termos e de acordo cos procedementos sinalados no RDLex. 2/2004, Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais , e no RDLex. 1/2004, Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.

2. Os actos de xestión tributaria do imposto serán revisables conforme o preceptuado no artigo 14 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e demais concordantes de aplicación.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2004, entrará en vigor no día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, continuando vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.