Baña A - Ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo de ¿A Baña madruga¿
Artigo 1. Fundamento e natureza
De acordo co previsto no artigo 127, en relación co articulo 41, ambos do Real Decreto Lexislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este concello procede a regulación do prezo público por actividades reguladas pola presente ordenanza.
Artigo 2. Concepto
Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten a inclusión no programa desenvolto polo Concello de A Baña ¿Bos días", dirixido ós nenos/as matriculados no CPI San Vicente do Concello da Baña durante a duración do curso escolar en días lectivos consistente en:
- Servicio de gardería, dende o horario de 7:30 ata a hora de comezo das clases
- Servicio de almorzo para os nenos/as interesados
Artigo 3. Obrigados ao pago
Están obrigados ao pago do prezo público regulado nesta ordenanza, quen se beneficien das actividades prestadas por este concello a que se refire o artigo anterior. En concreto, os padres, titores e, en xeral, aquelas persoas que ostentan a patria potestade dos nenos/as, que estean matriculados no CPI San Vicente.
Artigo 4. Contía
A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será a seguinte:
- Cota mensual polo servicio de gardería: 40 euros
- Cota mensual polo servicio de gardería máis almorzo: 50 euros
No caso de utilización do servicio por determinados días a semana as tarifas serán as seguintes:
A utilización ocasional quedará supeditada á existencia de prazas suficientes.
O prezo a pagar será de 4 euros ao día por gardería e almorzo.
Artigo 5. Normas de xestión
A obrigación do pago do prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se inicie a realización da actividade, se ben esíxese o seu depósito previo de acordo co artigo 46.1 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
Os pais interesados neste servicio deberán presentar a correspondente solicitude no período indicado, admitíndose ata cubrir as prazas previstas; no caso de existir vacantes estas cubriranse por orde de lista de espera.
Os admitidos deberán practicar a correspondente declaración-liquidación (auto liquidación) correspondente, ingresándose o importe do prezo público nas entidades bancarias colaboradoras deste concello, por adiantado, dentro dos dez primeiros días de cada mes. No caso de incorporación empezado o curso, a cota verase reducida nun 50 % no primeiro mes no caso de que a incorporación prodúzase despois do día 15 do devandito mes.
No caso de asistencias esporádicas, o Concello instrumentará un sistema de bonos ou sistema análogo de prepago para facer fronte as correspondentes taxas.
A baixa na actividade deberá ser solicitada polos interesados por escrito ante o rexistro municipal e causará efectos no mes seguinte. Dita baixa será de oficio para aqueles participantes que deberan algún recibo, sen prexuízo do cobro dos mesmos pola vía de constrinximento.
No suposto de que por causas non imputables ó interesado deixara de realizarse a actividade solicitada procederase á devolución do depósito constituído.
Artigo 6. Bonificacións
Os usuarios do servicio que estivesen en posesión do título de familia numerosa en vigor e así o acreditasen no momento de presentación da solicitude, terán unha bonificación das cotas previstas no artigo 4 do 20 %.
Disposición derradeira
Esta ordenanza, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e comezará a aplicarse unha vez transcorra o prazo previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e manterase en vigor mentres no se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.