Fisterra - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OUTORGAMENTO DE LICENCIAS DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS
Artigo 1.º .-Fundamento e Natureza
Artigo 2.º .-Feito Imponible
1.º .-Constitúe o feito imponible da Taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calesquera outras esixibles polas correspondentes Ordenanzas e Regulamentos Municipais Xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo para outorgamento por este Concello da licencia de apertura a que se refire o artigo 22 do Regulamento de Servicios das Corporacións Locais.
2.º .-A tal efecto, terá a consideración de apertura:
a) A instalación por primeira vez do establecemento para dar comenzo as súas actividades.
b) A variación ou ampliación da actividade desenrolada no establecemento aínda que continúe o mesmo titular.
c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo esixindo nova verificación das mesmas.
d) Os traspasos e troco de titular dos establecementos, sen variar a actividade que neles se viña desenrolando.
3.º .-Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ó público, que non se destine unicamente á vivenda e que:
a) Se adique o exercicio dalgunha actividade empresarial fabril, artesanal, da construcción, comercial e de servizos que estea suxeita o Imposto sobre Actividades económicas.
b) Aínda sen desenrolarse aquelas actividades que sirvan de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñan relación con elas en forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamento, como por exemplo sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorios, oficinas, despachos ou estudios.
Artigo 3.º .-Suxeito Pasivo.
Son suxeitos Pasivos en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, titulares da actividade que se pretende desenrolar ou no seu caso, se desenrole en calquera establecemento industrial ou mercantil, sendo substitutos do contribuínte os propietarios do inmoble, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
Artigo 4.º .-Responsables
1.-Respostarán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinalada o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Base Imponible
Constitúe a base imponible da Taxa a cota anual que se satisfaga polo concepto do Imposto sobre Actividades Económicas pola actividade ou actividades que se realicen no local suxeito á apertura.
Artigo 6.º .-Cota Tributaria
1.-A Cota Tributaria será a seguinte:
a) Establecementos, dos que a súas actividades se consideren Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, satisfarán unha taxa do 200% da cota do Tesouro polo Imposto sobre Actividades Económicas.
b) Os establecementos incluídos no ámbito de aplicación do Regulamento de Policía de Espectáculos e Actividades recreativas, satisfarán unha taxa do 200% da cota do tesouro polo Imposto sobre Actividades Económicas.
c) Os demais establecementos mercantís, industriais e comerciais non comprendidos nos apartados anteriores, satisfarán unha taxa do 200% da cota do tesouro polo Imposto sobre Actividades Económicas.
2.-A cota Tributaria esixirase por unidade de local
3.-Nos casos de variación ou ampliación de actividade a desenrolar no establecemento suxeito, da cota que resulte por aplicación dos apartados anteriores deste artigo, deducirase o devengado por este concepto tributario con ocasión da primeira apertura e de ulteriores variacións ou ampliacións da actividade, así como da ampliación do local. A cantidade a ingresar será a diferencia resultante.
4.-No caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, as cotas a liquidar serán o 10 por cento das sinaladas no número anterior, sempre que a actividade municipal se iniciara efectivamente.
Artigo 7.º .-Exencións e Bonificacións
Non se concederá a exención nin bonificación algunha na exección da Taxa.
Artigo 8.º .-Devengo
1.-Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito imponible a estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de prestación da oportuna solicitude da licencia de apertura, si o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2.-Cando a apertura tivera lugar sen obter a oportuna licencia, a Taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para autorizar a apertura do establecemento ou decretar o seu peche, se non fora autorizable dita apertura.
3.-A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada, en modo algún, pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia.
Artigo 9.º .-Declaración
1.-As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente, no Rexistro xeral, a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desenrolar no local acompañada da documentación regulamentaria, entre elas, a liquidación por alta no Imposto sobre Actividades Económicas.
2.-Se despois de formulada a solicitude de licencia de apertura variase ou amplíase a actividade a desenrolar no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas por tal establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións deberán de poñerse en coñecemento da Administración Municipal co mesmo detalle e alcance que se esixen na declaración prevista no número anterior.
Artigo 10.º .-Liquidación e ingreso
1.-Finalizada a actividade municipal e unha vez dictada a Resolución Municipal que proceda sobre a licencia de apertura, practicarase a liquidación correspondente da taxa, que será notificada o suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas Arcas Municipais utilizando os medios de pago e os prazos que se sinala no Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 11.º .-Infraccións e sancións
En todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición Final
A presente Ordenanza Fiscal,aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 26 de novembro de mil novecentos noventa e oito, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partires do día 1 de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.