Fisterra - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DA REDE DE SUMIDOIROS
Artigo 1.º .-Fundamento e Natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 do 2 de Abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20, apartados 1,2 e 4, r) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a "Taxa da Rede de Sumidoiros" que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, da que as súas normas atenden o prevenido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2.º .-Feito imponible
1.-Constitúe o feito imponible da Taxa.
a) A Actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida a rede de sumidoiros municipal.
b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipal.
2.-Non estarán suxeitas á Taxa as fincas derruídas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.
Artigo 3.º .-Suxeito Pasivo
1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que sexan.
a) Cando se trate da concesión da licencia de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.
b) No caso de prestación de servicios do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do termino municipal beneficiarias de ditos servicios, calesquera que sexa seu título, propietarios usufructuarios, habitacionistas ou arrendatario, incluso en precario.
2.-En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destes inmobles quenes poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4.º .-Responsables
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de creba, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Cota Tributaria
A cota tributaria a esixir pola prestación dos servicios da rede de sumidoiros determinarán da seguinte maneira:
Vivendas: 850 ptas./ano
Outros locais: 850 ptas./ano
Dereitos de acometida: 5.000 ptas.
Artigo 6.º .-Bonificacións.
Conforme ó establecido no art. 24.4 da Lei 39/1998, gozarán dunhas bonificacións na cota do 50%, aqueles contribuíntes que foran declarados pobres por precepto legal, estean inscritos no Padrón de Beneficencia como pobres de solemnidade, e obteñan ingresos anuais inferiores os que correspondan ó salario mínimo interprofesional.
Artigo 7.º .-Devengo
1.-Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe seu feito imponible, entendéndose a mesma.
a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.
b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O devengo por esta modalidade da Taxa producirase con independencia de que obtivera ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a súa autorización.
2.-Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para tódalas fincas do Concello que teñan fachada as rúas, prazas ou vías públicas en que exista rede de saneamento, sempre que a distancia entre a rede e a finca non exceda de cen metros, e se devengará a Taxa aínda cando os interesados procedan a efectuar a acometida á rede.
Artigo 8.º .-Declaración, Liquidación e Ingreso
1.-Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da Taxa, no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade da finca e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións surtirán efecto a partires da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.
A inclusión inicial no Censo farase de oficio unha vez concedida a licencia de acometida á rede.
2.-As cotas esixibles por esta Taxa efectuaranse mediante recibo anual .
3.-No suposto de licencia de acometida, o suxeito pasivo virá obrigado a presentar ante este Concello declaración-liquidación, segundo o modelo determinado polo mesmo, que conterá os elementos tributarios imprescindibles para a liquidación procedente.
Dita declaración-liquidación, deberá presentarse conxuntamente á solicitude da acometida acompañando xustificante do aboamento en bancos ou caixas de aforros.
Artigo 9.º .-Infraccións e Sancións.
En todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas corresponde en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral Tributaria.
Disposición Final
A presente Ordenanza Fiscal, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partires do día un de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.