Valdoviño - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS DO CONCELLO DE VALDOVIÑO
ARTIGO 1º. FUNDAMENTO E NATUREZA.
En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e artigo 133 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, este Concello establece as TAXAS POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS na presente ordenanza, as normas da cal atenden ó previsto nos artigos 20.4 e 57 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
ARTIGO 2º. FEITO IMPOÑIBLE.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida a Administración ou as autoridades municipais.
2. Para estes efectos, entenderase tramitada por instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non mediase unha solicitude expresa do interesado.
3. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, as solicitudes de devolución de ingresos indebidos, e os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos a prestación de servizos ou realización de actividades de competencia municipal e a utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens do dominio público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que este Concello esixa un prezo público.
ARTIGO 3º. SUXEITOS PASIVOS.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten, provoquen ou en cuxo interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
ARTIGO 4º. RESPONSABLES.
1. Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
ARTIGO 5º. BASE IMPOÑIBLE.
1. Constituirá a base impoñible da presente exacción a natureza dos documentos a expedir.
2. Para os efectos desta taxa, considérase como expediente, o conxunto ordenado de documentos e actuacións municipais que sirvan de antecedente e fundamento á resolución administrativa de cada instancia ou grao.
ARTIGO 6º. COTA TRIBUTARIA.
1. A cota tributaria estrutúrase da seguinte forma:
A. DOCUMENTOS RELATIVOS A URBANISMO:
Cando a actuación municipal provoque a tramitación do documento, percibirase por esa tramitación dende a súa iniciación ata a resolución final, incluída a notificación o interesado de dita resolución a cantidade de:
Ref. |
Definición |
Prezo |
A.01 |
Certificacións e/ou calificacións urbanísticas |
20,00 € |
A.02 |
Certificados de antigüidade do inmoble |
5,00 € |
A.03 |
Certificacións de non infracción urbanística |
10,00 € |
A.04 |
Informes urbanísticos |
40,00 € |
A.05 |
Outras certificacións urbanísticas |
50,00 € |
A percepción de esta taxa é compatible coa que puidera sinalarse polo outorgamento da licenza e independentemente da que recaia resolución favorable ou non á petición que se resolva.
B. CERTIFICADOS
Ref. |
Definición |
Prezo |
B.01 |
Certificado de empadroamento de padróns anteriores |
4,30 € |
B.03 |
Certificado de beneficio fiscal, de non ter débedas |
2,00 € |
B.04 |
Xustificante acreditativo do pago de taxas e/ou impostos |
4,30 € |
Certificacións de acordos municipais | ||
B.05 |
Do ano en curso |
10,00 € |
B.06 |
Dos anos anteriores |
12,00 € |
C. COPIAS
Ref. |
Definición |
Prezo |
C.01 |
Copia en papel A4 branco e negro |
0,05 € |
C.02 |
Copia en papel A3 branco e negro |
0,10 € |
C.03 |
Copia en papel A4 cor |
0,10 € |
C.04 |
Copia en papel A3 cor |
0,15 € |
C.05 |
Copia plano dixital formato .dwg do Concello de Valdoviño |
8,00 €/plano |
C.06 |
Documentación do arquivo ata DIN A3 |
0,50 €/folio |
C.07 |
Copia onde a súa realización requira o desprazamento fóra do termino municipal |
O coste se abonará na copistería |
Expedición de copias de atestados e/ou informes da policía local | ||
C.08 |
Referentes a accidentes de circulación |
30,00 € |
C.09 |
Emisión de atestados para compañías aseguradoras e particulares |
100,00 € |
C.09 |
Outros informes |
25,00 € |
D. DOCUMENTACIÓN CATASTRAL.
Ref. |
Definición |
Prezo |
Copia da cartografía en papel | ||
D.01 |
Copias en A4 |
0,05 € |
D.02 |
Copias en A3 |
0,10 € |
D.03 |
Expedición de copias de información non gráfica de expedientes |
0,30 €/folio |
Certificacións catastrais e informes | ||
D.04 |
Informes catastrais sobre bens urbanos/rústicos |
4,00 € |
D.05 |
Certificacións catastrais literais, listado bens urbanos y rústicos |
4,00 € |
D.06 |
Ben inmoble individual |
4,00 €/ben |
D.07 |
Cando as certificacións descritivas e gráficas incorporen , a petición do interesado, datos de outros inmobles (como por exemplo lindes) |
4,00 €/inmoble |
E. OUTRAS ACTUACIÓNS.
Ref. |
Definición |
Prezo |
Outros certificados ou informes non comprendidos en apartados anteriores | ||
E.01 |
Si necesitan informe técnico |
12,00 € |
E.02 |
Si non necesitan informe técnico |
3,00 € |
E.03 |
Dilixencias de exposición de documentos no taboleiro municipal de edictos |
3,00 € |
E.04 |
Compulsa de calquera documento, salvo en aqueles casos nos que haxa de integrarse nalgún expediente administrativo do propio Concello |
|
|
1ª compulsa |
1,20 € |
|
2ª compulsa e seguintes |
0,20 €/folio |
2. No caso de que na mesma instancia se soliciten varias certificacións ou a expedición de varios documentos dos gravados coa presente taxa, a tarifa a aplicar estará constituida pola suma das tarifas correspondentes a cada un dos documentos solicitados.
3. Para calquera actuación, documento ou tramitación que non estivese expresamente recollida, aplicarase o asignado a aquela que ofrecese máis similitude coa que é obxecto de exacción e que apareza coa taxa aplicada.
4. No suposto de que na actuación o expediente obxecto de exacción interveña como perito algún titulado dependente da Administración, en trámite que non fose estritamente necesario para a resolución que haxa de ditarse, os honorarios do mesmo non se considerarán incluídos na percepción sendo esixidos con independencia, conforme ás tarifas asignadas a ese Perito polo Colexio profesional ou norma vixente. Tales honorarios esixiranse sempre que ese funcionario haxa de actuar como perito mediador ou emitir segundo ditame a consecuencia de recurso do promotor no expediente ou actuacións de que se trate.
ARTIGO 7º. EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.
Non se concederán mais exencións ou bonificacións que as expresamente previstas nas leis ou as derivadas da aplicación de Tratados Internacionais.
ARTIGO 8º. XERACIÓN DA TAXA.
Xérase a presente taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúa o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da solicitude ou petición correspondente.
ARTIGO 9º. NORMAS DE XESTIÓN, DECLARACIÓN E INGRESO.
1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación.
2. Os escritos recibidos polos condutos ós que fai referencia o artigo 38.4 c) da Lei de Procedemento Administrativo que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non se poderá dar curso sen que se emende a deficiencia, a cuxo fin se requirirá ao interesado para que, no prazo de dez días abone as cotas correspondentes co apercibimento de que transcorrido dito prazo sen efectualo, se terán por non presentados os escritos e será arquivada a solicitude.
3. As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xulgados ou Tribunais para toda clase de preitos (entre particulares), non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfaga a correspondente cota tributaria.
ARTIGO 10º. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
1. Para todo o relativo á calificación das infraccións tributarias, así como á imposición das sancións correspondentes, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2. Nas materias regulamentadas nesta ordenanza constitúen infraccións:
a. A falsidade da declaración en cuestións que afecten á determinación da base do gravame.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA.
A partir da entrada en vigor da presente ordenanza queda derrogada e por conseguinte sen efecto a anterior ordenanza reguladora da taxa de expedición de documentos administrativos.
DISPOSICIÓN FINAL.
A presente ordenanza, que consta de dez artigos, e foi aprobada polo Pleno na sesión realizada o 5.12.19, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e permanecerá en vigor ata que non se acorde a súa derrogación ou modificación.