Toques - ORDENANZA REGULADORA DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS PARA CONCENTRACIÓN DE FINCAS RÚSTICAS DESTINADAS A USO AGRÍCOLA OU GANDEIRO

Publicación provisional: 09/12/2019 BOP Nº: 233
Publicación definitiva: 20/02/2020 BOP Nº: 35
Aplicable dende: 01/01/2020

1.-Obxecto.

O obxecto da presente convocatoria é apoiar ao sector primario, agrícola e gandeiro, para mellorar os custes de producción e unha maior rentabilidade, en orde á disminución do minifundismo, incentivando a concentración de fincas rústicas destinadas ao uso agrario para a potenciación do sector, mediante axudas económicas destinadas a favorecer a producción, contribuíndo a mellorar a calidade de vida dos habitantes do Concello.

2.-Requisitos xerais para acceder á convocatoria.

Considerase gasto de investimento, o importe das escrituras notariais relacionadas con expedientes de permuta de fincas rústicas destinadas a uso agrario ou gandeiro, relacionadas con expedientes de segregación e agrupación de fincas rústicas destinadas a uso agrario ou gandeiro ou relacionadas con calquera outro expediente que teña como finalidade a reorganización da base territorial destinadas a actividade agraria ou gandeira.

En ningún caso se considerará como gasto de investimento, outro que non sexa o importe da escritura pública na que se formalice a operación.

3.-Liña de subvención.

O feito subvencionable, será a concentración da propiedade destinada ao uso agrario ou gandeiro, considerando isto como unha medida de apoio ao sector primario. Segundo o disposto na Lei de subvencións de Galicia, terán a consideración de beneficiarios a persoa que realice a actividade que fundamentou o seu outorgamento, o que se atope na situación que lexitima a súa concesión.

Poderán ser beneficiarias destas axudas os propietarios de terreos de natureza rústica que realicen operacións de segregación e agregación no mesmo acto, permutas de terreos ou calqueira outra operación que teña como finalidade a concentración a propiedade de natureza rústica, previo cumprimento dos requisitos legais para elo.

Poderá ser beneficiario a axuda as persoas física, xurídicas, sociedades civis, sociedades de responsabilidade limitada, cooperativa de traballo asociado, cooperativas e sociedade laboral (limitada o anónima), as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, que aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo o obxecto da subvención, ou se atopen na situación que motiva a súa concesión.

4.-Contía das subvencións.

En función dos custes notariais da operación de permuta, e do e do crédito establecido na partida orzamentaria correspondente do Orzamento Xeral Municipal procederase a conceder a subvención polo importe máximo do 100% do devandito importe, establecendo como límite máximo por solicitude a cantidade 300,00 euros.

No caso de concurrencia de outras axudas, minorarase proporcionalmente o importe.

O Concello realizará este gasto con cargo á partida orzamentaria específica para elo, que se contemplará nos orzamentos, cuxa existencia se vinculará á aplicación da ordenanza, na medida en que debe estar previsto no crédito axeitado e suficiente para a súa efectividade. O Concello, á vista das cifras resultantes, previa a tramitación da modificación orzamentaria, poderá incrementar ou disminuir o importe legal e en consecuencia a cantidade a outorgar a cada beneficiario. Non poderá satisfacerse a axuda, sen que se dispoña da consignación orzamentaria adecuada e suficiente para elo.

5.-Documentación xeral.

Xunto coa instancia-solicitude, en modelo normalizado, deberá presentarse a siguiente documentación:

1) Fotocopia do D.N.I. ou C.I.F.

2) Breve memoria explicativa das operacións realizadas en orde á concentración de fincas rústicas. No caso que, de conformidade co disposto na vixente lexislación urbanística, as operacións realizadas precisen de autorización ou licenza municipal, será requisito imprescindible a obtención previa da mesma,

3) A escritura pública na que se formalice a operación, acompañada de documentos xustificativos do gasto e facturas reais.

4) Xustificante de axudas ou subvencións obtidas e/ou solicitadas a outras administracións públicas para a mesma actuación, ou declaración xurada de non haber solicitado ou percibida axudas ao respecto ou da inexistencia das mesmas.

5) Certificacións acreditativas de que se atopa ao corrente nas suas obligas fiscais, coa Seguridade Social ou tener concedido aprazamento.

6) Calquera outra documentación que se considere necesaria para a correcta valoración do expediente de solicitude de subvención.

6.-Órganos competentes e presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral de Concello de Toques, ou por cualquera dos medios admitidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo das administracións públicas.

As solicitudes irán dirixidas ao alcalde-presidente, sendo órgano competente para a resolución será, con carácter xeral, a Xunta de Goberno Local.

7.-Tramitación.

O expediente tramitarase polos servizos técnicos municipais, unha vez que os/as solicitantes presenten a documentación esixida para acceder á axuda obxecto da presente ordenanza.

A unidade tramitadora poderá solicitar documentación complementaria e facer as comprobacións que sexan necesarias para a súa proposta de resolución. A solicitude de documentación non interromperá o cómputo de prazos.

Entenderase que os interesados desisten da súa pretensión cando non aporten no prazo a documentación solicitada que sexa esencial para a resolución.

A Administración terá a facultade de interpretación do presente documento fronte ás posibles dúbidas que puideran xurdir na súa aplicación.

8.-Resolución e notificación.

A resolución que acorde a concesión ou denegación da subvención solicitada ditarase pola Xunta de Goberno, por orde cronolóxica de solicitude. Denegarase no caso de non cumprir os requisitos establecidos na ordenanza para a concesión da axuda, ou estar esgotado o crédito orzamentario habilitado na partida para esa finalidade.

No caso de quedar acreditado o dereito á mesma, outorgarase unha vez aprobada modificación de créditos que habilite o crédito correspondente, polo Pleno do Concello, en canto órgano competente.

9.-Réxime xurídico.

A normativa que regula a concesión de estas axudas, no que non estea previsto nas bases, será a establecida na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como no Regulamento xeral de subvencións e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

10.-Disposición transitoria.

Durante o exercicio de 2020, serán subvencionables as operacións que se leven a cabo a partir do 1 de xaneiro de 2020, supeditado non obstante, ao resultado do transcurso do prazo de información pública da presente ordenanza.

Disposición final

Contra este acordo cabe interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o mesmo órgano que o ditou, ou pode ser impugnado directamente interpoñendo recurso contencioso administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día siguiente á da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

ANEXO

SOLICITUDE DE AXUDA PARA CONCENTRACIÓN DE FINCAS RÚSTICASDESTINADAS A USO AGRÍCOLA OU GANDEIRO

 SOLICITANTE

Nome e apelidos

D.N.I.

Teléfono

 DOCUMENTACIÓN QUE ADXUNTA:

1) Fotocopia do D.N.I. ou C.I.F.

2) Breve memoria explicativa das operacións realizadas en orde á concentración de fincas rústicas. No caso que, de conformidade co disposto na vixente lexislación urbanística, as operacións realizadas precisen de autorización ou licenza municipal, será requisito imprescindible a obtención previa da mesma,

3) A escritura pública na que se formalice a operación, acompañada de documentos xustificativos do gasto e facturas reais.

4) Xustificante de axudas ou subvencións obtidas e/ou solicitadas a outras administracións públicas para a mesma actuación, ou declaración ao respecto da inexistencia das mesmas.

5) Certificacións acreditativas de que se atopa ao corrente nas suas obligas fiscais e coa Seguridade Social ou tener concedido aprazamento.

6) Calquera outra documentación que se considere necesaria para a correcta valoración do expediente de solicitude de subvención.

 DECLARA BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE

 Que cumpre con tódolos requisitos establecidos na Ordenanza Municipal do Concello de Toques, reguladora da concesión de axudas para concentración de fincas rústicas destinadas a uso agrícola ou gandeiro, do conccello de Toques, aprobada polo Pleno do Concello, para poder obter as axudas reguladas na mesma.

 En Toques, a ¿¿¿¿¿¿."