Coristanco - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR INSTALACIÓN DE POSTOS, BARRACAS, CASETAS DE VENDA, ESPECTÁCULOS, ATRACCIÓNS OU RECREO, SITUADOS EN TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL, ASÍ COMO, INDUSTRIAS NA RÚA E AMBULANTES E RODAXE CINEMATOGRÁFICO.
Artigo 1º .-Concepto
De conformidade co previsto no artigo 58 en relación co artigo 20.3 n), ámbolos dous da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, según a modificación establecida polo artigo 66 da Lei 25/1998, do 13 de xullo, de modificación do Réximen Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais e de Carácter Público, este Concello establece a Taxa por utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais do dominio público local por ¿Instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de uso público loca, así como industria na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico" especificado nas Tarifas contidas no artigo 3º seguinte, que rexiráse pola presente Ordenanza.
Artigo 2º .-Obrigados ó pagamento
Están obrigados ó pago da taxa regulada nesta Ordenanza, as persoas ou entidades que se otorguen o seu favor as licencias, ou quenes se beneficien ou fagan os aproveitamentos, si se procediu sin a oportuna autorización
Artigo 3º .-Contía
A contía da taxa regulada nesta Ordenanza será a que figura na seguinte Tarifa:
EPIGRAFE | EUROS DIARIO ANUAL |
Tarifa 1ª 1. Licencias para a ocupación de terreos dedicados a bambáns, apartados voadores, casetas de tiro, calesitas, xogos de cabaliños, coches de choque, e, en xeral, calquera clase de aparatos de movemento. Apartados de ata Tarifa 2ª Feira de Agualada (1º domingo de mes) 1. Licencias para a ocupación de terreos con camións ou vehículos, postos ou casetas ou máquinas. Por cada m2 ou fracción ............................................................................................ A superficie máxima destes postos será de doce metros cuadrados. | 1,803036 1,622733 |
O Concello poderá establecer, para determinada tempada, os terreos municipais de uso público, nos que permitirá a instalación de teatros, cinematógrafos, circos ou outros espectáculos e adxudicar ditos terreos mediante licitación, conforme ás vixentes normas de contratación municipal.
As adxudicacións faránse por tempada concreta, con expresión de data a data, e se a ocupación continuara pasado o derradeiro día, liquidaránse os días de pórroga proporcionalmente ó prezo o que fose adxudicado.
Os dereitos fixados na Tarifa anterior, así como o importe da adxudicación mediante subasta, enténdese pola concesión da ocupación, independentemente de que a actividade se leve ou non a cabo, polo que non poderá concederse bonificación algunha por causa de choivas, restriccións no suministro de enerxía eléctrica ou calquer outra de forza maior.
As instalacións terán que ser montadas no prazo máximo de tres días, antes e despois, respectivamente, do tempo polo que se faga a adxudicación ou se conceda a licencia, devengándose, en outro caso, os dereitos correspondentes por cada día de exceso.
Artigo 4º .-Normas de xestión
1.- As cantidades esixibles con arreglo á Tarifa liquidaránse por cada aproveitamento solicitado ou feito e serán irreducibles polo período de tempo autorizado.
2.- a) Os emprazamentos, instalacións, postos, etc., poderán sacarse a licitación pública e o tipo de licitación en concepto de prezo público mínimo que servirá de base, será a contía fixada na Tarifa desta Ordenanza.
b) Procederáse, con antelación á poxa, á formación dun plano dos terreos dispoñibles para ser poxados, numerado as parcelas que sexan obxeto de licitación e sinalado a súa superficie. Asimesmo, indicaránse as parcelas que poidan dedicarse a coches de choque, circos, terreos, bares, restaurantes, pulpeiras, quincallas, etc...
c) Si algún concesionario dos aproveitamentos utilizase maior superficie que a que lle foi adxudicada na poxa ou autorizada na licencia, satisfará, por cada metro cuadrado utilizado de máis, o 25 por 100 do importe da puxanza ou licencia, ademáis do importe do remate ou da contía fixada pola tarifa, respectivamente.
3.- a) As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza e non sacados a licitación pública deberán solicitar previamente a correspondente licencia, facer o depósito previo a que se refire o artigo
b) Os servicios técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndolle as autorizacións de non encontrar diferencias coas peticións de licencias; si houbese diferencias, notificaránse as mesmas ós interesados e xiraránse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan concedéndose as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polos interesados, e no seu caso, feitos os ingresos complementarios que procedan.
c) No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.
4. Non se consentirá ningunha ocupación da rúa pública ata que se teña aboado ou obtido polos interesados a licencia correspondente.
5. As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licencia, sin prexuízo das contías que corresponda aboar ós interesados.
Artigo 5º .-Obriga do pago
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da rúa pública, no momento de solicita-la correspondente licencia.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados na Tarifa.
2. O pagamento desta taxa faráse:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, por ingreso directo na Tesorería Municipal ou donde establecese o Concello, pero sempre antes de retira-la correspondente licencia.
Este ingreso terá carácter de depòsito previo, de conformidade co disposto no artigo
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídas nos padróns ou matrículas desta taxa, por semestres naturais, nas oficinas da Recaudación Municipal, dende o día 16 do primeiro mes de semestre ata o día 15 do segundo.
Disposición derradeira
A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e unha vez transcurrido o prazo a que se refire o artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réximen Local, e comenzará a aplicarse a partir do día un de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.