Boimorto - ORDENANZA REGULADORA DE AXUDAS MUNICIPAIS DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE BOIMORTO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Os servizos sociais municipais teñen como unha das súas funcións e tarefas a de proporcionar atención e axuda a persoas que atravesan unha situación vital de dificultade derivada, a meirande parte das veces, da imposibilidade de facer fronte a determinados gastos que, ou ben son necesarios para o mantemento dunha forma de vida compatible coa dignidade, á que toda persoa ten dereito, ou que incluso son precisos, en determinadas ocasións, para a supervivencia.
A súa competencia vén determinada de conformidade co previsto na Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, reformada pola Lei 27/2013 do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, que atribúe aos municipios no artigo 25.2.e a competencia propia de avaliación e información de situacións de necesidade social e atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.
Na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, especificamente no artigo 21.º.1.º, indica que ¿son prestacións económicas do sistema galego de servizos sociais as achegas en diñeiro, de carácter periódico ou de pagamento único, que teñen como finalidade, entre outras, apoiar o coidado de menores, paliar situacións transitorias de necesidade, garantir mínimos de subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e inclusión social", entre elas, conforme ao artigo 21.º.2, ¿b) As axudas de emerxencia e necesidade social.
Finalmente, o artigo 14.3 da Lei orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social garante que ¿os estranxeiros, calquera que sexa a súa situación administrativa, teñen dereito aos servizos e prestacións sociais básicas", debendo entenderse e aplicarse os citados dereitos conforme ás normas previstas no artigo 3 da mesma lei, nomeadamente a condición de igualdade coas persoas de nacionalidade española e, nos dereitos fundamentais, a interpretación conforme á Declaración Universal de Dereitos Humanos e tratados e acordos internacionais sobre as mesmas materias vixentes en España.
De acordo co exposto anteriormente, redáctase o presenta ordenanza reguladora das axudas de emerxencia social, cumprindo o disposto no artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), adecúase aos principios de boa regulación recollidos no citado artigo. Os principios de necesidade e eficacia cúmprense, xa que é de interese xeral recoller e regular os dereitos e deberes da veciñanza para acceder a unha axuda de emerxencia social, e un regulamento municipal é a ferramenta coa que conta a Corporación para facelo. O principio de proporcionalidade está asegurado xa que non é unha medida que limite ningún tipo de dereitos nin impón obrigas. A seguridade xurídica desta regulación fundaméntase na congruencia coa normativa emanada sobre a materia polas restantes institucións con capacidade normativa. O tramite de exposición pública garante o principio de transparencia e a ausencia de cargas administrativas e a xestión racional dos recursos públicos fano co principio de eficiencia.
En desenvolvemento dos principios e obrigas anteriores, o Concello como administración pública mais próxima á poboación, ten o dereito e a responsabilidade de establecer e regular o conxunto de dereitos e recursos municipais específicos dirixidos a persoas en situación de risco ou exclusión social, de conformidade coa lexislación vixente.
ARTIGO 1. OBXECTO.-
1.1. Esta ordenanza ten por obxecto a regulación das axudas municipais destinadas á atención de necesidades sociais, entendendo por tales o conxunto de axudas e prestacións económicas de carácter non periódico destinadas a paliar ou resolver, por sí mesmas ou complementariamente con outros recursos, situacións de emerxencia social, previr situacións de exclusión social e favorecer a plena integración de sectores de poboación que carezan de recursos económicos para a atención das súas necesidades básicas.
1.2. Estas axudas caracterízanse por:
O seu carácter finalista, debendo destinarse para satisfacer a necesidade especificamente sinalada no acordo de recoñecemento da axuda, feito que debe quedar acreditado.
O seu carácter subsidiario, respecto doutras prestacións económicas recoñecidas ou recoñecibles segundo a lexislación vixente.
O seu carácter persoalísimo e intransferíbel.
O seu carácter transitorio e non periódico.
ARTIGO 2. BENEFICIARIOS.-
2.1. Poderán ser beneficiarios/as destas axudas as persoas físicas, do Concello de Boimorto, elas mesmas ou a súa unidade familiar que reúnan os requisitos que se mencionan no apartado seguinte.
2.2. Enténdese por unidade familiar a formada por máis dunha persoa cuxos membros convivan no mesmo domicilio.
ARTIGO 3. REQUISITOS BENEFICIARIOS.-
- Ser maior de idade ou menor emancipado.
- Estar empadroado no Concello de Boimorto de forma ininterrompida polo menos cun ano de antigüidade.
Excepcionalmente poderán ser beneficiarias, logo de informe dos técnicos municipais de servizos sociais, aquelas persoas que carecendo deste tempo de empadroamento en Boimorto a súa situación de urxencia social faga necesaria esta axuda.
- Acreditar a situación de necesidade mediante a documentación requirida en cada caso.
- Acreditar mediante documento de declaración responsable de estar ao corrente das obrigas fiscais e coa Seguridade Social, así coma a declaración xurada ou promesa na que se faga constar que non se recibiu doutros organismos, e para a mesma finalidade, a axuda solicitada.
- Aceptación expresa, por parte da persoa usuaria, das condicións que figuran no deseño de intervención social. Este último requisito exixible no caso de iniciación de oficio do expediente polos técnicos municipais.
ARTIGO 4. TIPOS DE COBERTURAS DA AXUDA.-
Necesidades básicas non cubertas por outros sistemas de protección:
· Cobertura de necesidades básicas con carácter xeral:
a. Alimentos, vestiario, aloxamento e demais indispensables para o desenvolvemento da vida diaria.
o Gastos orixinados polo consumo de enerxía eléctrica, gas ou outros subministros esenciais.
o Gastos sanitarios: próteses oculares, prótese e arranxos dentais e gastos farmacéuticos e outros de análoga natureza que non poidan ser realizados pola seguridade social.
· Cobertura das necesidades derivadas polo uso e mantemento de vivenda:
a. Fianzas para aluguer de vivenda. Pago dos importes pendentes para evitar o desafiuzamento.
b. Obras e arranxos de carácter básico que resulten imprescindibles para que a vivenda poida seguir mantendo as condicións mínimas necesarias para servir ao uso para o que se destina .así como para a permanencia no domicilio do usuario.
c. Obras e arranxos dirixidas á eliminación de barreiras arquitectónicas no interior e acceso da vivenda cando as condicións físicas da persoa requiran destas medidas para a súa permanencia no su fogar.
· Axudas para arranxo por incendio ou catástrofes naturais que afecten gravemente á vivenda e que provocaran o seu abandono.
· Situacións especiais sobrevidas por causa do padecemento dalgunha enfermidade grave que implique traslados, tratamentos, axudas técnicas ou calquera outra necesidade que requira gastos adicionais ós do sistema público de saúde.
· Outros gastos excepcionais, valorados polas persoas técnicas municipais de servizos sociais como indispensables para previr a marxinación e favorecer a normalización de individuos e familias.
· Desenvolvemento de actividades de inserción socio-laboral tales como:
o Asistencia a cursos de formación: matrículas, material e transporte necesarios para a súa correcta inserción laboral.
o Atención ao menor: Actividades extraescolares, Libros e material escolar.
ARTIGO 5. CRITERIOS DE VALORACIÓN.-
Para a concesión da axuda de emerxencia social teranse en conta os seguintes indicadores:
- Indicador económico: Con carácter excluínte. Carecer de ingresos anuais superiores ao IPREM que se fixe anualmente, incrementado nun 15% por cada un dos membros da unidade familiar. Para os efectos do cómputo dos ingresos para o recoñecemento da prestación, terase en conta a base impoñible da última declaración da Renda das persoas físicas, previa aplicación ao mínimo persoal e familiar do imposto; e cando non sexa obrigatorio realizala, acreditará ingresos anuais inferiores ao límite establecido a través de nóminas, certificados do INEM, certificados da Seguridade Social sobre vida laboral ou percepción de pensións, certificación de xuros bancarios e os últimos movementos bancarios e calquera outra que se considere necesaria para acreditar os recursos económicos familiares. Computaranse como recursos a totalidade de ingresos que se obteñan polos conceptos de rendemento de traballo, retribucións, renda, prestacións nos 6 meses anteriores á data da solicitude. Descontarase o gasto de vivenda: alugueiro ou hipoteca, até un máximo de 350 €/mes. No suposto de que sexa unha familia monoparental con máis de un menor a cargo, ou con persoa con eivas ou dependente a cargo, incrementarase nun 0,8 o número de persoas computábeis.
- Situacións de risco e/ou exclusión social. Valoraranse as situacións de desatención ou problemas de conduta nos menores que integran a unidade familiar; situacións carencias ou de conduta desarraigada que afectan aos proxenitores ou outros adultos integrantes da unidade familiar; situacións de violencia de xénero e outras circunstancias de risco non recollidas nos ítems anteriores.
- Proceso de Intervención social, individual ou familiar. É para aplicar con persoas e/ou familias en proceso de atención nas que se dan situacións de especial necesidade.
ARTIGO 6. CONTÍA DA AXUDA.-
A contía máxima da axuda será do 300% dunha mensualidade do IPREM.
ARTIGO 7. FINANCIACIÓN.-
A dispoñibilidade orzamentaria destas axudas virá dada polo establecido no orzamento municipal anual, na aplicación consignada a tal efecto: 231.48000, co límite indicado pola Alcaldía en cada anualidade mediante o acordo correspondente en exercicio da disposición Final apartado primeiro da presente ordenanza.
ARTIGO 8. DOCUMENTACIÓN.-
a) Orixinal e copia para compulsar o Documento Nacional de Identidade dos membros da unidade familiar que o posúan.
No suposto de estranxeiros tarxeta de residente, de asilo ou refuxio ou calquera outro documento que permita súa estadía legal no país.
b) Orixinal e copia para compulsar do Libro de Familia ou calquera outro documento que acredite convivencia.
c) Acreditación dos ingresos económicos de todos os membros da unidade familiar a través de:
a) Nóminas, recibos, xustificantes de pensións, certificados do INEM ou calquera outro documento que acredite os ingresos da persoa ou unidade familiar.
b) Declaración responsable do interesado/a na que se faga constar, se é o caso, a carencia absoluta de rendas familiares.
c) En todo caso, asinarase por todos os membros da unidade de convivencia unha autorización para o acceso aos seus datos do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
d) Declaración da persoa interesada de estar ao corrente das obrigas fiscais e coa Seguridade Social ( artigo 24.4 e 24.5 do Real decreto 887/2006 do 21 de xullo polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións), así coma a declaración xurada ou promesa na que se faga constar que non se recibiu doutros organismos, e para a mesma finalidade, a axuda que se solicita.
e) Declaración de non estar incurso en ningunha das causas de prohibición para obter a condición de beneficiario/a da axuda.
d) Achega dos movementos da conta bancaria dos últimos seis meses.
e) Documentos acreditativos da situación de necesidade determinantes da solicitude que deben ser orixinais e se precisan devolución, indicar nestes que se concedeu a axuda para o seu pagamento, así coma o xustificante do seu custo ou presuposto.
ARTIGO 9. SOLICITUDES, TRAMITACIÓN, RESOLUCIÓN E NOTIFICACIÓN AOS INTERESADOS.
INCOACIÓN EXPEDIENTE. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
9.1. Poderase presentar solicitude en calquera momento do ano en modelo oficial dirixido a Alcaldía e presentada no Rexistro Municipal do Concello.
Así mesmo, poderase iniciar tamén de oficio mediante informe emitido polas persoas técnicas municipais de servizos sociais, que iniciará o expediente para todos os efectos.
INSTRUCIÓN EXPEDIENTE INCOADO
9.2. Estudo e valoración da petición ou da situación no caso de terse iniciado de oficio, e das circunstancias familiares por parte dos servizos sociais municipais realizando un informe social da mesma coa xustificación ou non da concesión da axuda mediante concesión directa e en consecuencia formulando unha proposta de resolución respecto do expediente.
RESOLUCIÓN DO EXPEDIENTE
9.3. O acordo de concesión ou denegación da axuda será competencia da Alcaldía, competencia que mediante a presente ordenanza se delega na Xunta de Goberno Local do Concello de Boimorto, reservándose a facultade de avocar de forma puntual certos expedientes por razón de urxencia.
O acordo de Concesión, en todo caso, deberá axustarse necesariamente ás características destas axudas e á existencia de crédito axeitado e suficiente.
9.4. Naqueles supostos nos que a situación do beneficiario presente extrema urxencia e gravidade poderase ditar resolución provisional ata que se complete o expediente.
Se transcorrido o prazo establecido non se completase o expediente ou non se confirmase a urxencia procederase á revogación da axuda e reclamación da contía percibidas.
9.5. A resolución adoptada do expediente notificaráselle no domicilio do interesado no prazo máximo de 3 meses.
ARTIGO 10.- FORMA E PRAZO DE PAGAMENTO.
10.1. A xustificación do gasto acreditarase mediante a presentación das facturas dos gastos realizados que deberán cumprir os requisitos regulamentarios establecidos no prazo máximo de tres meses dende a data da concesión da axuda.
10.2. Os usuarios nunca percibirán as contías económicas directamente, o Concello efectuará o pago directamente ao provedor, trala comprobación da factura correspondente, cabendo a excepción a esta regra en casos xustificados e debidamente salientados no expediente que poderán ser aboadas á persoa solicitante.
ARTIGO 11.- OBRIGA DOS BENEFICIARIOS.
- Destinar as axudas para o fin que foron outorgadas.
- Permitir e facilitar a labor das persoas que foron designadas para verificar a súa situación familiar e económicas.
- Comunicar ó departamento de servizos sociais todas aquelas variacións acaecidas na situación socio-familiar que poidan modificar as circunstancias que motivaron a solicitude.
ARTIGO 12.- REINTEGRO DAS AXUDAS E RÉXIME SANCIONADOR.
12.1. O réxime de infraccións e sancións será o establecido na Lei 9/2007 de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
12.2. Será causa para o reintegro da axuda concedida:·
- A ocultación ou falsidade dos datos ou documentos achegados pola persoa perceptora da axuda co fin de obter, conservar ou aumentar a contía da axuda.
- A non xustificación da axuda concedida así coma o feito de destinar a axuda a un fin distinto daquel para a que se concedeu.
- Outras causas de carácter grave imputables á persoa beneficiaria, ou da súa unidade de convivencia, non contempladas en apartados anteriores.
- Os supostos recollidos no apartado anterior implicarán non poder presentar unha nova solicitude durante un período de 1 ano.
12.3. Será causa de extinción da axuda concedida:
- A baixa no padrón municipal de habitantes
- O falecemento da persoa beneficiaria. Non obstante, cando a axuda implique a varios membros da unidade familiar, valorarase a súa continuidade desta por outro/a titular.
- Desaparición das circunstancias que deron lugar á concesión da axuda
- Cumprimento do prazo máximo da duración da axuda
- Non colaborar coas accións contempladas no proxecto de intervención acordado.
ARTIGO 13.- INCOMPATIBILIDADE DAS AXUDAS.
13.1. Será incompatible a concesión da axuda económica co goce gratuíto de servizos que cubran as mesmas necesidades.
13.2. Así mesmo, non poderán outorgarse axudas polo mesmo concepto que fosen concedidas por outras Administracións ou organismo público. Exceptuarase este último requisito se a axuda concedida non solucionase a necesidade, podendo neste caso complementarse desde esta Administración sen que en ningún caso poida superar o custo total do obxecto da axuda.
ARTIGO 14.- CONFIDENCIALIDADE.
Todo o proceso de tramitación garantirá o dereito das persoas á confidencialidade, sixilo e respecto aos datos persoais e información coñecida polos servizos sociais por mor da intervención profesional, sen prexuízo do posible acceso aos mesmos en exercicio dunha acción inspectora, de conformidade coa lexislación vixente na materia de protección de datos de carácter persoal.
DISPOSICIÓN ADICIONAL.- NORMATIVA SUPLETORIA.
En todo o non previsto nestas bases, aplicarase o disposto nas Bases de execución do vixente orzamento xeral do Concello de Boimorto, e nas normas legais e regulamentarias de aplicación, Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no RD 887/2006 de 21 de xullo polo que se aproba o regulamento da lei xeral de subvencións e demais normativa de réxime local aplicable.
DISPOSICIÓN DEROGATORIA.
Queda derogada a ordenanza previa de emerxencia social do Concello de Boimorto publicada no BOP da Coruña núm.89 e de data 11-05-2018.
DISPOSICIÓN FINAL.
1. Habilítase á Alcaldía para ditar as disposicións ou instrucións que resulten necesarias para a interpretación, desenvolvemento e aplicación desta ordenanza.
2. Esta Ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e unha vez transcorrido o prazo ó que se refire o artigo 70.2 en relación co artigo 65.2 da Lei 7/85, reguladora de bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999, do 21 de abril, e comezará a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.
3. Contra esta Ordenanza poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia.
ANEXO I
SOLICITUDE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE BOIMORTO
Nome e apelidos do solicitante¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..................................................
DNI¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.......¿¿.. Teléfono ¿¿¿¿¿........................................¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿...
Enderezo¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.................................................
Unidade económica de convivencia
Nome e apelidos |
DNI |
Idade |
Parentesco |
Ingresos mensuais
Nome e apelidos |
Cantidade |
Vivenda
Propia¿¿¿.., Alugada¿¿¿..
Descrición da axuda solicitada e o importe da mesma
Declaro: Que son certos os datos que consigno na presenta solicitudes
Documentación que acompaño:
·
·
·
·
·
·
·
·
Boimorto a de de .
Asdo.:
SRA ALCALDESA -PRESIDENTA DO CONCELLO DE BOIMORTO
ANEXO II
DECLARACIÓN RESPONSABLE
D/Dna¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿................................................¿¿ con DNI¿¿.......¿¿¿¿¿¿¿.
e domicilio en ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿......................................................¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿
DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE.
Que non percibo nin percibín no mesmo ano ningunha axuda para a mesma finalidade para a que solicito.
Boimorto a ¿¿.. de ¿¿¿...¿¿¿. de..........
Asdo.:
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos enArtigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.