Corcubión - PREZO PÚBLICO POLA ASISTENCIA AO PROGRAMA CORCUBIÓN CONCILIA QUE COMPRENDE OS SERVIZOS DE MADRUGADORES/AS E TEMPO DE LECER.

Publicación provisional: 03/06/2020 BOP Nº: 79
Publicación definitiva: 27/07/2020 BOP Nº: 116
Aplicable dende: 28/07/2020

ARTIGO 1.-FUNDAMENTOS E NATUREZA.

De conformidade co previsto nos artigos 127 e do 41 ao 47 do Real Decreto Lexislativo, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece o prezo público pola asistencia ao Programa Corcubión Concilia que inclúe o servizo de conciliación para o servizo de madrugadores/as: período lectivo do curso escolar en horario de 8.45 a 9.15 horas, de luns a venres e para o servizo de conciliación de verán, Tempo de Lecer: meses de xullo e agosto en horario de 9.30 a 13.30 horas, de luns a venres.

ARTIGO 2.- CONCEPTO.

O prezo público regulado neste acordo constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que se satisfará polas persoas usuarias que voluntariamente soliciten a participación nas actividades definidas no artigo 1.

ARTIGO 3.-OBRIGADAS/OS AO PAGO.

Están obrigadas/os ao pago do prezo público, as persoas físicas ou xurídicas que soliciten nalgunha das actividades enumeradas no artigo 1.

ARTIGO 4.-CONTÍA.

Os prezos públicos rexeranse polo seguinte cadro de tarifas:

Servizo de Madrugadores/as:

20 €/persoa/mes completo/ de 7.45 a 9.15 horas.

15 €/persoa/quincena/ de 7.45 a 9.15 horas.

5 €/persoa/dia solto de 7.45 a 9.15 horas.

Servizo de Tempo de Lecer:

20 €/persoa/mes completo/ de 9.30 a 13.30 horas.

15 €/persoa/quincena/ de 9.30 a 13.30 horas.

Cando asistan 2 ou máis irmás/irmáns simultaneamente ao mesmo servizo, o/a segundo/a e sucesivos, terán unha bonificación do 50% na tarifa.

ARTIGO 5.-OBRIGA DE PAGO E PRAZOS DE PAGO.

1. A obriga de pago xurdirá con carácter xeral cando se inicie a prestación dos servizos correspondentes. Non obstante, cando por causas non imputables a persoa demandante do servizo, este non se prestase, procederase á devolución do importe efectivamente aboado.

2. O prezo público aboarase en réxime de autoliquidación e depósito previo do mesmo, que deberá ser aboado cando se realiza a solicitude do servizo. En todo caso, non se iniciará a prestación do mesmo se non se realizou o depósito previo.

ARTIGO 6.-PROCEDEMENTO DE APREMIO.

As débedas por impago dos prezos contemplados no artigo 4 esixiranse polo procedemento de constrinximento de acordo co disposto nos artigos 10.1 e 46.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

O presente acordo entrará en vigor o día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia