Corcubión - ORDENANZA FISCAL Nº 12 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO CONCELLO DE CORCUBIÓN
Artigo 1.- Fundamento legal
En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba a texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e artigo 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia,o Concello de Corcubión establece a taxa pola prestación do servizo de escola infantil atendendo ao establecido nos artigos 20.4 e 57 do citado Real decreto lexislativo polo que se aproba a texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, así como segundo o previsto no Decreto 49/2012, de 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.
Artigo 2.- Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da taxa, a prestación do servizo da Escola Infantil Municipal de Corcubión.
Artigo 3.- Suxeitos pasivos.
Están obrigados ao pagamento das cantidades establecidas como tarifas, os pais/nais, titores/titoras ou calquera outro/a representante legal, dos nenos/as en situación de alta na Escola Infantil Municipal de Corcubión.
A obriga de pagar nace dende o momento de iniciar a prestación do servizo.
Artigo 4.- Tarifas, reducións e descontos, revisión prezo:
4.1 .-Tarifas:
A. PREZO DE ATENCIÓN EDUCATIVA:
- Taxa por matrícula de ingreso por neno/a: 15 euros. Cota única por curso.
- Taxa por neno/a en xornada completa continua: 160 euros/mes
- Taxa por neno/a en xornada completa partida: 160 euros/mes
- Taxa por neno/a en xornada de mañá (4 h. ): 80 euros/mes
- Taxa por neno/a en xornada de mañá (5 h.). 100 euros/mes
- Taxa por neno/a en xornada de tarde: 60 euros/mes
- Taxa por neno/a na xornada de tarde (artigo 16.3 do Regulamento): 80 euros/mes
B. PREZO POR SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
a) Servizo de comedor.
O prezo por este servizo fíxase en 20 € mensuais.
b) Horario ampliado.
Con carácter excepcional os/as usuarios/as poderán ampliar a súa xornada de atención educativa mediante a solicitude de horas extraordinarias, sempre que acrediten a súa necesidade e non estea cuberta a ratio establecida (15 prazas).
O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario da atención educativa adxudicado ao usuario ou usuaria será de 20 €.
O prezo da hora extraordinaria non estará suxeito a ningunha redución.
4.2.- Reducións:
Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre estas tarifas, a excepción da taxa por matrícula e o prezo da hora extraordinaria, aplicaranse os seguintes prezos mensuais reducidos segundo os tramos de renda per cápita da unidade familiar:
a) Rendas inferiores ao 50 por cento do IPREM, o prezo da praza 0 €/mes
b) Rendas comprendidas entre o 50 ao 75 por cento do IPREM, o prezo da praza será:
- Xornada completa continua: 33 €/mes.
- Xornada completa partida: 33 €/mes.
- Xornada de mañá (4 h .): 16,50 €/mes.
- Xornada de mañá ( 5 h.): 20,60 €/mes
- Xornada de tarde: 12,40 €/mes
- Xornada de tarde (artigo 16.3 do Regulamento): 16,50 €/mes
- Servizo de comedor: 4,20 €/mes
c) Rendas comprendidas entre o 75 ao 100 por cento do IPREM, o prezo da praza será:
- Xornada completa: 66 €/mes
- Xornada completa partida: 66 €/mes
- Xornada de mañá ( 4 h.): 33 €/mes
- Xornada de tarde ( 5 h.): 41,25 €/mes
- Xornada de tarde: 24,75 €/mes
- Xornada de tarde (artigo 16.3 do Regulamento): 33 €/mes
- Servizo de comedor: 8,20 €/mes
d) Rendas comprendidas entre o 100 ao 125 por cento do IPREM, o prezo da praza será:
- Xornada completa: 106 €/mes
- Xornada completa partida: 106 €
- Xornada de mañá ( 4 h.): 53 €/mes
- Xornada de mañá ( 5 h.): 66,25 €/mes
- Xornada de tarde: 39,75 €/mes
- Xornada de tarde (artigo 16.3 do Regulamento): 53 €/mes
- Servizo de comedor: 13,20 €/mes
e) Rendas comprendidas entre o 125 ao 150 por cento do IPREM, o prezo da praza será:
- Xornada completa: 126 €/mes
- Xornada completa partida: 126 €/mes
- Xornada de mañá ( 4 h.): 63 €/mes
- Xornada de mañá (5 h.):78,75€/mes
- Xornada de tarde: 47,25 €/mes
- Xornada de tarde (artigo 16.3 do Regulamento): 63 €/mes
- Servizo de comedor: 15,80 €/mes
f) Rendas comprendidas entre o 150 ao 200 por cento do IPREM, o prezo da praza será:
- Xornada completa: 139 €/mes
- Xornada completa partida: 139 €/mes
- Xornada de mañá ( 4 h.): 69 €/mes
- Xornada de mañá ( 5 h.): 86,87€/mes
- Xornada de tarde: 52,12 €/mes
- Xornada de tarde (artigo 16.3 do Regulamento): 69 €/mes
- Servizo de comedor: 17,40 €/mes
g) Rendas superiores ao 200 por cento do IPREM, o prezo da praza será:
- Xornada completa: 160 €/mes
- Xornada completa partida: 160 €/mes
- Xornada de mañá ( 4 h.): 80 €/mes
- Xornada de mañá ( 5 h.):100 €/mes
- Xornada de tarde: 60€/mes
- Xornada de tarde (artigo 16.3 do Regulamento): 80 €/mes
- Servizo de comedor: 20€/mes
4.3.- Descontos:
A) Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto no apartado anterior, aplicaranse os seguintes descontos que non son acumulables entre si:
a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20 por cento.
b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20 por cento.
c) Cando asistan a este centro varios irmáns, o segundo e sucesivos terán un desconto dun 20 por cento.
Entenderase por familiar numerosa aquela que reúna as condicións que determina a Lei 40/2003, do 18 de Novembro, de protección ás familiar numerosas.
Para a aplicación dos descontos teranse en conta as circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude de praza na escola infantil, que deberán ser previamente xustificadas documentalmente de non coincidir coas circunstancias na data da presentación da declaración do IRPF.
B) Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fora de prazo, traslado de residencia, etc), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ó día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50 por cento.
4.4.- Revisión do Prezo:
Ao longo do curso poderase proceder á revisión do prezo fixado inicialmente cando concorran e se xustifiquen variacións socioeconómicas na unidade familiar referidas aos seguintes casos:
a) As variacións nos seus ingresos que impliquen unha modificación substancial na súa capacidade económica. Só se terán en conta as variacións que supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20% no cómputo anual fronte aos ingresos declarados na solicitude de praza ou, de ser o caso, nunha variación posterior. Estas variacións deberán ter unha duración dun mínimo de 4 meses para ser tidas en conta e xustificaranse por medio da declaración do IRPF, dun certificado emitido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou por calquera outra documentación que, a xuízo da Alcaldía, xustifique e permita un novo cálculo da renda per cápita da unidade familiar.
b) A variación no número de membros da unidade familiar, se fose o caso. Neste sentido a/o beneficiaria/o queda obrigado a comunicar calquera variación que se produza ao respecto.
A modificación do prezo, se é o caso, será resolta pola Alcaldía e aplicarase a partir do primeiro día do mes natural seguinte ao da data da correspondente resolución.
Artigo 5.- Pagamento:
1.- O pagamento da cota tributaria, sen prexuízo do establecido no artigo 7 desta Ordenanza, realizarase mensualmente nos dez primeiros días naturais de cada mes, nas entidades financeiras que indique o Concello. Nos casos en que o ingreso no centro se produza con posterioridade ao día primeiro do mes, a cota correspondente a dito mes, ingresarase nos dez día seguintes ao da data de ingreso.
2.- Salvo o disposto no artigo 7 desta ordenanza, a falta de asistencia do neno/a ao centro non supón redución nin exención da cota mentres non se formalice a baixa correspondente.
3.- A falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternas, sen prexuízo da súa esixencia polo procedemento administrativo de constrinximento, orixinará a perda do dereito á praza.
Artigo 6.- Base impoñible:
A base impoñible virá determinada pola renda per cápita mensual da unidade familiar, que se computara segundo as seguintes regras:
a) Entenderase por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e:
- Os/as fillos/as menores, con excepción dos que, con consentimento dos/as pais/nais, vivan independentes destes/as.
- Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Os/as fillos/as maiores de dezaoito anos dezaoito anos discapacitados cun grao de discapacidade superior ao 33 por cento.
A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente no 31 de Decembro do ano a que se refiran os datos económicos a que se refiren as seguintes regras.
b) Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar, no cal se pretenda que produza efectos, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.
O importe dos ingresos totais da unidade familiar será acreditado, mediante a presentación das copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF.
c) O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Entenderase por familiar monoparental a unidade familiar a que se refire a letra a) cando formase parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con quen manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.
d) A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por doce.
Artigo 7.- Suspensión temporal da cota.
Os suxeitos obrigados aos que fai referencia o artigo 3º desta ordenanza, non terán a obriga de aboar a cota durante os seguintes períodos:
a) o mes de vacacións anual no que o centro permanece pechado.
b) Cando, por calquera motivo distinto ao período de vacacións anuais, o centro permaneza pechado un período superior a quince días.
Artigo 8.- Infracción e sancións tributarias.
Para a cualificación das infraccións tributarias e as sancións que correspondan ás mesmas estarase o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, Xeral Tributaria.
Disposición Final
A presente ordenanza entrará en vigor o día seguinte da súa publicación, se ben as súas tarifas comezarán a aplicarse no vindeiro curso 2017-2018, permanecendo en vigor en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.
Disposición Derrogatoria.
Queda derrogada a Ordenanza Fiscal nº 12 para a Taxa por uso da gardería infantil anterior, a que substitúe a presente Ordenanza Fiscal.