Lousame - ORDENANZA FISCAL Nº 10, REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 11/08/2020 BOP Nº: 127
Publicación definitiva: 08/09/2020 BOP Nº: 147
Aplicable dende: 09/09/2020

Artigo 1.º . Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto no artigo 20.4.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por documentos que expida a Administración ou as autoridades locais a instancia de parte, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, redactada de co disposto no artigo 16 do dito RDL 2/2004.  

 

Artigo 2.º . Feito impoñible.

1.- Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolta, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e dos expedientes de que entenda a administración ou as autoridades municipais.

 2.- Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte, calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular e redunde no seu beneficio, aínda que non mediase solicitude expresa do interesado.

 3.- Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello, nin tampouco os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións de calquera clase, os relativos á prestación de servizos ou á realización de actividades de competencia do Concello, así como os certificados solicitados polo departamento de servizos sociais para a tramitación de expedientes.  

Artigo 3.º . Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 , de 17 de decembro, Xeral Tributaria que soliciten, ou resulten beneficiadas ou afectadas ou en interese das cales redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

 

Artigo 4.º. Responsables.

Responderán solidariamente e subsidiariamente deste tributo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003 , de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

 

Artigo 5.º. Cota tributaria.

1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa, segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

 2.- A cota da tarifa corresponde á tramitación completa en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

 3.-As cotas resultantes, por aplicación das tarifas, incrementaranse nun 50% cando os interesados solicitasen, con carácter de urxencia, a tramitación dos expedientes.

 

 

Artigo. 6.º . Tarifas.

 As tarifas a que se refire o artigo anterior estrutúrase do seguinte xeito.

1.- Cambios de titularidade en licencias de apertura: 30,00 €. 

2.- Compulsas: 0,60 €.

3.- Por cada cambio material solicitado por taxistas: 18,00 €. 

4.- Suprimido.

5.- As copias realizadas, a petición de parte, nas fotocopiadoras municipais: 

-- Por cada copia en formato A4 b/n: 0,05 €/ud.

 -- Por cada copia en formato A4 color: 0,20 €/ud. 

-- Por cada copia en formato A3 b/n: 0,10 €/ud.

 -- Por cada copia en formato A3 color: 0,25 €/ud. 

6.- Por impresións que se realice nas dependencias municipais a petición dos particulares:

 -- Por cada impresión en formato A4 b/n: 0,05 €/ud. 

-- Por cada impresión en formato A4 color: 0,20 €/ud.

 -- Por cada impresión en formato A3 b/n: 0,10 €/ud. 

-- Por cada impresión en formato A3 color: 0,25 €/ud.

 7.- Pola busca de documentos nos arquivos, oficinas municipais, dentro do último quinquenio: 3,00 €. 

Por cada cinco anos anteriores a este, incrementarase na cantidade de 3,00 €/quinquenio, sen exceder de 6,00 €.

8.- Bastanteo de poderes: 30,00 €. 

9.- Por devolución de avais definitivos, contrato de obra e devolución de fianza urbanización: 15,00 €.

10.- Por prórrogas de licencias urbanísticas: 6,00 €. 

11.- Por tramitación documentación casamentos: 42,10 €.

12.- Informes urbanísticos: 24,00 €. 

13.- Por emisión de certificacións gráficas e descritivas catastrais: 3,00 €/ud.

14.- Outras informacións urbanísticas e/ou catastrais: 3,00 €/ud. 

Artigo 7.º. Bonificación da cota.

Non se concederá bonificación algunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.

 

Artigo 8.º . Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

 2. Nos casos a que se refire o apartado 2 del artigo 2º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio, ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio. 

Artigo 9.º . Declaración e ingreso.

1.- A taxa esixirase en réxime de autoliquidación. O ingreso realizarase nas contas bancarias autorizadas polo Concello ou na Tesourería da Corporación.

2.- Os escritos recibidos polos condutos a que fai referencia o artigo 66 da Lei de Procedemento Administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non se lles dará curso sen que se emende a deficiencia para o que se requirirá ó interesado para que, no prazo de dez días, aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.   

Artigo 10.º. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. 

 

Disposición derrogatoria.

A partir da entrada en vigor da presente ordenanza, quedará derrogada a Ordenanza fiscal, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, publicada definitivamente no BOP de A Coruña nº. 29 do 12 de febreiro de 2015.  

 

Disposición final.

A presente modificación da ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación Municipal en sesión de data 31.07.2020.

Comezará a rexer ó día seguinte da súa publicación no BOP de A Coruña e permanecerá en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.