Arteixo - ORDENANZA FISCAL Nº 21.-TASA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS, CON FINALIDADE LUCRATIVA.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 10/09/2020 BOP Nº: 149
Aplicable dende: 10/09/2020

ARTIGO 1.-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das Bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do R.D. lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello estableca a TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS E OUTROS ELEMENTOS

ANÁLOGOS, CON FINALIDADE LUCRATIVA, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ó disposto no artigo 57 do citado R.D. lexislativo.

ARTIGO 2.-Feito impoñibel.

Constitúe o feito impoñible da presente taxa, a ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa.

ARTIGO 3.-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuinte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e 23 do R.D.Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a prol de quen se outorguen as autorizacións por ocupación de vía pública con mesas, cadeiras, tribunas e outros elementos análogos, ou quen se beneficie de dito aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna licencia ou autorización.

ARTIGO 4.-Responsabeis.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refire o artigo 42 da citada Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e ós síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos suposto e co alcance que sinala o artigo 43 da devandita Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5.-Base do gravame.

Constitue a base imponible desta taxa a superficie do aproveitamento realizado, expresado en metros cadrados ou cando se trate de separadores, en metros lineais.

ARTIGO 6.-Cota tributaria.

1. As tarifas da presente taxa serán as seguintes:

1.-Por cada m2 ou fracción de terreo de uso público ocupado con mesas e cadeiras, veladores, paraventos, macetas, parasoles e outras instalacións similares, ó mes .....................................................................................................................................................................................

1,60 €

2.-Por utilización de separadores, por cada metro lineal ou fracción ó mes ........................................................................................................

0,76 €

3.-Pola utilización de grellas e outros elementos auxiliares, por cada m2 ou fracción ó mes ...............................................................................

1,60 €

4.-Cando os anteriores aproveitamentos se fagan en parques e xardíns, a cantidade resultante terá un coeficiente de incremento do ...............

1,2

5.-Nas restantes rúas, dito coeficiente graduarase considerando a categoría da mesma, segundo o seguinte detalle:

 

Primeira .............................................................................................

1,1

Segunda .............................................................................................

1,0

Terceira .............................................................................................

0,9

Cuarta ...............................................................................................

0,8

5.-Tarifa mínima. Sempre que por aplicación dos anteriores epígrafes non se alcance o disposto no presente epígrafe, esixiranse .....................

22,62 €

2. Ós efectos de aplicación do parágrafo anterior, terase en conta que como consecuencia da colocación de toldos, marquesiñas, separadores, grellas e outros elementos similares fora delimitada unha superficie maior que a ocupada por mesas e cadeiras, tomarase aquela como base de cálculo.

ARTIGO 7.-Período impositivo e devengo.

1. A taxa devengarase no momento de obter a autorización da ocupación ou utilización privativa do uso público local ou da ocupación, se se procedeu sen a oportuna licencia ou autorización.

2. O período impositivo coincidirá co mes natural, devengándose a taxa no primeiro día do período impositivo.

ARTIGO 8.-Declaración e ingreso.

No momento de solicita-la autorización do aproveitamento, o contribuinte deberá autoliquidar o importe da taxa en concepto de depósito previo na Tesourería Municipal.

ARTIGO 9.-Normas de xestión.

1. As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados neste texto, deberán solicitar previamente a correspondente licencia, autoliquidar a taxa a que se refire o artigo seguinte e formular declaración na que conste a superficie do aproveitamento e os elementos que se pretenden instalar, así como un plano detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do Concello.

3. No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar deste Concello a devolución do importe ingresado.

4. Non se consentirá a ocupación da vía pública ata que non fora autoliquidadas as taxas correspondentes e fora obtida a correspondente licencia polos interesados. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar á non concesión da licencia, sen prexuízo do pagamento da taxa, así como das sancións e recargos que procedan.

5. As anteriores ocupacións entenderanse rematadas unha vez transcurrido o prazo autorizado, debendo o interesado, de querer continuar coa ocupación, solicitar a prorroga e abonar as taxas correspondentes, segundo o procedemento sinalado en parágrafos precedentes.

ARTIGO 10.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan estarase ó disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei xeral tributaria e no disposto na ordenanza fiscal xeral.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

As tarifas enumeradas anteriormente serán incrementadas anualmente no IPC.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

Suspéndese a aplicación do importe da taxa aplicable regulada no artigo 6 da presente Ordenanza durante o periodo comprendido entre o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do 2020, co fin de afrontar os efectos da crise económica creada pola propagación do COVID-19,que deu lugar á declaración do estado de alarma mediante Real Decreto 463/2020.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal, que consta de 10 artigos, foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 6 de novembro de 1998.

Foi modificada posteriormente segundo acordos plenarios en sesións celebradas o día seis de setembro de 2001, 18 de xullo de 2002, 4 de setembro de 2003, 28 de outubro de 2004, 30 de xuño de 2005, 28 de setembro de 2006 e 25 de outubro de 2007 e 4 de setembro de 2008.

A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o dia 25 de xuño de 2020. Entrará en vigor, logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata súa modificación ou derrogación expresas.