Irixoa - Ordenanza reguladora da expedición de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con minusvalidez
CAPÍTULO I.-TARXETAS DE ESTACIONAMENTO
Artigo 1.º .-Obxectivo.
Facilita-lo aparcamento a tódolos minusválidos do municipio que teñan dificultades graves de mobilidade, a través da concesión dunha tarxeta municipal, de carácter persoal e intransferible, que autorice a estacionar en lugares sinalados como "reservado para minusválidos", nas zonas de aparcamento restrinxido ( gratuitamente e sen limite de tempo) e nas zonas de carga e descarga polo tempo imprescindible; nos termos establecidos na Lei 8/97, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na comunidade autónoma de Galicia.
Artigo 2.º .-Titulares da tarxeta.
a) Terán dereito a solicita-la tarxeta todas aquelas persoas empadroadas neste Concello, que padezan e/ou teñan recoñecida algún tipo de minusvalidez con graves problemas de mobilidade.
b) Persoas minusválidas con mobilidade reducida, que sexan transportados por terceiras persoas. Só se poderá facer uso da tarxeta cando se transporte ó minusválido.
Artigo 3.º .-Documentación.
Para obte-la tarxeta, deberá presentarse no Concello a seguinte documentación:
- Solicitude debidamente cumprimentada, conforme a impreso normalizado que será facilitado polos Servicios Sociais do Concello, segundo o modelo que se achega como anexo I.
-Fotocopia do DNI do peticionario da tarxeta.
- Certificado de empadroamento.
- Dúas fotografías actuais tamaño carné.
- Cualificación da minusvalía emitida pola Xunta de Galicia ou polos equipos autorizados noutras CC AA; se nesta non constase a estimación da imposibilidade ou dificultade do seu titular para uso do transporte público, remitirase a devandita cualificación á EVO para a súa oportuna estimación.
Artigo 5.º .-Procedemento.
Presentada a solicitude no Rexistro Xeral do Concello, coa documentación pertinente, remitirase ó Departamento de Servicios Sociais para a emisión do informe-proposta correspondente. Posteriormente, este informe elevarase á Alcaldía, para que dicte a resolución pertinente, concedendo ou denegando a tarxeta solicitada.
Esta resolución será notificada ó interesado de acordo co establecido na Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A tarxeta, unha vez concedida, será asinada polo titular e plastificada.
Cando se utilice colocarase na parte dianteira do vehículo, de xeito que unicamente o anverso da tarxeta sexa claramente visible para o seu control
Artigo 6.º .-Caducidade das tarxetas.
O período de validez desta tarxeta, estará vinculado ó período de validez da cualificación da minusvalía emitida pola EVO; se esta cualificación fora definitiva ou permanente a tarxeta caducará ós dez anos da concesión, e no caso de que esta sexa provisional caducará cando transcorrese o prazo que esta indique. Para a renovación débese segui-lo mesmo procedemento que para o outorgamento da tarxeta inicial.
O Concello terá dereito a controlar que as condicións que deron orixe á expedición da tarxeta continúan vixentes, polo que poderá requirir ós solicitantes/titulares, en calquera intre para que acheguen probas actualizadas das devanditas condicións.
Calquera variación das condicións que deron orixe á expedición da tarxeta deberá ser comunicada ós servicios sociais municipais, no prazo máximo dun mes; de non ser así, o Concello poderá anula-la súa vixencia.
Para a renovación deberase segui-lo mesmo procedemento que se seguise para o outorgamento da tarxeta inicial para tal efecto un mes antes de que caduque a tarxeta o titular deberá solicitar unha nova tarxeta, tendo a obriga de entrega-la anterior no momento de retira-la actualizada
Artigo 8.º .-Uso da tarxeta.
As tarxetas concedidas terán validez en toda a Comunidade Europea. Non obstante, no caso de cambio de domicilio do beneficiario da tarxeta, este deberá solicita-lo traslado do expediente ó novo municipio de residencia
No suposto de que se detecte o uso indebido da tarxeta de xeito reiterado e debidamente probado, con independencia da sanción pecuniaria que no seu caso puidese recaer no procedemento sancionador incoado para tal efecto, a citada tarxeta será retirada durante un prazo de dous anos polo órgano que a outorgase.
CAPÍTULO II.-TARXETAS DE ACCESIBILIDADE
Artigo 9.º .-Obxectivo.
Favorece-lo uso e aproveitamento dos transportes públicos a tódolos minusválidos do municipio que teñan algunha limitación, a través da concesión dunha tarxeta municipal, de carácter persoal e intransferible, como documento acreditativo da súa discapacidade.
Artigo 11.º .-Titulares da tarxeta.
Todos aqueles interesados ós que se lles recoñeza a condición de minusválidos polos Equipos de Valoración e Orientación (EVO), dependentes das seccións de cualificación e estimación de minusvalidez.
Artigo 13.º .-Documentación.
Para obte-la tarxeta, deberá presentarse no Concello a seguinte documentación:
- Solicitude debidamente cumprimentada, conforme a impreso normalizado que será facilitado polos Servicios Sociais do Concello, segundo o modelo que se achega como anexo I:
- Fotocopia do DNI do peticionario da tarxeta.
- Dúas fotografías actuais tamaño carné.
- Cualificación da minusvalía emitida pola Xunta de Galicia ou polos equipos autorizados noutras CC AA
Artigo 14.º .-Procedemento.
Presentada a solicitude no Rexistro Xeral do Concello, coa documentación pertinente, remitirase ó Departamento de Servicios Sociais para a emisión do informe-proposta correspondente. Posteriormente, este informe elevarase á Alcaldía, para que dicte a resolución pertinente, concedendo ou denegando a tarxeta solicitada.
Esta resolución será notificada ó interesado de acordo co establecido na Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A tarxeta, unha vez concedida, será asinada polo titular e plastificada.
Artigo 15.º .-Caducidade das tarxetas.
1.-As tarxetas concedidas polo Concello, de conformidade co disposto no procedemento regulado no punto 4.º , terán validez en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, no caso de cambio de domicilio do beneficiario dunha tarxeta de estacionamento, este deberá solicita-lo traslado do expediente ó novo municipio de residencia
O período de validez desta tarxeta, estará vinculado ó período de validez da cualificación da minusvalía emitida pola EVO; se esta cualificación fora definitiva ou permanente a tarxeta caducará ós dez anos da concesión, e no caso de que esta sexa provisional caducará cando transcorrese o prazo que esta indique. Para a renovación débese segui-lo mesmo procedemento que para o outorgamento da tarxeta inicial.
O Concello terá dereito a controlar que as condicións que deron orixe á expedición da tarxeta continúan vixentes, polo que poderá requirir ós solicitantes/titulares, en calquera intre para que acheguen probas actualizadas das devanditas condicións.
Calquera variación das condicións que deron orixe á expedición da tarxeta deberá ser comunicada ós servicios sociais municipais, no prazo máximo dun mes; de non ser así, o Concello poderá anula-la súa vixencia.
Para a renovación deberase segui-lo mesmo procedemento que se seguise para o outorgamento da tarxeta inicial para tal efecto un mes antes de que caduque a tarxeta o titular deberá solicitar unha nova tarxeta, tendo a obriga de entrega-la anterior no momento de retira-la actualizada.
Artigo 16.º .-Medidas que garanten a accesibilidade.
a) Reserva de un mínimo de dúas praza nos transportes colectivos.
b) Bonificación do 100% para residentes e 50% para transeúntes nas tarifas para as persoas que dispoñen de tarxeta.
c) Reserva de prazas nos centros de servicio de transporte público.
Artigo 17.º .-Uso da tarxeta.
As tarxetas concedidas terán validez en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, no caso de cambio de domicilio do beneficiario da tarxeta, este deberá solicita-lo traslado do expediente ó novo municipio de residencia
No suposto de que se detecte o uso indebido da tarxeta de xeito reiterado e debidamente probado, con independencia da sanción pecuniaria que no seu caso puidese recaer no procedemento sancionador incoado para tal efecto, a citada tarxeta será retirada durante un prazo de dous anos polo órgano que a outorgase.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicado integramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e transcorra o prazo de 15 días hábiles previsto no artigo 65.2 da devandita lei, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Anexo I
Solicitude da tarxeta de estacionamento/ accesibilidade para persoas con minusvalía:
"Don/dona ..., con DNI ..., con enderezo en ..., teléfono ....
En nome propio ou en representación do beneficiario/minusválido ...
Declara:
Que ... está empadroado/a neste Concello, e padece algún tipo de minusvalidez con mobilidade reducida e así o acredita a través da cualificación de minusvalía actualizada.
Polo que solicita:
Que se lle expida a tarxeta de estacionamento, segundo modelo establecido na Lei 8/97, da comunidade autónoma de Galicia, comprometéndose a cumpri-las normas que regulan a súa tramitación, expedición e uso.
En Irixoa, a ... de ... de ...
Asdo.: Dona/don ..."