Ponteceso - Regulamento do uso das instalacións culturais e deportivas do Concello de Ponteceso.

Publicación provisional: 04/08/2020 BOP Nº: 122
Publicación definitiva: 29/09/2020 BOP Nº: 162
Aplicable dende: 22/10/2020

PREÁMBULO

A práctica da actividade física e o deporte revélase como unha das mellores ferramentas de protección da saúde, mellora da calidade de vida e integración social do individuo.

A formación e cultura física dos cidadáns, cada vez maior, xenera un incremento notable da demanda de servizos e infraestructuras deportivas de calidade no Concello de Ponteceso, motivo por o cal, a política deportiva do Concello de Ponteceso diríxese, entre outros obxectivos , hacia a contrucción de novos equipamentos deportivos e o incremento das súa oferta de servizos de actividade físcia e deportiva co obxecto da facer frente a crecente demanda dos cidadáns.

A propia Constitución Española, a través do seu artigo 43, apartado 3, recoñece a transcendencia do deporte a o dispoñer que ¿ os poderes públicos fomentarán a educación sanitaria, a educación física e o deporte. Así mesmo facilitarán a adecuada utilización do ocio".

Por outra banda, o artigo 25.2 l da Lei 7/85, de 2 de abril , reguladora das bases de réxime local, sinala que os municipios exercerán en todo caso competencias en materia de promoción do deporte e instalacións deportivas e de ocupación do tempo libre.

Do mesmo xeito a Constitución de 1978 recoñece a todos os cidadáns o dereito para participar nos asuntos públicos (articulo 23) e, consecuentemente con iso, establece taména obriga dos poderes públicos de promover e facilitar a participación de todos os cidadáns na vida política, económica, cultural e social.

Asi mesmo o artigo 25.2.m) da Lei 7/85, de dous de abril, de bases de réxime local determina como competencia municipal a promoción da cultura e equipamentos culturais.

Ditas instalacións foron creadas para a protección, fomento e desenvolvemento das actividades culturais, de formación e recreativas, en xeral, a actividade cultural que pretenda exercitar calquera persoa.

As instalacións deportivas municipais constitúen o equipamento básico que garante a prestación dos servizos deportivos por o Concello de Ponteceso, cuxo obxectivo fundamental é a tutela da saúde pública a través de medidas preventicas e a prestacións de servizos necesarios, así como fomentar a educación física e o deporte e facilitar a adecuada utilización do ocio.

Preténdese con este proxecto cumprir cos obxectivos arriba sinalados, co obxecto de facer fronte a crecente demanda dos cidadáns.

O proxecto de regulamento estructúrase nun título preliminar, que regula as disposicións xerais,un título primeiro que recolle as normas xerais de uso das instalacións municipais, un título segundo que establece disposicións específicas e un título III que prevé o réxime sancionador.

TÍTULO PRELIMINAR. Disposicións xerais

Artigo 1º.

Constitúe o obxecto deste regulamento establecer o funcionamento das seguintes instalacións de titularidade do Concello de Ponteceso: os pavillóns polideportivos, a pista de pádel, o Edificio das Escolas e o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO).

Título I. Normas xerais do uso das instalacións municipais

Artigo 2º. Acceso

O acceso a estas instalacións municipais, calquera que sexa o motivo, supón a aceptación e o cumprimento das normas establecidas neste regulamento.

Artigo 3º. Prioridade

As actividades organizadas polo Concello de Ponteceso terán prioridade absoluta na ocupación destes edificios.

Artigo 4º. Usuarios

Aos efectos deste Regulamento, consideránse persoas usuarias:

a) As que de forma individual ou colectiva utilizan as instalacións municipais.

b) O alumnado de actividades deportivas programadas ou das clases ou escolas deportivas

c) Titulares dunha reserva de tempada de unidades ou espazos deportivos

d) Acompañantes e espectadores.

Artigo 5º. Título habilitante

Para ter opción a usalas é necesario ter a correspondente autorización municipal. A autorización quedará supeditada ao uso solicitado axustándose ás condicións e aos horarios autorizados. O uso das instalacións durante un certo período non comporta ningún dereito adquirido.

Artigo 6º. Solicitude

A solicitude realizarase conforme ao formulario existente na sede electrónica deste concello ou nos departamentos correspondentes e que se achega no Anexo I deste regulamento Esta solicitude comportará a aceptación da presente normativa, e non implica, en ningún caso a reserva anticipada da instalación.

A solicitude supón o pago da taxa regulada na Ordenanza Fiscal nº 19 reguladora da taxa por utilizar as instalacións deportivas e/ou culturais municipais e por prestar servizos deportivos , culturais e turísticos, publicada no BOP nº 193 do 9.10.2012, ou ordenanza fiscal vixente no seu momento.

Artigo 7º Dereitos dos usuarios

Son dereitos dos usuarios:

a) Ter acceso a seguinte información sobre os servizos municipais:

1.- a oferta de servizos e a súa forma de acceso

2.- as instalacións e os equipos dispoñibles

3.- Os horarios de prestacións do servizo.

4.- A lista de taxas, prezos públicos ou tarifas vixentes.

5.- A suspensión dos servizos ou calquer incidencia que se produza.

b) Dispoñer de instalacións e equipamentos deportivos e culturais en boas condicións de uso e accesibles a persoas con algunha discapacidade.

c) Coñecer a identidade do persoal baixo cuxa responsabilidade se presta o servizo e ser atendidos con respeto e cortesía por parte do persoal que o presta.

d) Recibir o servizo por persoal cualificado.

e) Formular calquer suxerencia, reclamación ou queixa e ser constestado no plazo establecido.

f) Exercer os dereitos de acceso, rectificación , cancelacóne oposición respecto dos seus datos persoais, según o establecido na normativa de protección de datos de carácter persoal.

g) Utilizar as instalacións nas condicións que garantan a protección da saúde e seguridade, conforme a normativa reguladora.

h) Esixir o cumprimento deste Regulamento por medio dos empregados e responsables da xestión dos centros.

i) A devolución da taxa, precio público ou tariga aboada, no caso de incumprimento dos servizos, nos supostos e termos previstos no seu acordo regulador. O Concello de Ponteceso resérvase o dereito de anular, por causas xustificadas, o uso autorizado. Neste caso, habería unha devolución das taxas ou un cambio de data a convir.

Artigo 8º. Deberes dos usuarios.

Son deberes dos usuarios das instalacións:

a) Será responsable do uso da instalación a entidade/representante ou o/a particular que asine a solicitude.

b) O solicitante non poderá deixarlle o horario concedido a terceiros.

c) Para a comodidade de todos/as e para tratar de promover uns valores ambientais, o tempo de utilización da auga e da luz será o estritamente necesario.

d) Os/as usuarios/as respectarán as normas sobre o uso axeitado do equipamento e do mobiliario das instalacións, deixándoas nas mesmas condicións que antes de ser usadas e velando pola súa limpeza e hixiene. O material empregado quedará recollido e colocado.

Artigo 9º. Prácticas prohibidas para os usuarios:

No interior das instalacións queda prohibido:

a) impedir ou obstruir o normal funcionamento das instalacións municipais (verbal, accións e escrito)

b) utilizar as instalacións deportivas e culturais e calquera dos seus elementos para un uso distinto para que o que estean concebidos.

c) Realizar calquer tipo de actos que ocasione danos as instalacións deportivas municipais ou calquera dos seus elementos.

d) Impedir o uso da instalación deportiva ou cultural ou calquera dos seus elementos a outros usuarios.

e) Realizar calquer actividade económica lucrativa

f) fumar, consumir substancias psicotrópicas e /ou alcol.

g) Comer nos espazos non habilitados.

h) Introducir frascos de cristal ou similares, que supoñan risco para calquera persoa que estea na instalación.

i) O acceso a animais, agás os cans-guía ou os expresamente autorizados.

j) Outras accións incívicas como: chuspir, tirar lixo, introducir petardos e materiais perigosos, encender fogo, etc.

k) Patinar, xogar e/ou quentar con balóns ou outros obxectos na gradaría, vestiarios, baños, corredores e zonas comúns. En xeral, a realización de xogos, as prácticas perigosas e/ou todos aqueles actos que dificulten, obstaculicen ou impidan o transcorrer das actividades.

l) Realizar reportaxe fotográficos ou de vídeo, sen autorización expresa

m) Ceder ou prestar o dereito de uso dos espazos municipais con reserva a terceiras persoas ou entidades sen autorización expresa.

Artigo 10º. Orden e funcionamento do servizo

a) O persoal da instalación será o responsable de facer cumprir as normas e poderá, se é o caso, expulsar do recinto a quen as incumpra.

b) Unha vez obtida a autorización, o non uso reiterado do concedido ou a diminución significativa na participación, significará a anulación da autorización, previa escoita dos afectados.

c) O Concello de Ponteceso non se fai responsable das lesións ou accidentes das persoas que estean facendo uso autorizado das instalacións. Todo accidente que se produza nas instalacións será comunicado antes de abandonala.

d) O Concello de Ponteceso non se fará responsable da desaparición de obxectos persoais dos usuarios/as dentro das instalacións.Os obxectos recollidos nos vestiarios ou en calquera outro recuncho da instalación serán custodiados polos empregados municipais, durante un prazo máximo de 15 días. Se nese prazo non son reclamados polo seu propietario/a, entregaranse a unha entidade benéfica.

Os obxectos de valor serán entregados á Policía Local.

TITULO II. DISPOSCIÓNS ESPECÍFICAS

 

Capítulo I. Escolas culturais e deportivas

Artigo 11º. Orden e funcionamento

a) O/A menor deberá ser entregado ao monitor/a. No caso de suspensión da actividade ou de calquera outro imprevisto, avisarase con antelación na medida do posible.

b) Os pais, nais, titores non poden estar presentes durante o transcurso das clases para un mellor funcionamento das mesmas.

c) Puntualidade na entrega e recollida dos nenos/as.

Nas causas de forza maior onde o pai, nai ou titor cheguen tarde a recoller ó neno/a, este quedará a cargo do bedel da instalación.

d) Os participantes serán recollidos polo pai, nai, titor ou quen estes autoricen. Poderán saír sos con autorización expresa (dos titores).

e) Nas competicións deportivas, xornadas de exhibición, etc. o/a participante ten unha vestimenta específica polo que, de non querer levala e/ou mercala, non participará na competición ou exhibición, sen embargo poderá asistir ás clases.

f) Nos adestramentos e nas competicións, cada neno/a levará a súa auga co seu nome.

Capítulo II. Reserva do uso dos pavillóns, da pista de pádel e do Edificio das Escolas

Artigo 12. Acceso

No uso libre dos pavillóns é necesario ter cumpridos os 14 anos, no caso de que alguén menor desta idade queira usar a instalación deberá facelo acompañado dunha persoa maior de idade, que será o/a responsable. A solicitude sempre a fará un adulto/a.

Artigo 13. Deberes dos usuarios

Vestir o calzado e a indumentaria axeitada á modalidade deportiva practicada e ao pavimento.

Artigo 14º. Orden no reparto de horarios

Á hora do reparto dos horarios terán preferencia:

1. As entidades federadas inscritas no rexistro de asociacións municipais do Concello de Ponteceso.

2. As entidades non federadas inscritas no rexistro de asociacións municipais do Concello de Ponteceso.

3. Uso libre por parte de grupos non formais de persoas e particulares do Concello de Ponteceso.

4. As entidades federadas alleas o Concello de Ponteceso.

5. As entidades non federados alleas o Concello de Ponteceso.

6. Uso libre por parte de grupos non formais de persoas e particulares alleos o Concello de Ponteceso.

No caso de coincidencia de prioridades primará o número de entrada no rexistro municipal.

Artigo 15 . Seguro de responsabilidade civil

As entidades que soliciten o uso das instalacións ademais da solicitude deberán xustificar que a entidade posúe un seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes para os deportistas, federado ou non.

Titulo III. Réxime sancionador

Artigo 16. Normas xerais

Considéranse infraccións administrativas as accións e omisións tipificadas conforme a lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común e respetando o Titulo XI da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local.

As infraccións clasifícanse en moi graves, graves e leves.

Artigo 17. Faltas moi graves

Consideraranse como faltas moi graves:

1. Agredir ao persoal das instalacións, adestrador/a, monitor/a ou a outros/as usuarios/as con dano físico.

2. Que se adopten aptitudes de acoso físico, moral ou sexual que poidan considerarse moi graves.

3. Provocar co seu comportamento a suspensión dalgunha actividade (pelexas, revoltas, falsas alarmas).

4. Quebrantalas sancións impostas.

5. Causar danos (pintar, rachar, raiar, etc...) nas instalacións ou en materiais intencionada ou imprudentemente con deterioro grave con custo de reparación superior aos 1501 €.

6. Roubar nas instalacións ou a calquera usuario/a.

7. Acceder ás instalacións, dependencias ou vestiarios sen autorización.

8. Incumprimento das normativas de seguridade.

9. Ser sancionado pola comisión de tres faltas graves nun período dun ano

Artigo 18 . Faltas Graves

Consideraranse como faltas graves:

1. Ameazar, coaccionar, ou realizar actos vexatorios de palabra ou de obra ao persoal, adestrador/a, monitor/a ou a outros/as usuarios/as das instalacións.

2. Insultar, ofender ou facer caso omiso das indicacións do persoal das instalacións, monitores/as, adestradores/as.

3. Agredir a algún/a usuario/a, cando dilo non resulte dano físico.

4. Causar danos sen intencionalidade nas instalacións ou nos materiais.

5. Emporcar intencionadamente as instalacións.

6. En xeral tódalas conductas que atenten de maneira grave á disciplina, ou boa orde, e ao respecto cos demais usuarios/as e o persoal.

7. Causar danos (pintar, rachar, raiar, etc...) nas instalacións ou materiais das instalacións intencionada ou imprudentemente con deterioro grave con custo de reparación entre os 601 e os 1500 €.

8. A reiteración ou reincidencia nas faltas leves.

Artigo 19. Faltas Leves

Consideraranse faltas leves:

1. Protestar as decisións do persoal das instalacións.

2. Adoptar unha actitude pasiva ou neglixente no cumprimento das instrucións do persoal das instalacións, adestradores/as, monitores/as.

3. Dirixirse ao persoal das instalacións, adestradores/as, monitores/as ou outros/as usuarios/as con expresións de menosprezo, ou cometer actos de desconsideración cara eles tales como ameazas, coaccións, ofensas.

4. Xogar perigosamente ou realizar bromas imprudentes que poidan causar danos propios ou alleos.

5. A ausencia reiterada e sen xustificación nas actividades inscritas.

6. Causar danos (pintar, rachar, raiar, etc...) nas instalacións ou materiais das instalacións intencionada ou imprudentemente con deterioro leve con custo de reparación entre os 600 e 1 €.

7. Facer un uso incorrecto das instalacións e materiais das instalacións.

8. O/as usuarios/as que inducisen a outros/as á realización de actos ou conductas constitutivas de falta disciplinaria ou cooperen na súa execución, incorrerán na mesma responsabilidade que estes.

9. Tamén aqueles usuarios/as que encubran a outros/as de faltas consumadas, sendo a súa sanción menor que a da falta.

Artigo 20º.Sancións

Sancións disciplinarias.

1. As sancións teñen carácter educativo, preventivo e correctivo, e a súa imposición terá sempre como finalidade o manter o interese xeral e o prestixio das instalacións.

2. Pola razón das faltas as que se refire este Regulamento poderanse impor as seguintes sancións:

a) Perda definitiva da condición de usuario/a das instalacións e actividades deportivas ou culturais.

b) Suspensión da condición de usuario/a das instalacións de 1 a 4 anos.

c) Suspensión da condición de usuario/a das instalacións de 3 meses a 1 ano.

d) Suspensión da condición de usuario/a das instalacións de 7 días a 3 meses.

e) Apercibimento.

f) Reposición ou reparación dos danos causados.

As sancións a) e b) serán impostas só por faltas moi graves. As sancións do apartado c) poderán imporse pola comisión de faltas graves. As faltas leves soamente poderán ser corrixidas coas sancións que se sinalan nos apartados d) e e). E por último a sanción f) poderase impor por calquera falta cometida.

Son causas eximentes o caso fortuíto e a forza maior.

Son circunstancias atenuantes:

- No ter sido sancionado en ningunha ocasión.

- A de ter precedido, inmediatamente á comisión da falta provocación suficiente.

- A de ter procedido o/a culpable, por arrepentimento espontáneo a reparar ou diminuír os efectos da falta, e a dar satisfacción ao/á ofendido/a ou a confesar aquela.

Son circunstancias agravantes:

- Ser reincidente. Existe reincidencia cando o/a autor/a da falta foi sancionado con anterioridade por outra de análoga natureza, ou outra castigada con igual ou maior sanción ou por dúas ou máis castigadas con sanción menor.

- As sancións de suspensión, afectan ás condicións pola que foron impostas e tamén para o uso de tódalas instalacións e servizos da mesma en calquera outra circunstancia.

- As sancións de reparación ou reposición, abonaranse ou solucionaranse dentro dos trinta días seguintes a notificación do fallo. No suposto dun usuario que pertenza a un club ou colectivo, será este o responsable subsidiario do mesmo, ou solidaria e mancomunadamente as persoas que realmente empregaron as instalacións ou servizos co sancionado.

Artigo 21 . Responsables

Serán responsables das infraccións quenes as cometan

Cando as actuacións constitutivas de infracción sexan cometidas por varias persoas conxuntamente, e non sexa posible determinar o grado de participación da cada unha, responderán todas de forma solidaria, conforme o establecido la lei de procedemento administrativo común.

Artigo 22. Reposición e indemnización

Con independencia das sancións que poidan impoñerse por os feitos tipificados neste regulamento, o infractor estará obrigado a restitución e reposición dos bens o seu estado anterior, con indemnización de danos e perxuízos causados.

Artigo 23. Procedemento.

A potestade sancionadora exercerase mediante o procedemento establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro , de procedemento admnistrativo común, correspondendo a imposición de sancións ao Concello de Ponteceso, a través dos órganos competentes conforme a lei 7/85, de 2 abril, reguladora de bases de réxime local, sen perxuízo dos acordos de delegacións de competencias.

Artigo 24. Prescripción de infraccións e sancións.

1. As infraccións moi graves prescribirán aso tres anos, as graves aos dous anos e as leves aos seis meses.

2. As sancións impostas por faltas moi graves prescribirán aos tres anos, as graves aos dous anos e as leves ao ano.

DISPOSICIÓNS FINAIS

Primeira.- O Alcalde do Concello de Ponteceso ditará as instruccións precisas para a execución do presente Regulamento, sen perxuízo de delegación conforme o artigo 44 do RD 2586/1986

Segunda.- O presente regulamento entrará en vigor unha vez aprobado definitivamente polo Concello e publicado o texto íntegro e o acordo no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo previsto no artigo 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, regulamentadora das bases de réxime local.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

 O regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

 Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo). 

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

 Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.