Melide - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL NO CONCELLO DE MELIDE

Publicación provisional: 01/09/2020 BOP Nº: 142
Publicación definitiva: 27/10/2020 BOP Nº: 180
Aplicable dende: 18/11/2020

Introducción

O artigo 1 da Constitución Española de 1978 establece que ¿España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito.". Esta declaración de intención introducida no primeiro dos seus artigos, resalta a necesidade e importancia de que o Estado desenvolva una acción positiva para a consecución do benestar dos cidadáns mediante una seria de vías e instrumentos, entre eles, os servizos sociais.

Aínda que no texto constitucional non se contén un tratamento directo dos servizos sociais (a beneficencia en si mesma non aparece mencionada, e a asistencia social tan so se menciona nun artigo, o, o 148.1.30), si se establece un recoñecemento implícito do dereito a eses servizos, ás veces en forma de compromiso (dereito á educación, artigo 27; réxime público da Seguridade Social, artigo 41; saúde pública, artigo 43; medio ambiente e mellora da calidade de vida, artigo 145; política de vivenda, artigo 47; defensa dos consumidores e usuarios, artigo 51, etc.)

As comunidades autónomas teñen recoñecida pola Constitución a competencia en materia de asistencia social (artigo 148.1.20) e por iso o Estatuto de Autonomía, aprobado por Lei Orgánica 1/1981 do 6 de abril, establece no artigo 27.23 a competencia exclusiva de Galicia nese senso.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, atribúelles ós concellos entre outras, a competencia para a creación, xestión e mantemento dos servizos sociais comunitarios básicos e específicos.

Os servizos sociais comunitarios, de carácter predominante mente local, están referidos a un territorio e a unha poboación determinados e constitúen o punto de acceso normalizado e o primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais (artigo 9)

Con base o anterior, o artigo 9 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regúlanse os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento contemplan como Programa básico dos servizos sociais comunitarios o Programa de inserción social que ¿ procure valorar das resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situación de risco de exclusión social, aplicando tanto proxecto de intervención personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas.

Así mesmo a Lei de bases de réxime local 7/1985, do 2 abril, modificada pola Lei 27/2013 de racionalización e sostenibilidade da Administración Local establece no artigo 25.2 que ¿ o municipio exercerá, en todo caso como competencias propias, nos termos da lexislación do Estado e das comunidades autónomas, nas seguintes materias: avaliación e información de situación de necesidade social e atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.

O Concello de Melide establece nesta ordenanza as bases para regular a concesión das axudas municipais de emerxencia social co obxectivo de garantir a máxima transparencia e eficiencias na súa xestión; si ben é preciso resaltar que a súa concesión seguirá o procedemento excepcional de concesión directa (e non o normal de concorrencia competitiva) atendendo ás razóns de interese público, social e humanitario que priman na súa regulación.

CAPÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS

ARTIGO 1.-OBXECTO.

A presente ordenanza ten por obxecto a regulación da concesión das axudas municipais de emerxencia social coa finalidade de apoiar a aquelas persoas e familias que carecen de recursos económicos para afrontar necesidades básicas non cubertas polos diferentes sistemas públicos, tratando de paliar ou evitar as consecuencias físicas, psíquicas e sociais que dita carencia de recursos provoca cando afecta aos normal desenvolvemento das persoas en sociedade.

ARTIGO 2.-FUNDAMENTO.

A regulamentación por medio da presente ordenanza da concesión das axudas Municipais de emerxencia Social fundaméntase no uso das competencias que lle atribúen ao Concello os artigos 25.2 k e 84.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local; e o artigo 80.2 k) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.

ARTIGO 3.-RÉXIME XURÍDICO.

O réxime xurídico da concesión das axudas municipais de emerxencia social rexerase polo disposto nesta ordenanza, e nas bases de Execución dos orzamento do Concello de Melide para cada exercicio económico.

Tamén serán de aplicación para todo o non previsto as disposicións contidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións; e no Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 7 de novembro, Xeral de Subvencións.

CAPÍTULO II.-AS AXUDAS MUNICIPAIS DE EMERXENCIA SOCIAL

ARTIGO 4.-CONCEPTO.

Son axudas de emerxencia social as efectos da presente ordenanza, aquelas prestacións económicas de pago único e carácter extraordinario, destinadas a atender situacións puntuais de emerxencia que afecten a persoas ou familias ás que sobreveñan situacións de necesidades que non lles permitan facer fronte aos gastos máis imprescindibles.

 ARTIGO 5.-FINALIDADE.

Ofertar unha atención básica e urxente ás persoas ou familias no momento de situación de emerxencia. Trátase dunha subvención de carácter directo, e como tal, condicionada a dispoñibilidade económicas existentes en cada exercicio orzamentario.

 ARTIGO 6.-CARÁCTERÍSTICAS.

As axudas municipais de emerxencia social reguladas nesta ordenanza están caracterizadas por:

O seu carácter finalista, debendo destinarse para satisfacer a necesidade especificamente sinalada na resolución de recoñecemento da axuda, feito que debe ser acreditado.

Terá carácter subsidiario, respecto de outras prestacións económicas recoñecidas ou recoñecibles segundo a lexislación vixente.

Terá que ser de carácter urxente e puntual.

O carácter persoal e intransferible.

Carácter puntual e non periódico.

ARTIGO 7.-SITUACIÓNS PUNTUAIS DE EMERXENCIA.

Considéranse situacións puntuais de emerxencia susceptibles de ser obxecto dunha axuda de emerxencia social as seguintes:

a) As derivadas de gastos relacionados coa vivenda e aloxamento:

a.1. Necesidade de vivenda ou aloxamento.

a.2. Gastos precisos para conservar o uso da vivenda ou aloxamento, sexa cal fora a causa que os xerara: situacións de emerxencia (desafiuzamento) ou de sinistro (incendio, inundación, ruína...) ou outras causa imprevisibles e/ou inevitables que obrigaran ao seu abandono.

a.3. Obras ou arranxos básicos que resulten imprescindibles para que a vivenda poida seguir mantendo as condicións mínimas necesarias para servir ao uso a que se destina.

a.4. Gastos de mobiliarios esencial e imprescindibles, tales como neveira, lavadora, cociña, colchón, cama, roupa de abrigo para a mesma....

a.5. Fianzas para alugueres.

a.6. Mensualidades de alugueiros.

a.7. Mensualidades de hipotecas.

a.8. Auga, enerxía eléctrica, gas ou outros subministros esenciais.

b) As derivadas de necesidades básicas de subsistencia:

b.1. Alimento

b.2. Vestido

b.3. Gastos sanitarios ou farmacolóxicos non cubertos polos diferentes sistemas públicos e que foran de vital necesidade.

c) As derivadas coa atención a menores:

c.1. Comedor escolar

c.2. Libros e material escolar

c.3. Actividades extraescolares

c.4. Outros gastos derivados á educación dos menores da unidade familiar en idade escola, sempre que non estivesen cubertos por outras axudas públicas e foran fundamentais para a continuidade da súa asistencia .

d) Outras non relacionadas en apartados anteriores, consideradas de primeira e urxente necesidade, sempre que así se xustifique suficientemente no informe social elaborado pola profesional pertinente.

 ARTIGO 8.-CUANTÍA DAS AXUDAS.

As contías das axudas estarán determinadas en función das situacións puntuais de emerxencia que se pretenda atender:

1) Cando se cubra unha ¿necesidade básica de subsistencia" (artigo 7.b) ata un 75% da contía mensual establecida para o IPREM no exercicio económico que corresponda segundo a data de resolución de concesión, e cun máximo de tres axudas por ano.

2) Cando se outorguen por calquera outro concepto ata un máximo do 100% da contía mensual establecida no IPREM no exercicio económico que corresponda segundo a data da resolución de concesión, e solo unha axuda por concepto e ano.

 ARTIGO 9.-ABONO DAS AXUDAS.

Dito abono realizarase directamente ao provedor, en nome do beneficiara/o, que realice a prestación ou servizo a favor deles.

A estes efectos, para facer efectivo o pago, coa resolución de concesión axuntarase un modelo de documentación que deberá ser cuberto e firmado pola persoa entidade ou empresa subministradora e pola persoa beneficiaria da axuda.

O abono de dita contía económica irá a cargo a partida destinada a este fin e co límite dos créditos consignados na mesma.

CAPÍTULO III.-BENEFICIARIO/A

ARTIGO 10.-REQUISITOS XERAIS.

1) Poderán ser beneficiario/a das axudas municipais de emerxencia do Concello de Melide, para si ou para a súa unidade de convivencia, as persoas físicas que se atopen empadroados no Concello de Melide de forma ininterrompida cunha antelación mínima de 6 meses á data de presentación da solicitude, sempre que reúnan os requisitos establecidos. Excepcionalmente poderán ser beneficiarias/os as persoas que non cumpran este requisito, previo informe do/a traballador/a social do Concello de Melide, sempre que a gravidade ou urxencia da situación o fagan preciso para esta axuda.

2) Ser maior de idade ou menor emancipado

3) Non ter sido ningún membro da unidade familiar de convivencia beneficiario dunha axuda municipal de emerxencia social para a mesma finalidade, dentro do mesmo exercicio económico (agás o disposto para as necesidades básicas de subsistencia)

4) Non ter sido ningún membro da unidade familiar de convivencia beneficiara de axudas concedidas por outra Administración Pública, organismo ou entidade, para a mesma finalidade, dentro do mesmo exercicio económico que cubran o 100% da necesidade pola que solicita a prestación .

5) Acreditar a situación de necesidade a xuízo dos servizos sociais municipais.

6) Carecer de medios económicos para facer fronte a situación de emerxencia de conformidade cos baremos establecidos no artigo seguinte.

7) Estar integrado/a nun proxecto de intervención social, ou en caso contraio, aceptar expresamente as condicións que figuren no proxecto de intervención social que se lle elabore aos efecto polos servizos sociais comunitarios

8) Aportar documentación que sexa pertinente en cada caso.

ARTIGO 11.-REQUISITOS ECÓNIMOS.

1. Considérase carencia de medios económicos aos efectos do establecido no artigo 10.6 desta ordenanza, cando os recursos económicos netos mensuais (unha vez descontados no seu caso, os gastos derivados do prestamos hipotecario ou aluguer da vivenda, ata un máximo de 300 euros/mes) non sexan superiores ao 75% do IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) para un só membro, incrementándose nun 10% do IPREM por cada membro da unidade familiar a pardo do segundo:

Unidade familiar de 2 membros: 85% do importe do IPREM.

Unidade familiar de 3 membros: 95% do importe do IPREM.

Unidade familiar de 4 membros: 105% do importe do IPREM.

Unidade familiar de 5 membros: 115% do importe do IPREM, e así sucesivamente.

2. Tomaranse como referencia para facer o cálculo os tres meses anteriores á data de presentación da solicitude non que non se poderán superar estes límites

ARTIGO 12.-OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS.

Son obrigadas das persoas beneficiarias dunha axuda Municipal de emerxencia Social as seguintes:

Aplicar o importe da axuda á finalidade para a que foi concedida.

Comunicar os cambios que teñan lugar en relación co cumprimento dos requisitos xerais e/ou económicos.

Facilitar a labor dos servizos sociais comunitarios con canta información sexa precisa para a elaboración dos informes sociais que resulten procedentes, mantemento en todo momento unha actitude colaboradora

Reintegrar o importe das prestacións indebidamente percibidas ou a contía indebida.

ARTIGO 13.-INCOMPATIBILIDADES.

1. Ningunha persoa poderá ser beneficiaria de máis dunha prestación económica para a mesma finalidade calquera que sexa o organismo, entidade ou administración pública, outorgante. Exceptuase o suposto de as que as prestacións recibidas doutras administracións públicas non cubran a totalidade da necesidade para a que se solicitou a axuda, en cuxo caso, poderase outorgar unha axuda municipal para a mesma finalidade, pero solo pola parte correspondente ao importe non cuberto

2. Si será compatible o goce polo beneficiario/a de máis dunha prestación económica cando estas atendan as distintas finalidades, ben sexan concedidas pola mesma ou por distintas Administracións Publicas.

CAPÍTULO IV.-NORMAS DE PROCEDEMENTO.

ARTIGO 14.-SOLICITUDE.

1. Estas irán dirixidas o alcalde/alcaldesa presidente/a, segundo modelo establecido (ver anexos), neste incluirase a declaración responsable de estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social; e presentarse nos Servizos Sociais do Concello de Melide.

2. As solicitudes irán firmadas polo interesado ou polo representante legal, o prazo de solicitude está aberto durante todo o ano.

 ARTIGO 15.-DOCUMENTACIÓN.

1. Xunto coa solicitude deberá presentarse:

Fotocopia DNI, NIE ou pasaporte dos membros da unidade familiar de convivencia que o posúan.

Fotocopia do Libro de familia, se é o caso.

Certificado de empadroamento do solicitante, no que se acredite un empadroamento mínimo de 6 meses ininterrompidamente a formulación da solicitude.

Declaración responsable das axudas e importes recibidos paras as mesmas finalidades (ou de non ter recibido ningunha), así como o compromiso de destinar a axuda á finalidade para a que resulte concedida, segundo o modelo establecido (ver anexo).

Orzamento correspondente a solicitude da axuda, no seu caso.

No caso de persoas con diversidade funcional ou enfermidade deberán aportar o certificado do grado de discapacidade ou informes do Sistema Público de Saúde, onde se acrediten as mesmas.

No caso de manifestar maltrato ou violencia doméstica deberá presentar a denuncia ou documento acreditativo correspondente.

No caso de separación ou divorcio, deberá presentar documentación acreditativa da situación, e de ser o caso, de pensións alimentarias e compensatorias.

No caso de solicitar axuda para tratamento farmacolóxico, deberá aportar receita médica do Sergas e documentación acreditativa da farmacia indicando a aportación que ten asumir o interesado.

Si se solicita axuda para facer fronte a situacións de emerxencia derivadas de gastos relacionados coa vivenda ou aloxamento: fotocopia do contrato de aluguer xunto con declaración responsable do propietario da vivenda na que se acredite a existencia dunha débeda e o importe da mesma; xustificante da cota mensual do crédito hipotecario do exercicio en curso; xustificante acreditativo dos gastos de mantemento da vivenda pendente de pago; presuposto do material e/ou de calquera outro equipamento obxecto da axuda que se constate preciso.

Declaración xurada de ingresos así como do patrimonio de todos os membros da unidade familiar de convivencia segundo o modelo establecido (ver ANEXO). Dita declaración ira acompañada da seguinte documentación:

Cota mensual do crédito hipotecario ou do aluguer da vivenda, do exercicio en curso.

Fotocopia da ultima declaración do IRPF, ou certificación negativa do IRPF, ou ben autorización para acceder aos datos do IRPF.

No caso de persoas desempregadas copia da tarxeta de demandante de emprego e certificado de prestacións de desemprego; ou no se defecto, certificado negativo emitido polo INEM

Vida laboral do solicitante e dos membros da unidade familiar maiores de 16 anos

Copia do contrato de traballo dos membros que se atopen desempeñando actividade laboral remunerada de forma regular e copia da ultima nómina.

Certificado de pensión emitido polo organismo competente paras os membros da unidade familiar de convivencia que sexan beneficiarios dalgún tipo de prestación do sistema.

Copia ou certificación bancaria onde o solicitante conste como titular dun número de conta.

Outros documentos específicos segundo as circunstancias da necesidade.

2. Todos os documentos que acompañen ás solicitudes deberán de ser orixinais ou fotocopias compulsadas cos seus orixinais.

3. Os servizos sociais comunitarios poderán solicitar do interesado calquera outro documento que consideren preciso para a axeitada valoración e/ou resolución do expediente.

4. Garantirase a confidencialidade dos datos e o seu axeitado procesamento, debendo respectarse en todo caso o disposto na Lei Orgánica de Protección de Datos.

ARTIGO 16.-SUBSANACIÓN DE DOCUMENTACIÓN.

Se por calquera motivo a solicitude non reunise todos os datos e documentos, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de 10 días, subsane a falta ou acompañe os documentos preceptivos con indicación de que si así non se fixera, teráselle por desestimado a súa petición, arquivándose esta sen máis trámites, nos termos establecidos no artigo 68 en relación co 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

ARTIGO 17.-ESTUDO E VALORACIÓN DA SOLICITUDE.

Solicitude:

1. A solicitude e documentación presentada será estudada polo/a traballador/a social do Concello de Melide que emitirá un informe no que se poña de manifesto si o interesado cumpre ou non cos requisitos sinalados para percibir unha axuda municipal de emerxencia social, de conformidade co disposto nesta Ordenanza.

2. En caso que se cumpra cos requisitos sinalados, valorase a solicitude pola Comisión de Valoración das Axudas Municipais de emerxencia Social conforme ao estabelecido no artigo seguinte.

3. En caso de que non se cumpra os requisitos sinalados, rexeitarase a solicitude, indicando os motivos do rexeitamento.

Valoración:

1. Para a concesión ou denegación da axuda a Comisión de Valoración das Axudas Municipais de Emerxencia Social terase en conta os seguintes factores:

Capacidade económica da unidade familiar de convivencia: valorase a capacidade económica da unidade familiar de convivencia, entendendo por esta o resultado de dividir a sumo dos ingresos brutos(51% do capital bancario) de todos os membros da unidade familiar (menos o importe correspondente aos gastos de hipoteca ou aluguer ata un máximo de 300 euros/mes) polo número de membros de dita unidade. Asemade, valóranse os bens mobles e/ou inmobles sobre os que os membros da unidade familiar ostenten un dereito de propiedade (10% sobre o valor catastral) ou calquera outro, que polas súas características, posibilidade de venda ou aluguer, indiquen a posible existencia de medios económicos suficientes.

Situacións de riscos e/ou exclusión social: valoraranse situacións de desatención ou problemas conductuais nos menores que integren a unidade familiar; situacións carenciais que afecten aos adultos integrantes da unidade familiar; situacións de violencia de xénero, diversidades funcionais, tratarse de familias numerosas así como outras circunstancias semellantes.

Que a persoa solicitante non teña débedas coa administración.

2. Unha vez valorada a solicitude a Comisión elaborará unha proposta de concesión ou denegación das mesmas, fundamentándoo debidamente en ambos casos. Na proposta de resolución quedarán reflexados, como mínimo, os seguintes aspectos:

- Identificación da persoa solicitante.

- Xustificación motivada da concesión ou denegación da mesma.

- Finalidade para a que se concede a axuda.

- Contía da mesma.

- Forma de pago e n.º de conta.

3. Unha vez completado o expediente previa fiscalización da Intervención, elevarase o mesmo ao órgano que resulte competente para a resolución do mesmo, de conformidade co dispostos nas bases de execución do orzamento do Concello.

ARTIGO 18.-RESOLUCIÓN DO EXPEDIENTE.

Dende o órgano competente para a resolución, resolverase sobre a concesión ou denegación da axuda nun prazo máximo de 30 días dende o inicio da solicitude, ou dende a subsanación da documentación no seu caso.

Se transcorrido ese prazo o solicitante non obtén contestación, considera desestimada a súa solicitude.

Na resolución ditada polo órgano quedarán reflexados, como mínimo os mesmo extremos contemplados para a proposta da resolución do artigo 17 apartado de valoración, xunto coa obriga da persoa beneficiaria de presentar documentación xustificativa do gasto e o prazo establecido para elo.

ARTIGO 19.-DENEGACION DA PRESTACIÓN.

A denegación das axudas, que deberá ser motivada, procederá por algunha das seguintes causas:

- Poder satisfacer axeitadamente as necesidades por se mesmo e/o co apoio do restos dos membros da unidade familiar de convivencia.

- Corresponder a competencia para a concesión da axuda a outra administración pública.

- Por costar no seu expediente persoal o non ter cumprido coas obrigas esixidas noutras ocasións en que se tiveran concedido axudas.

- Por calquera outra causa debidamente motivada.

ARTIGO 20.-COMISION DE VALORACIÓN DAS AXUDAS MUNICIPAIS DE EMERXENCIA.

1. A Comisión de Valoración das Axudas Municipais de Emerxencia Social estará formada polos seguintes membros:

- O alcalde ou alcaldesa, ou persoa na que delegue que presidirá a Comisión.

- O Concelleiro ou concelleira de servizos sociais, ou persoa na que delegue.

- O traballador ou traballadora Social do Concello, que actuará como secretario/a.

2. As funcións básicas da comisión son:

- Resolver sobre o cumprimento polo solicitante dos requisitos de concesión, a vista do informe a que se refire o artigo 19.

- Valorar as solicitudes, segundo o disposto no artigo 20.

- Elaborar as propostas de resolución.

- Resolver as reclamacións que se presente ante a Comisión e realizar as aclaracións que lle sexan requiridas.

- Informar nos recursos de reposición presentados contra a resolución de concesión ou denegación, no seu caso.

3. A Comisión de Valoración será convocada polo Presidente/a cando se considere oportuno por existir materiais da súa competencia. A convocatoria realizarase con 24 horas de antelación, como mínimo, ao inicio da correspondente sesión. Para a súa válida constitución esixirase a presenza de todos os membros da mesma ou persoas que os substitúan .

4. De cada sesión que se celebre, o/a secretario/a levantará unha Acta na que constarán, como mínimos, os seguintes extremos:

Lugar data e hora na que se comeza e remata a sesión.

Identificación dos membros presentes.

Asuntos que se examinan, propostas que se acordan e xustificación das mesmas.

Incidentes que se produzan na sesión que deban resinarse a criterio do/a secretario/a.

ARTIGO 21.-DESESTIMENTO DA SOLICITUDE OU RENUNCA DA AXUDA RECOÑECIDA.

1. A persoa solicitante poderá desistir da súa solicitude ou renunciar ao seu dereito á axuda recoñecida mediante escrito dirixido o Concello de Melide, indicando as circunstancias que concorran.

2. O Concello de Melide ditará a resolución que corresponda, sendo de aplicación o disposto no artigo 94 da Lei39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das Administracións públicas.

ARTIGO 22.-CONTROL DAS AXUDAS.

Os servizos sociais comunitarios serán os encargados do seguimento das situacións de necesidade polas que se conceden as axudas municipais de emerxencia social, así como de realizar as comprobacións que estimen oportunas respecto das actividades subvencionadas. Para elo terán dereito ao acceso a toda a documentación xustificativa das mesmas, así como a requirir aos beneficiarios nos termos que sexan pertinentes para o axeitado exercicio das súa función, todo elo de conformidade co disposto no titulo III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

ARTIGO 23.-REINTEGRO DAS AXUDAS.

Procederá o reintegro das cantidades obtidas en concepto de axudas municipais de emerxencia social, coa esixencia do interese de demora establecido legalmente, nos seguintes casos:

1. Falsear ou ocultar datos que tiveran determinado a denegación da axuda.

2. Destinar a axuda a outros fins distintos de aqueles que se tiveran especificado na resolución da concesión.

3. Non xustificar o destino da axuda na forma establecida no artigo anterior, ou xustificar fora de prazo.

4. Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro.

5. Incumprimento total ou parcial das condicións establecidas.

6. A duplicidade de axudas ara unha mesma finalidade, agás nos supostos excepcionados na propia ordenanza.

7. Demais suposto previstos na lexislación reguladora de subvencións.

O procedemento de reintegro iniciarase de oficio e na tramitación do mesmo concederase ao interesado un prazo de audiencia de 15 días.

Finalizado o prazo de audiencia, o órgano correspondente, previos os informes oportunos, ditará resolución acordando a procedencia ou improcedencia do reintegro.

As cantidades a reintegrar terá a consideración de créditos de dereito público, resultado de aplicación para a súa cobranza o previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

ARTIGO 24.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

O Réxime de infraccións e sancións será o establecido no Título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

ARTIGO 25 .-RECURSOS.

Contra a resolución de concesión ou de denegacións de axudas que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer unha reclamación previa a vía contencioso administrativo, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte a aquel en que recibise esta notificación de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas., ou directamente recurso contencioso administrativo ante o xulgado contencioso administrativo que corresponda, no prazo de dous meses a contar dende o seguinte á data en que recibise esta notificación. Tamén poderá exercitar calquera outro recurso que considere pertinente.

DISPOSICIÓNS FINAIS

Primeira.-Habilitarase á Alcaldía para ditar as disposicións ou instrucións que resulten precisas para a interpretación, desenvolvemento e aplicación da presente ordenanza.

Segunda.-En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a presente ordenanza entrará en vigor unha vez se publique o seu texto integramente no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña e transcorra o prazo de quince días hábiles previstos no artigo 65.2 do citado texto legal.

ANEXOS

15510.png 

15531.png 

15545.png 

15571.png 

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.