Melide - REGULAMENTO PARA A CONCESIÓN DO SERVIZO DE XANTAR NA CASA A POSIBLES USUARIOS/AS DO CONCELLO DE MELIDE.

Publicación provisional: 01/09/2020 BOP Nº: 142
Publicación definitiva: 27/10/2020 BOP Nº: 180
Aplicable dende: 18/11/2020

DISPOSICIÓNS XERAIS

ARTIGO 1 .- Obxecto e ámbito de aplicación

1. Xantar na casa é un programa ofertado polo Consorcio Galego de servizos de igualdade e benestar en colaboración co Consellería de Política Social e co concello de Melide tras a firma do convenio de colaboración

2. O obxecto do presente regulamento é establecer o procedementos para a concesión do servizo de xantar na casa a posibles usuarios/as do concello de Melide

3. A ordenanza axústase aos principios da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, e para dar cumprimento ao principio de transparencia, será obxecto de consulta pública previa nos termos previstos na normativa aplicable sobre a consulta pública previa no procedemento de Elaboración das Ordenanzas e Regulamentos.

ARTIGO 2.- Finalidade

O programa ¿ Xantar na casa" garante a subministración e servizo de entrega a domicilio de xantares cuxa finalidade é garantir unha alimentación equilibrada e de calidade os potenciais usuarios/as , así como cubrir as necesidades básicas relacionadas coa compra e elaboración de menús.

ARTIGO 3 .- Obxectivos

1. O obxectivo principal é proporcionar benestar e unha calidade de vida os usuarios/as , así como das súas familias, facilitando así a permanencia no seu propio entorno comunitario e mellorando de xeito xeral a súa calidade de vida.

Obxectivos específicos:

a. Prover os usuarios/as unha alimentación de calidade e nutritiva, proporcionando unha atención individual e personalizada

b. Manter a calidade de vida dos usuarios/as mediante unha dieta axeitada

c. Evitar situacións de risco derivadas da preparación e elaboracións de comidas

d. Brindar unha axuda os familiares e coidadores como medida de conciliación da vida familiar e laboral

e. Realizar un seguimento individualizado e exhautivo por parte dos técnicos pertinentes.

PERSOAS BENEFICIARIAS

ARTIGO 4.- Persoas beneficiarias

a. Persoas maiores de 60 anos, que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal , e sen rede de apoio que puidese cubrir tal situación.

b. Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e que requiren de axuda para a preparación de alimentos.

c. Persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos servizos sociais e sempre que se este intervindo desde outro programa para resolver a súa situación de exclusión.

ARTIGO 5.- Requisitos

a. Residir e estar empadroado/a no municipio de Melide

b. Presentar unha dificultade para desenrolar o proceso de compra, preparación e elaboración de comidas.

c. Carecer de recursos para cubrir axeitadamente esta necesidade.

d. Ter cubertas as demais necesidades básicas, de non darse o caso , intervirase previamente para que se solvente ditas dificultades.

XESTIÓN E PROCESAMENTO DE CONCESIÓN

ARTIGO 6.- Forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes.

1.- A persoa interesada no servizo ¿ xantar na casa" deberá presentar a solicitude individual conforme ao modelo establecido no anexo I, que deberá ir acompañada da documentación específica no artigo 7

2. A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello de Melide de xeito presencial ou a través da sede electrónica ou en calquera outro dos rexistros públicos aos que se refire o artigo 16.4 da lei 39/2015 , de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. O prazo de presentación estará aberto durante todo o ano.

ARTIGO 7.- DOCUMENTACIÓN

No momento de presentación da solicitude esta deberá ir acompañada da seguinte documentación :

a. Copia do DNI ou documento acreditativo da súa identidade da persoa solicitante, do seu representante legal e/ou gardador de feito de ser o caso.

b. Copia da tarxeta sanitaria

c. Certificado de empadroamento e de convivencia

d. Copia do certificado de grado de discapacidade, de ser o caso

e. Copia do certificado do grado de dependencia, de ser o caso

f. Informe médico de atención primaria , cumprimentado e selado axeitadamente conforme ao modelo establecido no anexo III ( imprescindible indicar o tipo de dieta axeitada)

g. Xustificante dos ingresos económicos : teranse en conta os ingresos mensuais netos da persoa solicitante.

Cando a persoa que solicita o servizo se atope vinculada a outra persoa por matrimonio ou calquera outra forma de relación estable análoga á conxugal as rendas de ambos terán a consideración de rendas computables entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos dos dous membros da parella.

Terá que aportarse:

a. Certificado de pensións mensuais ( viuvez, orfandade, non contributiva¿) ou calquera outro ingreso ( nómina, paro ¿ ) correspondentes ao ano no que se formula a solicitude.

b. Fotocopia da declaración do IRPF do ultimo ano ou, no seu defecto, certificado negativo ; ou ben autorización ao concello de Melide para acceder aos datos tributarios debidamente asinada por tódolos membros que formen parte da unidade familiar de convivencia . No caso de existir variación substancial na situación económica actual , asinarase unha declaración responsable das condicións económicas concorrentes da data de solicitude e a documentación xustificativa de dita situación.

c. Autorización de domiciliación bancaria conforme o modelo establecido no anexo IV, asinada pola persoa interesada e a entidade bancaria.

d. Compromiso de contrato das persoas beneficiarias do servizo ¿ Xantar na casa" conforme ao modelo establecido no anexo III

e. Outros documentos que poidan ser determinantes para a valoración do expediente.

ARTIGO 8.- PROCEDEMENTO PARA A CONSECIÓN DO SERVIZO

1. Unha vez presentada a solicitude conforme ao establecido no artigo 6 serán os servizos sociais quen reciban o expediente e comproben que a solicitude este completa.

2. No caso de que a solicitude estivera incompleta e non reunira os requisitos necesarios para a súa tramitación, requirirase a persoa solicitante para que, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 10 días emende os defectos e/ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, de non facelo así, entenderase que desiste do seu pedimento, previa resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 de dito texto legal.

3. Os servizos sociais do Concello de Melide realizarán cantas actuacións estimen necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos presentados pola persoa solicitante, avaliando as solicitudes segundo os requisitos e baremo estipulados no presente regulamento.

4. O/a traballador/a social realizará un informe social conforme ao modelo establecido no anexo V emitindo a proposta de concesión ou denegación que será elevada ao órgano competente para a posterior resolución, que deberá axustarse necesariamente ás características establecidas no presente regulamento.

5. A resolución das persoas beneficiarias do servizo de xantar na casa será remitido ao Consorcio conforme ao modelo establecido no anexo VI establecido no convenio de colaboración, ordenada segundo os criterios de selección.

6. A prestación do servizo quedará supeditado en todo momento a existencia de prazas dispoñibles. Unha vez cubertas todas as prazas existentes, as solicitudes pasarán a unha lista de agarda segundo os criterios establecidos no presente regulamento.

7. A prestación do servizo obxecto deste regulamento supeditarase á dispoñibilidade orzamentaria existente en cada momento e á continuidade do programa xantar na casa.

ARTIGO 9.- RESOLUCIÓN E NOTIFICACION

1. De acordo co artigo 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, as axudas contempladas neste regulamento serán resoltas pola alcaldía, concedendo ou denegando o servizo solicitado, sen prexuízo das delegacións que poidan autorizarse, de acordo co previsto na citada norma.

2. A resolución adoptada, debidamente motivada, será notificada ás persoas interesadas no domicilio que figure no expediente a efectos de notificacións. A falta de resolución expresa en prazo implicará a desestimación da solicitude de achega, ser prexuízo do indicado no artigo 24 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A resolución ditada porá fin á vía administrativa e contra a mesma caberá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ou ben, potestativamente e con carácter previo a este, recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou. A presentación do recurso de reposición poderá efectuarse no prazo dun mes, segundo o sinalado no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A interposición do recurso contencioso administrativo poderá efectuarse no prazo de dous meses, segundo o indicado no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa

ARTIGO 10.- DERIVACIÓN E COORDINACION CO CONSORCIO .

1. Tras a resolución de concesión por parte do órgano competente, o Concello de Melide comunicará os datos da persoa interesada ao Consorcio conforme ao modelo establecido no anexo VI, tal e como se indica no artigo 8.5.

2. O Concello de Melide agardará a que o Consorcio comunique a data da primeira visita ao domicilio, que se realizará conxuntamente polo/a traballador/a social do concello e o persoal de reparto, e agardará á comunicación do inicio de reparto dos xantares, sendo responsabilidade do Consorcio comunicar o inicio da prestación do servizo a:

a) Empresa adxudicataria, que iniciará o servizo nos 10 días naturais seguintes.

b) Persoa beneficiaria.

c) Departamento de Servizos Sociais do Concello de Melide.

3. No caso de modificacións, baixa voluntaria definitiva ou baixa temporal, os servizos sociais municipais comunicarán ao Consorcio as variacións oportunas para o reparto de xantares, segundo os modelos establecidos no convenio de colaboración asinado.

ARTIGO 11-. CRITERIOS PARA A BAREMACIÓN DAS SOLICITUDES.

1. Os criterios para a baremar as solicitudes do servizo xantar na casa aplicaranse cando se cumpra co establecido nos artigos 4 e 5 do presente regulamento, e faranse de acordo cos seguintes apartados (deberá marcarse unha soa opción dentro de cada apartado):

1. UNIDADE DE CONVIVENCIA (máximo 10 puntos)

 

O usuario/a vive so/a con problemas de mobilidade

10 puntos

O usuario/a vive so/soa

8 puntos

Convivencia con menores ou outra persoa con déficits de saúde, recoñecidos mediante certificado médico, que lle impiden a prestación da axuda.

6 puntos

Convivencia con persoas sen habilidades para prestar a axuda ou con dificultade para adquirilas.

4 puntos

A/s persoa/s coidadora/s pasan toda a xornada fóra do domicilio por causas laborais ou familiares.

2 puntos

A/s persoa/s coidadora/s están desocupados, sen cargas familiares ou laborais, nin presentan dificultades de saúde que lles impida prestar esta atención.

0 puntos

 

2. EXISTENCIA DE MEMBROS DA REDE INFORMAL DE APOIO (máximo 5 puntos)

 

Ausencia de relación

5 puntos

Persoas da veciñanza ou amigos

3 puntos

Familia extensa

2 puntos

Fillos/as

1 puntos

 

3. DINÁMICA RELACIONAL (máximo 4 puntos)

 

Relacións conflitivas

4 puntos

Ausencia de relacións

3 puntos

Relacións escasas

2 puntos

Relacións normalizadas

1 punto

 

4. VIVENDA

TIPO DE VIVENDA (máximo 3 puntos)

 

Piso, apartamento, vivenda unifamiliar

3 puntos

Habitación, pensión alugada, vivenda colectiva

2 puntos

Chabola, prefabricado, caravana

1 punto

 

RÉXIME DE TENZA (máximo 3 puntos)

 

Alugada, realuguada

3 puntos

En réxime de cesión

2 puntos

Propia ou dalgún membro da unidade familiar

1 punto

 

 

CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE DA VIVENDA (máximo 4 puntos)

 

Axeitadas

4 puntos

Amoreamento

3 puntos

Malas condicións de habitabilidade e/ou carencia dalgún servizo básico

2 puntos

Insalubridade, inhabitabilidade

1 punto

 

ACCESIBILIDADE DA VIVENDA (máximo 3 puntos)

 

Con barreiras no interior da vivenda

3 puntos

Con barreiras no acceso a vivenda

2 puntos

Con adaptacións funcionais

1 punto

 

LOCALIZACIÓN DA VIVENDA (máximo 2 puntos)

 

Rural

2 puntos

Urbana

1 punto

 

ACCESO A EQUIPAMENTOS E RECURSOS ( máximo 2 puntos)

 

Comunicacións deficientes

2 puntos

Comunicacións básicas

1 puntos

 

5. SITUACIÓN ECONÓMICA (máximo 10 puntos, totalidade dos ingresos mensuais netos da persoa solicitante)

 

Inferior ó 100% iprem

10 puntos

Entre o 100% e o 125% iprem

8 puntos

Entre o 125% e o 150% iprem

6 puntos

Entre o 150% e o 175% iprem

4 puntos

Entre o 175% e o 200% iprem

2 puntos

Máis do 200% iprem

0 puntos

 

A capacidade económica da persoa usuaria do servizo calcularase tendo en conta os ingresos mensuais netos da persoa solicitante correspondente ao ano no que se formula a solicitude. Teranse en conta, ademais, o cónxuxe ou parella de feito e as persoas convivintes economicamente dependentes, de acordo co establecido nos parágrafos seguintes:

a) Cando a persoa solicitante se atope vinculada a outra persoa por matrimonio ou calquera outra forma de relación estable análoga á conxugal, as rendas de ambos terán consideración de rendas computables entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos dos dous membros da parella.

b) Cando a persoa beneficiaria conviva con ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade (recoñecida polos equipos de valoración de discapacidade), que dependesen economicamente dela; a capacidade económica determinarase sumando a renda da persoa interesada e a de cada convivinte economicamente dependente e dividíndoa entre todos eles. Considerarase persoa economicamente dependente aquela que non perciba ningún ingreso.

A declaración da renda ou certificado de imputacións da Axencia Tributaria do último exercicio terase en conta aos efectos da valoración social do/a traballador social de referencia.

 

6. AUTONOMÍA PERSOAL VESTIMENTA (máximo 4 puntos)

 

Incapaz de vestirse sen axuda

4 puntos

Precisa algunha axuda para vestirse

3 puntos

Vístese só/a pero incorrectamente

2 puntos

Vístese sen axuda e correctamente

1 punto

 

ASEO (máximo 4 puntos)

 

Incapaz de asearse sen axuda

4 puntos

Precisa algunha axuda para asearse

3 puntos

Aséase só/a pero incorrectamente

2 puntos

Aséase sen axuda

1 punto

 

ALIMENTACIÓN (máximo 4 puntos)

 

Presenta problemas de nutrición e é incapaz de alimentarse

4 puntos

Non se alimenta correctamente e precisa axuda

3 puntos

Aliméntase correctamente con axuda mínima

2 puntos

Aliméntase correctamente e sen axuda

1punto

 

ACTIVIDADES RELACIONADAS COA PROGRAMACIÓN E PREPARACIONS DAS COMIDAS

COMPRA DE ALIMENTOS (máximo 4 puntos)

 

Non realiza esta actividade

4 puntos

Necesita axuda para a súa realización

3 puntos

Realiza esta actividade só/soa

1 punto

 

ORGANIZACIÓN DOS MENÚS E SEGUIMENTOS DE DIETAS (máximo 4 puntos)

 

Non realiza menús variados e non segue os consellos médicos

4 puntos

Ás veces fai comidas variadas seguindo os consellos médicos

3 puntos

Fai comidas variadas e segue sempre os consellos médicos referentes á súa dieta

1 punto

ELABORACIÓN DOS MENÚS (máximo 4 puntos)

 

Non ten axuda e cústalle preparalos

4 puntos

Recibe axuda dun familiar, amigo, veciño, S.A.F., etc.

3 puntos

Apañase só/a sen ningunha axuda

1 punto

 

7.IDADE (máximo 6 puntos)

 

Maior de 81 anos

6 puntos

De 76 a 80 anos

5 puntos

De 71 a 75 anos

4 puntos

De 66 a 70 anos

3 puntos

De 61 a 65 anos

2 puntos

Menor de 60 anos

1 punto

 

8. CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE (máximo 4 puntos)

 

Igual ou superior ao 75%

4 puntos

Igual ou superior ao 65% e inferior ao 75%

3 puntos

Igual ou superior ao 33% e inferior ao 65 %

2 puntos

 

9. GRAO DE DEPENDENCIA (máximo 6 puntos)

 

Grao I

Nivel 2

6 puntos

Nivel 1

5 puntos

Grao II

Nivel 2

4 puntos

Nivel 1

3 puntos

Grao III

Nivel 2

2 puntos

Nivel 1

1 punto

 

10. OUTRAS CIRCUNSTANCIAS NON ESPECIFICADAS ( máximo 8 puntos)

 

Recurso que cubre as necesidades de atención

8 puntos

Recurso complementario doutro/s recurso/s ou do apoio familiar

6 puntos

Recurso temporal mentres se resolve o trámite de recursos máis axeitados ou a intervención coa familia para que presten apoio

4puntos

Situación non prioritaria

2 puntos

Recurso innecesario ou que non pode solventar a necesidade de atención

0 puntos

Observacións: neste apartado valoraranse situacións específicas que se estime oportuno considerar, especificadas no informe social, e que non foron contempladas nos parámetros anteriormente establecidos. Para establecer a puntuación terase en conta se no informe social se valorará á adecuación do recurso demandado á situación da persoa interesada.

Unha vez comprobado que as persoas solicitantes cumpren os requisitos estipulados nos artigos 4 e 5, e unha vez realizada a baremación tendo en conta o estipulado no punto anterior, procederase á selección das posibles persoas beneficiarias tendo en conta:

Primeiro.-Maior puntuación.

Segundo.-En caso de igual puntuación, data e número de entrada no Rexistro Xeral do Concello.

DEREITOS E OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS.

ARTIGO 12-. DEREITO DAS PERSOAS BENEFICIARIAS.

1. Acceder ó servizo e recibilo sen discriminación por razón de raza, sexo, relixión, ideoloxía o calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. As persoas que padezan algunha discapacidade gozarán da protección que lle atribúe a lei e, en todo caso, a prestación deste servizo garantirá a súa plena integración.

2. A consideración no trato debido á dignidade da persoa, por parte do persoal do servizo.

3. O tratamento confidencial dos datos do seu historial sanitario e social de acordo co disposto no regulamento (UE) 2016/279 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.

4. A formular reclamacións e presentar suxestións.

5. A recibir unha información clara e completa sobre a organización do servizo e sobre as posibles modificacións sobrevidas.

6. A coñecer a situación do expediente.

7. A deixar de usar o servizo por vontade propia.

 

ARTIGO 13-. DEBERES DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Informar ao traballador/a social do Concello de Melide dos cambios da súa situación social, económica, sanitaria e persoal que poidan dar lugar a modificacións na prestación do servizo, achegando a correspondente documentación cando proceda.

2. Cumprir as normas sobre o acceso, seguimento e utilización deste servizo recollidas no presente regulamento.

3. Colaborar na medida das súas posibilidades no desenvolvemento adecuado do servizo, en función das súas capacidades e nas formas acordadas en cada caso.

4. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que prestan o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.

5. Coidar do material e electrodomésticos cedidos pola empresa distribuidora, sendo responsables dos danos e prexuízos que por acción ou ben por omisión causen na operatividade do servizo e nos seus utensilios.

6. En caso de suspensión ou extinción do servizo, a persoa beneficiaria ten a obriga de devolver o material cedido en depósito pola empresa adxudicataria.

7. Aboar a cota mensual fixada para este servizo nos dez primeiros días de cada mes.

8. Asinar o compromiso de contrato (anexo II) para autorizar o acceso a vivenda do persoal repartidor do servizo e comprometéndose a atender e realizar as indicacións que sobre o mesmo se lle faciliten. Deberá encontrarse no domicilio os días de reparto de menús; en caso contrario, comunicará coa suficiente antelación un domicilio alternativo de entrega. No caso en que a persoa beneficiaria non o comunique en tempo e forma e se intentase a entrega dos menús no seu enderezo a persoa beneficiaria aboará os menús realizados ata a data do feito.

ARTIGO 14.- ATENCIÓN TELEFÓNICA

As persoas beneficiarias disporán dunha liña telefónica aberta ininterrompidamente os 365 días do ano para atender calquera incidencia na prestación do servizo: 902.400.429

CAUSAS DE SUSPENSIÓN, MODIFICACIÓN OU EXTINCIÓN DO SERVIZO

ARTIGO 15.- SUSPENSIÓN OU MODIFICACIÓN DO SERVIZO

1. A suspensión temporal efectuarase nos seguintes supostos

a) Ausencia da persoa beneficiaria do seu domicilio: por vacacións, viaxes, ou ingreso temporal en centros sanitarios/ residenciais por un tempo inferior a 45 días. Este prazo poderase ampliar se está convenientemente xustificado.

b) Cambio de domicilio no mesmo municipio, mentres non se realice a nova valoración social.

Con carácter xeral, a modificación das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo poderán dar lugar a cambios nas condicións da prestación nas que fora concedida inicialmente. Os cambios circunstanciais en calquera caso, deberán reflectirse no expediente individual

ARTIGO 16.- EXTINCIÓN DO SERVIZO

Son causas de extinción do servizo:

a) Falecemento da persoa beneficiaria, acreditando con documentación tal suceso.

b) Renuncia voluntaria da persoa beneficiaria ou do representante legal /gardador.

c) Incumprimento reiterado do pagamento dun máximo de dúas cotas establecidas do servizo.

d) Incumprimento reiterado da normativa e das condicións establecidas para a prestación do servizo.

e) Ausencia reiterada do domicilio, sen avisar con antelación e/ou xustificar a ausencia durante nos días de reparto dos menús.

f) Ausencia do domicilio superior a 45 días e sempre que esta, non este convenientemente xustificada.

g) Cambio de domicilio a outro concello.

h) Modificación das causas que deron lugar a concesión do servizo.

i) Ingreso nun centro residencial con carácter definitivo.

j) Por precisar asistencia de carácter especializada para as actividades da vida diaria que non corresponde a este servizo.

k) Ocultamento ou falsidade dos datos que foron tidos en conta para a concesión do servizo.

l) Cese do Programa.

m) Outras non reflectidas anteriormente e que impidan o normal desenvolvemento do servizo.

 

ARTIGO 17.- PROCEDEMENTO NAS BAIXAS E SUSPENSIÓN

1. No caso de baixa voluntaria ou suspensión/baixa temporal do servizo, a persoa beneficiaria deberá comunicalo ao traballador/a social do Concello de Melide cunha antelación de 15 días naturais, conforme aos modelos establecidos nos anexos VII e VIII.

2. No caso da suspensión temporal, concretarase sempre que sexa posible a duración prevista da ausencia, que non poderá superar os 45 días naturais agás motivos convenientemente xustificados

3. Os anexos VII e VIII unha vez cubertos remitirase ao departamento de servizos sociais que emitirán o correspondente informe social que reflicta as causas da baixa ou suspensión. O informe será elevado ao órgano competente e a resolución será notificada á persoa interesada e comunicada ao Consorcio.

FUNCIONAMENTO DO SERVIZO

ARTIGO 18.- FUNCIONAMENTO DO SERVIZO

1. Inicio.

No comezo do servizo comprobarase, por parte da empresa contratante, que as persoas beneficiarias do servizo dispoñan de microondas, frigorífico, e calquera elemento adecuado para a preparación e consumo dos xantares. No suposto de que as persoas beneficiarias non dispoñan de microondas ou frigorífico que se adapte ás necesidades do servizo, poñerase á disposición dos mesmos un microondas ou frigorífico en réxime de depósito.

2. Entrega dos xantares.

1. Os xantares entregaranse nun único día á semana. As persoas beneficiarias do programa recibirán no seu domicilio como máximo 7 e un mínimo de 5 bandexas diferentes co xantar para cada día da semana, durante o período en que se atope de alta no servizo.

2. En caso de ausencia do domicilio, a entrega poderase efectuar nun domicilio alternativo fixado para este efecto pola persoa beneficiaria, sempre será un domicilio próximo ou contiguo ao da persoa beneficiaria.

3. Distribución dos xantares.

1. A distribución dos xantares organizarase en barquetas individuais de polipropileno apto para rexenerar en microondas e autorizado para estar en contacto cos alimentos, que incluirán no seu interior, primeiro prato, segundo prato e sobremesa. Os menús serán completos e equilibrados, variados e adaptables ás necesidades das persoas usuarias, aos gustos e hábitos así como á gastronomía local e á época do ano.

2. O transporte dos menús ata o domicilio das persoas beneficiarias do programa, realizarase en vehículos adaptados mantendo a temperatura e a refrixeración imprescindible.

3. O horario de entrega dos xantares será preferentemente de 09.00 da maña a 14.30 da tarde, coas variacións horarias necesarias consonte ao servizo. Comunicarase a cada unha das persoas beneficiarias o día de entrega e a hora aproximada.

4. O persoal repartidor ensinará a persoa beneficiaria ou a persoa responsable da preparación das comidas o procedemento correcto para preparar os alimentos, de retirar as comidas caducadas e revisar a temperatura do frigorífico. Igualmente informará e asesorará a persoa beneficiaria naquelas cuestións e dubidas que presente respecto ao servizo.

4. Menús.

1. Os menús incluirán:

Primeiros pratos: catro días de hidratos de carbono (arroz, legumes, pasta ou patacas) e tres días de verdura.

Segundos pratos: catro días de carne (preferiblemente carnes magras) con guarnición de verduras, pataca ou ensalada e tres días de peixe (1 día azul, 1 día branco) con guarnición de verduras, pataca ou ensalada.

2. Elaborarase unha guía de prácticas correctas de hixiene e manipulación dos alimentos que se destinará á persoa beneficiaria e que será entregada xunto coa guía práctica de preparación dos alimentos.

3. A cadea de frío non se interromperá en ningún momento dende a elaboración e termoselado dos xantares nas correspondentes barquetas ata a entrega e colocación polo persoal do contratista nos frigoríficos de cada unha das persoas beneficiarias do programa, que deberán atoparse en correcto estado de funcionamento e refrixeración.

5. Avaliación.

Anualmente realizarase unha revisión xeral dos expedientes abertos, a fin de avaliar o grao de consecución dos obxectivos e adaptación ás necesidades do programa xantar na casa. Valorando a idoneidade da continuidade da prestación do servizo.

FINANCIACIÓN DO SERVIZO

ARTIGO 19.- FINANCIAMENTO DO SERVIZO.

1. O prezo máximo de cada menú diario será o fixado polo convenio asinado co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para a prestación deste servizo.

2. No seu financiamento participará o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, o Concello de Melide e a persoa beneficiaria da seguinte maneira:

 

Prezo total menú

Achega da persoa usuaria (26,67%)

Achega do Concello (26,67%)

Achega da Xunta ao Consorcio (46,66%)

6.27

1.67 euros

1.67 euros

2.93 uros

 

3. As persoas beneficiarias abonarán directamente á empresa contratista, por adiantado, o importe de cada mensualidade nos dez (10) primeiros días de cada mes.

4. A empresa adxudicataria emitirá factura mensual para cada persoa beneficiaria do servizo pola cantidade correspondente.

5. Con relación ao abono anticipado da persoa beneficiaria o correspondente mes, as incidencias que puidesen xurdir na facturación mensual tanto en maior ou menor importe a aboar, procederase a axustar as diferenzas dos importes ou aboados ou pendentes de aboar no mes inmediatamente seguinte, procedendo a súa regulación. O Consorcio supervisará eses importes.

 

ARTIGO 20.- SUPOSTOS ESPECIAIS DE PAGAMENTOS

Son supostos especiais de pagamento os seguintes:

a) No caso de que a persoa beneficiaria non aboase por adiantado a parte do prezo que lle corresponde, o contratista dará conta desta circunstancia inmediatamente ao Consorcio que poderá autorizar a interrupción da prestación do servizo.

b) No caso de que se comunique a baixa en tempo e forma establecida, non se aboará o servizo durante o período de tempo que dure a baixa temporal. No caso de que a persoa beneficiaria non o comunique en tempo e forma, e se intentase a entrega dos menús no seu enderezo, a persoa beneficiaria aboará os menús realizados ata a data do feito e poderá ser obxecto de extinción do servizo.

c) No suposto de baixas que non se comunicaron en tempo e forma establecida por motivos de forza maior (falecemento, hospitalización , etc) acreditadas documentalmente, o importe do servizo aboarase polo Consorcio.

d) Os xantares que non se puideron entregar como consecuencia da ausencia do seu domicilio ou no segundo domicilio indicado por parte da persoa beneficiaria por causas imputables á persoa, facturaranse na súa integridade directamente á persoa beneficiaria do servizo.

e) No caso de que a empresa que resulte adxudicataria efectuase a entrega fóra da franxa horaria fixada para a entrega á persoa beneficiaria e o servizo non fose recibido por esta, non poderá ser facturado o devandito servizo.

f) Con relación ao abono anticipado da persoa beneficiaria polos servizos a recibir durante o correspondente mes, as incidencias que puidesen xurdir na facturación mensual tanto en maior ou menor importe a abonar, procederase a axustar as diferenzas dos importes abonados ou pendentes de abonar no mes inmediato seguinte, procedendo a súa regularización.

ANEXOS

21213.png 

21221.png 

21228.png 

21235.png 

21243.png 

21250.png 

21257.png 

21264.png 

21271.png 

21279.png 

21286.png 

21294.png 

21301.png 

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

O regulamento non dispón a súa entrada en vigor, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."