Fisterra - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS, TABOADOS E OUTROS ELEMENTOS SEMELLANTES, CON FINALIDADE LUCRATIVA
Art. 1.º .-Concepto
Art. 2.º .-Obrigados ó pagamento
Art. 3.º .-Contía
a) A contía da taxa regulada nesta ordenanza, será a que se fixa nas tarifas contidas no apartado seguinte, atendendo á superficie ocupada polos aproveitamentos en metros cadrados.
b) As tarifas da taxa serán as seguintes:
TAXA | CATEGORÍA DAS VÍAS PÚBLICAS | |
ZONAS PAVIMENTADAS | ZONAS NON PAVIMENTADAS | |
Mesas e cadeiras (por temporada) | 3.000 ptas./m2 | 2.000 ptas./m2 |
Art. 4.º .-Normas de xestión
a) As cantidades esixibles con arranxo ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado, e serán irreductibles polo período de temporada autorizado.
b) As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza, logo de solicita-la correspondente licencia, deberán realiza-lo depósito a que se refire o art. 5.2 a) seguinte e formula-la declaración na que conste a superficie do aproveitamento e os elementos que se van a instalar, así como un plano ou deseño detallado da superficie que se pretende ocupar e da localización no Concello.
c) Os servicios técnicos deste Concello poderán comprobar e investiga-las declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non se encontraren diferencias coas peticións de licencias; e se se deran diferencias notificaránselle ós interesados e, no seu caso, realizaranse as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, ingresados os complementos que procedan.
d) No caso de denega-las autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.
e) Non se consentirá a ocupación da vía pública mentres non se ingrese o depósito a que se refire o artigo 5.2a) seguinte, e mentres non se obtivera a correspondente licencia polos interesados. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar á denegación da licencia solicitada, sen prexuízo do pago do prezo público e das sancións e recargos que procedan.
f) Unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada mentres non se acorde a súa caducidade pola Alcaldía ou se presente baixa xustificada polo interesado ou, no caso de falecemento, polos seus lexítimos representantes.
g) A presentación da baixa terá efectos a partir do primeiro día do período natural de tempo seguinte, sinalado no epígrafe da tarifa que corresponda. Sexa cal sexa a causa que se alegue no contrario, a non presentación da baixa determinará a obriga de aboa-la taxa.
h) As autorizacións terán carácter persoal e non puideran cederse ou subarrendarse a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licencia.
Art. 5.º .-Obriga do pagamento
a) A obriga do pagamento da taxa regulada neste ordenanza, nace:
a.1) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos na vía pública, no momento de solicita-la correspondente licencia.
a.2) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o primeiro día de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados nas tarifas.
b) O pagamento da taxa realizarase:
b.1) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, por ingreso directo na Tesourería municipal ou onde o Concello estableza, pero sempre antes de retira-la correspondente licencia.
Este ingreso terá carácter de depósito previo, consonte o disposto no art. 26 da citada Lei 39/1988, do 28 de decembro, modificada pola Lei 25/1988, do 13 de xullo, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.
b.2) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizadas e prorrogadas, unha vez incluídas nos padróns ou matrículas desta taxa, por anos naturais, nas oficinas da Recadación municipal, desde o día 16 do mes de xaneiro ata o día 15 do mes de febreiro.
Disposición final
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia, e unha vez transcorrido o prazo a que se refire o art. 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local, e aplicarase a partir do día primeiro de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.