Vedra - ORDENANZA ESPECÍFICA REGULADORA DAS BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA SITUACIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL E FAVORECER A INCLUSION SOCIAL NO CONCELLO DE VEDRA

Publicación provisional: 26/03/2018 BOP Nº: 58
Publicación definitiva: 16/05/2018 BOP Nº: 92
Aplicable dende: 08/01/2021

1.- FUNDAMENTACIÓN LEXISLATIVA

De conformidade co disposto na Lei 38/2003 xeral de subvencións, do 17 de novembro e Lei 13/2008 do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia, regula entre outros as funcións dos servicios sociais comunitarios básicos entre as que se incluen as función en materia de exclusión social, incluíndo no catálogo de servizos sociais, no árt. 21, as axudas de emerxencia ou necesidade social.

O Decreto 99/2012 do 16 de Marzo polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e os eu financiamento, e a súa modificación posterior polo Decreto 148/2014, no árt. 23 inclúe o programa básico de inserción social como programa básico de intervención dos servizos sociais comunitarios, e regula as disposicións relativas ao mesmo.

A Lei 27/2013 do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administraccción Local. O seu árt. 25.2.e): ”O municipio exercerá , en todo caso como competencia propia, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, nas seguintes materias: e) avaliación e información de situación de necesidade social e atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social”.

OBXECTO.- A presente ordenanza ten por obxecto recoller as bases da regulación das axudas municipais para paliar situacións de necesidade social e atención inmediata a persoas en situación de emerxencia ou risco de exlusión social residentes no Concello de Vedra. Adoitan ter un carácter complementario dos proxectos de prevención e inserción de xeito que garanta a cobertura das necesidades básicas e os gastos inherentes ao desenvolvmento de ditos proxectos permitindo así a viabilidade dos mesmos.

2. – DEFINICIÓN

Considéranse axudas de necesidade social ao conxunto de axudas e prestacións económicas non periódicas destinadas a paliar ou resolver, por si mesmas ou complementariamente con outros recursos e prestacións, situacións de emerxencia social e a previr situacións de exclusión social. Forman parte dun conxunto de intervencións e actuacións específicas necesarias para a prevención, asistencia e promoción social.

3. – BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas ou unidades familiares residentes no municipio de Vedra, cunha antigüidade mínima de 6 meses de residencia efectiva, en función do estado de necesidade do cal se atope, no momento da solicitude e que cumpra os requisitos establecidos no art. 4 desta Ordenanza.

Enténdese por unidade de convivencia tódalas persoas convivintes no domicilio familiar, coa excepción daquelas situacións familiares con dinámica de relación negativa, avaliada técnicamente polo/a Traballador/a Social dos Servizos Sociais Comunitarios, básicos.

Os perceptores da axuda poderán ser:

• Os propios beneficiarios

• As persoas asignadas para a súa percepción, así como os provedores dos bens ou servizos para os que se conceda a axuda, debendo ser en tales casos, autorizado o pagamento polo beneficiario, ou cando así o considere o Traballador/a Social de Servizos Sociais Comunitarios, Básicos.

4. - REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS

• Ser maior de idade, ou menor emancipado legalmente ou, no seu defecto, iniciar o trámite legal de emancipación.

• Estar empadroado no termo municipal de Vedra cunha antelación mínima 6 meses á solicitude. Deste período mínimo están exentos os solicitantes que acrediten unha situación de emigrante retornado, os que anteriormente estivesen acollidos en recursos de aloxamento institucional e unidades familiares con menores, persoas dependentes ou víctimas de violencia de xénero e sempre que fixen a súa residencia no término municipal.

Excepcionalmente cando así sexa valorado polo/a Traballador/a Social de Servizos Sociais Comunitarios por razón de necesidade, precariedade ou urxencia, poderán ser beneficiarias aquelas persoas que non reúnan o requisito anteriormente mencionado.

• Non ter acceso a axudas polo mesmo concepto por parte doutros organismos, entidades ou administracións públicas que cubran a totalidade da necesidade pola que se solicite a prestación.

• Non solicitar ningún membro da unidade familiar estas axudas para situacións de emerxencia social durante o mesmo exercicio económico, salvo en casos excepcionais nos que a necesidade sobrevida requira atención urxente e inmediata.

• Non dispoñer de bens mobles ou inmobles distintos dos da vivenda habitual, sobre os que se posúa dereito de propiedade, usufruto ou calquera outro, que polas súas características, valoración, posibilidade de explotación ou venda, indique a existencia de medios abondos para atender á necesidade para a que se solicita a axuda.

• Non dispoñer de cantidades líquidas (ou título e valores) superiores a 6 mensualidades do IPREM vixente.

• Non disponer doutros bens, excluída a vivenda habitual, que teña unha valoración superior ao importe anual do IPREM vixente.

• Computarase o 5% do valor catastral dos bens inmobles.

• Que o cómputo total dos ingresos anuais da unidade familiar sexa o seguinte:

Nº MEMBROS

LIMITE DE INGRESOS

1

100 % IPREM

2

120 % “

3

140 % “

4

160 % “

5

180 % “

6 ou máis

200 % “

Incrementarase un 10% máis por cada menor ou por cada persoa que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ó 33% ou certificado de dependencia.

Excepcionalmente poderanse conceder axudas a familias con ingresos superiores aos sinalados anteriormente cando a xuizo do/a traballador/a social sexa valorada a necesidade real coa documentación pertinente e proposta favorable de concesión.

Para o cómputo dos ingresos, o Concello terá en conta a base imponible xeral e de aforro da última declaración do IRPF. No caso de variación das circunstancias socio-económicas terase en conta a totalidade dos ingresos netos dos seis meses anteriores á data de solicitude en concepto de rendemento de traballo, pensións , prestacións ou de calquer outtra natureza calquer outro título. No caso de que a persoa non estea obrigada a presentar a declaración do IRPF acreditará os ingresos anuais a través de nóminas, certificados do INEM, certificados da Seguridade Social, percepción de subvencións, certificados de intereses bancarios ou de calquera outra forma que os Servizos Sociais Comunitarios Básicos considere necesaria para acreditar os ingresos. A estes ingresos descontaránselles os gastos de aluguer ou amortización da vivenda habitual ata un máximo de 350€ /mes. Non se computarán os ingresos procedentes de prestación familiar fillo a cargo da Seguridade Social, a libranza para coidados no contorno familiar e os complmentos de axuda de terceira persoa da pensión de gran invalidez do INSS, da P.N.C. P.F. maiores de 18 anos e LISMI.

• Atoparse en situación de emerxencia social ou risco de exclusión social a xuízo Traballador/a Social dos Servizos Sociais Comunitarios básicos e sempre que a valoración técnica así o determine estará supéditada a participación e colaboración nun proxecto de inserción social.

• Non ter débedas co Concello de Vedra. No caso de telas descontarase, da contía a percibir en concepto da axuda, o importe da débeda, agás no caso da prestación en concepto de cobertura das necesidades básicas (alimentos e vestido, mantemento do uso da vivenda e suministro eléctrico.

• No caso de menores suxeitos a medidas administrativas e xudiciais de carácter temporal (acollementos de urxencia…..) non se terán en conta os ingresos familiares da familia acolledora.

5. - TIPOLOXÍA E CONTÍA DAS AXUDAS

Valorada a necesidade de axuda polo/a técnico/a de Servizos Sociais Comunitarios e con carácter xeral, as axudas tramitaranse por dous conceptos ao ano, excepto as axudas contempladas nos apartados F. e G., como máximo, en cuxo caso o importe máximo a subvencionar da axuda será o que corresponda á suma de ambos os dous conceptos, sempre que a devandita cantidade non supere o 300% do IPREM mensual vixente.

Tipos de axudas:

A) Necesidades básicas alimento e vestido. Por unha contía máxima igual ó 130% do IPREM mensual vixente, podendo incrementarse esta cantidade nun 10% por cada menor da unidade familiar, ou persoa cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, ou membro en situación de dependencia recoñecida.

O solicitante poderá optar por percibir esta axuda en especie mediante entrega mensual por parte do proveedor elixido por este e por un importe igual a contia da axuda que lle corresponda, e previa autorización do solicitante e acordo co proveedor. Esta opción tamén se poderá facer efectiva a proposta do Traballador/a Social dos Servizos Sociais Comunitarios atendendo a criterios de urxencia e optimización da axuda.

B) Gastos derivados de atención sanitaria: menciñas, material oftalmolóxico e buco-dental, non subvencionados pola Seguridade Social (establecida por prescrición facultativa da Seguridade Social). Axuda como máximo ata o 10O% do IPREM mensual.

C) Accesibilidade e mantemento da habitabilidade:

1.- Axudas para pagamentos de aluguer, fianza desafiuzamento e aquelas que por valoración técnica se considere necesario no referente ao mantemento e conservación da vivenda. Contía máxima de ata dous meses o importe de aluguer ou cota de amortización de hipoteca (400 €./mes como máximo).

2.- Axudas para adquisición de equipamento básico de primeira necesidade para a vivenda habitual. Axudas por importe máximo do 120% do IPREM mensual.

3.- Axudas para aloxamento alternativo temporal. O beneficiario achegará o 75% dos seus ingresos. O Concello completará a contía necesaria derivada do custo do aloxamento.

4.- Axudas para dotación e mantemento de servizos mínimos da vivenda habitual: acometida de auga, subministración de enerxía eléctrica e gas. Contía máxima de ata tres meses o equivalente ou por importe do pagamento destas subministracións.

No caso de tratarse de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social financiarase o 50% da factura, en tanto se manteñan os requisitos de consumidor vulnerable servero. No caso caso de aviso de suspensión do suministro contemplarase a posibilidade de pago da débeda xerada.

5.- Axudas para reparacións, adaptacións funcionais e eliminación de barreras arquitectónicas da vivenda habitual para proporcionar niveles mínimos de habitabilidade. Cuantía máxima de 400% de IPREM mensual. Nos dous últimos casos haberá que acreditar a existencia de dificultade de mobilidade ou situación de dependencia mediante os correspondentes certificados de discapacidade ou depedencia.

Para acceder ás axudas contempladas no punto 4 e 5 é necesario acreditar a titularidade de propiedade da vivenda.

D.-Gastos relativos á educación dos menores da unidade familiar, en idade escolar, sempre que non estivesen cubertos por axudas públicas ou fose necesario completalas para a súa correcta integración escolar. Neste apartado inclúense axudas para tratamentos de educación especial de menores con dificultades de aprendizaxe ou de integración social a proposta do Departamento de Orientación Escolar. Contía máxima 200% do IPREM mensual.

E.-Axudas técnicas, valorada a idoneidade para a promoción da autonomía persoal e o mantemento da calidade de vida no fogar. Contía máxima 200% do IPREM mensual

F.-Asistencia a actividades que favorezan a inserción socio-laboral e educativas” (matrícula, material, gastos de desprazamento, obtención de carné de conducir). Contía máxima 200% do IPREM mensual

G.-Exención de prezos públicos pola asistencia a actividades de carácter municipal (educativas, deportivas e de integración social entre elas a asistencia a garderia e ludoteca municipal). Dita exención será revisable cada 2 meses co compromiso do solicitante de comunicar a variación ou mantemento das circunstancias económicas que deron lugar a mesma, sendo motivo de suspensión o incumprimento da dita comunicación e a modificación das mesmas.

Dita execución efectuarase mediante informe social emitido polo/a Traballador/a Social de Servizos Sociais Comunitarios.

H.- Outras axudas para a atención de situacións que non poidan ser atendidas por ningún dos conceptos contemplados nos epígrafes anteriores ou para calquera outro tipo de prestación ou axuda, tales como: limpeza extraordinaria en domicilios cando exista risco sanitario, enterramentos, visitas médicas, ingresos en residencia, asistencia a tratamentos rehabilitadores de toxicomanías, de educación especial, etc..., ou calquera outra que sexan considerada necesaria segundo valoración e proposta do/a Traballador/a Social de Servizos Sociais Comunitarios básicos. Axustarase a contía da axuda á necesidade formulada.

6. – DOCUMENTACION

• Solicitude de axuda, segundo modelo anexo , debidamente cumprimentado.

• Fotocopia do DNI ou NIF do solicitante e dos maiores de 16 anos da unidade familiar.

• Fotocopia do libro de familia

• Certificado de empadroamento do solicitante de máis de 6 meses de antigüidade (ahegarao de oficio o concello de Vedra).

• Compromiso de destinar a axuda á finalidade para a que é concedida, segundo modelo.

• Declaración das axudas recibidas polos mesmos conceptos, segundo modelo.

• No caso de persoas con discapacidade ou dependencia, presentarase certificado de dependencia

• Xustificante de vivenda: Fotocopia do contrato de aluguer, fotocopia do recibo de aluguer ou xustificante de empréstito hipotecario ou da propiedade.

• Xustificantes de ingresos económicos da unidade familiar:

1. Fotocopia da declaración do IRPF dos membros da unidade familiar con obriga de presentala, no caso de non a presentar declaración, presentarán o certificado correspondente da Axencia Tributaria.

2. Tarxeta de demanda de emprego e/ou certificado do INEM das prestacións por desemprego.

3. Nóminas dos dous últimos 6 meses e fotocopia do contrato de traballo dos que realicen unha actividade laboral.

4.Xustificante de pensións.

5. Certificado de banco ou caixa de aforros que acredite os movementos bancarios dos últimos 12 meses.

6. Outros documentos específicos segundo as circunstancias ou necesidade.

7. Calquera outra documentación que para a correcta valoración da solicitude lle poida ser requirida durante a tramitación.

8. Documento de domiciliación bancaria (fotocopia da libreta de aforro a nome do titular da axuda) se é pagamento directo. Se é un pagamento indirecto factura e datos bancarios do provedor.

7. - FORMA, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES

A solicitude acompañada da documentación complementaria especificada no artigo 6, presentarase no Rexistro Xeral do concello de Vedra dirixida ao Alcalde- Presidente.

De xeito excepcional, os expedientes poderán ser presentados de oficio, cando concorran circunstancias graves, extraordinarias ou urxentes que así o aconsellen.

O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto dende o dia seguinte á publicación desta Ordenanza de xeito continuado durante todo o ano.

8. – TRAMITACION

Unha vez recibida a solicitude, e en caso necesario, requirirase ó interesado para que proceda á subsanación de erros ou para a achega da documentación necesaria nun prazo de 10 días, facéndolle saber que no caso contrario teráse por desestimada a súa petición (de conformidade co establecido no art. 71 da lei 30/1992 e do 26 de novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común), procedéndose ao arquivo do expediente.

O/a traballador/a social dos Servizos Sociais Comunitarios básicos despois de efectuar as comprobacións oportunas efectuará a valoración técnica e elaborará o informe social preceptivo coa proposta e a contía correspondente.

9. - RESOLUCION E NOTIFICACION AOS INTERESADOS.

A solicitude, coa documentación adxunta, o correspondente informe social, e logo de fiscalización de Intervención, será elevado a Xunta de Goberno Local ou a Alcadía para que emita a resolución correspondente, na que polo menos quedará reflectido:

beneficiario, concepto, contía e forma de pagamento.

En todo caso, a axuda concederase en función dos créditos dispoñibles neste Concello para estas prestacións.

Por iso, non abondará para recibir a axuda con que o solicitante reúna os requisito e condicións anteriormente sinalados, senón que será necesario, ademáis, que a súa solicitude poida ser atendida tendo en conta as dotacións presupostarias existentes.

Naqueles supostos en que a situación do beneficiario presente extrema urxencia e gravidade poderá ditarse Resolución Provisional ata que sexa completado o expediente. Se transcorrido o prazo establecido non completase o expediente, ou non se confirmase a urxencia, procederase á revogación da axuda e reclamación do diñeiro percibido provisionalmente.

A resolución adoptada será notificada ao interesado no domicilio que para os efectos de notificacións figure no expediente no prazo de tres meses.

Contra a resolución ditada poderán interpoñerse os recursos pertinentes conforme á lei.

10. - FORMA DE PAGAMENTO

A forma de pagamento das axudas concedidas serán en metálico, como se determine na resolución, podendo ser:

• Directas, é dicir, a favor do solicitante da axuda, por medio de transferencia bancaria.

• Excepcionalmente poderán ser indirectas, é dicir, a favor do provedor e tras a comprobación da factura correspondente, cando así fágase constar no informe do/da traballador/a social.

11. -XUSTIFICACION DA SUBVENCION

A xustificación das cantidades subvencionadas farase de forma previa ao seu pagamento mediante:

1. Factura con todos os requisitos legais.

2. Contrato ou documento probatorio da prestación en caso de servizos prestados por persoas ou entidades non obrigadas a facturar.

Excepcionalmente, a xustificación poderá ser posterior á percepción do pagamento cando concorran circunstancias graves ou urxentes que aparezan reflectidas no informe técnico. Neste caso, o beneficiario xustificará a axuda ante o Concello nun prazo máximo dun mes da recepción do importe.

3. Se non se ten xustificada a axuda antes do seis meses seguintes á notificación da concesión, entenderase que o beneficiario renuncia á axuda solicitada.

12. - OBRIGAS DOS INTERESADOS

• Comunicar ao departamento de Servizos Sociais todas aquelas variacións habidas na súa situación sociofamiliar, que poidan modificar as circunstancias que motivaron a solicitude.

• Destinar a cantidade percibida aos fins para os que foi concedida.

• Reintegrar os importes concedidos cando non se apliquen para os fins para os que se concedeu.

• Colaborar coas tarefas acordadas para a consecución dos obxectivos contemplados no proxecto de inserción inherente ao cobro da axuda.

13. - EXTINCION E REINTEGRO

Serán causa de extinción da axuda concedida:

• Falseamento ou ocultación de datos para obter ou conservar o dereito á axuda

• Desaparición das circunstancias que deron orixe á súa concesión.

• Baixa do padrón municipal.

• Non presentación de facturas que deron lugar á axuda concedida.

• Falecemento do beneficiario.

• Non colaborar coas acción contempladas no proxecto de inserción acordado.

O incumprimento parcial ou total das condicións establecidas, a desviación da subvención para actividades ou conceptos non estimados no proceso de tramitación e resolución, o incumprimento da obriga de xustificación, a duplicidade de subvencións para un mesmo programa, sempre que non sexan complementarias, constituirán causa determinante para a cancelación da subvención e a obriga do reintegro das cantidades recibidas.

Procederá a revocación da subvención e o reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas nos seguintes supostos:

a) Incumprimento da obriga de xustificar.

b) Ocultación ou falsedade de datos ou documentos que serviran de base para a concesión ou obtención da subvención ou axuda sen reunir as condicións requeridas para elo ou o incumprimento de obrigas e requisitos establecidos con carácter xeral nestas bases.

c) Incumprimento da finalidade para a que se concedeu, dado que as subvencións ou axudas de toda índole non poderán ser aplicadas a actividades distintas para as que foron outorgadas, o cal poderá ser verificado polo Concello de Vedra.

d) Incumprimento das condicións impostas con motivo da concesión (incumprimento do proxecto).

Nos casos anteriormente sinalados o Concello de Vedra poderá esixir o reintegro do importe total ou parcial da subvención ou axuda ou poderá compensalo con outras subvencións ou transferencias ás que tivese dereito a Entidade, con independencia das respondabilidades a que haxa lugar.

Así mesmo, procederá o reintegro do exceso, nos supostos en que, por concesión de subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, a contía das subvencións ou axudas outorgadas supere o coste da actividade a desenvolver polo beneficiario.

As cantidades a reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público e a súa cobranza levarase a efectos segundo o establecido para este tipo de ingresos na normativa de aplicación ás entidades locais.

14.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto no Título IV da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

15.- NORMATIVA SUPLETORIA.

En todo o non previsto nesta ordenanza , aplicarase o disposto nas Bases de execución do orzamento xeral do Concello de Vedra e nas normas legais e regulamentarias de aplicación, Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no RD 887/2006 de 21 de xullo polo que se aproba o regulamento da lei xeral de subvencións, Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e demais normativa de réxime local aplicable.

Disposición derradeira.

Esta Ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo establecido no ártigo 65.2 da Lei 7/85, reguladora de bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999, do 21 de abril, e comezará a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

Contra esta Ordenanza poderá interponerse recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Disposición Derrogatoria

Esta ordenanza derroga expresamente a ordenanza específica reguladora das bases de convocatoria de axudas para situación de de emerxencia social do concello de Vedra, publicada no BOP número 39 do 1 de marzo de 2010

Disposición transitoria

A aplicación da Ordenanza de emerxencia social (BOP núm. 92, de 16 de maio de 2018) de forma flexible en canto as contías establecidas e documentación requirida, así como a simplificación do procedemento co propósito de proceder coa máxima dilixencia e cobertura da necesidade social.

A articulación desta excepcionalidade efectuarase segundo a valoración técnica e a proposta do/a Traballador/a Social do departamento de Servizos Sociais comunitarios, que elaborará o informe social preceptivo coa proposta correspondente. Deste xeito a duración da excepcionalidade entenderase en tanto persistan as situacións de crise social actual.