Muxía - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA DO DOMINIO PÚBLICO PARA A VENDA AMBULANTE NO MERCADO SEMANAL DE MUXIADOS MARTES E VENRES

Publicación provisional: 15/10/2020 BOP Nº: 172
Publicación definitiva: 30/12/2020 BOP Nº: 224
Aplicable dende: 30/12/2020

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo polo que aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa pola Utilización Privativa do Espazo Público para a Venda Ambulante, no concello de Muxia, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 2.º.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa, a utilización privativa do dominio público para a venda ambulante no mercado semanal de Muxía dos martes e vernes.Considérase venda ambulante ou non sedentaria, tal como establece o artigo 70 da Lei 13/2010, do Comercio Interior de Galicia, a realizada por persoas comerciantes, fora dun establecemento comercial permanente, de xeito habitual, ocasional, periódico ou continuado, nos perímetros ou nos lugares debidamente autorizados , incluíndo os camións tenda.

Artigo 3.º.-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, consonte algún dos supostos citados no feito impoñible.

Artigo 4.º.-Responsables.

1. Serán responsables solidarios das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores de feito e de dereito das persoas xurídicas, os integrantes da administración concursal e os liquidadores de sociedades e entidades en xeral, e todos os supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria.

Artigo 5.º.-Cota tributaria. Tarifas.

Establecese unha tarifa de 2€/metro lineal/ trimestre por dia semanal de ocupacion (martes ou vernes)Para a determinación da superficie a ocupar terase en conta a colocación de toldos, separadores e outros elementos auxiliares, a fin de computar o total de ocupación

Artigo 6.º.-Exencións e bonificacions

Non se concederán exencións nin bonificacións, salvo no previsto en normas con rango de lei.

Artigo 7.º.-Período impositivo e devengo.

A taxa devéngase cando se inicie o aproveitamento, momento que, a estes efectos, enténdese que coincide ca autorización da concesión, prorrateándose a tarifa por dias naturais de ocupación, considerando unha ocupación total trimestral de 26 dias.

O periodo impositivo coincide cos trimestres naturais, devengándose a taxa ao inicio de cada trimestre ( primeiro de xaneiro, abril, xullo e outubro)Trimestralmente elaborárase un padrón fiscal de contribuintes, que será formado polo aprobado no trimestre anterior, incorporándose as posibles altas, baixas ou modificacións propostas.

Artigo 8.º.-Réxime de declaración e ingreso.

As cantidades esixibles conforme ás tarifas previstas no artigo 5 desta ordenanza liquidaranse por cada aproveitamento autorizado ou realizado.O ingreso da taxa realizarase: Unha vez notificada a alta no padrón correspondente, por trimestres naturais no lugar e forma quese estableza e que se notificará mediante edictos. Cando, existindo autorización, non sexa efectiva a ocupación por causa imputable ó suxeito pasivo,non procederá a devolución da taxa.

Artigo 9.º.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que lle correspondan a estas, en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, Xeral Tributaria.