Sobrado - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, CULTURAIS, RECREATIVAS E DE OCIO DO CONCELLO DE SOBRADO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Concello de Sobrado entende que a cultura e o deporte constitúen ámbitos socias que axudan na formación, no desenvolvemento integral das persoas e tamén melloran a súa calidade de vida e benestar individual e social; a cultura e o deporte constitúen, pois, actividades que xeneran riqueza e emprego na nosa sociedade, serven para aumentar a cohesión social e potenciar a imaxe dun municipio desarrollado, atractivo, dinámico e vivo.
Sen embargo, cada vez a sociedade demanda máis actividades xa non só de carácter deportivo , senón cultural , educativo e de lecer, existindo unha amplia oferta de actividades dirixidos a todos os sectores de idade polo que faise necesario ir hacia unha autofinanciacion das actividades que presta o Concello para aliviar a gran carga que pesa sobre a facenda local,
Por iso, se entende que é preciso afrontar a aprobación dunha Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de actividades deportivas, culturais, recreativas e de ocio,
De conformidade co artigo 127, en relación co disposto no Capítulo VI do Título I do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o Concello de Sobrado procede a regular mediante a presente ordenanza o establecemento dos prezos públicos, que constitúen a contraprestación económica pola prestación de actividades deportivas, culturais, recreativas e de ocio.
Artigo 1.- Obxecto
Esta ordenanza ten por obxecto establecer os prezos públicos pola prestación dos servizos de actividades deportivas, culturais, recreativas e de ocio de conformidade co previsto no artigo 127 en relación co 41 ámbolos dous do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Artigo 2.-Concepto
O prezo público regulado nesta Ordenanza constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten algunha das actividades culturais deportivas, recreativas e de ocio organizadas polo Concello de Sobrado.
Artigo 3.-Obrigados ao pago
Están obrigados ó pago do prezo público regulado nesta Ordenanza, as persoas físicas ou xurídicas que se inscriban nalgunha das actividades obxecto desta ordenanza.
Artigo 4.- Contías
1.-O establecemento e contía do prezo público regulado nesa ordenanza será o que fixe en cada caso a alcaldía en atención ó custo dos mesmos.
2.-Para a fixación do importe do prezo público será necesaria a proposta do servizo ou departamento responsable da prestación do servizo ou realización de actividades, na que se xustifique documentalmente:
O custo total da actividade ou servizo.
O número estimado de asistentes ou participantes.
O importe dos prezos públicos pola realización de actividades deberá cubrir como mínimo o coste da actividade realizada. En todo caso , se o prezo a abonar polos interesados é inferior ó custo do servizo ou actividade nos termos regulados no artigo desta ordenanza, a proposta do servizo ou departamento responsable deberá incluír a previsión do seu financiamento.
Cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público, que así o aconsellen, a entidade poderá fixar prezos públicos por debaixo dos límites previstos no apartado anterior. Neste caso consignarase nos orzamentos as dotacións oportunas para a cobertura da diferencia resultante, se a houbese.
3. Acordadas as contías do prezo público de cada actividade, o acordo será exposto no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello a efectos da súa publicidade.
Artigo 5.- Normas de xestión
5.1. A solicitude de inscrición a todas as actividades, presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Sobrado, en instancia normalizada, dirixida ao alcalde/sa.
A calidade de usuario/a será comunicado ao afectado/a, logo de comprobarse que a solicitude reúne todas as condicións esixidas e que existe cupo suficiente para desenvolver a actividade. As prazas serán concedidas por rigorosa orde de apuntamento, feito que se constata co rexistro de entrada da solicitude no Concello de Sobrado.
Notificaráselles as persoas participantes a inscripción na actividade, as datas e o lugar de desenvolvemento e coa contía que ten que pagar.
Cando o número de solicitudes supere as prazas existentes en cada curso ou actividade, un feito que dependerá das horas en que se imparte e do número de usuarios/as, crearanse listaxes de agarda.
Tanto na asignación de praza como nas listaxes de agarda sempre terán preferencia por orde de inscripción a veciñanza empadroada neste termo municipal (un dato que se comprobará de oficio).
5.2 Forma de pago: A obriga do pago do prezo público regulado nesta ordenanza nace no momento da inscripción ou solicitude de participación.
A estos efectos, deberase practicar polo obrigado ó pago (autoliquidación) correspondente, ingresándose o importe do prezo público nas entidades bancarias colaboradoras deste concello, e sempre antes de iniciar a actividade.
No suposto de que por causas non imputables ao interesado, o servizo ou actividade non se preste ou non se desenvolva, procederá a devolución do importe correspondente.
As débedas derivadas do impago do prezo público poderán ser esixidas pola vía de constrinximento.
5.3 Falta de asistencia.
A falta de asistencia dos beneficiarios ás actividades nas que se houberan inscrito , por causas imputables a eles mesmos, sen xustificación de forza maior algunha, non dará dereito á devolución da parte proporcional das cuotas abonadas.
5.5. Devolución de recibos. Os costes por devolución de recibos serán a cargo do titular dos mesmos, siempre e cando a causa non sexa imputable ao Concello.
Artigo 6 . Exencións e bonificacións
6.1. Darán dereito á exención do prezo público as seguintes situacións:
-Casos de emerxencia social, acreditados polos servizos sociais do Concello de Sobrado, mediante informe social no que se faga constar a dificultade económica para acceder ao servizo.
-Unidades familiares na que tódolos membros adultos se atopen en situación de desemprego.
-Unidades familiares nas que a renda per cápita sexa igual ou inferior ao 25% do IPREM anual (indicador público de renda de efectos múltiples).
6.2 Darán dereito á bonificación do 50% do prezo público:
-As familias numerosas de categoría xeral.
-Os posuidores do Carné Xove emitido pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
-Os usuarios cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.
As bonificacións non serán acumulables.
Artigo 7.- Consideracións xerais
7.1. Como regla xeral o mínimo de participantes será de 10 e o máximo será fixado para cada actividade para organizar e prestar efectivamente a actividade, poidéndose excepcionalmente prestar de maneira conxunta as actividades a distintas franxas de idade para acadar o número mínimo.
Os citados mínimos poderán ser revisados pola alcaldía antes do inicio das actividades ou tempadas, en función da demanda existente ou precedente e da variación do custe das actividades.
7.2. Se durante o transcurso da tempada ou da duración prevista da actividade o número de usuarios disminuise por debaixo do mínimo indicado, o Concello poderá suspender a actividade, ainda que deixará aberto o prazo de inscripción por si puidera volver a reiniciar a actividade con número mínimo de usuarios.
7.3. Todos os usuarios están obrigados a facer un bo uso das instalacions onde se realicen as actividades e a cuidar da observancia das normas que nelas se establezcan, así como o respeto aos monitores e aos demáis usuarios. Caso contrario poderá ser dado de baixa da actividade con perda das cantidades xa devengadas, sen perxuicio das responsabilidades que poidan esixírse polos posibles danos causados por uso indebido ou neglixente das instalacións e/ou do seu mobiliario.
Disposición final
A presente ordenanza entrará en vigor no prazo de 15 días contados a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia conforme dispoñen os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985 de Bases de Réxime Local, permanendo en vixencia ata a súa modificación ou derrogación expresa.