Valdoviño - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO OUTORGAMENTO DE LICENZAS E OUTROS SERVIZOS URBANÍSTICOS

Publicación provisional: 11/12/2020 BOP Nº: 212
Publicación definitiva: 17/02/2021 BOP Nº: 31
Aplicable dende: 18/02/2021

ARTIGO 1º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e artigo 133 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, este Concello establece as taxas polo outorgamento de licenzas e outros servizos urbanísticos na presente ordenanza, as normas da cal atenden ó previsto nos artigos 20.4 e 57 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

ARTIGO 2º. FEITO IMPOÑIBLE.

1. Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación dos servizos técnicos e administrativos tendentes a verificar se os actos de edificación e uso do solo e subsolo no termo municipal se axustan as normas urbanísticas e de edificación, previos á concesión das licenzas que, preceptivamente, deban solicitarse do Concello para a execución de calquera clase de construción, obra ou instalación dentro do termo municipal, así como aqueles outros actos suxeitos a procedementos de intervención distintos da licenza como a declaración responsable e a comunicación previa.

ARTIGO 3º. SUXEITOS PASIVOS.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria que sexan solicitantes da licenza ou que presenten comunicacións previas ou declaracións responsables, así como aqueles que executen as instalacións, obras ou construcións sen que obtivesen a preceptiva licenza nin presentado comunicacións previas ou declaracións responsables.

2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os construtores e contratistas das obras.

ARTIGO 4º. RESPONSABLES.

1. Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 5º. BASE IMPOÑIBLE.

1. Constitúen a base impoñible da taxa:

a. O custo real e efectivo da construción, obra ou instalación (entendéndose por tal, o presuposto de execución material), cando se trate de movementos de terra, obras de nova planta, demolicións, reformas, rehabilitacións, modificación de estruturas ou aspecto exterior e interior das edificacións existentes, e calquera outro tipo de traballo suxeito a licenza previa, declaración responsable ou comunicación previa.

b. A superficie do terreo no caso de parcelacións, agrupacións ou segregacións.

c. Nos instrumentos de planeamento de desenvolvemento urbanístico e nos de xestión urbanística, os metros cadrados de superficie e de edificabilidade expresados en metros cadrados.

ARTIGO 6º. COTA TRIBUTARIA.

A cota tributaria dos diferentes servizos a prestar (licenzas, comunicacións previas ou declaracións responsables) resultará de aplicar as seguintes tarifas:

1

Por cada aliñación ou tira de corda realizada sobre o terreo

1.1

Ata 100 metros, sen necesidade de levantamento topográfico

60,00 €

1.2

Por cada metro lineal ou fracción de exceso

1,22 €

1.3

Ata 100 metros, con necesidade de levantamento topográfico

383,53 €

1.4

Por cada metro lineal ou fracción de exceso

3,81 €

2

Licenzas de parcelación o segregación

2.1

En solo urbano e de núcleo rural, por m² de superficie do terreo matriz

0,12 €

2.2

En solo rústico, por m² de superficie do terreo matriz

0,03 €

3

Instrumentos de planeamento de desenvolvemento da normativa urbanística municipal, expedientes de delimitación ou modificación de ámbitos de planeamento ou poligonais, instrumentos de equidistribución de cargas e beneficios e expedientes previos necesarios dentro da fase de execución do planeamento (como por exemplo: constitución de xuntas de compensación, etc.), proxectos de urbanización e proxectos de obras ordinarias, todos eles promovidos por particulares, ademais dos gastos xustificados do expediente.

* Por cada metro cadrado de superficie do terreo matriz

0,1 €

* Ademais, por cada metro cadrado de superficie edificable

0,1 €

* En proxectos de urbanización e proxectos de obras ordinarias (segundo o presuposto de execución material da obra e en ningún caso inferior o presuposto de referencia calculado segundo os criterios establecidos na Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras para cada ano) (en tanto por cento)

0,3 %

Establécense unhas cotas mínimas de:

3.1

Plans parciais, plans de sectorización e plans especiais

1.200,00 €

3.2

Estudios de detalle.

500,00 €

3.3

Expedientes de delimitación ou modificación de ámbitos de planeamento, polígonos ou unidades reparcelables, instrumentos de equidistribución de cargas e beneficios e expedientes previos necesarios dentro da fase de execución de planeamento.

800,00 €

3.4

Proxectos de urbanización

1.000,00 €

4

Licenzas de obras

Segundo o presuposto de execución material da obra e en ningún caso inferior o presuposto de referencia calculado segundo os criterios establecidos na Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras para cada ano (en tanto por cento)

0,5 %

Establécese unha cota mínima de:

48,08 €

5

As licenzas de obras non mencionadas nin excluídas expresamente, as comunicacións previas ou declaracións responsables e as que sexan obxecto de regulación especial nesta ordenanza.

Segundo o presuposto de execución material da obra e en ningún caso inferior o presuposto de referencia calculado segundo os criterios establecidos na Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras para cada ano (en tanto por cento)

0,5 %

Establécese unha cota mínima de:

30,05 €

6

Tramitación de expedientes de declaración de ruína a instancia de parte

Establécese unha cota de:

120,00 €


ARTIGO 7º. EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.

Non se concederán máis exencións ou bonificacións que as expresamente previstas nas leis ou as derivadas da aplicación de Tratados Internacionais.

ARTIGO 8º. XERACIÓN DA TAXA.

1. Xerarase a presente taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúa o feito impoñible. Para estes efectos, considerarase iniciada dita actividade na data de presentación da solicitude da licenza urbanística, da comunicación previa ou da declaración responsable, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.

2. Se as obras se inician ou executan sen ter obtido a oportuna licenza, ou sen a presentación de comunicación previa ou declaración responsable cando corresponda, a taxa xerarase ao iniciarse a actividade municipal para determinar se aquelas reúnen ou non as condicións esixibles.

ARTIGO 9º. DOCUMENTACIÓN.

1. As persoas interesadas na obtención dunha licenza, ou na tramitación dunha comunicación previa ou declaración responsable, presentarán previamente no Rexistro Xeral a oportuna solicitude acompañando a documentación necesaria, debidamente visada, se fose necesario, polo Colexio Profesional correspondente, con especificación detallada da natureza da obra, lugar de localización, destino do edificio e demais datos precisos para a fixación das tarifas obxecto desta ordenanza.

2. Cando se trate de licenza para aqueles actos en que non sexa esixible a formulación de proxecto subscrito por técnico competente, farase na solicitude un detalle comprensivo das mesmas circunstancias: clase de obra, situación, destino e en definitiva cantos datos sexan precisos para comprobar as obras e aplicar as tarifas axeitadas ao tipo destas.

3. Se despois de formulada a solicitude de licenza se modificase ou ampliase o tipo de obra, deberá poñerse en coñecemento do Concello para xirar, se é o caso, a liquidación complementaria que proceda.

ARTIGO 10º. NORMAS DE XESTIÓN.

1. A taxa por licenzas e outros servizos urbanísticos esixirase en réxime de autoliquidación, a abonar no intre de presenta-la solicitude de licenza, a comunicación previa ou a declaración responsable e no suposto de que se preste de oficio, por liquidación practicada pola Administración local, que terá carácter provisional, a conta da liquidación que en definitiva corresponda, e cubrir a folla de valoración que se achega.

No momento de concederse a preceptiva licenza ou tramitarse a comunicación previa ou declaración responsable, o Concello practicará unha liquidación complementaria no caso de que a autoliquidación presentada non fose conforme a esta ordenanza.

2. De modificarse ou ampliarse o proxecto con posterioridade á solicitude de licenza, á presentación da comunicación previa ou da declaración responsable, deberase comunicar á administración municipal aportando o novo orzamento ou o reformado. Os interesados están obrigados a ingresar, xunto co proxecto modificado, a autoliquidación da taxa resultante pola diferenza.

3. Unha vez finalizadas as construcións, instalacións ou obras, os suxeitos pasivos deberán ingresar a autoliquidación complementaria da taxa polo outorgamento da licenza de obras no caso de que o custo real e efectivo da obra sexa superior ao declarado.

A autoliquidación ingresarase no prazo dun mes a contar dende a data de finalización das obras e xunto coa solicitude da licenza de primeira utilización ou ocupación si esta se presenta antes do cumprimento do citado prazo.

4. Á vista da documentación aportada ou de calquera outra relativa ás construcións, instalacións ou obras e das efectivamente realizadas, así como, do seu custo real e efectivo, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, segundo proceda, a cantidade que resulte.

5. Se a modificación ou ampliación se quixera introducir nas obras xa autorizadas, deberá tramitarse en igual forma que se de nova construción se tratase, e con pagamento de novos dereitos.

6. Unha vez nacida a obriga de contribuír, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licenza solicitada, por comunicacións ou declaracións responsables inspeccionadas con resultado desfavorable, pola renuncia ou desestimento do solicitante, nin pola non realización das obras

7. As licenzas e as cartas de pagamento ou fotocopias dunhas e outras obrarán no lugar das obras mentres duren estas, para poder ser exhibidas a requirimento da autoridade municipal.

ARTIGO 11º. CADUCIDADE, DURACIÓN E PRÓRROGA DAS LICENZAS.

1. A licenza caducará pola demora na iniciación e na finalización das obras, así como por mor da súa interrupción. O prazo máximo de iniciación ou interrupción será de seis meses nas obras maiores; nas obras menores o prazo de iniciación ou interrupción non poderá superar a metade do prazo de execución sinalado en cada caso. Estes prazos computaranse dende a data da notificación do acto de outorgamento da correspondente licenza e no caso de interrupción dende a data na que a Administración teña coñecemento ou constancia documental desta. A caducidade será declarada pola Administración logo do procedemento con audiencia ao interesado.

2. Todas as licenzas que se concedan levarán un prazo para a execución das obras ou instalacións, e non poderán superar os tres anos, no caso de obras maiores, e os doce meses, no caso de obras menores. O Concello poderá conceder prórrogas dos referidos prazos da licenza, logo de solicitude expresa formulada antes da conclusión dos prazos determinados e sempre que a licenza sexa conforme coa ordenación urbanística vixente no momento da concesión da prórroga. Cada prórroga que se solicite non poderá ser por un prazo superior ao inicialmente acordado.

3. Toda comunicación previa ou declaración responsable de obras menores coa dilixencia de conforme, deberán ser realizadas no prazo máximo de doce meses. O Concello poderá conceder prórrogas dos referidos prazos da licenza, logo de solicitude expresa formulada antes da conclusión dos prazos determinados e sempre que a licenza sexa conforme coa ordenación urbanística vixente no momento da concesión da prórroga. Cada prórroga que se solicite non poderá ser por un prazo superior ao inicialmente acordado.

4. A taxa pola concesión da prórroga fíxase nun 10% para cada prorroga, que lle correspondería á liquidación inicial en valores actualizados do IPC no momento de solicitarse a dita prórroga, con un mínimo de 48,08 €.

ARTIGO 12º. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

1. As sancións que procedan por infraccións cometidas por inobservancia do disposto nesta ordenanza, serán independentes das que puideran arbitrarse por infraccións urbanísticas, conforme o disposto na Lei do solo e as súas disposicións regulamentarias.

2. Nas materias regulamentadas nesta ordenanza constitúen infraccións:

a. A realización sen licenza ou sen presentación de comunicación ou declaración responsable das obras ou actividades enumeradas no artigo 142 da Lei do Solo de Galicia e para os que se exise na presente ordenanza, prodúzase ou non prexuízo ós dereitos da facenda municipal.

b. O non dar conta á Administración municipal do maior valor das obras realizadas ou das súas modificacións ou dos seus orzamentos, agás que, polas circunstancias concorrentes deba cualificarse de defraudación.

c. A falsidade da declaración en cuestións que afecten á determinación da base do gravame.

3. Para todo o relativo á calificación das infraccións tributarias, así como á imposición das sancións correspondentes, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA.

A partir da entrada en vigor da presente ordenanza queda derrogada a anterior Ordenanza Reguladora das Taxas por Licencias Urbanísticas.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente ordenanza, que consta de doce artigos, e foi aprobada provisionalmente polo Pleno na sesión realizada o 03 dedecembro de 2020, e que quedou elevado a definitivo, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e permanecerá en vigor ata que non se acorde a súa derrogación ou modificación.


ANEXO

15660.png