Muros - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL

Publicación provisional: 12/05/2008 BOP Nº: 108
Publicación definitiva: 01/07/2008 BOP Nº: 150
Aplicable dende: 30/03/2021

Artigo 1.–Disposición xeral

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, o Concello de Muros, consonte co establecido nos artigos 15 ó 19 do R.D. Lexislativo 212004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establece a taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público municipal

Artigo 2.–Feito Impoñible

Constitúe o feito impoñibe desta taxa a utilización ou aproveitamento especial do dominio público local nos supostos recollidos no artigo 6 desta ordenanza

Artigo 3.–Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria a favor das cales se otorguen as correspondentes licenzas ou se beneficien dos aproveitamentos que constitúen o feito impoñible

Artigo 4.–Beneficios fiscais

Non se concederán outros beneficios fiscais cos previstos nas normas con rango de lei e nos tratados e acordos internacionais

Artigo 5.–Responsables

1. Responderán solidariamente da obriga tributaria do suxeito pasivo as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2. Responderán su bsidiariamente da obriga tributaria do suxeito pasivo as persoas ou entidades ás que se refiere o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro Xeral Tributaria.

Artigo 6.–Cota tributaria.

A cota tributaria determinarase de acordo coas seguintes tarifas:
1. Instalación de quioscos e similares na vía pública: 36 € ao ano por m² ou fracción de superficie ocupada.
2. Apertura de zanxas, calicatas e calas en terreos de uso público local, inclusive carreteras, camiños e demais vías públicas locais, así como calquera remoción de pavimento ou beirarrúas na vía pública: 0,25 €/m² e día
3. Ocupación con mercadorías, materiais de construcción, valados, puntais, andamios, rieles, palomillas, e similares: 0,25 € por m² e día.
4. Ocupación con mesas e cadeiras: 0,20 € por mesa e día; 0,10 € por cadeira e día.
5. Ocupación da vía pública ou terreos de uso público para rodaxe cinematográfica: 0,20 € por m² ou fracción.
6. Utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais a favor de empresas explotadoras de servizos de fornecementos que resulten de interese xeral ou afecten á xeneralidade da veciñanza, agás os de telefonía móbil: 1,5 % dos ingresos brutos consonte o artigo 24 do Real Decreto Lexislativo 212004, de 5 de marzo.
As cantidades que por esta taxa tivese que satifacer “Telefónica Sociedad Operadora de Servicios de Telecomunicaciones, S.A.”, consideraranse integradas na compensación en metálico de periodicidade anual que esta compañía debe abonar aos concellos, a que se refire o artigo 4, apartado 1 da Lei 15/1997, do 30 xullo, na súa redacción dada polo apartado 2 da Disposición Adicional Oitava da Lei 39/88, de 28 de decembro.

Artigo 7.–Vindicación da taxa

A obrigación de contribuir nace dende o momento no que se autorice o uso privativo ou o aproveitamento o dende que se realice o mesmo se non se solicitase ou non se otorgase a oportuna autorización.

Artigo 8.–Normas de xestión

1. Para utilización ou aproveitamento do dominio público nos supostos comprendidos nos apartados no artigo 6 desta taxa, será necesario obter previamente a correspondente licenza ou autorización polo Concello. As solicitudes faranse por escrito no Rexistro Xeral do Concello e nelas indicarase a actividade ou características do aproveitamento, período de tempo e a superficie a ocupar no seu caso.
2. Cando se trate de obras que deben ser executadas inmediatamente, polos graves perxuizos que a demora puidera producir (fugas de gas, fusión de cables, etc.), poderánse iniciar sen ter obtído a autorización municipal coa obríga de solicitar a licencia dentro das vintecatro horas seguintes ó comenzo das obras e xustificar a razón da súa urxencia.
3. No momento de presentación da solicitude efectuarase unha liquidación inicial de acordo co declarado na correspondente solicitude que se elevará a definitiva unha vez concedida a correspondente licenza ou autorización se procedera e previas as comprobacións que se estimara oportuno realizar por parte dos servizos municipais. No caso de existir diferencias efectuarase unha liquidación definitiva da taxa.
4. No suposto do artigo 6.6 presentarase unha autoliquidación para cada tipo de subministración e con periodicidade trimestral onde se indicarán os ingresos brutos percibidos, de acordo o artigo 24.1.c) do Real Decreto Lexislativo 212004, de 5 de marzo e a cota tributaria resultante. O prazo de presentación da autoliquidación rematará o último día do mes seguinte ou o inmediato solto posterior a cada trimestre natural.
5. No caso de ocupacións ou aproveitamentos realizados sen licenza ou autorización, o Concello practicará unha liquidación de oficio que lle será notificada ao suxeito pasivo.
6. A obrigación de pagamento da taxa nace:
a) Cando se trate de novos aproveitamentos ou aqueles teñan carácter ocasional, o pago farase no momento de solicitar a correspondente licenza e unha vez efectuada a liquidación da taxa.
b) No suposto do artigo 6.1 e outras ocupacións que non teñan carácter ocasional ou se trate de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o pago farase dentro dos trinta primeiros días naturais do período autorizado.
c) No suposto do artigo 6.6, unha vez presentada a autoliquidación pola empresa explotadora do servizo de fornecemento, expedirase un documento de ingreso que lle será notificado e onde se indicarán os prazos de pagamento que serán os recollidos no artigo 62.2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria
c) Cando se trate de liquidacións practicadas de oficio, o pagamento farase nos prazos que se recollen no artigo 62.2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 9.–Deterioro do dominio público local.

De conformidade co artigo 24.5 do Real Decreto Lexislativo 212004, de 5 de marzo, cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial leve aparellada a destrucción ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen perxuicio do pago da taxa a que houbese lugar, estará obligado ó reintegro do coste total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e ó depósito previo do seu importe.
Se os danos fosen irreparables, a entidade será indemnizada en cuantía igual ó valor dos bens destruídos ou o importe do deterioro dos danados, non poidéndose condonar total ni parcialmente as indemnizacións e reintegros referidos.

Disposición derrogatoria

Queda derogada a ordenanza reguladora do prezo público por utilización privativa e aproveitamento especial do dominio público local aprobada polo Pleno da Corporación o 29 de setembro de 1989 e modificada o 26 de setembro de 1991, con excepción do apartado 12 do artigo 3 que permanecerá vixente ata que se aprobe a ordenanza fiscal reguladora do mercado municipal de abastos

Disposición final. Entrada en vigor

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia

Disposición Transitoria Primeira.

Queda suspendida a aplicación da taxa por aproveitamento especial do dominio público local con mesas e cadeiras (artigo 6.4) ata o 31 de decembro de 2021.