Coristanco - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS PRESTACIÓNS POR EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE CORISTANCO

Publicación provisional: 02/03/2021 BOP Nº: 40
Publicación definitiva: 23/04/2021 BOP Nº: 75
Aplicable dende: 18/05/2021

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A grave crise sanitaria, social e económica provocada pola expansión do COVID-19 e a declaración do estado de alarma fixeron que o Concello axilice a aprobación dunha norma xa de lonxe demanda, a Ordenanza reguladora das axudas de emerxencia social. A necesidade de dotar aos servizos sociais dunha ferramenta de traballo pero tamén a necesidade de dar publicidade a acción social municipal fixeron que, ao marxe de dar solución inmediatas as situación máis urxentes, se plantexe a redacción dunha normativa propia con carácter de urxencia.

Dentro deste espíritu o Concello aproba un documento que da cobertura un grande número de necesidades básicas para a supervivencia así como para o mantenemento dun mínimo de calidade de vida e dignidade dos vecinos máis necesitados, sen esquecer aqueloutras que poden xurdir de maneira inesperada e implican un coste elevado para as persoas ou familias en situación de precariedade económica difícil de soportar.

Así mesmo, como non se pode ser alleo as circunstancias que comportaron a chegada da crise sanitaria provocada pola expansión do covid-19 e a consecuente declaración do estado de alarma, artéllase un procedemento áxil para este tipo de casos, que ademáis contempla facilitarlle aos vecinos a presentación das súas solicitudes e o acceso aos produtos, servizos ou medios subvencionados.

A Lei 7/1985 reguladora das bases de réxime local, no seu artigo 25.2 apartados e) e o) que os concellos exercerán como competencias propias no marco que definan a lexislación do estado e/ou autonómica, as competencias en relación coa avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social así como actuacións na promoción da igualdade entre homes e mulleres así como contra a violencia de xénero e a Lei 5/1997 da administración local de Galicia, no seu artigo 80.2.k, establece a competencia dos municipios na prestación de servizos sociais e de promoción e mais de inserción social.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, no artigo 60, atribúelles aos concellos, entre outras competencias, a creación, a xestión e o mantemento dos servizos sociais comunitarios básicos. No artigo 18.c. establece as prestacións económicas orientadas a satisfacer necesidades pecuniarias valoradas dos individuos ou das familias e a estimular a súa incorporación social e laboral.

Pola súa banda, a Lei 3/2011, do 30 de xuño de apoio á familia e a convivencia, no seu artigo 8 atribúe aso concellos competencias en relación, entre outros, cos servicios sociais de base e específicos así como a execución de programas e proxectos destinados a atención á familia.

Correspóndelle ao Concello de Coristanco, polo tanto, conceder prestacións económicas individuais temporais de emerxencia social ou outras que teñan como obxecto a integración persoal, por imperativo da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. En todo o caso, este tipo de axudas económicas débense conceder unicamente seguindo os criterios xerais que establece esta Ordenanza e tal como se vén facendo na actualidade, mediante unha valoración profesional que teña en conta os seguintes aspectos: a tipoloxía do problema ou necesidade social para cubrir, a pertinencia da axuda económica para dar resposta á demanda ou necesidade, o seu grao de urxencia, a non existencia doutros medios ou recursos para solucionala, a prevención da situacións de risco e/ou a desprotección para persoas maiores e evitar a deterioración de situacións persoais que poidan abocar en procesos de exclusión social. Neste marco xurídico e no exercicio do dereito das persoas a recibiren apoios personalizados, que implican a detección e a análise de necesidades e de demandas, de diagnoses e de valoración técnica de situacións, necesidades e problemas das persoas e xestión e seguimento das prestacións económicas de emerxencia social, correspóndelle exercitalos á cidadanía ao nivel dos servizos sociais comunitarios deste Concello.

O texto apoiáse nos principios proclamados pola Lei de sostibilidade financeira, é dicir, os procedemento de concesión redundará nun incremento da eficacia e da eficiencia deste tipo de gasto público, facilitando tamén a complementariedade e a coherencia das actuacións das distintas Administracións públicas. As axudas concederánse de forma directa por ter carácter de prestación social con destinatarios en situación de vulnerabilidade.

Artigo 1.-RÉXIME XURÍDICO.

As prestacións de emerxencia social concedidas rexeranse polo disposto na presente ordenanza e nas disposicións que se adopten para a súa aplicación e desenvolvemento.

Artigo 2.-CONCEPTO.

2.1. A presente Ordenanza ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas de emerxencia social municipais, entendidas como prestacións non periódicas de natureza económica destinadas a aquelas persoas integradas nunha unidade de convivencia cuxos recursos económicos resulten insuficientes para facer fronte a gastos específicos de carácter ordinario ou extraordinario, co fin de previr, evitar ou paliar, situacións de marxinación social.

Tamén se pode considerar emerxencia calquera situación de catástrofe sobrevida por accidente, inundación, afundimento ou calquera outra que sexa imprevisible e ante á que a persoa non dispoña de recursos para a súa solución.

2.2 A finalidade destas axudas é dar unha resposta rápida e inmediata ás necesidades persoais ou unidades familiares que se atopen nunha situación de carencia urxente para que poidan evolucionar cara a súa autonomía e integración social, dado que estas axudas son un apoio temporal.

Dado que o réxime normativo e as atencións ás que respondan as axudas económicas obxecto desta Ordenanza, serán sempre temporais para paliar necesidades extraordinarias e urxentes das persoas afectadas por unha situación de emerxencia, en todo caso, terán carácter finalista, debendo ser utilizadas para o fin para o que foron concedidas; son intransferibles. Para a súa concesión é necesaria a existencia de crédito nos orzamentos municipais.

Cando así o determine o persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais deberán estar enmarcadas nun proceso de intervención social, no que se inclúa unha análise completa da situación familiar coa aceptación expresa, por parte do beneficiario/a das condicións que figuran no deseño do proxecto de intervención social.

Artigo 3.-PERSOAS BENEFICIARIAS.

3.1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas individuais ou unidades familiares que carezan de medios económicos e nas que concorran factores de risco social e precisen dunha axuda para satisfacer as súas necesidades básicas, sempre como un apoio á intervención social.

3.2. Enténdese por unidade familiar de convivencia as persoas que vivan soas ou o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico e se atopen vinculadas co solicitante por matrimonio ou calquera outra forma de relación estable análoga á conxugal, por adopción ou acollemento ou por parentesco ata o 4.º grao por consanguinidade e ata o 2.º grao por afinidade.

Cando por causa de forza maior, accidente ou desafiuzamento, unha familia se vexa obrigada a residir con outra, non perderá a condición de unidade de convivencia independente.

3.3. Nunha unidade familiar un dos seus membros terá a condición de persoa beneficiaria das axudas, aínda que se outorguen en beneficio da unidade familiar.

Artigo 4.-REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS.

4.1. Residir e estar empadroado/a no municipio da Coristanco de forma ininterrompida, un período mínimo de 6 meses anteriores á formulación da solicitude, coas seguintes excepcións:

- As vítimas de violencia de xénero.

- As persoas emigrantes galegas, que sexan orixinarias do concello da Coristanco, cando fixen aquí a súa residencia.

- As persoas estranxeiras, refuxiadas ou con solicitude de asilo en trámite, así como as que teñan autorizada a súa estancia por razóns humanitarias, sempre que en todos os casos cumpran o resto dos requisitos para solicitar esta axuda.

4.2. Dispor dunha renda per cápita mensual igual ou inferior ó 75% do IPREM, deducidos dos ingresos líquidos, os gastos de alugueiro ou amortización da vivenda (ata un máximo de 250 euros). Para efectos do cómputo de ingresos poderase solicitar calquera documentación que se considere necesaria para a acreditación dos recursos económicos familiares no momento de realizar a solicitude. No caso dun só membro da unidade familiar, o límite de ingresos será o equivalente ó importe da pensión non contributiva deducidos dos ingresos líquidos, os gastos de alugueiro ou amortización da vivenda (ata un máximo de 250 euros).

4.3. Capital mobiliario: entenderanse medios económicos suficientes no que respecta ós recursos procedentes do capital mobiliario e para a valoración da concesión das presentes axudas, os que superen 2 veces o importe do IPREM, en contas de aforros e/ou investimentos de toda a unidade familiar (tomarase o saldo recollido nos movementos bancarios dos 6 meses anteriores á data da solicitude).

4.4 Capital inmobiliario: que a persoa solicitante ou calquera membro da unidade familiar non sexa propietario/a ou usufructurario/a de bens inmobles que, polas súas características, valoración, posibilidade de venda ou calquera outra forma de explotación, indique de xeito notorio a existencia de medios materiais suficientes para atender ó gasto obxecto da solicitude, agás a propiedade destinada a vivenda habitual.

4.5 Non dispoñer de outros bens mobles ou inmobles que indiquen signos externos de riqueza.

4.6 No caso de ter expediente aberto nos servizos sociais, que a unidade familiar cumprira co plan de traballo e/ou seguimento establecido polos servizos sociais comunitarios básicos ou polo servizo especializado que corresponda.

Artigo 5.-RÉXIME DE INCOMPATIBILIDADES.

Estas axudas serán incompatibles con calquera outra prestación pública, dereito á percepción económica ou ingreso privado que lles puidese corresponder ás persoas beneficiarias para a mesma finalidade, agás naqueles casos en que sexa considerado oportuno outorgar axudas de maneira complementaria, en virtude da gravidade da situación socioeconómica e familiar reflectida nos informes sociais, sen que a suma de todas elas supere o importe do custo da necesidade a cubrir.

Artigo 6.-DETERMINACIÓN DOS RECURSOS ECONÓMICOS.

6.1. Para determinar os ingresos a partir dos cales procede o recoñecemento das axudas, teranse en conta os ingresos económicos de toda a unidade familiar.

6.2. Computaranse como recursos da unidade familiar a totalidade dos ingresos que se obteñan polos conceptos de rendementos de traballo, retribucións, rendas, prestacións ou calquera outro título, nos 6 meses anteriores á data da solicitude. Terase en conta a última declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando esta non proceda ou non sexa obrigatorio realizala, acreditaranse os ingresos con certificacións dos organismos correspondentes ou no seu defecto cunha declaración xurada, e certificado negativo da correspondente Delegación Tributaria.

Artigo 7.-GASTOS SUBVENCIONABLES.

As axudas de emerxencia social recoñécense para ser aplicadas aos gastos extraordinarios polas seguintes situacións de necesidade:

a) Necesidades básicas non cubertas por outros sistemas de protección:

- Cobertura de necesidades básicas con carácter xeral: alimentos (alimentos perecedoiros como complemento ás achegas de entidades de iniciativa social, así como alimentos para bebés ou persoas con dietas especiais debido a restricións alimenticias prescritas por un facultativo: celíacos, intolerancias, diabéticos¿), vestiario e demais indispensables para o desenvolvemento da vida diaria.

- Gastos sanitarios: gastos de farmacia destinados ó pago de produtos farmacéuticos prescritos por un facultativo do Servizo Galego de Saúde e outros de análoga natureza. Coidados sanitarios, desprazamentos, próteses e axudas técnicas que non estean incluídas no catálogo do Sergas e se valoren como necesarias para alcanzar unha maior autonomía ou mellora nos coidados que precisa o solicitante.

b) Axudas de uso e mantemento da vivenda:

- Importes pendentes para evitar o desafiuzamento.

- Equipamento e mobiliario básico.

- Arranxos na vivenda habitual, que por valoración técnica se estimen necesarios no referente ó mantemento e conservación da vivenda.

- Pagamentos de recibos de luz, auga, gas, cotas comunitarias e outros similares cos que contraera unha débeda.

c) Trasporte ou gastos derivados de desprazamentos:

- A recursos asistenciais ou sanitarios fora do propio municipio cando sexan debidos a tratamentos, xestións ou actividades que non poidan ser levados a cabo dentro deste.

- Desprazamentos dentro propio municipio cando estes sexan motivados polas xestións ou actividades relacionadas co programa de educación familiar, asistencia a recursos sociais ou sanitarios.

d) Axudas para a realización de actividades de inserción socio-laboral.

- Asistencia a cursos de formación regrada ou non: matrículas, material e transporte.

e) Axudas para aloxamento alternativo:

- Aloxamento de urxencia, manutención e gastos de desprazamento en casos de vítimas de violencia de xénero e as persoas dependentes delas.

- Cando sexa imposible a permanencia da persoa ou familia no seu domicilio habitual por situación de catástrofe e/ ou situación persoal, familiar, sanitaria ou social.

f) Axudas para sepelio:

- Cubriranse os gastos básicos do sepelio; en casos excepcionais e debidamente xustificados poderanse cubrir gastos de incineración.

g) Os relacionadas coa atención aos menores: a) libros e material escolar. b) actividades extraescolares. c) outros gastos relativos á educación dos menores da unidade familiar en idade escolar, sempre que non estiveran cubertos por outras axudas públicas e foran fundamentais para a continuidade da súa asistencia.

h) Outros gastos excepcionais, non recollidos nos apartados anteriores, valorados polo persoal técnico do departa- mento de servizos sociais, como indispensables para prever a marxinación e exclusión social, así como favorecer a normalización de individuos e familias.

Artigo 8.-ORZAMENTO.

A dispoñibilidade orzamentaria destas axudas virá dada polo establecido no orzamento municipal anual, na aplicación orzamentaria 2020.231.48 Transferencias correntes a familias e entidades sen ánimo de lucro do vixente orzamento municipal. Asistencia social primaria.

Artigo 9.-CONTÍA DAS AXUDAS.

En concepto de subsistencia ata o 100% do IPREM ata un máximo de 3 meses ó ano.

Por calquera outro concepto: ata un máximo do 200% do IPREM anuais, en unha ou varias solicitudes por diferentes conceptos. No mesmo ano non se concederá máis dunha axuda polo mesmo concepto, tanto ó solicitante como a outro membro da unidade familiar.

Cando a situación o faga necesario, logo da valoración e proposta razoada do persoal técnico do departamento de servizos sociais que o fará constar no informe social, e de forma excepcional, o importe poderá alcanzar o 100% da axuda solicitada.

XESTIÓN E PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DAS AXUDAS

 

Artigo 10.-FORMA, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

10.1. As solicitudes, acompañadas pola documentación especificada no artigo 6, formalizaranse conforme ao modelo establecido nos Anexos desta ordenanza (Anexo I e II), e presentaranse no rexistro municipal ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das adminstracións públicas.

10.2. Os expedientes poderán ser incoados de oficio, mediante informe social emitido polo persoal técnico de servizos sociais, cando concorran circunstancias extraordinarias ou urxentes que así o aconsellen.

10.3. As solicitudes das axudas de emerxencia social poderán presentarse en calquera momento do ano.

Artigo 11.-DOCUMENTACIÓN.

11.1. A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Orixinal do DNI de todos os membros da unidade familiar maiores de idade. No suposto de estranxeiros/as, documento acreditativo da súa identidade.

b) Orixinal do libro de familia ou documentación equivalente e demostrativa da filiación.

c) Orixinal da sentenza de separación ou divorcio ou do convenio regulador ou documento regulador das relacións paternofiliais, se é o caso.

d) Volante de empadroamento colectivo no que conste a data de alta. O certificado será solicitado á oficina xeral municipal por parte dos servizos sociais do Concello.

e) Último recibo aboado do IBI e IVTM (no caso de ser titulares de bens). O certificado será solicitado á oficina de recadación municipal por parte dos servizos sociais do Concello.

f) Copia do contrato de alugueiro ou do préstamo hipotecario da vivenda, e os últimos xustificantes de pagamento, se é o caso.

g) Xustificación de ingresos de todas as persoas integrantes da unidade familiar que se atopen en idade laboral relativo aos 6 meses anteriores á presentación da solicitude. Para esta xustificación compre presentar a seguinte documentación acreditativa:

a. Nóminas de todos os membros da unidade familiar computables e que perciban haberes.

b. Certificación de percibir ou non prestacións económicas por parte do Servizo Público de Emprego.

c. Certificación de percibir ou non prestacións ou pensións por parte da Seguridade Social.

d. Extracto de movementos da contas bancarias das que sexan titulares ou cotitulares, nos 6 meses anteriores á petición da axuda

e. Naqueles casos nos que non sexa posible achegar a documentación específica sinalada sobre os ingresos, solici- tarase declaración responsable.

h) No caso de padecer enfermidade, informe médico emitido polo sistema público de saúde que acredite tal circunstancia, si fose o caso e se lle requirira.

i) Certificado de grao de discapacidade e/ou grao de dependencia, se é o caso.

j) Documentación acreditativa da situación de necesidade determinantes da solicitude. Esta documentación debe ser orixinal, así como o xustificante do custo ou orzamento nos casos que proceda.

k) Certificación da conta bancaria na que deba efectuarse o ingreso de ser o caso, ou documento de pagamento delegado.

l) Informe de vida laboral.

m) No caso de vítimas de violencia de xénero deberá presentar documentación xustificativa.

n) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das causas de prohibición para obter a condición de beneficiario da axuda así como de todas as solicitudes efectuadas ou subvencións concedidas polo mesmo concepto polas distintas administración públicas competentes ou institucións privadas segundo os modelos que se achegan como Anexo I e Anexo II.

11.2. Coa presentación da súa solicitude a persoa solicitante autoriza ao Concello a consultar aquela documentación e antecedentes obrantes no Concello coma noutras administracións públicas que sexan precisos para resolver o seu expediente.

Artigo 12.-PROCEDEMENTO PARA A CONCESIÓN DA AXUDA.

12.1. Presentada a solicitude, ben de oficio ou a instancia de parte, conforme ao establecido nesta ordenanza e achegada da documentación establecida no artigo 11, serán os servizos sociais quen reciban o expediente e comproben que a solicitude está completa.

12.2. No caso de que a solicitude estivera incompleta e non reunira os requisitos necesarios para a súa tramitación, requirirase a persoa solicitante para que, de conformidade co disposto no artigo 68 da Lei Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das adminstracións públicas, no prazo de 10 días, emende os defectos e/ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, de non facelo así, entenderase que desiste do seu pedimento, previa resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 do dito texto legal.

12.3. Dende o departamento de Servizos Sociais remitirán a solicitude ó departamento de intervención coa finalidade de verificar a existencia de crédito adecuado e suficiente en atención á natureza do gasto pretendido. No suposto de tratarse de reparacións dunha vivenda que estean suxeitas a licenza de obra, daráselles traslado igualmente ó arquitecto técnico municipal co fin de que emita informe técnico sobre a oportunidade da obra pretendida e os trámites necesarios para o outorgamento da licenza ou sometemento ao réxime de comunicación previa.

12.4. Os servizos sociais do Concello da Coristanco realizarán cantas actuacións estimen necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos presentados pola persoa solicitante, en virtude dos que debe pronunciarse a resolución, procederán á avaliación das solicitudes e emitirán o corresponde informe social que será vinculante, sobre a procedencia ou non da axuda e, se é o caso, o informe de intervención social personalizado.

12.5. A concesión das axudas reguladas na presente norma, está limitada pola dispoñibilidade orzamentaria establecida nos orzamentos do Concello da Coristanco no exercicio ao que se imputen aos gastos. Por tanto, a concesión de axudas ao abeiro deste regulamento supeditarase en todo momento ao crédito dispoñible existente na aplicación orzamentaria de imputación do gasto.

12.6. Dada a contorna social, económica e sanitaria no que se aproban estas bases, prevese a tramitación simplificada dos expedientes de concesión deste tipo de axudas, para aqueles casos nos que se teña declarado unha emerxencia sanitaria, unha crise económica ou outra situación excepcional que xustifique o emprego deste procedemento para aliviar as cargas das persoas e familias solicitantes coa maior urxencia.

O emprego deste procedemento acordarase para un ou un conxunto de expedientes en todo caso en base aos informes que se recaben polos servizos sociais e mais a secretaria municipais. A resolución pola que se declare esta tramitación simplificada conlevará a prioridade na tramitación deste tipo de expedientes en relación co resto dos expeidentes administrativos que tramite o Concello de conformidad eco disposto no art. 71 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das adminstracións públicas. A resolución pola que se declare a tramitación do procedemento simplificado será competencia da Alcaldía da que dará conta ao pleno na vindeira sesión que celebre.

Nestes casos poderán habilitarse medios para que as solicitudes así como as resolución de concesión das axudas se entregen polo Concello nos domicilios das persoas socliitantes, e, de ser xustificado, a entrega do bens, medios, servizos ou productos nos que consista a subvención.

Así mesmo, poderá ditarse unha resolución provisional ata que sexa completada a documentación do expediente, logo da certificación de crédito orzamentario.

Artigo 13.-RESOLUCIÓN E NOTIFICACIÓN.

13.1. De acordo co artigo 21.1 s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, as axudas contempladas nesta ordenanza serán resoltas pola alcaldía, concedendo ou denegando a axuda solicitada, sen prexuízo das delegacións que poidan autorizarse, de acordo co previsto na citada norma.

13.2. A resolución adoptada, debidamente motivada, será notificada ás persoas interesadas no domicilio que figure no expediente a efectos de notificacións. A resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser recorrida potestativamente en reposición no prazo dun mes, conforme ao establecido no artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das adminstracións públicas, ou ser impugnada directamente ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo no prazo de dous meses. Non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

13.3. En calquera caso, o Concello da Coristanco denegará a axuda solicitada cando, aínda reunindo o/a solicitante todos os requisitos necesarios para acceder á esta, se esgotara a correspondente aplicación orzamentaria.

Artigo 14.-FORMA DE PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN.

O importe de concesión librarase mediante un único pagamento.

O libramento faráselle preferentemente á persoa ou entidade que esta autorice (pagamento delegado) que preste o servizo para o que se solicita a axuda, e unha vez realizado o mesmo. Excepcionalmente, previo informe social, poderase facer o pagamento directamente ao solicitante. Os pagamentos faranse mediante transferencia bancaria ou anticipo a xustificar.

A axuda xustificarase no prazo dun mes dende que se lle notifique a concesión da axuda, e farase mediante facturas ou outros documentos orixinais de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, que deberán ser presentadas no rexistro xeral do Concello da Coristanco.

Nos casos de obras de adecuación das vivendas, o prazo pódese ampliar ata os seis meses.

ARTIGO 15.-OBRIGAS DA PERSOA BENEFICIARIA.

Son obrigas da persoa beneficiaria:

a) Destinar a axuda á finalidade concedida.

b) Acreditar ou xustificar a realización da actividade financiada, e o cumprimento dos requisitos e condicións que determinen a concesión da axuda.

c) Permitir e facilitar a actuación dos Servizos Sociais para avaliar a situación e comprobar a aplicación da axuda á finalidade para a que se concedeu.

d) Comunicar ao Concello calquera variación que se produza na situación socio-económica e familiar no prazo de 10 días. Este caso dará lugar a unha nova valoración da situación que poderá modificar, manter ou extinguir a axuda inicial- mente concedida.

e) Gardar as facturas referidas aos gastos das mesmas durante o prazo dun ano, no caso de axudas para necesidades primarias.

ARTIGO 16.-SEGUIMENTO DAS AXUDAS.

Serán os servizos sociais municipais os que fagan o seguimento das situacións de necesidade protexidas polas axu- das de emerxencia, así como o destino que se lles dea. Poderán solicitarlles ás persoas beneficiarias a información ou a documentación necesaria para o exercicio desta función de forma axeitada.

ARTIGO 17.-REINTEGRO.

17.1. A ocultación ou falsidade dos datos ou documentos achegados pola persoa perceptora da axuda, a non xustificación da axuda, así como o feito de destinar a axuda a un fin distinto daquel para a que foi concedida, implicará o impedimento de presentar unha nova solicitude por un período de dous anos, sen prexuízo das responsabilidades que desta conduta se puideran derivar.

17.2. Procederá a revogación da axuda e o reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas máis o interese legal do diñeiro que resulte de aplicación, dende o momento de aboamento da axuda, nos seguintes supostos:

a) Incumprimento da obriga de xustificar.

b) Ocultación ou falsidade de datos ou documentos que serviran de base para a concesión ou obtención da axuda sen reunir as condicións requiridas, ou o incumprimento das obrigas e requisitos establecidos con carácter xeral nestas bases.

c) Incumprimento da finalidade para a que se concedeu.

d) Incumprimento das condicións impostas con motivo da concesión.

17.3. Ademais, procederá o reintegro do exceso nos supostos en que, por concesión de subvencións ou axudas doutras administracións públicas, a contía das axudas outorgadas supere o custo da actividade para o que se concedeu a mesma.

DISPOSICIÓN FINAL

De conformidade co que dispón o artigo 70.2 da Lei 7/85, reguladora das bases do réxime local, esta ordenanza entrará en vigor unha vez que o Concello publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e logo de que transcorra o prazo de quince días hábiles ao que se refire o artigo 65.2 desa Lei.

ANEXOS

ANEXO I

SOLICITUDE

 PRESTACIÓN POR EMERXENCIA SOCIAL MUNICIPAL

 SOLICITANTE

NOME E APELIDOS

 

DNI/NIE/PASAPORTE

 

 

DATA DE NACEMENTO

TELÉFONO

ENDEREZO

 

PARROQUIA

 

CODIGO POSTAL

PROVINCIA

DIRECCIÓN ELECTRÓNICA HABILITADA

 

 REPRESENTANTE LEGAL

NOME E APELIDOS

 

RELACIÓN CO SOLICITANTE

DNI/NIE/PASAPORTE

 

 

DATA DE NACEMENTO

TELÉFONO

ENDEREZO

 

PARROQUIA

 

CODIGO POSTAL

PROVINCIA

DIRECCIÓN ELECTRÓNICA HABILITADA

 

MOTIVO DA SOLICITUDE(indicar os ingresos dispoñibles no mes anterior e na actualidade)

 

CONCEPTO OU TIPO DE AXUDA SOLICITADA


CANLE DE NOTIFICACIÓN

TELEMÁTICO

TRADICIONAL

DECLARACIÓN RESPONSABLE:

 - A persoa solicitante declara que en relación con outras prestacións ou axudas concedidas por outras administracións públicas:

 Non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra prestación ou axuda.

 Si solicitou e/ou se lle concederon outras prestacións ou axudas, que son as que a seguir se relacionan: 

Axuda

Organismo

Importe


- Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son verdadeiros, non existindo omisión de datos, sendo coñecedor/a das posibles responsabilidades administrativas e incluso penais existentes nos suposto de ocultación, falseamento de datos ou calquera outra actuación fraudulenta dirixida a obter a axuda municipal de emerxencia social.

- Que se, despois de presentar esta solicitude, se produce algunha variación da miña situación persoal ou económica, así como das persoas con quen convivo, comunicarei estes cambios aos servizos sociais municipais.

 Segundo o art. 28 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, enténdese outorgado o consentimento para a consulta dos datos de Vd., e da súa unidade familiar que obren nas Administracións Publicas. Non caso de non autorizar a dita consulta terá que marcar o seguinte recadro:

 NON DOU o meu CONSENTIMENTO, para a consulta dos meus datos e os da miña unidade familiar que obren nas Administracións Públicas para a resolución da miña solicitude de axuda de emerxencia social, previsto no art. 28 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, polo que achego todos os datos e certificados requiridos.

 Coristanco, ... de ... de

 Asdo.

 SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CORISTANCO

 ANEXO II

COMPROBACIÓN DE DATOS DAS PERSOAS QUE INTEGRAN A UNIDADE DE CONVIVENCIA

 As persoas interesadas, mediante a súa sinatura, autorizan aos servizos sociais comunitarios de base a recoller os documentos que constaren noutros servizos municipais así como a información adicional que se considere necesaria para completar o expediente para o que se dirixirá aos órganos públicos competentes e declaran coñecer a incorporación dos seus datos ao expediente de tramitación.

NOME A APELIDOS

DNI/NIE/PASAPORTE

MENOR DE IDADE

TITOR/A OU REPRESENTANTE LEGAL

SINATURA

NOME E APELIDOS

DNI

 

Coristanco, a ... de ... do

 Asinado.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.