Cerceda - ORDENANZA FISCAL REGULORADA DA TAXA POLA PRESTACION DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
ARTIGO 1.- CONCEPTO
De conformidade co previsto no artigo 20 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar, especificado nas tarifas comprendidas no artigo 5, e que se rexerán pola presente ordenanza fiscal.
ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE
Constitúe o feito, desta taxa, a prestación do servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia e a prestación do servizo de axuda no fogar a persoas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, polo órgano competente da Comunidade Autónoma, se lle asigne a axuda no fogar na correspondente resolución do programa individual de atención (PIA) ou como respiro complementario de outro recurso ou prestación.
ARTIGO 3. SUXEITO PASIVO
Serán suxeitos pasivos da taxa reguladora na presente ordenanza:
a) As persoas recoñecidas como dependentes, ao abeiro da Lei 39/2006, do 14 de decembro e teñan recoñecido o servizo de axuda no fogar na correspondente resolución do programa individual de atención e estean dadas de alta no servizo.
b) As persoas que accedan ao servizo de axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo ao estipulado na Ordenanza Reguladora do Servizo de Axuda no Fogar.
Se a persoa beneficiaria carece da capacidade de obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal, ou no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.
ARTIGO 4. DETERMINACION DA CAPACIDADE ECONÓMICA DA PERSOA USUARIA DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR BÁSICO (LIBRE CONCORRENCIA).
De acordo co Decreto 99/2012,de 16 de marzo polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento e o Decreto 148/2014, de 6 novembro, que modifica o Decreto 99/2012, de 16 de marzo, as persoas usuarias do servizo de axuda no fogar básica (libre concorrencia) deberán participar no financiamento do custo do servizo, atendendo ao seguintes criterios:
Para os efectos deste artigo considerarase persoa usuaria aquela que teña solicitado e concedido o servizo. No caso de intervencións con menores, entenderase como persoa usuaria a un dos membros da unidade de convivencia responsables de ditos menores.
a) Computaranse a renda de tódalas persoas residentes na mesma unidade de convivencia. A este efecto, enténdese por unidade de convivencia, as persoas empadroadas no domicilio da persoa beneficiaria do servizo.
Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso que se refire ao artigo 6.2. da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do imposto sobre renda das persoas físicas.
b) Computarase así mesmo o patrimonio neto de tódalas persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos considérase patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico dos que sexan titulares, determinados consonte ás regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, de 6 xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor. Para estes efectos teranse en conta as exencións para o cómputo do patrimonio neto previstas na Lei 19/1991, de 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e outros bens e dereitos.
c) A capacidade económica calcularase sumando tódalas rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5 % do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado de dita suma entre o número total de persoas que integren a unidade familiar.
d) Para a actualización da información relativa á capacidade económica, as persoas beneficiarias do servizo deberán presentar, antes de último día hábil do mes de novembro de cada ano, documentación acreditativas tidas en conta para o acceso ao servizo. A revisión da taxa terá efectos económicos dende o 1 de xaneiro.
e) As persoas beneficiarias do servizo que experimenten modificacións durante o exercicio deberán comunicar as variacións das circunstancias económicas e sociofamiliares que serviron para o recoñecemento da súa capacidade económica anterior. Esta comunicación deberá realizarase no prazo dos tres meses seguintes a que as modificacións sucedesen e acreditarase documentalmente.
f) Para facer efectiva a obriga das persoas usuarias de participar no custo do servizo aplicaranse a seguinte táboa, na que se expresa a porcentaxe do copagamento sobre o custo hora, calculada en base a a capacidade económica da persoa solicitantes:
Capacidade económica (Referencia ao IPREM) Ata: | Participación no custo do servizo SAF BASICO |
80,00 % | 0,00 % |
100,00 % | 10,00 € |
115,00 % | 12,00 % |
130,00 % | 15,00 % |
150,00 % | 17,00 % |
165,00 % | 20,00 % |
180,00 % | 25,00 % |
200,00 % | 30,00 % |
215,00 % | 40,00 % |
230,00 % | 45,00 % |
250,00 % | 50,00 % |
350,00 % | 60,00 % |
450,00 % | 70,00 % |
550,00 % | 80,00 % |
>550 % | 90,00 % |
g) Os prezo da hora para as persoas usuarias do servizo de axuda no fogar prestación básica ou libre concorrencia, será o custo por hora do servizo que deberá aboar o concello á empresa adxudicataria do mesmo.
h) Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido ao copagamento nos casos en que a alta no servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá ser acreditada debidamente no correspondente informe social.
i) Establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40 % da súa capacidade económica.
ARTIGO 5.- DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONOMICA DAS PERSOAS USUARIAS DOS SERVIZOS DE AXUDA NO FOGAR POLA VIA DE RECOÑECEMENTO DA SITUACIÓN DE DEPENDENCIA.
1. A capacidade económica das persas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capitulo II do titulo III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.
2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, así como a participación no custo do servizo, de conformidade co artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
3. Establécese como mínimo vital ou contía mínima para gastos persoais e quedará integramente a disposición do seu perceptor unha contía equivalente ao 49 % dos ingresos líquidos percibidos, calculados en cómputo anual. Garantiráselle á persoa usuaria unha dispoñibilidade anual mínima de 2.653 euros, no suposto de que a persoa traballe nun centro especial de emprego, este importe será actualizado anualmente consonte a variación interanual do IPREM-
4. Nos ingresos da persoa usuaria non se terán en consideración como renda a contía das prestacións de análoga natureza e finalidade recollidas no artigo 31 da Lei 39/2006, do 14 de decembro. As ditas prestacións sumaráselle a contía calculada de acordos cos criterios de participación do servizo ata o 100% do custo de referencia do servizo.
5. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta a obriga de participar no custo do servizo.
6. Nos demais supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoas usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:
Capacidade económica (Referencia ao IPREM) Ata: | GRAO I | GRAO II | GRAO III |
<= 20 horas | <= 45 horas | <= 70 horas | |
100,00 % | 0,00 € | 0,00 % | 0,00 % |
115,00 % | 4,52 % | 9,61 % | 14,70 % |
125,00 % | 5,41 % | 11,50 % | 17,58 % |
150,00 % | 5,55 % | 11,79 % | 18,03 % |
175,00 % | 5,65 % | 12,00 % | 18,35 % |
200,00 % | 5,72 % | 12,16 % | 18,60 % |
215,00 % | 5,81 % | 12,34 % | 18,87 % |
250,00 % | 6,03 % | 12,82 % | 19,61 % |
300,00 % | 6,24 % | 13,26 % | 20,29 % |
350,00 % | 6,42 % | 13,63 % | 20,85 % |
400,00 % | 6,54 % | 13,90 % | 21,25 % |
450,00 % | 6,63 % | 14,09 % | 21,55 % |
500,00 € | 6,70 % | 14,25 % | 21,79 % |
>500 % | 6,76 % | 14,36 % | 21,97 % |
1. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no proxecto individual de atención, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.
2. En ningún caso a participación económica da persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder do 90 % do custo do servizo determinado en termos prezos/hora.
ARTIGO 6.- INTENSIDADE
O servizo Municipal de Axuda no Fogar do Concello de Cerceda dará prioridade no acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención do sistema de autonomía e atención á dependencia. Non obstante poderán solicitar en réxime de libre concorrencia calquera persoa que se encadre no perfil de persoas destinatarias recollidas na ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar, que accederán e este segundo os criterios recollidos na Ordenanza Reguladora do Servizo de Axuda no Fogar, que accederán a este segundo os criterios de prioridade alí recollidos.
O máximo de horas de atención virá determinada polo programa individual de atención vinculado á Lei da Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, no caso de persoas valoradas como dependente polo órgano competente da Xunta de Galicia, ou polo criterio técnico do traballador/a social municipal de referencia que realiza a valoración da solicitude, segundo os criterios recollidos na ordenanza reguladora do servizo, para os casos de libre concorrencia ou prestación básica.
A facturación mensual do servizo calcularase de acordo ás horas reais e efectivamente prestadas que se realicen no mes en curso, sempre que non incorran nunha causa de ausencia inxustificada. Naqueles supostos que incorran en ausencias inxustificadas e non avisen con dez días de antelación, agás causas sobrevidas e xustificadas, de acordo co recollido no artigo 7 da Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar e no artigo 8 da Ordenanza Reguladora Municipal do servizo de axuda no fogar, facturaráselles, segundo a táboa de copagamento, como hora efectivamente prestada.
ARTIGO 7. NACEMENTO DA OBRIGA
O réxime xurídico da participación económica das persoas usuarias no custo do servizo é o establecido polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Facendas Locais
O nacemento da obriga prodúcese o primeiro día en que se inicie a prestación do servizo de axuda no fogar.
As liquidacións practicaranse por meses naturais, o abono efectuarase mediante cargo na conta corrente da persoa beneficiaria, aportada na solicitude e deberá facerse efectivo de acordo coas seguinte normas de xestión:
1. As taxas contempladas nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, nos primeiros vinte días do mes seguinte.
2. Por parte do concello e, sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual có importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento.
O servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses para as persoas beneficiaras do servizo na modalidade de libre concorrencia e dous meses para as persoas beneficiarias do servizo na modalidade de dependencia, en circunstancias ordinarias e previsibles, deberán solicitalo con dez dias de antelación, agás causas sobrevidas e xustificadas. Cando as circunstancias imposibiliten este trámite (ingreso urxente en centro hospitalario ou calquera outra causa sobrevida de xeito emerxente), queda eximido de presentar a solicitude por adiantado, se ben deberá ser xustificado co correspondente informe médico ou calquera outra documentación acreditativa que xustifique a ausencia. Nestes casos non se cobrarán os días de servizo non realizado.
O Concello de Cerceda facturará a mes vencido, e resulta obrigatorio o pagamento estipulado.
ARTIGO 8. INFRACCIONS E SANCIÓNS
As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
DISPOSICION ADICIONAL PRIMEIRA
A actualización da capacidade económica correspondente a anualidade 2021 terá efectos dende a entrada en vigor da presente ordenanza.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Esta ordenanza derroga expresamente a ordenanza reguladora do servizo de axuda a domicilio publicada no BOP nº 65 de 6 de abril de 2018.