Monfero - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE MONFERO

Publicación provisional: 08/04/2021 BOP Nº: 64
Publicación definitiva: 01/06/2021 BOP Nº: 101
Aplicable dende: 22/06/2021

Exposición de motivos

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, atribúelles aos concellos, entre outras, a competencia para a creación, xestión e mantemento dos servizos sociais comunitarios básicos e específicos.

Os servizos sociais comunitarios, de carácter predominantemente local, están referidos a un territorio e a unha poboación determinados e constitúen o punto de acceso normalizado e o primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais (artigo 9).

Con base no anterior, o artigo 9 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento contempla como Programa básico dos servizos sociais comunitarios o Programa de inserción social que ¿procure valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situación de risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas".

Así mesmo, a Lei de bases de réxime local 7/1985, do 2 de abril, modificada pola Lei 27/2013 de racionalización e sostibilidade da Administración Local establece no artigo 25.2 ¿O municipio exercerá, en todo caso como competencias propias, nos termos da lexislación do Estado e das comunidades autónomas, nas seguintes materias:...e) Avaliación e información de situacións de necesidade social e atención inmediata a persoas en situación de risco e/ou exclusión social".

Artigo 1.-Obxecto.

A presente ordenanza ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das Axudas de Emerxencia Social no Municipio de Monfero. Preténdese apoiar a aquelas persoas e/ou unidades de convivencia que carezan de recursos económicos suficientes para facer fronte a gastos específicos de carácter ordinario ou extraordinario, co fin de previr, evitar ou paliar situación de risco e/ou exclusión social.

Artigo 2.-Definición.

1. Considéranse axudas de emerxencia, para os efectos da presente ordenanza, aquelas prestacións económicas de pago único dinerario ou en especie, de carácter extraordinario, destinadas a resolver situacións puntuais de emerxencia que afecten a persoas con recursos económicos insuficientes para facer fronte ós gastos específicos, de carácter ordinario ou extraordinario, co fin de previr, evitar ou paliar situación de marxinación social.

2. As axudas de emerxencia social caracterízanse por:

- O seu carácter finalista, debendo destinarse para satisfacer a/as necesidades especificamente sinaladas no acordo de recoñecemento da axuda, feito que debe quedar acreditado.

- O seu carácter subsidiario, respecto doutras prestacións económicas recoñecidas ou recoñecibles segundo a lexislación vixente.

- O seu carácter persoalísimo e intransferible.

- O seu carácter transitorio, e non periódico.

Artigo 3.-Tipo de axudas.

As axudas poderán cubrir os seguintes tipo de gastos:

3.1. Necesidades básicas de subsistencia non cubertas por outros sistemas de protección.

a) Alimentación: produtos básicos.

b) Roupa e/ou calzado.

c) Produtos de aseo persoal e hixiene doméstica.

d). Cobertura de gastos médico-sanitarios e farmacéuticos, e gastos asociados ás axudas técnicas que precise unha persoa en situación de dependencia ou con discapacidade valorada, de carácter urxente e debidamente motivada.

e). Axuda oftalmolóxica e buco-dental (prescrito por persoal facultativo do sistema público de saúde). Non incluído o gasto no sistema público de saúde.

3.2. Gastos relacionados coa vivenda ou aloxamento:

a) Gastos necesarios para conservar o uso da vivenda ou aloxamento, (situacións de emerxencia ou sinistro tales como incendio, inundación ou outras causas imprevisibles e/ou inevitables que obrigaran ao seu abandono).

b) Fianzas, mensualidades para alugueiro ou hipoteca

c) Auga, enerxía eléctrica, gas ou outras subministracións e/ou equipamentos esenciais.

d) Obras e equipamento básico ou necesario para a habitabilidade da vivenda:

I. Reparacións extraordinarias, urxente e necesarias para manter a vivenda en condicións de seguridade, hixiene e salubridade de carácter primario, sempre que a súa falta de atención puidese supor un risco para a súa vida e a súa saúde.

II. Instalacións de carácter básico que resulten imprescindibles para a subsistencia en condicións mínimas de habitabilidade da vivenda.

III. Gastos de mobiliario e/ou equipamento esencial e imprescindible.

IV. Adaptación funcional da vivenda para persoas que teñan recoñecida a condición de discapacidade; ou non tendo tal condición, teñan graves problemas de mobilidade, sempre que se trate de gastos non cubertos, ou non suficientemente, por outras axudas públicas, e sexan de primeira necesidade para o desenvolvemento da súa vida.

3.3. Gastos de transporte. Por mor da dispersión xeográfica do Concello de Monfero, e cando as circunstancias nas que a persoa usuaria precise trasladarse a un centro hospitalario, centro de saúde ou para calquera xestión administrativa e/ou xudicial fora do concello de Monfero, e non exista transporte público para o desprazamento, aboarase a totalidade do transporte privado.

3.4. Gastos de carácter básico relativos á educación dos menores ou membros da unidade de convivencia en idade escolar, sempre que non estiveran cubertos por outras axudas públicas.

3.5. Outros gastos non relacionados, considerados de primeira e urxente necesidade, xustificado suficientemente no informe técnico elaborado ao efecto:

- Aloxamento temporal por emerxencias: incendios, ruína, desafiuzamentos.

- Gastos de funeral.

NON son susceptibles desta axuda:

- Os gastos derivados de obrigacións tributarias e débedas coa Seguridade Social.

- Os gastos derivados de multas e outras sancións pecuniarias debidas ao incumprimento de ordenanzas municipais.

- Os gastos derivados do cumprimento dunha sentencia xudicial condenatoria.

- Gastos non considerados de necesidade básica e/ou equipamento ou mobiliario non esencial (liñas de teléfono fixas ou móbiles, teléfonos (fixos ou móbiles), televisor ou microondas, entre outros).

Artigo 4.-Beneficiarios.

4.1. Persoas individuais ou unidades de convivencia.

4.2. Na unidade de convivencia tan só unha persoa pode ter a condición de beneficiario, aínda que se outorguen en beneficio da unidade de convivencia, entendendo por esta as persoas con parentesco ou non que conviven nun mesmo domicilio.

Artigo 5.-Requisitos.

5.1. Ter residencia efectiva e estar de alta no Padrón municipal do concello de Monfero cunha antigüidade mínima de seis meses.

Poderase eximir deste requisito a aquelas persoas ou unidades de convivencia empadroadas no Concello que, por razón de necesidade, precariedade ou urxencia se atopen nunha situación de desprotección. Neste suposto será necesaria a achega dun informe técnico que xustifique a dita excepcionalidade.

5.2. Para as unidades de convivencia constituídas por un só membro, o límite de ingresos será o equivalente ao IPREM anual (14 pagas).

Para as unidades de convivencia constituídas por dous membros o límite de ingresos será o equivalente ao IPREM anual (14 pagas) incrementado nun 60%.

A partir do terceiro membro o límite de ingresos incrementarase nun 15% por cada membro adicional da unidade de convivencia.

Para as axudas establecidas no apartado 3.1 do artigo 3 establécese un límite máximo de ingresos para a unidade económica de convivencia (independentemente do número de membros) do 150 % do IPREM anual.

Para o cálculo do límite de ingresos descontarase a renda de aluguer da vivenda habitual, no seu caso, ou a cota do préstamo hipotecario cun límite de 300€.

Para este cálculo teranse en conta os pagamentos extraordinarios.

5.3. Capital mobiliario: non dispor de medios económicos suficientes para afrontar o gasto.

5.4. Capital inmobiliario: que a persoa solicitante ou calquera membro da unidade de convivencia, non sexa propietaria e/ou usufrutuaria de bens inmobles que indiquen de xeito notorio a existencia de medios materiais suficientes para atender o gasto obxecto da solicitude, agás a propiedade referente á vivenda destinada a uso propio.

Artigo 6.-Contía das axudas.

Establécese unha contía anual máxima da axuda que estará en función da situación de emerxencia que se pretenda atender:

a) Cando se outorguen para a cobertura das ¿necesidades básicas de subsistencia", ¿gastos relativos á educación dos menores..." e ¿outros non relacionados" ata un 50%, no caso dunha persoa, da contía mensual establecida para o IPREM (14 pagas) no exercicio económico que corresponda segundo a data de resolución de concesión; incrementándose un 20 % por cada un dos membros adicionais da unidade de convivencia.

b) O importe das axudas para os conceptos incluídos no apartado 3.2, 3.3 e 3.4 do artigo 3 serán polo importe solicitado sobre presuposto presentado, co límite de 3 veces o IPREM anuais (14 pagas) excepto xustificación suficientemente documentada no informe técnico elaborado para o efecto.

Estas axudas de emerxencia social, estarán supeditadas a un máximo de 4 axudas por unidade de convivencia ao ano e ás limitacións orzamentarias que anualmente se establezan.

Artigo 7.-Aboamento das axudas.

De acordo co previsto no artigo 34.4 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e en atención ao seu carácter social, o pagamento das axudas reguladas nesta Ordenanza requirirá unicamente da solicitude da persoa solicitante e do previo informe de avaliación dos servizos sociais comunitarios do Concello de Monfero.

A necesidade de resposta económica á situación de emerxencia social pode esixir o pago urxente, sen cuxa realización inmediata resulte ineficaz a concesión. A apreciación ou non da urxencia constará na proposta e resolución do expediente.

Nos procedementos ordinarios, o pagamento deberá efectuarse no prazo máximo dun mes dende a data de resolución. Nembargantes, e sempre que o/a Traballador/a Social do Concello que informe a solicitude o considere absolutamente necesario, o pagamento efectuarase no prazo máximo de 72 horas.

Os prazos de pagamento indicados neste artigo quedan supeditados ao seu reflexo no plan de disposición de fondos que aprobe a Alcaldía, a proposta da Tesourería, de acordo co disposto no art. 187 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

O aboamento das axudas será efectuado polo concello de Monfero, directamente ao provedor -emisor do recibo ou factura correspondente-. De xeito puntual, poderanse ingresar directamente mediante transferencia á conta bancaria (IBAN) designada pola persoa beneficiaria, presentando previamente as facturas e comprometéndose a proporcionar posteriormente os xustificantes do pago realizado.

Cando se trate de axudas para cubrir necesidades alimentarias básicas prioritariamente realizaranse en especie, mediante un sistema de vales ou bonos a canxear, preferentemente, nos establecementos do Concello de Monfero.

Artigo 8.-Solicitude.

As solicitudes presentaranse ante o Rexistro Municipal do Concello de Monfero, segundo modelo establecido, sen prexuízo do disposto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As solicitudes viran asinadas polo interesado ou polo seu representante legal.

Artigo 9.-Prazo.

O prazo de presentación das solicitudes permanecerá aberto durante todo o ano.

Artigo 10.-Documentación.

1. Xunto á solicitude, segundo modelo oficial, os interesados/as deberán achegar os documentos necesarios para xustificar o cumprimento dos requisitos establecidos:

a) Fotocopia DNI ou documento de identificación persoal de todos os membros da unidade de convivencia.

b) Fotocopia do libro de Familia, ou no seu defecto documento acreditativo da garda, custodia ou tutela

c) Certificado de residencia e convivencia, no caso de non autorizar a súa consulta.

d) Certificado de discapacidade, no seu caso.

e) En caso de persoas incapacitadas, resolución xudicial de recoñecemento desta situación.

f) Sentenza xudicial e convenio regulador de medidas paterno-filiais, de ser o caso.

g) Xustificantes de ingresos e patrimonio de todos os membros da unidade de convivencia:

- Contrato de traballo e as últimas tres nóminas.

- Xustificante de pensión/s

- Certificación acreditativa do SEPE de estar en desemprego con percepción ou non de prestación.

- Declaración do imposto da renda das persoas físicas. No caso de non estar obrigada a presentala ou non ter sido presentada, aportar certificado da AEAT de imputación de rendas do exercicio anterior.

- Extractos das contas bancarias onde se reflictan os movementos dos últimos seis meses.

- Declaración responsable doutros ingresos.

- Informe de vida laboral actualizado

h) Contrato de aluguer da vivenda e o último recibo pagado.

i) Documentos que dan orixe á solicitude (reclamacións de cantidades por aluguer, requirimentos de pago con aviso de suspensión de subministración de enerxía eléctrica ou de gas e similares).

j) Orzamento da axuda que se solicita.

k) N.º conta bancaria (IBAN) ou documento para o pagamento delegado.

2. O Concello de Monfero solicitará calquera outro documento que se considere necesario para a súa tramitación.

Artigo 11.-Obrigas dos destinatarios.

- Aplicar a prestación á finalidade para a que foi concedida.

- Informar de calquera outra axuda solicitada e /ou recibida para o mesmo concepto.

- Escolarización dos menores en idade obrigatoria.

- Comunicar as variacións sobrevidas que poden influír na valoración da solicitude.

- Non exercer a mendicidade, nin inducir a súa práctica aos membros da unidade familiar.

- Reintegrar o importe das prestacións indebidamente percibidas ou en contía indebida.

- Facilitar o labor dos servizos sociais comunitarios ofrecéndolles canta información sexa necesaria para a elaboración do informe técnico que permita valorar as súas circunstancias económicas e persoais, mantendo en todo momento unha actitude colaboradora.

Artigo 12.-Instrución e resolución do expediente.

1. Se a solicitude non reúne todos os datos e documentos aludidos anteriormente requirirase ao interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixese, entenderase por desistido da súa petición, arquivándose esta sen máis trámite nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. A solicitude e documentación presentada será estudada e valorada polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Monfero. O/A Traballador/a Social emitirá un informe técnico escrito no que se porá de manifesto se a persoa interesada cumpre os requisitos sinalados para percibir as prestacións solicitadas e contempladas.

3. O alcalde, ou órgano designado no seu defecto, logo de ver a documentación que consta no expediente resolverá a adxudicación das axudas de emerxencia social no prazo máximo dun mes (1 mes). Se transcorrido este prazo, a solicitude non é contestada polo Concello de Monfero, considerarase desestimada.

Artigo 13.-Xustificación.

1. Na resolución de concesión expresarase a obrigación do/da beneficiario/a de xustificar a aplicación da axuda á situación de necesidade á que se destina.

2. A xustificación da axuda realizarase no prazo máximo dun mes (1 mes) dende a súa concesión, mediante a presentación de facturas, recibos ou xustificantes orixinais que acrediten de forma fidedigna os gastos realizados.

3. Dado o carácter destas axudas, excepcionalmente admitiranse outras formas de xustificación que serán valoradas polo Concello.

Artigo 14.-Denegación da prestación.

A denegación das solicitudes que deberá ser motivada, procederá por algunha das seguintes causas:

- Non tratarse dun concepto susceptible de axuda.

- Non cumprir os requisitos esixidos.

- Poder satisfacer adecuadamente as necesidades por si mesmo e/ou co apoio dos seus familiares, representante legal ou gardadores de feito.

- Corresponder a outra administración pública.

- Non ter solicitadas outras axudas públicas, bono social, bonificacións municipais, autonómicas.

- Por calquera outra causa debidamente motivada.

Artigo 15.-Reintegro.

Procederá o reintegro das cantidades obtidas en concepto de Axuda de Emerxencia Social, nos seguintes casos:

a) Ter obtido a axuda falseando ou ocultando datos que determinasen a súa denegación.

b) Destinar a axuda a outros fins distintos daqueles que se especificasen na resolución de concesión.

c) Non xustificar a aplicación da axuda, ou xustificar fóra de prazo.

d) Nos casos previstos na lexislación reguladora de subvencións.

Artigo 16.-Infraccións e sancións.

O réxime de Infraccións e Sancións será o establecido no Título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 17.-Confidencialidade.

Segundo o disposto na Lei orgánica 3/2018 de protección de datos persoais e garantía de dereitos dixitais e no artigo 6.3.f) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (DOG núm. 245 do 18/08/2008) garántese ás persoas usuarias de servizos sociais o dereito ¿á confidencialidade, ao sixilo e ao respecto en relación cos seus datos persoais e coa súa información que sexa coñecida polos servizos sociais por razón da súa intervención profesional¿).

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Primeira.-Modelos normalizados.

O anexo que se incorpora a esta ordenanza non ten carácter regulamentario, polo que o seu contido poderá ser adaptado, modificado, ou ampliado por resolución de Alcaldía ou órgano delegado, se vén a súa obrigatoriedade supedítase a súa publicación no BOP da provincia. Tamén se publicarán na páxina web municipal.

Segunda.-Normativa de aplicación.

En todo o non previsto na presente ordenanza, estarase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e os seus correspondentes regulamentos, así como na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.

 

Disposición final

A presente ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación integra no BOP da provincia, unha vez transcorrido o prazo previsto nos artigos 65.2 e 70.2 da Lei 7/1995, reguladora das bases do réxime local.

ANEXOS

ANEXO I 

SOLICITUDE

SOLICITUDE DE AXUDA MUNICIPAL DE EMERXENCIA SOCIAL

 Don/a ______________________________________________________________, con DNI número ___________________,

con domicilio en ____________________________ _______________________ e número de teléfono____________________

SOLICITO:

UNHA AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL EN CONCEPTO DE:

_______________________________________________________________________________________________________

_______________________________________________________________________________________________________

_______________________________________________________________________________________________________

Para o que presento a seguinte documentación:

a) Fotocopia DNI ou documento de identificación persoal de todos os membros da unidade de convivencia.

b) Fotocopia do libro de Familia, cando corresponda, ou no seu defecto documento acreditativo da garda, custodia ou tutela.

c) Certificado de residencia e convivencia, no caso de non autorizar a súa consulta.

d) Certificado de discapacidade, no seu caso.

e) En caso de persoas incapacitadas, resolución xudicial de recoñecemento desta situación.

f) Xustificantes de ingresos e patrimonio de todos os membros da unidade de convivencia.

_______________________________________________________________________________________________________

_______________________________________________________________________________________________________

g) Documentos que dean orixe á solicitude (contrato de aluguer, recibos, reclamacións de cantidades por aluguer, requirimentos de pago con aviso de suspensión de subministración de enerxía eléctrica ou de gas e similares¿.).

h) Orzamento da axuda que se solicita.

 

DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE

 

1. Que son certos os datos que figuran na solicitude e na documentación achegada.

2. Que cumpro os requisitos esixidos para ser beneficiario dunha axuda municipal de emerxencia social do Concello de Monfero.

3. Que  SI  NON recibín axuda para a mesma finalidade por parte doutro organismo/entidade ou Administración pública o día ____________________, e por importe de_____________________ €.

4. Autorizo ao Concello de Monfero a consultar os datos de residencia e convivencia no padrón municipal de habitantes

 SI  NON

 

Monfero, ____ de _______________de _______.

 

 

 ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONFERO.


ANEXO II

TIPOS DE AXUDAS

Produtos que se poden adquirir a través das axudas de Emerxencia Social Municipal para a cobertura de necesidades básicas en concepto de alimentación, e produtos de aseo persoal e hixiene doméstica:

- Produtos de alimentación: arroz, pasta, aceite, conservas, azucre, cacao instantáneo, cereais, mel, crema de cacao, maionesa, marmelada, pan (inclúese pan tostado), galletas (tipo María), café, legumes, lácteos (inclúe o leite materno-infantil) e derivados (iogur, queixo, manteiga, requeixo), ovos, patacas, produtos frescos (carne, peixe, froita de tempada, verduras e embutidos), produtos conxelados (verduras, peixe, luras, carne, croquetas), salchichas, salsa de tomate, auga, sal e pementón.

- Produtos de hixiene persoal: xampú, cueiros, xabón, compresas hixiénicas, xabón de tocador, pasta dentífrica, cepillo de dentes, xel, coitelas de afeitar, e artigos da caixa de primeiros auxilios (auga osixenada, alcohol, tiritas e tintura iodada).

- Produtos para hixiene no fogar: lavalouzas, deterxente, lixivia, panos, baetas, estropallos, papel hixiénico, taco de xabón, amoníaco e vinagre de limpeza.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2  da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.